Orde do Día desta Mesa:
- Concurso de traslados estatal entre funcionarios do corpo de mestres.
- Concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de Xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de Educación Infantil e Primaria e de Educación Primaria.
- Concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de de profesores de ensinanza secundaria e outros...
- Concurso de traslados para a provisión de prazas vacantes na Inspección Educativa.
- Procedemento selectivo de ingreso ao corpo de profesores de Música e Artes Escénicas pola quenda esepcial prevista na disposición transitoria 7ª da Lei Orgánica 10/2002, da Calidade da Educación na Comunidade Autónoma da Galiza.
- Rogos e preguntas.
1º punto: Concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres
A Administración sinala que non hai variacións nesta convocatoria posto que non variou o R/D 2112. A única novidade é que ao profesorado que ten que concursar forzosamente e que non cubre todas as habilitacións que posúe, váiselles respectar a orde na que estas aparecen no certificado de habilitacións ou a orde de adquisición no caso de que presenten máis dunha certificación. A convocatoria vai saír no BOE o día 26 de outubro. Ao ser o concurso de ámbito estatal, a normativa básica apenas permite introducir modificacións.
Propostas da CIG: Como criterios xerais a todas a ordes de concursos de traslados, criticamos a ausencia de reunións previas da Mesa Sectorial para que as propostas desta Mesa se teñan en conta para a convocatoria estatal. Demandamos unificar criterios para as Ordes de Primaria e Secundaria, especialmente no referido ás supresións (o criterio debería ser o de Primaria: antigüidade no centro). Débense eliminar todos os méritos subxectivos, especialmente os cargos directivos e os servizos prestados á Administración. Demandamos que ants da publicación das vacantes se negocien estas nas Xuntas de Persoal de cada provincia e que a publicación das mesmas sexa simultánea coa convocatoria do concurso.
En canto ao concurso de Primaria, demandamos:
- que a folla de servizos se peche ao remate do curso,
- que se recoñeza puntuación ao profesorado das unitarias,
- que se discutan as vacantes coas organizacións sindicais, e que se oferten todas as catalogadas para o 1º ciclo de ESO,
- que todas as prazas que se incrementaron como consecuencia do catálogo publicado o curso pasado se cubran no concurso de traslados,
- que todo o profesorado suprimido conte coa certificación correspondente para poder concursar con todos os dereitos
- que ao profesorado que concursa desde o 1º destino e non elixe a opción a) ou c) para ser baremado, se lle aplique a opción máis favorábel
- que se nos convoque para a resolución das reclamacións á puntuación, posto que o ano pasado só se nos convocou para a baremación das publicacións
- que na normativa básica do próximo concurso de traslados se contemple o cómputo das ensinanzas de réxime especial no apartado de Titulacións e non no de Cargos desempeñados.
Criticamos a modificación do catálogo a finais do curso pasado sen pasar previamente por esta Mesa Sectorial.
A Administración acepta que as vacantes provisionais se publiquen antes de que remate o prazo de presentación das instancias e que sexan revisadas coas organizacións sindicais (no mes de xaneiro ou febreiro) antes da súa publicación definitiva.
2º punto: Concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos CEIP e CEP:
Propostas da CIG: Neste concurso si é posíbel facer o cambio no cómputo das ensinanzas de réxime especial porque este baremo non está suxeito ao estatal. Demandamos que se valoren só os méritos docentes da especialidade e que se acote a puntuación máxima en todos os apartados (todos teñen tope máximo, agás o h), que en todos os centros completos exista un/nha Orientador/a e unha praza máis nos centros de máis de 18 unidades, que se pague o complemento correspondente á Xefatura de Departamento a este profesorado, que se elimine o dereito preferente ao profesorado dos centros para estas prazas e a obrigatoriedade de desprazarse aos centros adscritos.
A Administración acepta retirar o dereito preferente ao profesorado do centro.
Entenden que cambiar no baremo deste concurso o apartado polo que se computan as ensinanzas especiais podería inducir a confusión, especialmente ás persoas que tamén participan no concurso xeral.
3º, 4º puntos: Concurso de traslados para funcionarios docentes do corpo de Secundaria e de Inspección
Admón.: Non hai novidades nestas convocatorias con respecto a anos anteriores. A única variación é que se ampliou o prazo para o dereito de retorno aos/ás afectados/as pola adscrición do 98.
Propostas da CIG: Demandamos:
- que se publiquen as vacantes indicando o nº de prazas de cada especialidade nos centros, as ocupadas e as vacantes
- que, como mínimo, apareza refletido na convocatoria dos concursos de traslados as prazas co perfil de impartición en Galego recollidas no R/D 247/95, sobre todo despois da aprobación por unanimidade no Parlamento Galego do Plano de Normalización Lingüística
- que apareza especificado o mecanismo de adxudicación de oficio
- que se recolla o dereito preferente á zona así como o dereito de concorrencia
- que se determine en que situación queda o profesorado que chega a un centro e non existe a súa vacante
- que se valore a coordinación dos ENL
- que se faga públicas as listas baremadas de participantes antes da publicación da resolución provisional do concurso
- eliminar o parágrafo que recolle que o profesorado en expectativa poderá optar a prazas en virtude das titulacións que posúa e similares, de xeito que se poida optar só a aquelas das que se é titular
- incrementar o prazo de reclamacións a 8 días
- que se recolla a posibilidade do recurso de alzada
- o profesorado desprazado por falta de horario debe ter unha certificación expedida pola Inspección e non pola Dirección dos centros
- presenza sindical na posíbel comisión para o concurso de traslados de Inspectores e listaxe de vacantes
A Administración indica que van agardar á publicación definitiva do Plano de Normalización Lingüística antes de explicitar o perfil lingüístico de cada praza. Vaise clarificar a adxudicación de oficio. O profesorado de Secundaria que chega a un centro e non ten horas ten que acollerse á convocatoria para desprazados por falta de horario, con carácter forzoso dentro da propia localidade. O exercicio do dereito preferente é voluntario, así como a opción de suprimirse por parte de alguén do mesmo Departamento. Non aparece recollido o dereito preferente á zona nin o dereito de concorrencia porque non hai demanda.
En canto á publicación das puntuacións, xa teñen todas as de cargos directivos e coordinacións e pediron aos CEFOREs as de cursos de formación; os/as concursantes poderán presentar outros méritos que non lles figuran. As puntuacións estarán na web antes da publicación provisional do concurso de traslados.
Desaparece o apartado de que os desprazados que non concursen pasan a suprimidos porque os desprazados de Secundaria non teñen obriga de concursar. Vaise eliminar o apartado de optar a prazas en función da titulación porque estaba pensado para as prazas de Economía.
O prazo de reclamación vai ser de 8 días e vaise incluir a posibilidade de recurso de alzada. A intención da Consellaría é sacar o maior nº posíbel de prazas pero non poden aplicar o catálogo do 98 porque a situación cambiou notabelmente con respecto desde esa data. Non van sacar o catálogo de cada centro especificando prazas ocupadas e vacantes.
4º punto: Procedimento selectivo de ingreso ao corpo de profesores de Música e Artes Escénicas pola quenda especial prevista na disposición transitoria 7ª da LOCE
Admón.: Afecta a 13 laborais que eran fixos no momento da transferencia (9 de Lugo, 3 de Pontevedra, 1 da Coruña).
Rogos e preguntas:
CIG:
- Manifestamos o rexeitamento á concesión de 5 comisións de servizo humanitarias sen pasar pola comisión.
- Preguntamos por que non se convocou a a comisión para a concesión de permutas provisionais.
- Pedimos que se explique o cambio de día de reunión da Mesa Sectorial.
- Rogamos que se nos envíe ás organizacións sindicais todas as circulares que se envían aos centros.
- Pedimos se acorde o calendario de negociación da Mesa Sectorial. A CIG xa presentou a proposta de temas a negociar, que inclúe, entre outros, as nosas retribucións e Saúde e Prevención de Riscos Laborais.
Como información adicional, a Administración informa de que
no complemento específico das nóminas van aparecer desglosados os conceptos do
complemento específco: complemento xenérico, sexenios,
cargos.