CIG-ensino
 Volta á Entrada
 



  



Mobilizacións no Consorcio Mobilizacións no Consorcio
Delegados e delegadas das traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar denuncian a privatización e precariedade do mesmo durante a Asemblea Xeral
Sábado, 5 de Febreiro de 2010
  Páxina 1 de 1  

Delegados e delegadas das traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Igualdade
e Benestar denuncian a privatización e precariedade do mesmo durante a Asemblea Xeral

A CIG, coincidindo coa reunión da Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, levou a cabo unha concentración, despregando pancartas no interior e exterior do Pazo de Congresos e Exposicións, para denunciar o proceso de privatización que está a sufrir o Consorcio, o incumprimento do convenio, parálise das probas de acceso e despedimento de traballadores/as. A actitude da Conselleira segue a ser de negarse a recibir os representantes dos traballadores/as a pesar de tres folgas e centos de mobilizacións para reivindicar uns servizos sociais públicos de calidade e condicións laborais dignas.


 
De concentración asemblea xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
De concentración asemblea xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar


www.cig-ensino.com