| "Ningún idioma alleo -por ilustre que sexa- poderá eixpresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas doores e as perdurables espranzas do pobo galego, se aínda somos difrentes e capaces de eisistir, non é máis que por obra e gracia do idioma. Velahí porque o autor dun libro galego sempre será un patriota e porque os que refugan da nosa fala non son dinos de chamarse galegos, porque desprecian o cerne da nosa democracia e cegan as mellores fontes de creacións. ¿Cómo chamaríamos a un home que consentise o derrubamento do Pórtico da Groria? Pois é certamente máis barato quen deixa morrer un idioma: obra insuperable, feita con amor, con door e con ledicia polos nosos antergos, que recibimos en herdo e que temos a obriga de enriquecer co esprito do noso tempo". Castelao, "Prólogo", Álvarez Limeses, Antre dous séculos |