CIG-ensino
 Volta á Entrada
Volta a Formación
 



  



Cursos interadministrativos Cursos para traballadores da Administración
Cursos interadministrativos para traballadores/as en activo do ENSINO PÚBLICO
Venres, 1 de Xaneiro de 2009
  Páxina 1 de 1  

Cursos Interadministrativos 2010

Interadministrativos 2010

Localidade

Horas

Prazas

 Datas de Realización

Horario

Lugar de Realización

Prazo de Matrícula

A percusión como recurso didáctico

A Coruña 

19

30 

Pendentes

17.30 a 20:40

CIG
A Coruña 

 

Iniciación á escalada

A Coruña

19 

15

Pendentes

17.30 a 20:40

CIG
A Coruña 

 

Técnicas de relaxación e control de estrés para docentes A Coruña

19

30

Pendentes

17.30 a 20.40

FORGA Oleiros  
A globoflexia: unha ferramenta didáctica en infantil e primaria

A Coruña

30

20

Pendentes

17.30 a 20:40

CIG
A Coruña 

 
Aplicacións das novas tecnoloxías na aula Burela

19

20

Novembro    BURELA  
Presentacións en Power point aplicadas ao ensino Ferrol 19 15 15,16,22 e 23 de Outubro 15 e 22 de 16:00 h a 20:30 h,
16 e 23 de 9:00 h a 14:00 h
Locais Forga Narón  
Motivación e fracaso escolar Ferrol 19 20 do 15 ao 25 de Novembro 15,17,18,22,24 e 25 de 18:00 h a 20:30 h.
16 e 23 de 18:00 h a 20:00 h
Local da CIG en Esteiro  
Recursos TIC, para o ensino Ferrol 19 15 5,6,12 e 13 de Novembro 5 e 12 de 16:00h a 20:30 h
6 e 13 de 9:00 h a 14:00 h
Locais Forga Narón  
A pizarra dixital como ferramenta didáctica Lugo

19

20

9,10,11,12,16 e 17 de Novembro  9, 10 de 18:00 h a 21:30 h o resto de 18:00h a 21:00 h Locais  Forga LUGO  
Creación e deseño de páxinas web aplicadas ao ensino Lugo

31

20

13,14,15,16,19,20,21,22,26 e 27 de Outubro  13 e 14 de 18:00 h a 21:30 h o resto de 18:00h a 21:00 h  Locais Forga LUGO  
Presentacións en power point aplicadas ao ensino Lugo

19

20

28, 29 e 30 de Outubro
2, 3 e 4 de Novembro
 28, 29 de 18:00 h a 21:30 h, o resto de 18:00h a 21:00 h  Locais Forga LUGO  
Ensino: web 2.0 Ribeira

19

15

Novembro   IES Leliadoura  
Tratamento do fracaso escolar Santiago

31

20

Do 2 ao 17 de Novembro   FORGA do Milladoiro  
Achegamento á realidade sociolóxica de Galiza I On line

19

125

5-11 Outubro    ON-LINE  
Achegamento á realidade sociolóxica de Galiza II On line

19

125

13-19 Outubro    ON-LINE  
Ortofonía: o coidado da voz Verín (Ourense)

19

20

Do 18 ao 28 de Outubro    VERIN  
Prevención das alteracións do estado de ánimo do profesorado Ourense

31

30

Do 18 de Outubro ao 4 de Novembro    OURENSE  
Recursos TIC para o ensino Ourense

19

15

Do 28 de Novembro ao 2 de Decembro    OURENSE  
Recursos TIC para o ensino O Barco (Ourense)

19

15

Do 8 ao 18 de Novembro   O BARCO  
Trastornos do espectro autista Pontevedra

19

30

Do 13 ao 28 de Outubro  De 18:00 a 20:30  FORGA de Pontevedra  
Sistemas alternativos de comunicación no ensino: a linguaxe de signos Vilagarcía (Pontevedra)

31

25

Do 3 ao 24 de Novembro  De 18:00 a 21:00 FORGA de Pontevedra  
Os primeiros auxilios no ensino Vilagarcía (Pontevedra)

19

20

Do 15 ao 29 de Novembro    LOCAL DA CIG  
Os primeiros auxilios no ensino Lalín (Pontevedra)

19

20

Do 25 de Outubro ao 11 de Novembro  De 18:00 a 20:30  CEIP Manuel Rivero  
Acción titorial para primaria e secundaria Vigo

31

20

Do 13 ao 28 de Outubro  De 18:00 a 21:00  IES Escolas Proval (Nigrán)  
Ortofonía: o coidado da voz Vigo

19

20

Do 2 ao 11 de Novembro  De 18:00 ao 20:40    
Aplicacións didácticas da risoterapia Moaña (comarca Vigo)

19

20

Pendentes      
Contornos virtuais como soporto ao proceso docente Cangas (comarca Vigo)

30

15

Pendentes      


Cursos CIG-Ensino para Traballadores do Ensino Público que estean en activo no momento de formalizar a matrícula. (Exclúense os traballadores do ensino concertado). Estes cursos financiados dentro do Plano Inter-administrativo de formación continua do FORCEM, polo que son gratuítos. 
LIGAZÓN PARA DÁRSE DE ALTA  PROGRAMACIÓN

INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA


A matrícula farase sempre on line. Neste apartado de “formación” da nosa web desde a ligazón que che levará á páxina de FORGA (Fundación da CIG para xestionar a formación). Desde ela, para darse de alta como usuario/a, condición indispensable para inscribirse nos cursos, hai que premer en “alta de usuario/a” ou en “alta de usuario/a, rexístrese aquí”. Aparecerá unha pantalla que solicitará unha serie de datos persoais, unha clave e unha contraseña (que non debes esquecer para entrar en futuras ocasións). Unha vez completados, recibirás unha mensaxe na conta de correo electrónico facilitado para proceder á activación da conta. Deberías darte de alta como usuario/a antes da data que se indique para abrir a preinscrición dos cursos.

Unha vez que te deches de alta, para preinscribirse en cursos, debes premer na opción PROGRAMACIÓN. Unha vez localizado o curso desexado, pulsa en “Preinscríbete”, de novo terás que cubrir unha serie de datos solicitados. Entre eles, solicitaráseche un correo electrónico, no caso de seres traballador da Consellaría de educación, debes indicar o correo “edu.xunta.es”, este é un dato decisivo para poder acollernos ás normas de homologación da Consellaría de Educación; para que un curso se homologue é preciso que un 70% dos asistentes traballen ou traballasen para esta administración (o feito de ter a conta de correo indicada é clarificadora a este respecto). Unha vez que se pulse “enviar”, pasarase ao estado de preinscrito/a nese curso.


Presta atención porque dentro de “Oferta cursos” aparece unha “Oferta xenérica formativa de FORGA”, trátase de toda a oferta formativa da CIG polo que a maior parte dos cursos que verás non son homologados pola Consellaría de Educación (polo tanto non válidos nin para procesos selectivos, nin para sexenios, nin para concursos de traslados, comisións de servizos, etc.). Porén, si son homologados, salvo indicación expresa, pola devandita Consellaría todos os cursos ofertados para o ENSINO público.

Dado que este novo sistema está pensado para unificar as matrículas das distintas federacións da CIG (Saúde, Metal, Construción, Administración, etc.), é posible que no momento de preinscribirte nun curso non contes con algún dato dos que se che van pedir ou se che presenten dúbidas á hora de cumprimentalos; indicámosche algúns:

-CIF da empresa.Debes cumprimentar o seguinte CIF: S1511001H.
-Grupos de funcionarios: A1 ,PES e catedráticos/as, A2; Mestres e PTFP. Enténdese que tanto interinos/as como substitutos/as son un tipo de funcionarios.
-Categoría profesional. Podemos indicar calquera das que se mostran no desplegable; é indiferente no caso da función docente.
-Nº da Seguridade Social. Debemos completar con ceros pola esquerda ata chegar a doce díxitos.


Cando teñas feito a preinscrición no curso ou cursos que che interesen, tes que agardar a que se che avise de que estás preadmitido a través dun correo electrónico e admitido definitivamente, de ser o caso, nun segundo correo.

O criterio que se seguirá para seleccionar aos participantes será a estricta orde de preinscrición, para este efecto comunicámosche que a data de apertura de preinscrición para os CURSOS INTERADMINISTRATIVOS da CIG-Ensino QUE SE REALICEN DURANTE O PRESENTE CURSO ACADÉMICO SERÁ O VINDEIRO 2 DE MARZO ÁS 18:00H. ( para os que se realicen no primeiro trimestre do vindeiro curso porase outra data de matrícula a comezos do mesmo; como afiliado/a, recibirás información ).

Se se che presenta alguna dúbida, ponte en contacto teléfónico coa comarca da CIG-Ensino á que pertenzas ou á delegación territorial de FORGA correspondente.

RECOLLIDA DE DIPLOMAS
Enviaremos un correo electrónico cando se poida pasar a recoller os diplomas e as credenciais. A recollida de diplomas dos cursos presenciais farase no local comarcal de CIG-Ensino no que se desenvolveu o curso. Os diplomas dos cursos a distancia poderán recollerse no local de Santiago (Avda. Ferro Caaveiro, nº 10) ou na comarca en que se solicite (habilitarase un prazo para que a/o participante o solicite á comarca que lle conveña).

www.cig-ensino.com