Cursos ON LINE de CIG-Ensino
| Curso | Horas | Prazas | Datas | Matrícula | | As novas tecnoloxías na formación | 19 | 350 | 28/9/09 -9/10/09 | matrícula pechada | | Comunidades educativas e mundos virtuais | 19 | 350 | 13/10/09-27/10/09 | matrícula pechada | | Conflitividade escolar | 19 | 150 | 7/12/09-17/12/09 | matrícula pechada | | Redes sociais e aplicación das TIC no ensino | 19 | 300 | 11/1/10 -24/1/10 | matrícula pechada | | As necesidades específicas de apoio educativo nun centro ordinario | 19 | 300 | 25/1/10-6/2/10 | matrícula pechada | REXISTRO
Como paso previo á matrícula é preciso estar de alta (rexistrada/o) na plataforma de teleformación ("cigrede"). Podes facelo en calquera momento anterior ao prazo de matrícula. (Ollo! A plataforma de teleformación "cigrede" non é a que se usou para os "Encontros Pedagóxicos/Xornadas de verán" de principio de curso . Polo tanto o rexistro que poideras ter feito para os "Encontros Pedagóxicos" non é válido, xa que esta é unha plataforma diferente. Só estarán rexistradas/os en "cigrede" aquelas persoas que fixeran coa CIG cursos on line con anterioridade. Podes darte de alta (rexistrarte) na plataforma "cigrede" ou revisar se xa tes feita a alta con anterioridade nesta ligazón (despois de premer en ligazón, vai á pestana superior-esquerda "Acceso usuarias/os" e rexístrate ou non segundo o caso. Se xa estabas rexistrada/o nesta plataforma e non recordas o nome de usuaria/o segue as instrucións que se indican na pestana "acceso usuarios")
MATRÍCULA
Unha vez que esteas rexistrada/o na plataforma "cigrede" (requisito obrigatorio, ver apartado anterior) , poderás matricularte a partir das 6 da tarde na data indicada no cadro (será nese momento cando se abra o enlace para facer esta matrícula). Para calquera consulta relacionada con problemas na xestión da matrícula podes chamar ao 902501143.
CURSOS SIMULTÁNEOS
Segundo permite a orde de homologación vixente podes facer un máximo de dous cursos on line á vez.
MATRÍCULA GRATUÍTA E ORDE DE PRIORIDADE NA ADMISIÓN
Estes son cursos financiados polo sindicato polo que a orde de preferencia será en primeiro lugar o afiliados/as da Federación de Ensino da CIG, priorizando os que non foran admitidos en ningún curso por diante dos que xa os fixeran durante esta programación.
ACTIVOS E PARADOS PARA A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN
Debes ter en conta que a Consellaría de Educación só homologa cursos que teñan un máximo do 30% de prazas de asistentes denominados “parados”. Hai, pois, dous tipos de asistentes aos cursos, “activos” e “parados” entre os que terás que optar á hora de facer a túa matrícula nun curso. Debes ler polo miúdo o que se entende por cada un dos termos a efectos de realización de cursos:
- Son considerados ACTIVOS para a Consellaría de Educación os que traballan ou teñen traballado para a Consellaría de Educación da Xunta de Galiza (funcionarios de carreira e en prácticas, interinos, substitutos). Tamén son considerados ACTIVOS aquelas persoas do ensino concertado que cumpran dous requisitos: 1) que estean traballando no ensino concertado nas datas de realización do curso, e 2), que estean dadas de alta na base de dados de profesorado da Consellaría de Educación FPROF. Temos programados outros dous CURSOS on-line para traballadores da administración en colaboración con FORGA que podes consultar e matricularte no apartado correspondente desta mesma páxina. Para este curso non só é preciso cumprir os requisitos devanditos dos activos senón que ademais é necesario estar de alta no ensino público ou outros traballadores da administración que entrarían no cupo de parados para a homologación pola Consellaría de Educación.
(Podes comprobar neste enlace se tes acceso ao servizo de formación do profesorado da Consellaría de Educación, FPROF, e polo tanto, se a efectos da Consellaría de Educación es considerado como activo: ACCESO A FPROF AQUÍ) - Son considerados PARADOS para a Consellaría de Educación o persoal das Galescolas, academias, ensino privado, traballadores das consellarías de educación doutras comunidades, etc. Xa que logo, non teñen acceso ao servizo FPROF (compróbao no ACCESO A FPROF).
É fundamental que comprobes a túa situación antes de realizar a matrícula. IMPORTANTE
Cando te rexistres na plataforma de teleformación "cigrede" verás unha relación de cursos máis ampla da que aparece arriba (nesta páxina). OLLO! Daquela lista de cursos, os únicos que van estar homologados pola Consellaría de Educación son os que aparecen na táboa superior desta páxina. - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Ligazón de proba para ensaiar a matrícula e mesmo deixar xa rexistrados a maioría dos datos
Este curso, é para que tódolos interesados en facer cursos da programación de CIG-Ensino ON LINE cubrades a matrícula, axilizando así o proceso de solicitude dos cursos incluidos na programación de 19 horas, xa que tódoslo vosos datos quedarán xa rexistrados no sistema. |