Formación do profesorado CIG-Ensino e AS-PG
INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR A MATRÍCULA NOS CURSOS PRESENCIAIS ALTA COMO USUARIOO primeiro paso para participar na solicitude de cursos é darse de alta como usuario ou usuaria deste servizo. Para isto debes cubrir o formulario que aparece na seguinte ligazón PREME AQUÍ. Unha vez que estás nesta páxina, preme na entrada da esquerda: ENTRAR e cubre o formulario que aparece ao picar en Rexistrarse (Usuario non rexistrado). A alta faise unha soa vez e a partir de aí, cuberto o formulario que aparece, cada persoa disporá dunha clave de usuario e dun identificador co que poderá entrar no sistema. Para isto tes que inventar un nome de usuario e contrasinal que lembres porque é imprescindible á hora de inscribirse nos cursos con posterioridade. É aconsellable que te deas de alta canto antes para estar nesa situación o día que comece a inscrición nos cursos. ACTUALIZACIÓN DOS DATOS Estes cursos teñen solicitada a homologación da Consellaría de Educación. Esta non permite que se admita máis dun 30% de persoas que non traballase nunca para a Consellaría; é fundamental cubrir o nome do centro no apartado correspondente (no caso de non estar traballando neste momento indicarase o nome do último centro onde se estivese) e o Número de Rexistro de Persoal. Os/as traballadores do ensino concertado deben estar de alta cando formalicen a matrícula, deben tamén poñer o centro de destino e NRP e deben ter concedida a conta de correo da Consellaría de Educación (@edu.xunta.es) pois no caso contrario entrarán no cupo de parados/as. As persoas desempregadas deben indicar o número de rexistro do título acreditando ter rematado os estudos (mesmo resgardo ou data se non se ten número). Podedes entrar en calquera momento na ficha do voso rexistro e actualizar os datos. FORMULARIO DE MATRÍCULA E ADMISIÓN Avisarase con antelación a data na que vai ser aberta a inscrición nos cursos. Cada curso ten o seu formulario de matrícula. O formulario só permanece activo no período de matricula, desde ás 0 horas. Pecharase dita inscrición nas datas sinaladas ou cando se exceda moito o número de solicitudes á respecto das prazas ofertadas, facéndose unha lista de reserva con aqueles/as que queden sen praza. No caso de repetirse o mesmo curso teñen preferencia os que queden fóra desta primeira inscrición, tendo en conta que a afiliación da CIG-Ensino e socios/as da AS-PG terán sempre prioridade aínda que se inscriban con posterioridade. OBRADOIROS No caso de cursos nos que haxa varios seminarios ou obradoiros, no formulario de matrícula deberá cubrirse, no campo correspondente, a preferencia de seminarios. Segundo se completen as prazas por ode de inscrición, adxudicarase no seguinte seminario sinalado, se non houbera prazas neste asignarase nos que queden vacantes. PAGO DE MATRÍCULA O prezo da matrícula aparecerá na web de xestión onde se cubre o formulario. Estes cursos son financiados en grande parte pola CIG-Ensino e a AS-PG, ademais de exixir unha grande dedicación das estruturas do sindicato para a súa organización, polo que se terá en conta en primeiro lugar á afiliación da CIG-Ensino e socios/as da AS-PG. Estamos tratando de incrementar esta oferta polo que esta páxina será dinámica e precisa que esteades periodicamente atentos ás modificacións. No correo electrónico xa se vos notificará o xeito de formalizar a matrícula. ADMISIÓN PROVISIONAL E LISTAXE DE ESPERA A admisión farase con prioridade á afiliación e socios/as as-pg, por orde de inscrición. Nos cursos específicos para unha determinada especialidade (Unidades didácticas de primaria, secundaria, fp, etc... teñen preferencia os desa especialidade tendo en conta que non lle van puntuar para os que non son de dita materia) Podes consultar co teu nome de usuario e clave a situación da túa matrícula. No caso de que a túa solicitude chegue antes de rematar o número de prazas, indicarase que está pendente de confirmación á espera de comprobar os datos. Se non, informaráseche que figuras na lista de espera. Nas vésperas do comezo das xornadas, as persoas admitidas recibirán un e-mail para confirmar a súa asistencia.
ENVÍO DE DIPLOMAS Por petición da asistencia, enviaremos os diplomas e credenciais dos cursos presenciais aos enderezos indicados na matrícula. Recomendámosvos, pois, que revisedes ben os datos para evitarmos extravíos.
INSISTIMOS É preciso encher correctamente os datos que precisamos para facer a matrícula. En caso contrario, podémonos ver na obriga de non admitir dita inscrición polas dificultades que isto supón para realizar a selección do alumnado e a formalización da homologación. Actualiza pois os datos na web. 10º Debes ter en conta que a Consellaría de Educación só homologa cursos que teñan un máximo do 30% de prazas de asistentes denominados “parados”. Hai, pois, dous tipos de asistentes aos cursos, “activos” e “parados” entre os que terás que optar á hora de facer a túa matrícula nun curso. Debes ler polo miúdo o que se entende por cada un dos termos a efectos de realización de cursos: · Son considerados ACTIVOS para a Consellaría de Educación os que traballan ou teñen traballado para a Consellaría de Educación da Xunta de Galiza (funcionarios de carreira e en prácticas, interinos, substitutos). Tamén son considerados ACTIVOS aquelas persoas do ensino concertado que cumpran dous requisitos: 1. Que estean traballando no ensino concertado nas datas de realización do curso. 2. Que estean dadas de alta na base de dados de profesorado da Consellaría de Educación FPROF. Podes comprobar neste enlace (ACCESO A FPROF) se tes acceso ao servizo de formación do profesorado da Consellaría de Educación, FPROF, e polo tanto, se a efectos da Consellaría de Educación es considerado como activo: ACCESO A FPROF AQUÍ) · Son considerados PARADOS para a Consellaría de Educación o persoal das Galescolas, academias, ensino privado, traballadores das consellarías de educación doutras comunidades... Xa que logo, non teñen acceso ao servizo FPROF (compróbao no ACCESO A FPROF). É fundamental que comprobes a túa situación antes de realizar a matrícula. PERDA DA CLAVE Se un usuario esquece a súa clave de identificación pode solicitar outra ao sistema, que a expedirá automaticamente e lla enviará ao correo electrónico que se lle indicase. Por iso é importante cubrir correctamente todos os campos cando nos damos de alta no sistema. INFORMACIÓN DOS CURSOS Entrando na xestión de matrícula na web conxunta de CIG-Ensino coa AS-PG, atoparás estes cursos e algún organizado en exclusiva pola AS-PG. Neste caso a información do curso terás que solicitarlla a esta organización (admisións, títulos, preguntas...) En caso de que sexan as da listaxe anterior, son xestionados pola CIG-Ensino de cada comarca. Debes pórte en cotacto coa comarca correspondente. |