NEGOCIACIÓNS DO XIII CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS DE SERVICIOS E ATENCIÓN A DISCAPACITADOS
INFORMACIÓN DA 10ª REUNIÓN (27 DE MAIO DE 2010)
Apróbanse as actas da 8ª e 9ª reunión, unha vez aceptadas as propostas de modificación aportadas pola CIG-Ensino. Comezan as patronais AEDIS-FEACEM coa exposición da súa proposta, que se comprometen a enviar posteriormente por correo electrónico a todas as organizacións, e que resumen nos seguintes puntos: - Mesmo texto do Convenio anterior coas modificacións que siguen.
- Modificación do art. Que fai referencia ao ámbito funcional para que poidan acollerse a este convenio todos os centros que traballen com persoas que teñan algún tipo de dependencia.
- Cláusula de descolgue con modificacións na redacción, que facilite ás empresas con problemas económicos acollerse a ela.
- Unha proposta de revisión salarial que quedaria así:
.- Ano 2008, suba salarial do 2 %. .- Ano 2009, suba do 1 % (incrementada ata o 1,2 % para a categoría de coidador/a e todas aquelas de salario igual ou inferior). .- Ano 2010, suba do 1 % (incrementada ata o 1,3 % para as categorías antes mencionadas). .- Para os Centros Educativos a suba será a mesma para o persoal que non está en pago delegado e o contemplado polas Administracións nos Módulos dos concertos no que respecta ao persoal en pago delegado. .- Posibilidade de introducir parte das decisións tomadas pola Comisión Paritaria. .- Marco Xeral de estabilidade de Plantillas. .- Creación dun observatorio para o seguimento e evolución do marco laboral do sector. Queren que, en torno a estas propostas, se peche canto antes o acordo, pois debemos ser responsables e non debemos seguir máis tempo prolongando esta negociación. CCOO: No que respecta á oferta salarial poden chegar a acordo e agradecen a oferta das patronais que valoran como “xenerosa” (!!!). Propoñen pechar esa revisión salarial e continuar coas negociacións do convenio. Insisten no tema da clasificación profesional e que se trasladen tal cual están ao convenio as consultas que se acordaron por consenso na Comisión Paritaria. UGT: Tamén agradece o xesto de responsabilidade por parte das patronais con esta proposta. Dacordo en pechar o acordo coa revisión salarial, ainda que eles pedían algo mais. Consideran que esta fase de negociación está rematada. Creación dunha Comisión Técnica que siga negociando logo do acordo neses termos. CIG-Ensino: Cando se fala de responsabilidades débese matizar que, no que respecta ao proceso de negociación, non todas as partes temos a mesma responsabilidade ou culpa. Nós non nos sentimos responsables de que esteamos a estas alturas sen acordo nunha negociación que se iniciou no 2007 pero da que só levamos celebradas nove reunións, nin de que se suspenderan ata 13 das convocatorias. Así pois, que cada quen asuma o seu papel neste retraso. Non nos parece suficiente a oferta de revisión salarial, pois está moi lonxe da nosa proposta e, tendo en conta os baixos salarios de que estamos a falar, a suba é ridícula. E tampouco nos parece suficiente a proposta, dado que queremos falar doutros temas que xa vimos reiterando en todas as reunións, que afectan ás condicións de traballo do persoal e que, para os traballadores e traballadoras é tan importante como o tema salarial (xornada, permisos, rateos, vacacións, etc.). Non estamos en absoluto dacordo coa proposta de CCOO de trasladar ao convenio as decisións da Comisión Paritaria. Esta é un órgano de interpretación do convenio anterior. Agora estamos negociando outro, e non estamos dispostos a que se introduzan no mesmo asuntos que non foron negociados nesta Mesa e no que non poidaramos participar todas as organizacións (neste punto coincidiron o resto posteriormente, quedándose soa CCOO na proposta). ANCEE, Ed. y Gestión e CECE: Coincidiron en puntualizar que esa proposta inicial só é dunha parte das patronais. Consideran que hai que negociar outros aspectos para o convenio que afectan especificamente ao ámbito educativo. Queren falar de vacacións, xornada lectiva, etc. CONACEE: Entéranse nesta reunión desa proposta patronal. Queren saber se se vai pechar aí o convenio ou hai lugar para tratar outras cousas. Logo da discusión e debate destas propostas, acordouse que non procedia acordar unha revisión salarial e logo seguir negociando. Polo tanto o Convenio iria nos termos antes propostos, non aceptándose e proposta de CCOO de introducir os acordos da Comisión Paritaria e aceptando tratar as propostas das organizacións do ámbito educativo (que tamén quedaron en enviar ao resto por correo electrónico). Márcanse as seguintes reunións: Vindeiro dia 7 de xuño, reunión de carácter técnico para tratar só as propostas feitas para o ámbito educativo. Víndeiro dia 15 de xuño, 11ª reunión da Mesa de Negociación para tratar de concretar esas propostas e, se é posible, chegar xa a un acordo de convenio. INFORMACIÓN DA 9ª REUNIÓN (21 DE ABRIL DE 2010)
Queda pendente de aprobar a acta da 8ª reunión á que faremos aportacións algunhas organizacións que non estamos dacordo co seu contido, entre elas a CIG-Ensino. A patronal maioritaria, AEDIS-FEACEM lembra os puntos que se acordou tratar na anterior reunión, pero insiste na súa proposta de coller como referencia o convenio actual e facer só modificacións en tres cousas: unha revisión salarial, a Cláusula de Descolgue, e a introducción no texto do convenio dos acordos tomados na Comisión Paritaria do que pasaron un resume (Anexo I que adxuntamos). Tamén comentaron a necesidade de concretar no art. referido ao ámbito funcional a inclusión de novos centros para que non se vexan afectados pola posible concorrencia co Convenio de Dependencia e crear inseguridade xurídica. UGT.- Comparte a proposta. Cren que se debe asinar axiña un acordo e logo constituír unha Comisión Técnica na que estean todas as organizacións para seguir traballando sobre os outros temas pendentes. Non comparten a proposta de cambio con respecto ao ámbito funcional. Fan unha proposta salarial : ano 2008, suba do 2,5 %. 2009, do 1,5 % e o IPC para o 2010, garantindo o mínimo do 1 %. Tamén propoñen adaptar o texto á nova lexislación vixente. CCOO.- Xa plantexaron a proposta salarial na reunión anterior, que manteñen. Cren que pode haber acordo neste apartado, así como no da Cláusula de Descolgue. Non teñen claro o tema do ámbito funcional. Manifestan que non están pola labor de asinar só con estes puntos. Consideran que se fixo un importante traballo sobre a Clasificación Profesional, din que existe consenso ao respecto, cando menos pola parte sindical (cousa que non é certa) e queren que se introduza no novo convenio. Discreparon co resume das resolucións da Comisión Paritaria que aportaron as patronais, pois din que non están todas as que deben estar, e as que están son enfocadas cunha interpretación distinta a deles. CIG-Ensino.- Comezamos por aclarar esta última manifestación de CCOO dado que, malamente podemos estar dacordo e dar por consensuada unha proposta para a que non se contou con nós á hora de negociar. O único que dixemos en reunións anteriores, e que agora se utiliza de xeito interesado, é que precisamente non entendiamos como non se contou con nós para falar desta proposta de Clasificación coa que, a grandes rasgos e agás algúns matices, poderiamos estar dacordo. Pero denunciamos esas actitudes sobre as que, por certo, recentemente se nos deu a razón, tanto no SIMA, como na sentenza que anulou catro apartados do convenio, e que fai referencia, precisamente, á que a Comisión Paritaria non é competente para negociar a Clasificación Profesional. Reiteramos o dito na anterior reunión, no senso de que para nós era necesario abordar outros temas e cambios con respecto ao anterior convenio: estructura, ámbito de negociación territorial, Calendario e xornada, permisos e vacacións, complemento de penosidade, etc. Sobre a Cláusula de Descolgue, gustaríamos regular a posibilidade de que as empresas se acolleran a ela de xeito moi estricto e contrastado, para que se utilice exclusivamente nos casos reais de mala situación económica das empresas, e non sexa utilizada de xeito xeneralizado e sen control, para eludir as responsabilidades co persoal. Nós non nos consideramos autorizados para meternos nesas modificacións no que respecta ao ámbito funcional, pois temos que respectar aos compañeiros e compañeiras que negociaron o Convenio de Dependencia. Poñemos como exemplo para que non haxa problemas o que aconteceu co Convenio dos Centros de Protección e Reforma e o de Intervención Social. No que respecta ás propostas que veñen da Comisión Paritaria, e visto que nin sequera os que estiveron nela se poñen dacordo, solicitamos que se nos pasen todas a cada organización, que fará a súa valoración. O resto das organizacións sumáronse á proposta e a secretaria comprometeuse a envialas ao día seguinte (neste intre aínda non as recibimos). A nosa proposta salarial non se basea nos mesmos criterios que o resto das organizacións. O IPC non é a única referencia válida para nós. O obxectivo da CIG-Ensino é que se incrementen máis os salarios máis baixos e tratar de que todo o persoal teña un salario digno. A referencia como salario digno é para nós o salario medio, como cifra a acadar. Así pois, con este criterio, a proposta concrétase do seguinte xeito (utilizando como referencia o salario medio en Galiza): Ano 2008: O salario medio estivo en algo máis de 16.600 €. Para todo o persoal que non chegue a ese salario reclamamos unha suba non inferior a 460 € anuais,e para o resto unha suba do 2%. Ano 2009: O salario medio foi de 18.100 €. Para todo o persoal que non chegue a ese salario a suba non será inferior a 540 € anuais, e para o resto a suba do 2 %. Ano 2010: Como non teremos os dados de referencia ata final do ano, agardando aos axustes necesarios, propomos unha suba do 2 % mínima garantida e Cláusula de Revisión Salarial se o IPC fora superior. Como posteriormente as patronais ANCEE e Ed. y Gestión preguntaron se estas propostas eran extensivas aos centros educativos, respostamos e aclaramos que era a mesma para o persoal non concertado e que para o concertado xa estamos traballando nos foros que nos corresponden na liña da homologación salarial co profesorado da pública. Logo de reclamar as patronais antes citadas máis atención para os centros educativos, e sumarse tanto Ed. y Gestión como CONACE á proposta de negociar nas CCAA, ábrese un pequeño debate sobre as propostas, que remata na petición dun receso para que as dúas partes, patronais e sindicatos, traten de variar e achegar as propostas. Despois do receso, as patronais manifestan a súa intención de flexibilizar a súa proposta inicial (sen saírse do acordo marco estatal de moderación salarial), e tratar de incrementala un pouco, sobre todo para as categorías que menos cobran. Concretarán a súa proposta na vindeira reunión, na que xa queren que se asine o acordo, con esa proposta salarial, a Cláusula de descolgue, o que se acorde das consultas da Comisión Paritaria e as adaptacións á lexislación actual, e insiste no tema do ámbito funcional, aínda que sexa a través dunha disposición adicional. UGT “agradece” o xesto das patronais e CCOO segue insistindo no tema da Clasificación profesional (mais eu coido que van asinar os dous na vindeira reunión). A CIG-Ensino non vai avalar esas propostas se non hai unha mellora sustancial. Márcase a seguinte reunión para o día 10 de maio, coa intención de chegar a acordo. INFORMACIÓN IMPORTANTE: Durante o receso enteirámonos de que CCOO deixou caer na reunión do 17 de decembro do 2009 (a única á que non poidemos asistir por problemas de axenda) unha proposta ligada ao tema da clasificación profesional, na mesma liña que propuxeran as patronais ao comezo das negociacións e que, de prosperar, significaría un grande retroceso para o persoal, e un elemento de conflictos nos centros, porque suprimiría o Complemento de Antigüidade por outros complementos ligados á “AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO NO POSTO DE TRABALLO”. Adxuntamos no Anexo II un texto que fala desta proposta e que, por certo, non nos facilitou quen a fixo, para que o persoal coñeza a barbaridade do que se pretende con algo semellante, no que a cualificación e desempeño, e polo tanto as retribucións e estabilidade laboral sería avaliada polos titulares dos centros e os propios compañeiros ou compañeiras. Xa pode todo o mundo darse unha idea do que esto significa. Como se pode apreciar, o que se di nas reunións da negociación é ben diferente do que “se conta” nos centros de traballo, confundindo e enganando ao persoal.
ANEXO I TEXTOS A MODIFICAR EN XIII CONVENIO POR ACUERDOS DE PARITARIA DEL XII CONVENIO. Posibles modificaciones de artículos del Convenio, según acuerdos de Comisión Paritaria. En los textos propuestos aparece subrayado el concepto modificado, con una referencia numérica ( ) a los acuerdos de Paritaria (en cursiva) que sustentan dicha modificación. PERMISOS RETRIBUIDOS. ART 53. Textos a modificar. Art 53. Ausencias Justificadas por causas determinadas (1). (en el primer párrafo, sustituir el existente por el siguiente: Con carácter general para todos los trabajadores incluidos en el ámbito de aplicación de este Convenio, previo aviso y justificación, podrán ausentarse del trabajo con derecho a remuneración, por alguno de los motivos y por el tiempo que se enumera a continuación. Dicho tiempo de ausencia se computará como días naturales (2) y empezará a computar el mismo día del hecho causante (3). (sustituir el punto b) por el siguiente:) b) Tres días en caso de nacimiento de hijo, o fallecimiento de parientes hasta segundo grado de consanguinidad o afinidad. En caso de accidente o enfermedad grave de parientes hasta segundo grado de consanguinidad o afinidad, que derive en hospitalización, el trabajador podrá ausentarse hasta tres días distribuidos mientras persista dicha hospitalización. Cuando por tales motivos el trabajador necesite hacer un desplazamiento fuera de la provincia, el plazo será de cinco días. (El resto del artículo continúa como está) (1) No acuerdo de Paritaria. Sustitución del nombre, para diferenciarlos de los permisos retribuidos “sin causa” de los arts. 93 y 103. (2) Consulta 168 y 193 (25-02-2010). Al no citar expresamente en el art. 53, que se trata de días laborables, esta Comisión Paritaria entiende que se trata de días naturales, por lo que el trabajador disfrutará de estos días independientemente de las horas que le correspondieran trabajar. (3) y (4) Consultas 181, 168 y 193 (25-02-2010). El artículo 53 concede al trabajador poder ausentarse por determinados motivos hasta un total de 3 o 5 días de permiso retribuido, contados a partir del hecho causante. El artículo 53 no establece mínimos en cuanto al disfrute de los 3 días de permiso retribuido por hospitalización. Esta Comisión Paritaria interpreta que corresponden los días mientras persista el hecho causante y hasta el máximo previsto en el artículo citado. Con relación a la justificación del permiso, esta Comisión Paritaria resuelve que las personas interesadas deberán presentar certificado del centro hospitalario. PERMISOS RETRIBUIDOS. ART. 93 Y 103. Textos a modificar. Art 93. Permisos retribuidos. (sustituir el art. 93 por este texto) Los trabajadores de los centros asistenciales, previo aviso (1), y siempre que sea compatible con la organización del trabajo en los centros según lo establecido en el artículo 10 del Convenio Colectivo (2), disfrutarán de seis días laborables de permisos retribuidos por año que computarán como tiempo de trabajo efectivo. En caso de que la jornada sea parcial o que el trabajador esté contratado mediante contrato temporal inferior al año, dichos permisos retribuidos serán proporcionales a la jornada efectiva anual (3). Art 103. Permisos retribuidos. (sustituir el punto 1 del art. 103 por este texto) 1. Los trabajadores de los centros especiales de empleo, previo aviso (1), y siempre que sea compatible con la organización del trabajo en los centros según lo establecido en el artículo 10 del Convenio Colectivo (2), disfrutarán de cuatro días laborables de permisos retribuidos por año que computarán como tiempo de trabajo efectivo. En caso de que la jornada sea parcial o que el trabajador esté contratado mediante contrato temporal inferior al año, dichos permisos retribuidos serán proporcionales a la jornada efectiva anual (3). (El resto del artículo continúa como está) (1) y (2). Consultas 19-07-2006; 34 (21-11-2006); 94 y 99 (15-06-2007); 130 (24-04-2008). “El concepto “justificación” que aparece en los artículos 93 y 103.1 del Convenio Colectivo alude, no a que el trabajador deba justificar porqué dispone del disfrute de estos días de permiso, sino a que dicho disfrute debe ser compatible con las necesidades organizativas de los centros. En base a esta interpretación, el trabajador podrá disponer de estos días de permiso, sin necesidad de justificar para qué los disfruta, siempre que ello sea compatible con el calendario y necesidades organizativas del centro, a juicio de la dirección del mismo”. (3) Consulta 178.1 (10-11-2009). Esta Comisión Paritaria interpreta que, de conformidad con lo establecido en el artículo 93 del XII CCG de centros y servicios de atención a personas con discapacidad, los días de permisos retribuidos se establecen sobre el año natural por lo que en el caso de contratos temporales de duración inferior al año opera el principio de proporcionalidad a la duración del contrato. PERMISOS NO RETRIBUIDOS. ART. 54. Textos a modificar. Art 54. Permisos no retribuidos. (sustituir el art. 54 por este texto) 1. Todo el personal incluido en el ámbito de aplicación de este Convenio podrá solicitar un solo permiso sin sueldo de hasta noventa días naturales por año (1), que deberá serle concedido si se solicita con preaviso de cinco días laborables, siempre que sea compatible con la organización del trabajo en los centros según lo establecido en el artículo 10 del Convenio Colectivo, debiendo la empresa determinar las razones objetivas en caso de denegación (2). Con carácter excepcional se podrán solicitar hasta dos permisos más, sin superar los noventa días en el año en total, por motivos de conciliación de la vida laboral y familiar, enfermedad o finalización de estudios oficiales (3). 2. Tendrán la consideración de permisos no retribuidos, siempre que se justifiquen, las ausencias para visitas médicas que no derivan en baja laboral, pudiendo descontarse de las retribuciones a percibir por el trabajador en la nómina del mes que corresponda. Sólo los trabajadores con relación laboral de carácter especial de los centros especiales de empleo tienen una regulación particular al respecto que está prevista en los artículos 103 y 104 del XII Convenio Colectivo. (4) (1) y (3) Consulta 51 y 65.1 (02-03-2007); 74 (22-03-2007); 91 (15-06-2007); 120.5, 127 y 135 (24-04-2008). La Comisión Paritaria interpreta que el trabajador podrá disfrutar de solo un permiso continuado de hasta tres meses de duración. Con carácter excepcional se podrán solicitar hasta dos permisos más, sin superar los tres meses en el año en total, por motivos de Conciliación de la Vida Laboral y Familiar, enfermedad o finalización de estudios oficiales. (se cambia 3 meses por 90 días, para el caso de que se conceda más de un permiso) (2) Consulta 38.2 y 39 (21-11-2006); 51 y 65.1 (02-03-2007); 74 (22-03-2007); 91 (15-06-2007); 120.5, 127 y 135 (24-04-2008); 166 (08-06-2009). De conformidad con las funciones encomendadas por el artículo 12 del XII Convenio Colectivo General se adopta el acuerdo relativo a la interpretación y aplicación del artículo 54 del citado convenio en el sentido de que la concesión de los permisos no retribuidos establecidos en el mismo deben supeditarse a la capacidad de organización del trabajo establecido en el artículo 10 del Convenio Colectivo, debiendo la empresa determinar las razones objetivas en caso de denegación. (4) Consulta 2.3 (19-07-2006). Las horas solicitadas, que deberán justificarse, para visitas médicas que no derivan en baja laboral pueden descontarse de las retribuciones a percibir por el trabajador en la nómina del mes que corresponda. Sólo los trabajadores con relación laboral de carácter especial de los centros especiales de empleo tienen una regulación particular al respecto que está prevista en los artículos 103 y 104 del XII Convenio Colectivo. MATERNIDAD. ART. 59. Textos a modificar. Art 59.2 Maternidad (completar la última frase) Las trabajadoras en situación de licencia a causa de embarazo percibirán el 100% de su retribución durante las 16 o las 18 semanas (1). (1) Consulta 41 (21-11-2006). El último párrafo del artículo 59.2, dice: <Las trabajadoras en situación de licencia a causa de embarazo percibirán el 100% de su retribución>. Este párrafo solo esta referido a las 16 semanas, o a las 18 semanas en caso de parto múltiple, previstas en este artículo 59. (El resto del artículo continúa como está) FORMACIÓN. ART 63. Textos a modificar. Art 63.Formación (sustituir el primer párrafo por este) Todos los trabajadores afectados por este Convenio tendrán derecho a 30 horas anuales dentro de su jornada laboral, para su formación en el propio centro o para permisos para su formación externa en materias relacionadas con su actividad profesional (1). Queda a criterio de la empresa la concesión de permisos para formación cuando lo solicite más de un trabajador y coincidan total o parcialmente las fechas del curso que soliciten. (1) Consulta 65.3 (02-03-2007); 93.3 (15-06-2007). Respecto de las horas de formación referidas en el artículo 63 la Comisión Paritaria interpreta que aluden a la formación relacionada con su actividad profesional. COMPLEMENTO DE FESTIVIDAD. ART 40. Textos a modificar. Art. 40. Complemento de festividad. (sustituir el primer párrafo por este) Todo el personal incluido en el ámbito de aplicación de este Convenio Colectivo, percibirá un complemento de 26 euros por cada día festivo tipificado en el art. 37.2 del Estatuto de los Trabajadores que le toque trabajar, estuviera ello previsto inicialmente en su calendario laboral o no (1). El complemento de festivo se abonará íntegramente al trabajador por una jornada diaria ordinaria, correspondiendo al trabajador la parte proporcional, si trabaja más o menos horas en día festivo (2). Si el personal trabajara un día festivo de los que tuviese contemplados inicialmente como de descanso en su calendario laboral, tendrá derecho como compensación a disfrutar de un día de los fijados inicialmente como de trabajo en su calendario (3). (1) y (3) Consulta 108 (15-06-2007); 174.3 (10-11-2009). El calendario laboral fijará para cada trabajador sus días de trabajo y sus descansos, debiendo computarse como realizadas por el trabajador en el conjunto del año, 1729 horas en centros asistenciales y 1758 en centros especiales de empleo. Cuando adicionalmente a dicho calendario de trabajo y, por tanto, de forma extraordinaria, un trabajador trabaje un día de los que tuviese contemplados inicialmente como de descanso, tendrá derecho como compensación disfrutar de un día de los fijados inicialmente como de trabajo en su calendario laboral. Independientemente a lo dicho anteriormente, cada trabajador afectado por el XII Convenio, percibirá un complemento de 26 euros por cada día festivo tipificado en el art. 37.2 del Estatuto de los Trabajadores, que le toque trabajar, estuviera ello previsto inicialmente en su calendario laboral o no. (2) Consulta 188 (25-02-2010). En el caso de que la jornada en festivo sea inferior o superior a la ordinaria se abonará el complemento de 26€ de forma proporcional a las horas trabajadas. Consulta 58 (02-03-2007). El mismo artículo 40 ha previsto que en el supuesto de que la jornada fuese inferior a la ordinaria se abonará proporcionalmente el complemento de festividad. (El resto del artículo continúa como está)
COMPLEMENTO DE NOCTURNIDAD. ART. 39 Textos a modificar. Art. 39. Complemento de nocturnidad. (sustituir los dos primeros párrafos por este) El personal que realice su jornada ordinaria de trabajo entre las 22 horas y las 6 horas del día siguiente, percibirá un complemento mensual de nocturnidad, establecido en el 25% del salario base de su categoría. Dicho complemento se abonará de forma proporcional a las horas nocturnas trabajadas sobre el total de las horas trabajadas en el mes por el trabajador (1), no devengándose en los supuestos de no asistencia al trabajo por cualquier causa, ni en periodo de vacaciones. (El resto del artículo continúa como está) (1) Consultas 19-07-2006; 19 y 21 (22-09-2006); 25 (21-11-2006). 1.- El artículo 39 del Convenio Colectivo en el apartado 1 establece: a) El horario nocturno será aquél que se realice entre las 22 horas y las 6 de la mañana. b) Se percibirá un complemento por cada hora trabajada en el citado horario. c) El valor de ese complemento será igual al 25 % del salario base. En el artículo 39.1 se indica que el complemento de nocturnidad se percibirá por cada hora efectivamente trabajada, hasta el punto que no se devengará en caso de no asistencia al trabajo por cualquiera causa, ni en periodo de vacaciones. 2.- El artículo 39.1 traslada a las tablas salariales del Convenio Colectivo el establecimiento de las cuantías. El convenio colectivo establece en las tablas salariales cómo se hace el cálculo y cuales son las cuantías. 3.- El establecimiento de dos fórmulas para satisfacer por un lado complemento de nocturnidad y por otro el valor de la hora nocturna puede generar disfunciones en la aplicación de estas fórmulas, por lo que la Comisión Paritaria del Convenio Colectivo, desde su capacidad de interpretación dispone que: A).- Los trabajadores que tengan asignado el turno de noche, conforme a lo previsto en el artículo 39 en cuanto a la cobertura del turno de noche, percibirán el 25% del sueldo base del mes trabajado. Cuando por alguna de las circunstancias previstas en el artículo 39 el trabajador no pueda cumplir el horario nocturno completo que tenga asignado, la empresa le abonará la parte proporcional del complemento mensual de nocturnidad equivalente a ese tiempo trabajado. B) Los trabajadores que de forma regular no realicen jornada de noche y sin embargo de manera esporádica efectúen alguna hora comprendida entre las 22 horas y las 6 horas del día siguiente, percibirán por cada hora trabajada de noche las cantidades establecidas en los Anexos 5 y 8 del presente convenio. C) Para realizar el cálculo de la hora ordinaria del convenio colectivo se procederá a dividir el sueldo base mensual según tablas del presente convenio entre el número total de horas realizadas en dicho mes. NOTA: La proporcionalidad queda establecida en la letra A), no siendo de aplicación el resto de la interpretación de Paritaria, pues al realizar la revisión salarial para 2007, en Acta de Comisión Negociadora del 26 de junio de 2007, se acuerda una subida de la nocturnidad acompañada de la supresión de los anexos de valor hora nocturna, quedando únicamente el valor mensual de la nocturnidad, calculado como el 25% del salario base. A partir de ahí, ya no se puede aplicar la interpretación anterior de Paritaria, puesto que la Comisión Negociadora hace desaparecer los anexos de valor hora nocturno, por lo que se deduce, según las nuevas tablas y lo que establece el texto del propio Convenio, que hay que aplicar el valor del 25% del salario base, de forma proporcional a las horas hechas de noche. El texto de Comisión Negociadora fue el siguiente: SEPTIMO.- Las partes firmantes acuerdan fijar el complemento de nocturnidad establecido en el artículo 39 del presente Convenio, en la cantidad resultante de incrementar en un 3,5 % la cifra establecida para 2006, esto es, una subida del 3,5 % sobre el 25% del salario base de 2006. Por ello, se acuerda fijar en las tablas salariales de 2007 únicamente la referencia mensual de dicho complemento de nocturnidad, eliminando la actual tabla de “valor hora nocturna”. COMPLEMENTO DE CALIDAD. Textos a modificar. Art. 38. Complemento de mejora de la calidad. (sustituir el artículo íntegro por este texto) Los trabajadores contratados en régimen de relación laboral de carácter especial, regulada por el R.D. 1368/1985, percibirán un complemento de mejora de la calidad equivalente a 26 euros mensuales por cada periodo de tres años de servicios en la empresa (1), que se abonará en las doce pagas ordinarias, devengándose también cuando el trabajador se encuentre en situación de incapacidad temporal. Este complemento no será de aplicación a los trabajadores que, en régimen de relación laboral común u ordinaria, presten servicios en centros especiales de empleo, a los que les será de aplicación el complemento de antigüedad regulado en el artículo correspondiente de este Convenio Colectivo. (1) Consulta 47 (02-03-2007); 187, 191 (25-02-2010). De conformidad con lo previsto los trabajadores afectados por la aplicación de este complemento generarán el derecho a su percepción por cada periodo de tres años de servicios efectivos prestados a la empresa, contados desde el 1 de enero de 2002. El importe del complemento salarial de mejora de la calidad se hará efectivo en la nómina del mes de su vencimiento. ART. 77. PÓLIZA DE RESPOSABILIDAD CIVIL. Textos a modificar. Art. 77. Pólizas de responsabilidad civil. (sustituir el punto 1 por este texto) 1. Todas las empresas comprendidas en el ámbito de aplicación de este Convenio, deberán contar con una póliza de responsabilidad civil de 120.202 € por siniestro, para cubrir los daños causados a terceros, producidos por la actuación del empresario, o por cualquiera de los dependientes por los que, conforme al Código Civil, viene éste obligado a responder conforme a derecho (1). Se incluirá en la póliza la defensa jurídica correspondiente. (1) Consulta 170 (10-11-2009): La Comisión Paritaria estima que el artículo 77 del XII Convenio colectivo general de centros y servicios de atención a personas con discapacidad al referirse a la responsabilidad civil está aludiendo a la modalidad de seguro que conforme a la Ley del Seguro y disposiciones concordantes cubren los daños frente a terceros, sean éstos producidos por actuación del empresario o por cualquiera de los dependientes que conforme al Código Civil viene ésteobligado a responder conforme a derecho.
ANEXO II LA EVALUACIÓN DEL DESEMPEÑO EN EL PUESTO DE TRABAJO 1 La Evaluación del Desempeño es el procedimiento mediante el cual se mide y valora la conducta profesional y el rendimiento o el logro de resultados. 2 La Evaluación del Desempeño es un procedimiento que nos permite medir y valorar una conducta profesional. También nos permite medir y valorar el rendimiento en el puesto de trabajo. Y por último también nos permite valorar el logro o no de resultados 3 Este procedimiento para valorar y medir el rendimiento del empleado/a en el puesto de trabajo se dota de un procedimiento formal, fidedigno y sistemático de información. Es un procedimiento práctico y confiable, con niveles de medición verificables. Si el procedimiento de evaluación no se identifica con el puesto de trabajo carecerá de validez. Una evaluación es práctica cuando es comprendida por evaluadores y evaluados. Se establecerán por tanto unas condiciones previas que hay que cumplir para solicitar la Evaluación del Desempeño. 4 El sistema de Evaluación del Desempeño se adecuará, en todo caso, a criterios de transparencia, objetividad, imparcialidad y no discriminación y se aplicará sin menoscabo de los derechos de los trabajadores y trabajadoras. 5 EL CCG determinará los efectos de la Evaluación en la carrera profesional dentro del mismo grupo profesional, el plan de formación, el proceso de provisión de puestos de trabajo y la percepción de la retribución complementaria tras cada evaluación positiva. 6 La Evaluación del Desempeño tienen que medir los siguientes valores: formación adquirida, formación impartida, experiencia profesional en un puesto de trabajo y los conocimientos necesarios para obtener el mejor rendimiento, cualificaciones profesionales adquiridas por el trabajo o la necesidad de ampliar las cualificaciones adquiridas para el mejor desempeñar. 7 La continuidad en el mismo puesto de trabajo también se pone en riesgo, por lo que la no superación de la evaluación o evaluación negativa puede determinar la pérdida del puesto conseguido y su remisión a otro puesto de trabajo 8 Cada puesto de trabajo tendrá establecidos los requisitos a cumplir para obtener la evaluación positiva en cada proceso de Evaluación del Desempeño. 9 Cada evaluación positiva llevará aparejada una retribución complementaria por valor de 35 euros en cada paga mensual (x 14) 10 El sistema de Evaluación del Desempeño entrará en vigor el 1 de enero de 2011. Configurado como sistema alternativo a las retribuciones de los trienios, todos los trienios percibidos por cada trabajador o trabajadora se mantendrán en su valor a 31 de diciembre de 2010, y seguirán percibiéndose como complemento por antigüedad con carácter “ad personam”, no revisable, no absorbible, no compensable. 11 Los trabajadores y trabajadoras que durante el año 2011 hubieran generado el derecho a la percepción de un nuevo trienio sumarán dicho trienio al cómputo efectuado en el 31 de diciembre de 2010 12 A partir del 1 de enero de 2012 se podrán solicitar y realizar las Evaluaciones del Desempeño por todos los trabajadores y trabajadoras en las condiciones previstas en el CCG y con las disposiciones que correspondan al ámbito de la empresa. Será requisito imprescindible para solicitar la Evaluación del Desempeño contar con una antigüedad en el puesto de trabajo o en la empresa de al menos dos años. Obtenida la Evaluación Positiva pasará a percibir con efectos del día 1 del mes siguiente al que solicito la evaluación el complemento retributivo establecido. 13 Si la empresa no reúne las condiciones previstas para realizar la Evaluación del Desempeño, se consideran a todos los efectos como Evaluaciones Positivas todas las solicitudes de evaluación presentadas por los trabajadores y trabajadoras, generándose los derechos económicos con los mismos efectos que corresponden en el supuesto de cada Evaluación Positiva.
INFORMACIÓN DA 8ª REUNIÓN (9 DE ABRIL DE 2010) Logo dunha reunión previa das patronais, comeza a da Mesa de Negociación, coa intervención da patronal maioritaria
AEDIS-FEACEM: Manifestan que dada a situación actual, de tantos meses de negociación, as dificultades xurdidas na mesma e a mala situación económica, deben cambiar o plantexamento inicial co que afrontaron este proceso e, xa que neste tempo no se acadou chegar a un acordo de novo Convenio, solicitan de todas as organizacións presentes na Mesa un exercicio de responsabilidade para non retrasar máis tempo un acordo polo ben dos centros e do persoal. Propoñen pois reproducir practicamente como está o XII Convenio Colectivo e facer unha Revisión Salarial (en base ao Acordo Marco Estatal sobre incrementos salariais), que sería segundo o IPC real para os anos anteriores e o previsto para o 2010, e modificación da Cláusula de Descolgue, e logo constituír unha Comisión Técnica das organizacións asinantes que poidan seguir negociando todos eses outros aspectos pendentes (clasificación profesional) que, segundo manifestan, xa se poden ir aplicando gradualmente en parte dos centros. Non disimularon nin ocultaron que durante este período estiveron mantendo negociacións con CCOO sobre distintos aspectos do convenio, en especial sobre a clasificación profesional (carreira profesional, como a definen), á marxe do resto das organizacións, e que foi algún tipo de desacordo puntual entre eles o que nos trouxo á situación actual: mediación no SIMA e nova convocatoria da Mesa de Negociación. Quedou en evidencia, tanto nesta intervención, como nas posteriores do representante de CCOO a actitude prepotente, sectaria e de total desprezo co resto das organizacións alí presentes. Aínda máis. Rematou a súa intervención invitando a negociar “polo menos ás dúas organizacións sindicais estatais”. Queren rematar axiña e asinar un convenio canto antes nestes termos. Falan da dificultade de pedirlle nestes intres un maior esforzo ás administracións, dos problemas polos que están a pasar os centros pola falla de recursos e o retraso en percibir as axudas e que, en base a isto, o obxectivo que nos deberiamos poñer é o de manter o emprego, sen ter maiores pretensións CIG-Ensino: Esiximos que se nos respecte como organización maioritaria en Galiza e en consecuencia que se respecte ao colectivo ao que representamos, e porque como organización máis representativa, temos o dereito a participar nesta negociación e non imos consentir que ninguén nos prive dese dereito. Pedimos tamén respecto para as propias regras de xogo polas que se regula a negociación colectiva legalmente, criticamos o cúmulo de despropósitos que se deron nesta negociación (paralizacións, negociacións paralelas, convocatorias e suspensión de reunións de xeito continuado, etc.), e lembramos a sentenza que anula catro artigos do anterior convenio (Art. 13.4, 14.3, 78.3 e 78.4), precisamente aqueles que fan referencia á negociación da nova clasificación profesional na Comisión Paritaria na que so están as organizacións asinantes. Manifestamos o nosa intención de non consentir máis este tipo de actitudes e recorrer ás vías que faga falla para evitalo. Se imos comezar coa negociación nos termos que se plantexan, nós non estamos “atados” por ese acordo salarial, polo tanto non imos apoiar algo semellante e reiteramos a nosa proposta salarial, e gustaríanos falar tamén doutros temas de interese para o persoal do sector, como o calendario, a xornada, condicións de traballo, clasificación profesional e, por suposto, cremos que habería que replantexarse a actual estrutura da negociación, tanto no ámbito funcional (non se sostén que sigan figurando tres sectores tan dispares no mesmo convenio), como territorial, pois cremos que debe trasladarse ás CCAA, dado que son as que subvencionan aos centros. CCOO móstrase disposta a asinar un convenio neses termos, pero poñen como condición asentar esa nova clasificación profesional que tento tempo estiveron negociando e sobre a que, ademais (non se cortaron en recoñecelo), xa chegaran a acordo eles e AEDIS-FEACEM. Para eles, o resto dos temas están ben actualmente e non os tocarían : xornada, calendario laboral, permisos, vacacións, etc. A súa proposta de revisión salarial sería: 2% de suba para o 2008, 1% para 2009, 1% para 2010 e 2% para 2011. FETE-UGT tamén está dacordo en saír desta situación e asinar un convenio canto antes no que se faga a revisión salarial, aínda que recoñecen que non lles gusta o convenio vixente, que non asinaron. Outras organizacións patronais (Ed y Gestión, ANCEE e CECE), volveron a solicitar que se revisara a posibilidade de modificar a estructura funcional do convenio e dividilo en tres ou, cando menos dous (cousa a que se negou rotundamente a patronal maioritaria) e outras, como CONACE, ían máis alá e, igual que a CIG vían máis factible negociar noutros ámbitos territoriais e ir a convenios autonómicos. Tamén solicitaron algunhas patronais que, no caso de chegar a acordo salarial, se marque unha flexibilidade de prazos ás empresas para o pago dos atrasos. Logo dun amplo debate e unha posta en escena de enfrentamento entre aquelas organizacións que negociaron pola súa conta, acordouse atender ás conclusións nas que se chegou no SIMA, e marcar un calendario e temas a negociar. Os temas acordados foron os seguintes: Revisión Salarial, Cláusula de Descolgue, Resolucións da Comisión Paritaria que son susceptibles de incorporar ao novo convenio (todas as organizacións solicitamos que se nos trasladaran por parte das dúas que compoñen esa Comisión como asinantes do anterior convenio), Clasificación Profesional e Estudio específico do ámbito Educativo. A vindeira reunión marcouse para o día 21 de abril, ás 16:30 h. Queda pendente de aprobar a acta da 8ª reunión á que faremos aportacións algunhas organizacións que non estamos dacordo co seu contido, entre elas a CIG-Ensino. A patronal maioritaria, AEDIS-FEACEM lembra os puntos que se acordou tratar na anterior reunión, pero insiste na súa proposta de coller como referencia o convenio actual e facer só modificacións en tres cousas: unha revisión salarial, a Cláusula de Descolgue, e a introducción no texto do convenio dos acordos tomados na Comisión Paritaria do que pasaron un resume (Anexo I a continuación). Tamén comentaron a necesidade de concretar no art. referido ao ámbito funcional a inclusión de novos centros para que non se vexan afectados pola posible concorrencia co Convenio de Dependencia e crear inseguridade xurídica. UGT.- Comparte a proposta. Cren que se debe asinar axiña un acordo e logo constituír unha Comisión Técnica na que estean todas as organizacións para seguir traballando sobre os outros temas pendentes. Non comparten a proposta de cambio con respecto ao ámbito funcional. Fan unha proposta salarial : ano 2008, suba do 2,5 %. 2009, do 1,5 % e o IPC para o 2010, garantindo o mínimo do 1 %. Tamén propoñen adaptar o texto á nova lexislación vixente. CCOO.- Xa plantexaron a proposta salarial na reunión anterior, que manteñen. Cren que pode haber acordo neste apartado, así como no da Cláusula de Descolgue. Non teñen claro o tema do ámbito funcional. Manifestan que non están pola labor de asinar só con estes puntos. Consideran que se fixo un importante traballo sobre a Clasificación Profesional, din que existe consenso ao respecto, cando menos pola parte sindical (cousa que non é certa) e queren que se introduza no novo convenio. Discreparon co resume das resolucións da Comisión Paritaria que aportaron as patronais, pois din que non están todas as que deben estar, e as que están son enfocadas cunha interpretación distinta a deles. CIG-Ensino.- Comezamos por aclarar esta última manifestación de CCOO dado que, malamente podemos estar dacordo e dar por consensuada unha proposta para a que non se contou con nós á hora de negociar. O único que dixemos en reunións anteriores, e que agora se utiliza de xeito interesado, é que precisamente non entendiamos como non se contou con nós para falar desta proposta de Clasificación coa que, a grandes rasgos e agás algúns matices, poderiamos estar dacordo. Pero denunciamos esas actitudes sobre as que, por certo, recentemente se nos deu a razón, tanto no SIMA, como na sentenza que anulou catro apartados do convenio, e que fai referencia, precisamente, á que a Comisión Paritaria non é competente para negociar a Clasificación Profesional. Reiteramos o dito na anterior reunión, no senso de que para nós era necesario abordar outros temas e cambios con respecto ao anterior convenio: estructura, ámbito de negociación territorial, Calendario e xornada, permisos e vacacións, complemento de penosidade, etc. Sobre a Cláusula de Descolgue, gustaríamos regular a posibilidade de que as empresas se acolleran a ela de xeito moi estricto e contrastado, para que se utilice exclusivamente nos casos reais de mala situación económica das empresas, e non sexa utilizada de xeito xeneralizado e sen control, para eludir as responsabilidades co persoal. Nós non nos consideramos autorizados para meternos nesas modificacións no que respecta ao ámbito funcional, pois temos que respectar aos compañeiros e compañeiras que negociaron o Convenio de Dependencia. Poñemos como exemplo para que non haxa problemas o que aconteceu co Convenio dos Centros de Protección e Reforma e o de Intervención Social. No que respecta ás propostas que veñen da Comisión Paritaria, e visto que nin sequera os que estiveron nela se poñen dacordo, solicitamos que se nos pasen todas a cada organización, que fará a súa valoración. O resto das organizacións sumáronse á proposta e a secretaria comprometeuse a envialas ao día seguinte (neste intre aínda non as recibimos). A nosa proposta salarial non se basea nos mesmos criterios que o resto das organizacións. O IPC non é a única referencia válida para nós. O obxectivo da CIG-Ensino é que se incrementen máis os salarios máis baixos e tratar de que todo o persoal teña un salario digno. A referencia como salario digno é para nós o salario medio, como cifra a acadar. Así pois, con este criterio, a proposta concrétase do seguinte xeito (utilizando como referencia o salario medio en Galiza): Ano 2008: O salario medio estivo en algo máis de 16.600 €. Para todo o persoal que non chegue a ese salario reclamamos unha suba non inferior a 460 € anuais,e para o resto unha suba do 2%. Ano 2009: O salario medio foi de 18.100 €. Para todo o persoal que non chegue a ese salario a suba non será inferior a 540 € anuais, e para o resto a suba do 2 %. Ano 2010: Como non teremos os dados de referencia ata final do ano, agardando aos axustes necesarios, propomos unha suba do 2 % mínima garantida e Cláusula de Revisión Salarial se o IPC fora superior. Como posteriormente as patronais ANCEE e Ed. y Gestión preguntaron se estas propostas eran extensivas aos centros educativos, respostamos e aclaramos que era a mesma para o persoal non concertado e que para o concertado xa estamos traballando nos foros que nos corresponden na liña da homologación salarial co profesorado da pública. Logo de reclamar as patronais antes citadas máis atención para os centros educativos, e sumarse tanto Ed. y Gestión como CONACE á proposta de negociar nas CCAA, ábrese un pequeño debate sobre as propostas, que remata na petición dun receso para que as dúas partes, patronais e sindicatos, traten de variar e achegar as propostas. Despois do receso, as patronais manifestan a súa intención de flexibilizar a súa proposta inicial (sen saírse do acordo marco estatal de moderación salarial), e tratar de incrementala un pouco, sobre todo para as categorías que menos cobran. Concretarán a súa proposta na vindeira reunión, na que xa queren que se asine o acordo, con esa proposta salarial, a Cláusula de descolgue, o que se acorde das consultas da Comisión Paritaria e as adaptacións á lexislación actual, e insiste no tema do ámbito funcional, aínda que sexa a través dunha disposición adicional. UGT “agradece” o xesto das patronais e CCOO segue insistindo no tema da Clasificación profesional (mais eu coido que van asinar os dous na vindeira reunión). A CIG-Ensino non vai avalar esas propostas se non hai unha mellora sustancial. Márcase a seguinte reunión para o día 10 de maio, coa intención de chegar a acordo. INFORMACIÓN IMPORTANTE: Durante o receso enteirámonos de que CCOO deixou caer na reunión do 17 de decembro do 2009 (a única á que non poidemos asistir por problemas de axenda) unha proposta ligada ao tema da clasificación profesional, na mesma liña que propuxeran as patronais ao comezo das negociacións e que, de prosperar, significaría un grande retroceso para o persoal, e un elemento de conflictos nos centros, porque suprimiría o Complemento de Antigüidade por outros complementos ligados á “AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO NO POSTO DE TRABALLO”. Adxuntamos un texto que fala desta proposta (Anexo II) e que, por certo, non nos facilitou quen a fixo, para que o persoal coñeza a barbaridade do que se pretende con algo semellante, no que a cualificación e desempeño, e polo tanto as retribucións e estabilidade laboral sería avaliada polos titulares dos centros e os propios compañeiros ou compañeiras. Xa pode todo o mundo darse unha idea do que esto significa. Como se pode apreciar, o que se di nas reunións da negociación é ben diferente do que “se conta” nos centros de traballo, confundindo e enganando ao persoal.
INFORMACIÓN DA 7ª REUNIÓN (13 DE OUTUBRO DE 2008) Desde a CIG-Ensino comezamos manifestando unha vez máis a nosa indignación e protesta pola falla total de seriedade e rigor nas convocatorias, pois desde que comezou esta negociación XA VAN NADA MENOS QUE CINCO OCASIÓNS NAS QUE SE ANULA A CONVOCATORIA PREVISTA, con escasa marxe de tempo e sen aclarar cales son as organizacións que non poden acudir ás mesmas, nin nas causas que xustifican esta ausencia. Ademais esta falla de rigor ponse máis de manifesto cando esas desconvocatorias non son enviadas por aquelas persoas ás que lles correspondería facelo, a Presidencia ou Secretaria da Comisión negociadora. Para nós estas actitudes resultan intolerabeis, non só polos prexuízos económicos e organizativos que causan á nosa organización (os billetes de avión mércanse con antelación), senón porque coidamos que é unha total falla de respecto a aqueles colectivos aos que cada quen representamos. Apresentamos escrito (que enviaramos previamente por correo electrónico e ordinario) reiterando esta protesta e facendo unha serie de propostas para corrixir estas actuacións, ademais de solicitar que se adxunte á acta. Asínanse as actas terceira e cuarta. AEDIS (en nome do resto da patronal) propón, no conceito de revisón salarial, que se faga na súa totalide. Quéixase, na mesma liña ca nós, do ritmo das negociacións e das convocatorias e desconvocatorias sen senso o que vai contra os intereses non só das empresas, senón tamén dos/as trabalhadores/as. Desexan que esta situación de reunións e cancelacións remate axiña. Gostarialles recibir nas vindeiras datas cuestións que poidan dar corpo à orde do dia que terá que ser acordada co consenso maioritario. Apostan pola modificación da estructura profesional, cara un esquema de grupos profesionais. Desexan entrar no contido e en aspectos competenciais. Apostan tamén pola modificación do Título de Centros Especiais no que atinxe aos servicios de apoio individualizado, cara unha definición que amostre unha visión persoalizada e de apoio na asintencia. Seria bo, segundo eles, que se tivese como referente à hora das modificacións, o Convenio da Concertada. Habería pois que adecuar contidos, respeito ao que se está a facer no ámbito xeral (Tempo docente, calendario...) Ollar tamén o tema dos permisos retribuídos... Aposta específica para a inclusión dunha obriga (mediante unha reunión específica) que matice reservas a favor das persoas con discapacidade. Todas estas visións e as modificacións obrigan à consideración dun tempo de aplicación dun Convenio duns tres anos de duración. Habería que establecer, con este obxecto, unha disposición transitoria que permita pór en práctica, levar a efeito un espacio de tempo superior à duración do Convenio. Segundo eles, a modificación dos grupos é ambiciosa de máis, posto que hai que formar aos centros, aos xestores... e iso implica un tempo de cando menos dous anos. Tamén haberá que establecer un calendario, un “cronograma”, para casar isto coa vixencia do Convénio. Terase que establecer, tamén, un acordo de revisión salarial, mais haberá que facelo, segundo a patronal, tendo en conta o ambente de crise atual. FÁISENOS ENTREGA EN FORMATO DOCUMENTAL, DA PROPOSTA PATRONAL SOBRE CLASIFICACIÓN PROFESSIONAL, DESENVOLVIMENTO DE COMPETENCIAS E ACREDITACIÓN DE CUALIFICACIÓN NO EIDO DO XIII CONVENIO XERAL DE CENTROS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE. A banda sindical agradece a entrega do documento. Coméntase por parte das outras organizacións que hai que abordar o pagamento a conta nos centros educativos. A crise pódese argumentar só para o 2009. Quer dizer que para o 2008 pódense pactar os salarios e non poden ser restrictivos. Hai que avanzar parellamente aos grupos profesionais sobre unha formulación axeitada. O ámbito temporal están dispostos a aceitalo se o contido é ambicioso; por suposto sempre atado aos salarios e à revisión salarial. Están pola promoción dos pactos de acomodación. Hai que aclarar este conceito. A PATRONAL comenta que con carácter previo à vindeira reunión as cuestións do ámbito educativo sexan amosadas para debater. Respeito ao contido do Convenio vaise adecuar à situación de crise. Desexan que se trate tamén a Claúsula de Descolgue. Segundo eles a nova estructura profesional é positiva e mellora a estructura e non ten que implicar maior custo para as empresas. Son cautelosos coa vixencia temporal do Convenio, en relación coa crise. Ámbito educativo: Queren axilizar o Convenio tendo en consideración os seus criterios. Din que a Revisión da Cláusula de Descolgue é, a día de hoxe, inaplicábel; polo que apostan por unha nova redacción da cláusula realista, pois non serve a actual. Avisan que están pola clasificación, non pola transformación dos grupos profesionais e fan petición de abrir unha cláusula de materias de negociación nas CCAA. No tema da xornada avalían a variación da redacción só, e non atinxen o aspecto temporal. A Cláusula de revisión non pode ser negociada por riba do IPC. Non é viábel. Propoñen nova redacción da Cláusula de Descolgue. Na vindeira reunión darán resposta ao “pago a conta”. CCOO din que non van a promocionar un Convenio en ruínas. As baixadas na Cláusula de Descolgue non serán aceitadas pola súa banda. A Revisión salarial tense que mover, mais non por debaixo do IPC, senón tendo em conta a evolución do mesmo (xa poideron defender este criterio na última rebvisión salarial que asinaron por Baixo do IPC real). Hai que procurar unha fórmula para incrementar o salario; por exemplo 3 ou 3,5% de incremento salarial e a revisión salarial aplicaríase no ano seguinte tendo un ano para tomar decisións de axuste (xa deixan a proposta no ar e sen concretar). Som conscentes que o pacto de incremento salarial é un risco. Os ERE non teñen que ver nada coa Cláusula de Descolgue. Parten tamén da idea que ter o referente da Concertada na negociación do Convénio. A prioridade para eles segue a ser a Clasificación profesional. De feito atoparon semellanzas da proposta da patronal coa deles. Como é que se desenvolve no tempo é un aspecto a solucionar. Seguen aparecendo categorías repetitivas. Precísase pois dun arranxo. Acomodación respeito aos salarios: Están dispostos a negociar sempre que se afastem contidos. Clasificación profesional: se significa un troco de cualidade tense que retrebuír; e hai moitas maneiras de retribuír. Non fai falla chegar á perda de poder retributivo. Lémbrase que na vindeira reunión comezaremos co conceito de ÁMBITO EDUCATIVO; tema obxectivo de negociación que haberá que “consensuar” para o seu tratamento na táboa de negociación. Márcase unha data tope para apresentar os contidos a tratar na seguinte reunión: 30 DE OUTUBRO. Por outra banda márcase a seguinte xuntanza para o dia 10 DE NOVEMBRO no mesmo local e às 11 da mañá. Antes desta data hai que ter apresentado por correo electrónico as propostas do ámbito educativo. CLICA AQUÍ PARA VER A PROPOSTA PRESENTADA POLAS PATRONAIS
INFORMACIÓN DA 6ª REUNIÓN (1 DE XUllO DE 2008)
Comezan as patronais facendo unha serie de reflexións de carácter pesimista, a maior parte compartidas por todas elas: - Fan referencia á crise económica, que afectará ás dúas partes, e que fixo mudar a situación da que se partíu ao comezo da negociación. Falan dun importante número de centros (sobre todo C.E.E.) que se terán que pechar, con expedientes de crise e expedientes de regulación de emprego.
- Na área asistencial a situación é moito máis regresiva que a principios de ano. Xa se lles transmitíu desde as institucións políticas que non habería moitos avances neste sector. Tratarán de soster os convenios xa subscritos.
- As expectativas do principio non son as mesmas que neste intre e a previsión é que vaian a peor.
- Piden ás organizacións sindicais que fagamos unha reflexión sobre as demandas que plantexamos nas nosas propostas.
- Propoñen buscar vías de moderación e tratar de chegar a un Convenio de mínimos, facendo toda a presión posible para “sacarlle todo o que se poida” ás comunidades autónomas, para evitar o descalabro do sector.
- O IPC xa vai neste intre en torno ao 5,2 %, e con tendencia a dispararse no que queda de ano.
- Non poden pasar por alto a súa valoración sobre a convocatoria de folga feita por UGT a semana pasada que criticaron con dureza, ao considerar que rachou a lealdade institucional e de negociación. Din que o seguimento foi case nulo e exclusivamente en centros nos que había delegados/as da propia UGT. Que nin os propios traballadores e traballadoras entenderon a convocatoria. E piden a UGT que se manifeste na reunión sobre unha convocatoria incomprensible.
Logo deste discurso catastrofista, usando o argumento da crise para xustificar as intencións claras de que a paguen os mesmos de sempre (os/as traballadores/as) e dos reproches feitos á UGT, esta resposta tratando de xustificar a súa convocatoria e reservándose o dereito a facelo outra vez e di que a folga pudo evitarse se se dera resposta no SIMA ás demandas que plantexaron. Contéstanlle das patronais, a través do representante de CONACEE que plantexar que se poidera resolver o tema de xeito unilateral no SIMA é simplemente unha falla de respecto ao resto das organizacións que participan da negociación. Fala tamén da complexidade do sector e a disparidade provocada polo número de organizacións que participan na negociación. O representante de Ed. e Xestión reitera a primeira intervención e fai especial referencia aos centros Concertados e Privados, que segundo el son perxudicados porque os módulos van ir á baixa, pola competencia da pública e por certo articulado que se puxo nalgúns acordos e que poñen en perigo a subsistencia dos centros. Incide nas críticas á convocatoria de folga da UGT. CCOO solicita recuperar o ritmo de negociación e móstranse partidarios de negociar en xullo, e seguen a insistir no tema da Clasificación Profesional. Por primeira vez falan de revisar o IPC, pero non concretan. Cren posible facer un acordo a longo prazo. Súmanse á proposta que fixo a CIG-Ensino desde o principio da negociación sobre Complementos retributivos, pero só falan dos que xa aparecen no convenio, o de festividade e o de nocturnidade. Desde a CIG-Ensino manifestamos que, aínda admitindo a súa existencia, non admitimos que se utilice a crise económica como estratexia para non mellorar, e incluso tratar de empeorar nalgúns aspectos (mobilidade funcional, complemento polo rendemento que propoñen, etc.) as condicións de traballo e salariais de todo o persoal. Non teñen por que pagar a crise sempre os mesmos, precisamente a parte máis débil que, ademais, tampouco resultou beneficiada noutras épocas de bonanza económica. E este argumento aínda se debe ver máis reforzado para nós polo tipo de sector de que estamos a falar, que cumpre uns obxectivos de carácter social e que é precisamente en épocas de crise cando se fan máis necesarios. No que respecta á convocatoria de folga feita pola UGT, deixamos claro que nós somos respetuosos coa acción sindical que cada organización decida levar a cabo, e que precisamente nos caracterizamos por ser un sindicato mobilizador. E a nosa opinión sobre dita convocatoria, que foi para nós unha sorpresa, foi trasladada á afiliación e persoal que traballa neste sector nos centros do noso ámbito de actuación a modo de información e aclaración sobre a nosa postura. Non imos renunciar de partida ás demandas que facemos na nosa proposta por consideralas xustas e factibles. Non se pode utilizar a crise como “recurso” para non acadar ningún avance e solicitamos das patronais unha postura menos inflexible e das outras organizacións sindicais que se manteñan, respectando as diferencias e matices que cada unha poidamos ter, na liña coa que se iniciou a negociación, de acadar melloras para aqueles a quen representamos Nós non estamos dacordo en negociar, sobre todo cando se trata de temas importantes, durante o periodo estival, dado que a nosa acción sindical pasa por informar e consultar a opinión dos/as traballadores e traballadoras e non se pode facer cando están de vacacións. Lamentamos a postura “chorona” das patronais e o feito de que, ademais, non apresenten ningunha alternativa. Só se fala de deixalo todo como está e, ademais, ir quitando algunhas cousiñas. As patronais xustificanse dicindo que non teñen un novo documento en aras de conservar a unidade entre todas elas. CCOO insiste co tema da Clasificación Profesinal (é o que traen máis preparado e parece que non lles afecta moito todo o demais que se está a falar). Propoñen manter a estructura en tres partes (Centros Educativos, Asistenciais e C.E.E), e definir cinco grupos profesionais deixando a interpretación das diferentes categorías á Comisión Paritaria. Que os tres bloques e cinco grupos teñan unhas retribucións parecidas (nunca dixeron “iguais”). Rematan facendo unha síntese das súas propostas na que nos chamou a atención a disposición a sustituír o Complemento de Antigüidade por outro. AEDIS manifesta que o que se pón sobre a mesa non son temas pechados. A proposta de clasificación en grupos debería salvagardar ao ámbito educativo, dado que xa tén a súa regulación específica e non se debe tocar. Entenden que a antigüidade é un concepto “obsoleto”. Non ven viable falar do 5% de incremento que se lles reclama desde a parte sindical. CONACEE quere concretar todo este debate e plantexa varias preguntas concretas: .- Son os dous temas, o da Clasificación Profesional e as retribucións suficientes para chegar a un acordo? .- Que tipo de Cláusula de Revisión salarial se propón? .- É necesario que haxa esa Comisión Mixta de Interpretación do Convenio para os conflictos que poidan xurdir pola clasificación profesional? Na resposta a estas preguntas aprécianse algunhas diferencias entre as organizacións sindicais, sobre todo á hora de concretar, aínda quen no discurso global sexan coincidentes. CCOO manifestou que serán duros en defender a cláusula de revisión salarial nos mesmos termos que adoitan facelo en todos os convenios (agardemos que non sexa así, pois neste sector o persoal xa perdeu poder adquisitivo na mesma data que a asinaron) e que non van plantexar máis que estes temas, o resto (vacacións, permisos, xornada, etc.) queren mantelos como están. UGT está disposta a poñerlle prazos á execución desa clasificación profesional que tén que traer custes. A CIG-Ensino dá resposta a estas preguntas cun pequeno resume das súas propostas: - Cando se fala dos Centros Educativos, e da súa peculiaridade, nós xa comezamos desde o principio reclamando que estes centros estiveran dentro do Convenio da Concertada. E reestructurar o Convenio diferenciando os C.E.E. que deberían ter un convenio propio (como temos xa en Galiza).
- A Clasificación Profesional debería marcar claramente os grupos e as categorías en función das cualificacións e as funcións a cumprir, e non debe haber discriminación entre categorías e grupos iguais se ao final se fai en tres partes. Esta Clasificación, por suposto, tén que levar aparellada unhas modificacións salariais e, polo tanto deberá traer custes.
- Non consideramos a antigüidade un Complemento “obsoleto”. O que se foi quedando “obsoleto” foron os salarios, e por eso ao final se foron poñendo parches para compensalos a base de todo tipo de complementos. O Complemento de antigüidade está baseado nun criterio obxectivo. O que se nos propón estaría supeditado a criterios subxectivos.
- Nós non entendemos como Cláusula de Revisión Salarial calquera outra cousa que non garanta o mantemento do poder adquisitivo, en base ao IPC real. E ademais engadimos outro punto de referencia para acadar salarios dignos, que é o salario medio anual.
- Para nós, aínda sendo esenciais estes dous temas, parécenos que non se deben dar por pechados outros como a xornada, as melloras sociais, a mellora das condicións dun traballo que tén uns riscos e unhas características especiais, etc.
As patronais ainda tiveron tempo para engadir outras queixas: o tema da I.T. que parte do persoal colle con certa frecuencia (nós estamos dacordo, pero a lectura é ben distinta, pois ese dado parécenos motivo de preocupación, pero polas consecuencias que “padecen” os/as traballadores/as no seu traballo); que algunhas das modificacións nas categorías poden ter un impacto tremendo; en moitas CCAA non teñen garantido máis do 85% do IPC real, etc. Logo de discutir sobre a conveniencia de negociar en xullo ou non, e dado que a CIG-Ensino foi a única que non estivo dacordo, márcase a vindeira reunión para o día 23 de xullo. (Polo escandaloso que resultou este tema, non podemos deixar de comentar a falla de rigor e seriedade dado que, curiosamente, o resto de organizacións decidiron desconvocar esa reunión con tres días de antelación, causándonos un grave prexuizo organizativo e económico xustamente aos únicos que defendimos non facela).
(LOGO DESTA REUNIÓN, PARA SORPRESA DE TODOS/AS ATOPÁMONOS CUNHA CONVOCATORIA DE FOLGA DE FETE-UGT. PARA SABER A NOSA POSTURA AO RESPECTO PODES CONSULTAR NESTA PÁXINA WEB A TRAVÉS DESTA LIGAZÓN: http://www.cig-ensino.com/descargas/01808.pdf )
INFORMACIÓN DA 5ª REUNIÓN (3 DE XUÑO DE 2008)
Logo da aprobación da acta anterior coas correccións propostas, comeza a reunión, na que se vai debatir exclusivamente sobre CLASIFICACIÓN PROFESIONAL.
A proposta da CIG-Ensino sobre este tema, e que expuxemos na reunión, resumiríase nos seguintes termos: Ø Considerando este punto como importante e que é necesario negocialo e facer as correspondentes modificacións, dado que a clasificación actual non se adapta ás necesidades do sector (nós insistiriamos en falar de varios sectores, como expricamos cando propuxemos modificar a estructura do convenio), tampouco compartimos a trascendencia que se lle quere dar, convertíndoo no centro da negociación. Dito esto, á CIG-Ensino preocúpanlle máis outros aspectos que son os que realmente demanda o persoal do sector e que teñen que ver coas súas condicións laborais e salariais: xornada semanal e anual, retribucións, saúde laboral, exposición a riscos para a saúde física e psíquica que non son compensadas con medidas de apoio ou complementos especiais (como teñen en sectores similares), ratios, formación, melloras sociais, en especial para a protección da maternidade e a igualdade entre homes e mulleres, permisos retribuídos e non retribuídos, vacacións, condicións non discriminatorias entre uns centros e outros, entre uns/unhas traballadores/as e outros/as, etc. Eses son realmente os temas que nós consideramos máis importantes, sen que eso signifique que non afrontemos outros. Ø Valoramos o esforzo feito por algunha das organizacións nas súas propostas sobre este tema, pero coidamos que sobra literatura, que os criterios deben expoñerse durante a negociación, e que no texto final do convenio só deben figurar os puntos que siguen para que non sexa espeso e contribúa a deixar o máis claro posible a todo o persoal a súa interpretación. Ø Os Grupos Profesionais e Categorías que se acorden irán clasificados como postos de actividade normal e postos de especial responsabilidade. Ø Que esta clasificación será marcada en función dos criterios que “teóricamente” xa aparecen no actual convenio: - Coñecemento ou cualificación. - Responsabilidade. - Iniciativa. - Complexidade - Autonomía. - Experiencia. - Etc. E compartimos que cando se fala de cualificación, débense ter en conta as directrices marcadas polo propio Instituto Nacinal das Cualificacións. Ø Feita esta clasificación, marcarase para cada grupo e categorías, coa máxima concreción posible e sen dar pé a distintas interpretacións, ambigüidades ou arbitrariedades, dous requisitos: - Titulación ou formación necesaria - Funcións e tarefas que corresponden desempeñar a cada unha. Ø Finalmente, deberanse marcar uns criterios claros de promoción profesional, dándolle sempre preferencia ao persoal que xa está nos centros se reúne os requisitos, Facéndoo a través de procesos transparentes, democráticos e obxectivos, consensuados cos/coas traballadores/as ou, de ser o caso, cos/coas seus representantes legais. No comezo da reunión pásanse e expóñense dúas propostas das patronais, UNHA CONXUNTA e outra de AEDIS-FEACEM. (adxuntamos a continuación o texto da proposta conxunta, pois a outra, ademais de ser só dunha parte das patronais, é demasiado extensa e vai aínda moito máis lonxe nos plantexamentos que, desde logo á CIG-Ensino, parécennos inaceptábeis). PROPOSTA CONXUNTA DAS PATRONAIS En fecha 27 de mayo, se reunieron en Madrid las 6 patronales que forman parte de la Mesa de Negociación del XIII Convenio Colectivos de Centros de Discapacidad para tratar monográficamente de la creación de grupos profesionales, con carácter previo a la reunión de la Mesa del 3 de junio. Las patronales mostraron su acuerdo unánime en los siguientes puntos: - Cualquier propuesta que se plantee en materia de grupos profesionales por parte de la patronal estará condicionada al resto de materias de negociación del Convenio. - La creación de los grupos profesionales debe permitir alcanzar los siguientes objetivos: mayor movilidad funcional, mayor motivación de los trabajadores, menores niveles de absentismo. - Planteamos la gestión por competencias como la base principal para la creación de los grupos profesionales. - La creación de los grupos profesionales se basa en una serie de competencias personales y sociales que comparten todos los trabajadores que estén en un mismo grupo profesional. - Dentro de cada grupo profesional, se establecerá una lista de funciones/puestos de trabajo. Los salarios base se fijarán a nivel de puesto de trabajo y no a nivel de grupo profesional. - Los puestos de trabajo se deberán definir de tal manera que, respetando aquellos para los que se requiere una titulación oficial, se permita la mayor posible movilidad funcional dentro de un grupo profesional. - Entendemos asimismo que los grupos profesionales se deberán definir por tipo de centro, siendo distintos los grupos profesionales que se creen para cada uno de los 3 tipos de centros. - La gestión por competencias deberá tener reflejo salarial a través de un complemento por competencias, lo que requerirá el establecimiento de un mecanismo de evaluación de estas competencias por parte de los centros. - Dado que la creación de estos complementos no va a suponer más financiación, la financiación del monto dedicado a estos complementos deberá venir por el monto que hasta ahora se dedicaba al complemento de antigüedad, además de por un ahorro derivado de unos menores niveles de absentismo. Además de estos puntos comunes acordados en la reunión, se adjunta un documento elaborado por AEDIS y FEACEM que, respetando los puntos antes mencionados, entra en un mayor nivel de detalle. Por falta de tiempo, este documento no ha sido consensuado con las demás patronales, debiendo por ello considerarse como un documento que aportan AEDIS y FEACEM Unha vez exposta a proposta, interveñen algúns representantes de parte das patronais, para engadir algúns matices á proposta: - O acordo final non pode supor ningunha perda de dereitos nin incremento de custes para as empresas do sector. Non queren ir máis alá do que xa marca a lei.
- Para evitar conflictividade na aplicación do posible acordo e non verse atoparse coa posibilidade de verse diante dun montón de reclamacións e procesos xudiciais, propoñen establecer un período transitorio na súa aplicación e crear unha Comisión Paritaria que faga o seguimento e adecuación do convenio mentras observa a súa evolución e os posibeis problemas que vaian xurdindo. E propoñen tamén establecer un sistema de competencia e interpretación.
- Falan da coexistencia provisional dos dous sistemas, e que se adapten á legalidade vixente.
Sorprendeunos gratamente desde a CIG-Ensino que na primeira intervención (xa non o foi nas seguintes) a postura das tres organizacións sindicais fora unánime e coincidente, como o foi a das patronais. Por unha vez parecía clara a diferencia entre os dous bandos, o patronal e o sindical, como adoita ser normal. Así, manifestamos o noso desacordo coa proposta e xustificámolo nos mesmos argumentos: - As cualificacións deben adaptarse ás marcadas polo Instituto Nacional das Cualificacións.
- Rexeitamos a proposta de Grupos con postos de traballo en lugar de categorías.
- O obxectivo desta negociación non debe ser para a parte sindical facilitar a mobilidade funcional, senón todo o contrario.
- Non debe haber transitoriedade nin procede crear outra Comisión Paritaria coa finalidade que se propón.
- Cuestionamos a proposta de competencias persoais e sociais, e máis aínda que estas vaian ser avaliadas polos propios centros.
- En consonancia co anterior, rexeitamos a proposta dese complemento de compensación que iría a costa do complemento de antigüidade, e non aceptamos que se nos plantexe deixando claro que non vai supor ningunha carga económica para os centros.
- Debe haber criterios obxectivos de promoción dun posto a outro.
- Débese procurar que a clasificación sexa homoxenea para os tres tipos de centros. (Neste punto a CIG-Ensino matizou que de non ser posible sería unha mostra máis de que a nosa proposta de´cambiar a estructura do convenio tén todo o senso).
As patronais argumentan, concretan e insisten na súa proposta, incidindo no tema da mobilidade funcional, como un sistema máis aberto e menos “encorsetado”, e en que consideran que se deben valorar dous tipos de competencias: § As técnicas e de formación. § As de carácter persoal e social, que comezan ligando á motivación e que acaban ligando ao que realmente pretenden, que é unha “maior disposición”. Piden ás organizacións sindicais un maior esforzo na comprensión da súa proposta e que se considera que é moi xenérica. Que, ao mellor, cando se concreten máis as propostas as diferencias non son tantas e pódese chegar a un entendemento. Falan de que ás empresas do sector tocoulles o “marrón” de solucionar este tema e que poñen enriba ata ofertas de complementos compensadores (curioso, cando deixaron claro que nunca debería traerlles ningún custe adicional e que ese complemento sería sustituído polo de antigüidade). Logo desta intervención, só a CIG-Ensino mantivo a súa postura inicial. As outras organizacións sindicais xa comezaron a contemplar a posibilidade de entrar a discutir esas cualificacións de carácter persoal e social, falando incluso dunha Carreira Profesional. E piden que se concreten por parte das patronais un pouco máis todas esas propostas. Para a CIG-Ensino quedan moi claros cales son os obxectivos desa proposta por moito que se concrete, e nós non os compartimos, senón que os consideramos perxudiciais para o persoal. Remata a reunión co compromiso das patronais de concretar as propostas e de que as organizacións sindicais revisemos as nosas, para continuar discutindo este punto na vindeira reunión, que se celebrará o día 1 de xullo.
INFORMACIÓN DA 4ª REUNIÓN (21 DE MAIO DE 2008)
Comezou a reunión con certo desconcerto entre a representación das distintas organizacións, pois cada quen tiña unha idea distinta de cal era o obxecto da mesma. Nós iamos preparados, segundo se nos dixera na anterior reunión, para unha comisión “de carácter técnico” na que se discutirían as novas propostas de clasificación profesional (que parece ser o tema central para outras organizacións, sobre todo CCOO). Ao final resultou ser todo o contrario. É decir, segundo outras partes manifestaron, poderiase discutir de todo menos da clasificación profesional e dos temas que ponderan verse condicionados por esta (!!!!). Ata houbo en certo momento un amago de suspender a reunión porque ninguén tiña moi claro que iamos debater nela.
Desde a CIG-Ensino manifestamos en primeiro lugar a nosa sorpresa (ata sospeitamos que se estean dando outras reunións paralelas que creen este tipo de confusións), pois, a pesar de non ser partidarios das “comisións técnicas”, só podiamos entendelo justamente se se trataba sobre a clasificación profesional. A continuación, e dado que comezamos a discutir sobre as modalidades de contratación, deixamos claro que para nós eso non era ningunha reunión técnica, senón que xa formaba parte da negociación. Ao principio do debate sobre o capítulo referido a Contratacións, cada organización sindical defendeu a súa proposta. E as patronais partiron dunha postura inmobilista, afirmando que non ían ir máis alá do que lles obriga a legislación actual nestes intres. Desde CIG-Ensino manifestamos a nosa intención de cegar un pouco máis alá, pois para manter o que xa di o Estatuto dos Traballadores non é necesario negociar ningún Convenio. Para nós, este debe ser un instrumento que permita introducir melloras con respecto a legislación xeral. Neste senso expuxemos a nosa proposta que vai n aliña de fomentar a contratación indefinida e poñerlle aos outros tipos de contratos eventuais máis limitacións das que marca a legislación actual (pódense consultar as propostas concretas nesta mesma páx. Web accedendo á Plataforma da CIG-Ensino dentro do apartado referido a este convenio, ligazón: http://www.cig-ensino.com/ver.php?nav=17_391(11) ).
Logo do debate das distintas propostas, as patronais comprometéronse a estudiar un pouco máis o tema en torno ás seguintes propostas: - Introducir a modalidade de Contratación Para o Fomento do Emprego no caso dos Centros Especiais de Emprego, e establecer algún tipo de limitación á contratación desa figura.
- Buscar fórmulas de incentivación dos contratos fixos.
- Modificar o actual art. 31 do Convenio, para que regule de xeito máis conveniente as situacións que actualmente se dan.
- Reflexionarán sobre a jubilación forzosa.
Remata a reunión (que algúns seguen chamando “técnica”), quedando emplazados para a vindeira que se celebrará o día 3 de xuño.
INFORMACIÓN DA 3ª REUNIÓN (24 DE ABRIL DE 2008)
Logo de varias convocatorias e aprazamentos sucesivos ademais do xa comentado na anterior información, algún deles con moi escasa marxe de tempo, celébrase por fin esta reunión. Comeza con unha discusión para aprobar a acta, pois non reflexa con equidade as intervencións de uns e outros, introdúcense cousas que non se dixeron na reunión, e recóllense conclusións contradictorias, como o acordo da totalidade das organizacións en non modificar a estructura do convenio cando houbo varias que manifestaron o contrario, entre elas a CIG-Ensino, tal como se fai constar na propia acta. O debate centrouse na reunión de hoxe precisamente en dous temas: o ámbito funcional e estructura do convenio e o ámbito territorial. As outras dúas organizacións sindicais, sobre todo CCOO, manífestáronse contrarios a modificar esa estructura actual e nin sequera a discutilo (a posibilidade de separar os distintos sectores contemplados no convenio, polo menos os C.E.E.), contrarios á negociación en outros ámbitos distintos ao estatal, e centráronse na discusión sobre a modificación da clasificación das categorías. Tamén chegaron a manifestar que solicitaban tratar de chegar a un acordo sobre o adiantemento a conta sobre a posible suba salarial deste ano mentres segue a negociación (curioso que tivera que ser a patronal catalana quen lles manifestou a súa sorpresa a CCOO e UGT por esta petición, pois condiciona precisamente a negociación e os centros poden facer cando queiran este adianto, se o consideran oportuno). Tamén manifestaron que para eles os outros temas, calendario, xornada, permisos e retribucións, son secundarios e que lles valen tal como están no XII Convenio. Desde a CIG-Ensino manifestamos antes de nada a nosa discrepancia con estes criterios e deixamos patente que eses temas son precisamente os que a nós nos preocupan, pois estamos nesa Mesa para defender e tratar de mellorar as condicións salariais e laborais do persoal destes centros. Tamén manifestamos a nosa protesta polas sucesivas suspensións das reunións e os graves perxuízos que nos provocan. E, desde logo, non estamos dacordo en que se consideren algúns aspectos da negociación como "intocables", como o que respecta á estructura do Convenio. Antes de ser esta foi outra e de feito rematou trocándose. E o tempo demostrou, ao noso entender, que esta nova estructura provoca máis perxuízos que beneficios, e apostamos por voltar á anterior (o mesmo que outras organizacións presentes na negociación. Tamén nos parece inxustificable desde a CIG-Ensino esa obsesión por intentar limitar a negociación noutros ámbitos territoriais, e nós desde logo, imos apostar por poñer en marcha a negociación dun Convenio Galego para este sector (os C.E.E. xa teñen convenio propio en Galiza). E non nos parece coherente que outras organizacións que fan defensa a ultranza do Convenio estatal por riba de todo, logo negocien en outros territorios, como a Comunidade de Madrid, ou Andalucía (dependerá da representación que teñan en cada lugar?). Remata a reunión marcando outra "de carácter técnico" (esto gústalle moito a CCOO, suplantando a Masa de Negociación) para o vindeiro día 21 de maio de 2008.
Con unha marxe moi limitada de días (catro días antes), comunícasenos que se suspende a reunión prevista para o día 28 de xaneiro, argumentando o problema de representatividade entre CCOO e UGT. Esta discusión xa se deu na última reunión, na que finalmente, e a petición da CIG-Ensino, acordouse seguir adiante coas negociacións e que esas dúas organizacións amañaran as súas diferencias. Non compartimos nin entendemos pois esta decisión. Coidamos que CCOO e UGT tiveron tempo dabondo para resolver esas diferencias, que a maioría das organizacións presentes na Mesa están dacordo en seguir negociando e parécenos inxustificada a decisión, pouco seria e totalmente desconsiderada para os que facemos un importante esforzo de traballo e económico para participar nesas negociacións. E, dados os precedentes dos convenios anteriores, fainos sospeitar sobre a posibilidade de outro tipo de estratexias oscurantistas e de negociacións paralelas entre as organizaci´ns de sempre, sen contar coa maioría presente na Mesa. Agardamos que se corrixa esta dinámica e se convoque canto antes para seguir coas negociacións no marco no que teñen que darse, onde estamos todas as organizacións con dereito legal para facelo.
INFORMACIÓN DA 1ª/ 2ª REUNIÓN DA NEGOCIACIÓN DO XIII CONVENIO (17-DECEMBRO-2007)
Logo dunha primeira reunión anterior, na que non houbo acordo para constituír a Mesa de Negociación, e de múltiples convocatorias e aplazamentos, celébrase esta segunda co obxectivo da acadar esa constitución.
Asisten: pola parte patronal : AEDIS, FEACEM,CONACEE,CECE,ED Y GESTIÓN E ANCEE. Polas organizacións sindicais: CIG-Ensino, CCOO e FETE-UGT.
Comeza a reunión cos mesmos problemas, discutindo as dúas org. sindicais, FETE-UGT e CCOO polo tema da representatividade. Tamén entre as patronais, aínda que había un principio de acordo sobre a representatividade, non parecía estar totalmente claro e manifestáronse certas diferencias. Dado que non acaba de haber acordo entre os dous sindicatos, pídese un receso por parte das patronais. Reanúdase a reunión manifestando as patronais que dadas esas diferencias, consideran que non se pode comezar a negociación ata que estean aclaradas e que polo tanto debería suspenderse a reunión ata resolver esa discusión. Desde a CIG-Ensino (tamén outras organizacións) manifestamos o noso desacordo. Consideramos que aínda estamos no comezo do proceso e, polo tanto, eso non debe impedir que iniciemos o traballo que nos corresponde a cada organización. Desprazámonos desde moi lonxe e con unha proposta elaborada e non nos parece correcto eludir esa responsabilidade. Se UGT e CCOO teñen diferencias no tema da representación, que os solventen entre eles e o Ministerio de Traballo, que será quen tén que certificalo, pero que non se paralice a negociación por eso. Logo dunha reflexión entre a representación das patronais, reconsideraron a decisión e aceptaron a proposta de comezar a negociación, condicionada no futuro a ese tema da representación.
As tres organizacións sindicais apresentamos as nosas propostas, facendo un pequeno resume global sobre a filosofía coa que foron elaboradas e destacando os aspectos que considaramos de maior relevancia. Desde a CIG-Ensino expomos os criterios cos que elaboramos a nosa proposta e os puntos que consideramos máis importantes para a negociación: * Modificar a estructura do convenio, nos termos que aparecen explicitados na proposta. * Adicar especial atención ao tema da xornada laboral, tanto semanal como anual, pois parécenos excesiva. * Dignificar as condicións salariais, poñendo os salarios máis baixos a un nível que non estean en ningún caso por debaixo dos 16.000 € anuais, garantindo unha suba salarial para cada ano igual ao IPC do ano anterior con unha Cláusula de Revisión Salarial real, que garanta o mantemento do pder adquisitivo (coa cláusula do último acordo, que incúe limitacións, o persoal xa perdeu poder adquisitivo desde o verán), e a inclusíón doutros plses polas características especiais dos traballos desempeñados: peligrosidade, penosidade, etc.
Desde outras organizacións sindicais incidiuse máis en outros temas como o da clasificación profesional, e chegáronse a facer propostas de suba salarial do 3% (lembramos que o IPC do 2007 estará or riba do 4,1%), e a admitir que a xornada está ben tal e como se contempla no actual convenio. Tanto FETE-UGT como CCOO mostraron reticencias coa nosa proposta de modificar a estructura do convenio. De feito, nalgunha das propostas apresentadas, o texto aínda se fai, ao noso entender, moito máis complicado do que xa é de por si.
Logo do compromiso de estudiar máis detidamente as propostas, marcouse a vindeira reunión para o día 28 de xeneiro de 2008.
NEGOCIACIÓNS DAS TÁBOAS SALARIAIS PARA O 2007
NEGOCIACIÓN DO XIII CONVENIO COLECTIVO DE CENTR0S DE ATENCIÓN A DISCAPACITADOS 1ª REUNIÓN (2 DE OUTUBRO DE 2007) Unha vez que a CIG-Ensino manifestou as súas queixas polas irregularidades cometidas na anterior negociación da revisión salarial e a negativa a ter negociado xa daquelas este convenio, quedou constutuída a Mesa Negociadora do XIII Convenio Colectivo, logo das correspondentes certificacións de representatividade de cada unha das organizacións presentes, discusión que xenerou problemas, sobre todo entre as patronais. Aparece unha nova patronal, CONACEE (Confederación Nacional de Centros Especiais de Emprego) que manifestan que as tres actividades contempladas neste convenio deberían ter un tratamento diferenciado. O mesmo viñeron a manifestar as patronais CECE, Ed. E Xestión e ANCEE. Desde a CIG-Ensino SEMPRE mantivemos que este convenio afecta a tres sectores diferenciados e que debería haber tres convenios distintos, non considerando beneficioso para o persoal de cada un deles facer esta tremenda mistura. A CIG-Ensino tén acreditada a súa representación como sindicato maioritario no sector en Galiza. Ao final deuse outra discusión pola asignación da Secretaría da Mesa entre varias organizaciuóns, quedando a Presidencia para AEDIS-FEACEM. Márcase a vindeira reunión para o día 5 de novembro. Ás 11 horas
Curiosamente, logo de todo o cúmulo de despropósitos na negociación das táboas salariais, que tiña que ser do convenio, agora é CCOO quen o denuncia para negocialo a partir do día 2 de outubro. Desde a CIG-Ensino preguntámonos por que agora queren negocialo e non o quixeron facer hai dous meses, cando legalmente así correspondía A CIG-ENSINO NON ASINOU A ÚLTIMA REVISIÓN SALARIAL FROITO DUNHA AUTÉNTICA FARSA DE NEGOCIACIÓN Tal e como xa será coñecido, no B.O.E. do 17 de xullo de 2007 aparece rexistrada e publicada pola Dirección Xeral de Traballo a Resolución de 3 de xullo de 2007, correspondente á Revisión Salarial do XII Convenio de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, logo de acordo suscrito polas patronais AEDIS e FEACEM e o sindicato CCOO. Non suscribimos o acordo as patronais CECE, Ed e Xestión, ANCEE e os sindicatos UGT e CIG-Ensino. Aportamos estes dados para que cada quen xulgue a lexitimidade e proporción en canto a representación da cada unha das partes, a que asinou e a que non. É obvio que houbo unha ampla maioría que non suscribíu ese acordo, aínda que as razóns foran diversas por cada unha das organizacións. Desde a CIG-Ensino cremos necesario informar a todo o persoal afectado destes centros sobre esta negociación e denunciar as irregularidades que se cometeron na mesma, ademais de facer unha valoración totalmente negativa do resultado final do acordo. ü O día 12 de xuño de 2007 constitúese a Mesa que uns cremos que debe ser de Negociación do XIII Convenio Colectivo (todas as organizacións que non asinamos o acordo final), e outros simplemente unha Revisión Salarial (as tres organizacións que o suscribiron), quedando prorrogado o Convenio anterior. ü Desde a CIG-Ensino reiteramos a nosa postura de nogociar un novo convenio, non só porque o actual non nos parece satisfactorio e queremos acadar melloras, senón porque, ademais, era o que correspondía legalmente tal e como se recolle nos art. 5 e 6 do actual convenio. O seu ámbito de aplicación de aplicación rematou o 31 de decembro de 2006 e foi denunciado en tempo e forma por unha das partes asinantes, polo que non procede prorrogalo. Así o manifestaron tamén o resto das organizacións, chegando algunhas a ausentarse da Mesa de Negociación e advertindo de que emprenderían accións xurídicas sobre o tema. ü O día 22 de xuño mantense a segunda reunión na que se manteñen as mesmas posturas (CECE, Ed. E Xestión e ANCEE) xa non acudiron á reunión. A pesar de que a CIG-Ensino insiste en negociar o convenio, só se fan propostas sobre a revisión salarial (UGT apoia timidamente ao principio e acaba entrando nesa negociación). Nesta mesma reunión xa se concretan as propostas salariais. ü Vólvese a cometer outra irregularidade cando, finalmente, atopámonos cun acordo de revisión salarial suscrito por AEDIS, FEACEM e CCOO. No B.O.E. aparece como data de sinatura do acordo o 26 de xuño de 2007. Pois ben, cómpre suliñar que en ningún intre se convocou esa reunión polas vías legalmente establecidas e que, polo tanto a acta que aparece nese B.O.E. non tén validez como acta da Mesa de Negociación. Non pode ter lexitimidade unha acta dunha reunión que poideran menter esas tres partes sen convocar e asistir o resto. ü Desde a CIG-Ensino enviamos, xuntamente coa UGT, un escrito á Dirección Xeral de Traballo denunciando estas irregularidades e pedindo a anulación da súa publicación. Non atenden a nosa petición alegando que consideran legal o proceso para a iscripción da revisión salarial (dan por válida a acta da reunión que non se celebrou legalmente) e que non se consideran competentes para intervir no proceso de negociación atribuíndo esta competencia ás instancias xurisdicionais. ü Á espera das posibles actuacións nestas outras instancias, a CIG-Ensino considera ademais que as condicións do acordo non supoñen ningunha mellora sustancial no apartado retributivo nin contribúe a recuparar poder adquisitivo, sendo ademais discriminatorio entre os distintos centros e colectivos. É fácil asumir os maiores incrementos xusto naqueles centros que teñen concertos ou subvencións (total van ser as administracións públicas as que o asuman) e non facelo para o resto de traballadores e traballadoras.
INFORME DA 2ª REUNIÓN (22 DE XUÑO DE 2007) (Derradeira reunión convocada)
Repítense as mesmas posturas por todas as partes que na reunión anterior. Cómpre aclarar que esta foi a derradeira reunión que se celebrou. Non foi convocada en tempo e forma a reunión do 3 de xullo na que teoricamente se asinaron esas táboas salariais.
INFORME DA 1ª REUNIÓN (12 DE XUÑO DE 2007) Aínda que dsde a CIG-Ensino demandamos que a negociación non debería restrinxirse ás Táboas Salariais, senón que deberiamos entrar a negociar un novo Convenio, por considerar malo o que actualmente está en vigor, a maioría do resto das organizacións decidiron centrarse no tema salarial. CCOO e UGT apresentan unha proposta salarial conxunta, axustada e lista para asinar canto antes. AEDIS e FEACEM tamén queren unha negociación curta. As outras patronais, CECE, Ed e Xestión e ANCEE, fan manifestacións no mesmo senso pero, igual que a CIG-Ensino, non están dacordo na prorroga do Convenio e consideran unha irresponsabilidade non negociar un convenio que está denunciado, precisamente pola UGT. Dín que iniciarán as acción oportunas e abandonan a reunión, manifestándose non incluídos nesta negociación. Nós reiteramos a nosa postura, en concordancia con esta intervención. CCOO e UGT fan caso omiso destas posturas e propoñen un incrementosalarial para todas as categorías do convenio e tipos de centros do 3,35%. Argumentan que é a suba asinada no Convenio da Concertada por maioría sindical e patronal (esto, por certo, non é exacto), e presupoñen que, polo tanto, haberá acordo. Insistindo na nosa postura, e reservándonos o dereito a exercer outro tipo de accións, desde a CIG-Ensino tamén deixamos claro cales son os nosos criterios para a proposta sarlarial: IPC real do ano anterior máis cláusula de revisión salarial para os salarios superiores a 16.350 €, e para os inferiores a esta cantidade aplicaráselle un incremento lineal non inferior a 441 € anuais. As patronais expoñen os argumentos de sempre sobre o esforzo, o escaso presuposto da Adminstración, o equilibrio entre salarios, estabilidade no emprego, viablidade das empresas, etc., para dicir que non poden asumir un incremento superior a un 2,8% ou 2,9% para os centros asistenciais e especiais de emprego e a do 3,35% para os centros educativos. Convócase a vindeira reunión para o día 22 de xuño ás 10,30 h. na sede de FEAPS.
NEGOCIACIÓNS DO XII CONVENIO COLECTIVO INFORME DA 12ª REUNIÓN (16 DE MAIO DE 2006) (DERRADEIRA REUNIÓN) Apreséntasenos na reunión unha proposta de texto para asinar que foi negociado en reunións paralelas e á marxe da Mesa Negociadora e do resto das organizacións, entre CCOO e as patronais AEDIS e FEACEM (adxuntamos aquí o texto). Prevese tamén a creación de varias comisións para o desenvolvemento dos Grupos Profesionais, para a incorporación da lexislación comunitaria sobre contratas e subcontratas e para precisar o dsenvolvemento da IT. desde a CIG-Ensino, o mesmo que as outras organizacións excluídas, manifestamos unha vez máis o método empregado, e non estamos dispostos a posicionarnos sobre un texto sobre o que non se nos permitíu participar e se nos presenta para asinar na mesma reunión. Estudiaremos o seu contido nos vindeiros días antes de acordar o noso posicionamento definitivo, aínda que todo parece indicar que non asinaremos, non só polo inadmisible das formas utilizadas, senón porque o pouco que imos coñecendo do mesmo non supón ningún avance de mellora para o colectivo que representamos, ademais de marxinar, unha vez máis das Comisións que se crean, ás organizacións non asinantes. O resto solicita uns días (15 días) para valorar o que fan.
AS CONDICIÓNS LABORAIS D@S TRABALLADOR@S DOS CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL PENDENTES DUNHA NEGOCIACIÓN INTERMINABLE
CANTO TEMPO MÁIS TEMOS QUE AGARDAR?
Desde o 30 de Xaneiro de 2004, data na que se denunciou o Convenio, ata a actualidade, viñéronse celebrando reunións entre as partes lexitimadas sen ningún avance nin resultado efectivo. Pasaron xa dous anos e estamos aínda no punto de partida, ou pode que todavía peor. Enfrontamentos, falla de disposición para negociar, escuros intereses nunca expostos con claridade, negociacións paralelas por parte dalgunhas organizacións, excluíndo ao resto, frean a marcha das negociacións. Mentras, @s traballador@s sofren xornadas interminables, salarios insuficientes, precariedade laboral e, todo esto, baixo a presión social e patronal de ofertar servizos da calidade.
O SECTOR NECESITA UN CAMBIO PROFUNDO PARA AXEITARSE Á REALIDADE
Os centros e as empresas necesitan unha profunda transformación. Pero esta non pode facerse a costa d@s traballador@s. É necesario dignificar o seu labor xa que, de non facerse así, estariamos voltando a unha situación asistencial baseada na caridade e no voluntariado, no canto de avanzar cara uns servizos de calidade e de mellora das condicións laborais e salariais do persoal que os tén que levar a cabo. A asinatura do último Convenio aínda contribuíu máis a este deterioro, ao ampliar o ámbito funcional de aplicación , de tal xeito que ao final entran nel todo tipo de centros, con características moi diferentes e, o que é peor, empeorando a situación para parte do persoal. Por iso é imprescindible modificar os ámbitos territorial e funcional do convenio, así como as condicións laborais, sociais e económicas de tod@s @s profesionais do sector.
CONVENIO GALEGO XA
Desde a CIG-Ensino sempre insistimos en reclamar o marco galego de negociación para todos os convenios. E neste sector faise aínda máis patente esta necesidade de trasladar a negociación a este ámbito como único xeito de implicar na mesma a todo o persoal afectado e porque, ademais, a práctica totalidade dos centros do noso país dependen económicamente das subvencións que reciben das Administracións autonómica e municipais. Nós faremos todo o posible para emplazar ás partes implicadas: empresas, Administracións, organizacións sindicais, etc., a iniciar canto antes o proceso que nos leve a un Convenio Marco entre as partes antes indicadas que regule o funcionamento, financiamento e condicións de traballo do seu persoal para todos os centros de Ed. Especial galegos.
REIVINDICACIÓNS DA CIG-ENSINO NA MESA DE NEGOCIACIÓN DO XII CONVENIO
A CIG-Ensino apresentou desde o inicio das negociacións a súa propia Plataforma, elaborada a partir das propostas que se nos fixeron chegar pol@s delegad@s, afiliad@s ou traballador@s do sector (pódese consultar esta Plataforma na nosa páxina web: www.cig-ensino.com). A modo de resume, destacamos as reivindicacións máis importantes: - Eliminación de todas as condicións laborais e sociais discriminatorias cara a calqueira tipo de traballador/a (as persoas discapacitadas, por exemplo).
- Incorporación de novas categorías que se axusten á práctica real dos servizos.
- Reducción da temporalidade e precariedade dos contratos.
- Facilitar e potenciar a participación do persoal na organización e xestión democrática dos centros.
- Reducción da xornada, tendente ás 35 horas semanais.
- Reformar o capítulo de melloras sociais, facilitando a conciliación da vida laboral e familiar.
- Melloras retributivas que posibiliten a recuperación e mantemento do poder adquisitivo de todo o persoal. Esto pasaría por:
* Suba do IPC real para os anos anteriores: ano 2005, 3,7% no estado (en Galiza o IPC foi do 3,9% ); ano 2004, 3,2%. * Incremento do 3,5% para o 2006. * Recoller no Convenio unha Cláusula de Revisión Salarial que corrixa cada ano a desviación entre o IPC previsto e o real. * Introducir incrementos porcentuais que axuden a corregir o desfase salarial, sobre todo naqueles salarios máis baixos. * En calqueira caso, desde a CIG-Ensino non asinaremos nunca Convenios nin Táboas Salariais que contemplen salarios inferiores a 15.700 € anuais, agás que se recolla un incremento mínimo neste caso de 570€.
RECLAMAMOS LEALDADE E COHERENCIA:
A negociación está neste intre en punto morto. As patronais queren deixar o Convenio como está: ambiguo, arbitrario, con xornadas excesivas para o persoal, temporalidade abusiva e baixas retribucións. A estes intereses xúntase a competencia desleal dunhas patronais con respecto a outras, en función das súas actuais posicións de poder e, o que aínda é peor, as ocultas (ou non tan ocultas) alianzas que parte destas patronais establecen con algunha organización sindical. * Fanse reunións “oficiosas” paralelas ás da Mesa Negociadora das que se nos exclúe a parte das organizacións sindicais e patronais. Algunha organización incluso o recoñece sen ningún tipo de rubor nas publicacións que fai chegar na súa campaña polos centros. * Tamén observamos como, nalgun deses escritos se critica claramente “…ás partes asonantes do anterior acordo…”; cando quen suscribe tal cousa foi precisamente unha das partes que asinou. * Comprobamos tamén que algunhas organizacións QUE ASINARON O ANTERIOR CONVENIO están a facer agora campañas en contra do mesmo, ben con recollida de asinaturas, ben coa convocatoria de folga. Respectamos o dereito de cada quen a planificar a súa acción sindical, pero reclamamos coherencia e lealdade. Coherencia en defender o que se proclama, e lealdade en non excluír a ninguén e, se realmente se quere mobilizar o sector, intentar polo menos plantexar a posibilidade de facelo de xeito unitario.
CON COHERENCIA... NÓS DEFENDEMOS OS TEUS INTERESES !
INFORME DA 11ª REUNIÓN (10 DE MARZO DE 2006) Comeza a reunión logo dos habituais desacordos co recollido na acta anterior. * CCOO segue a facer un papel protagonista e apresenta a proposta sobre o capítulo I. * UGT rexeita a proposta, lembrando que o tema desta reunión debe ser o da clasificación profesional. * AEDIS e FEACEM din non poder asumir as propostas sobre os grupos profesionais e salarios. Insisten en facer negociacións coa Administración para resolver o tema da financiación, e que logo xa pactaremos, coa posibilidade de secuenciar o incremento. * CECE suscribe esa proposta. * ANCEE e Ed. e Xestión reiteran tamén o manifestado.É dicir, pouco máis do que di a lei e algunhas medidas máis restrictivas como aumentar o periodo de proba dos docentes e T.G.M. e T.G.S, independentemente do tipo de centro, a 11 meses (para coñecer se un traballador/a é apto/a ou non e digno de confianza).Tamén propoñen manter ben diferenciados os res ámbitos do convenio: Centros Asistenciais, Educativos e De Emprego. * Sobre a estructura do convenio e os seus ámbitos de negiciación, CCOO, FEACEM e AEDIS, claramente están dacordo sobre a subordinación e dependencia dun convenios con respecto aos de "ámbito superior", mostrándose radicalmente en contra da CIG-Ensino de trasladar a negociación ao ámbito autonómico, sen ningún tipo de restriccións sobre as materias a negociar (mostran un centralismo esaxerado). O resto de organizacións non se manifestan sobre este punto. * Fanse plantexamentos sobre retribucións: 3,7% para o 2005 e do 2006 xa se falará.. * Sobre o ámbito temporal, ninguén propuxo máis alá do 2007. * O resto das propostas patronais apresentadas con anterioridade, mantéñense. Márcase a vindeira reunión para o 22 de marzo. INFORME 9ª E 10ª REUNIÓN Non houbo avances. As reunións limitáronse a apresentar unha vez máis nvas propostas por parte dalgunha das organizacións, contribuíndo así a ralentizar máis aínda as negociacións. INFORME DA 8ª REUNIÓN (15 DE FEBREIRO DE 2006)
Celébrase a reunión no SIMA. CCOO apresenta a súa proposta sobre Grupos Profesionais e correspondencia salarial. AEDIS tamén entrega a súa proposta sobre os mesmos aspectos, pero limitada aos centros asistenciais e un pouco máis, e xustifícaa como “os cambos profundos e necesarios para o convenio”. FEACEM tamén apresenta a súa proposta nos mesmos aspectos pero para o seu ámbito: Centros Especiais de Emprego. (Unha vez máis, nótase que estas tres organización fan a negociación pola súa conta e á marxe das demais). UGT di que leva tempo valorando a proposta de AEDIS (que ao resto das organizacóns se nos acaba de entregar nesta reunión) e destacan pros e contras da mesma. ANCEE, Ed. E Xestión e CECE manifestan preocupación e cautela sobre o entusiasmo negociador. Non aportan nada á reunión. Para os centros educativos, a proposta é ir igualando condicións laborais, sociais, económicas, etc., ao convenio da concertada. Desde CIG-Ensino valoramos as propostas sen perder o referente da nosa plataforma. CCOO, logo de valorar como “moi positiva” a negociación, naturalmente, anuncia a desconvocatoria do calendario de folgas que, unilateralmente, tiña previsto.(Que cada quen saque as súas conclusións sobre esta estratexia sindical). Acórdase facer un estudio de custes económicos sobre a negociación, é decir, dependendo da suba dos salarios, que outros aspectos é posible “sacrificar”no convenio. Logo dun debate sobre o posible cambio do ámbito de negociación no que, desde a CIG-Ensino insistimos na necesidade de negociar convenios autonómicos (Valencia e Cataluña xa o teñen) e que outros queren tranformar en “acordos”, sen darlle a categoría de Convenios, remata a reunión. Próxima reunión o 22 de febreiro.
INFORME DA 7ª REUNIÓN (24 DE XANEIRO DE 2006)
Logo de enviadas as propostas, as patronais preséntanse na reunión sen telas estudiadas e esto, xunto a outros factores condiciona o desenvolvemento da negociación: - Evidénciase que existen negociacións paralelas entre parte das organizacións: CCOO, principalmente, UGT e as patronais AEDIS, FEACEM e CECE. Deixándonos á marxe a Ed. E Xestión, ANCEE e CIG-Ensino.
- Evidénciase tamén que esas organizacións non son capaces de chegar a ningún acordo que trasladar á Mesa de Negociación.
- Trasladan esa “problemática teatralizada” ao que debería ser o único foro negociador e que está lexitimado para selo, a Mesa Negociadora do XII Convenio Colectivo.
- CCOO (que tanto para este convenio como para o anterior tivo reunións paralelas con AEDIS e FEACEM) acusa ás patronais de dilatación nas negociacións e advirten de que van iniciar outras accións legais (denuncia diante do SIMA), ademais de convocar mobilizacións.
- As patronais EADIS, FEACEM, e CECE argumentan que as propostas sindicais significan un cambio sustancial no convenio e que están buscando un acordo entre patronais que trasladar á mesa negociadora, para o que necesitan tempo.
- Ed. E Xestión (Escolas Católicas desde que E e X. se fusinara coa FERE) acusa tamén a CCOO de mala fe, por tratar de tomar como definitivos os acordos das “famosas” comisións técnicas de negociación paralela, das que foron excluídas varias organizacións.
- Unha das cousas máis chamativas da reunión foi a proposta por parte de AEDIS-FEACEM sobre a cantidade a asignar ao “Complemento Salarial de Mellora da Calidade” para os/as traballadores/as con discapacidade nos Centros Especiais de Emprego, 60 euros por traballador/a ao ano, é decir, uns 4,28 euros ao mes. A réplica de CCOO foi a de asignar 30 euros por traballador/a ao mes, UGT non se pronunciou dicindo que eso forma parte do acordo retributivo e corresponde a ese ámbito e nós, a CIG-Ensino defendimos que ese persoal tiña dereito a un Complemento por Antigüidade, de cuantía similar ao resto do persoal afectado por este Convenio. Este outro Complemento foi un parche que se introducíu no anterior convenio, supomos que para aliviar malas conciencias.
Remata a reunión sen grandes novidades. INFORME DA 6ª REUNIÓN (20 DE DECEMBRO DE 2005) Entréganse novas propostas por parte dalgunhas organizacións. Nós reiteramos a nosa con pequenas aportacións novas. Márcase a seguinte reunión para o vindeiro día 24 de xaneiro de 2006. INFORME DA 5ª REUNIÓN (8 DE NOVEMBRO DE 2005) Comezamos solicitando ás patronais que se tramite o documento para para a solicitude do pago a conta, 2%, para os/as docentes en pago delegado de centros educativos. Conformidade e será CECE a que se encargará do trámite. Fíxase a data da seguinte reunión para o 22 de novembro. Logo de corrixir a acta (tremendamente complexa e extensa, segundo a nosa opinión), inician as patronais coas súas propostas con respecto aos capítulos IX, XI e XII, das que non se derivan grandes cambios, a non ser para empeorar: CAPÍTULO IX. FALTAS E SANCIÓNS CECE propón incluír nas faltas leves unha nova: "O retraso e non comunicación da dados persoais"(enderezo a efectos de comunicación, etc.), e se esto perxudica gravemente á empresa consideralo como falta grave. Na sanción ás faltas graves, no referente a..."suspensión de emprego e soldo ata 15 días", suprimir "cando haxa reincidencia". Segundo eles, hai veces que a falta é o suficientemente grave sen dar lugar a que haxa reincidencia. Se houbera reincidencia pasaría a "moi grave". A prescripción daa faltas graves é de 15 días. Cambialo por 25 días (cuestión de proporcionalidade). E para o non contemplado no convenio, remitir ao Estatuto dos Traballadores. Basicamente, o resto das patronais coinciden coa proposta de CECE. Pola parte sindical coincidimos na non modificación e a oposición ás propostas das patronais por considerar que vulneran as melloras conqueridas e recollidas no actual convenio. CAPÍTULO XI. MELLORAS SOCIAIS As patronais, que coinciden, propoñen: Limitar o número de prazas gratuítas, proporcionalmente ao número de alumnos/as solicitadas para outros centros. E "clarificar" que a gratificación do Art.62 é só para os centros SEN concerto e SEN subvencións (é dicir, para ninguén, pois dificilmente se atopan centros sen ningún tipo de subvención). Quedou claro que aquí cada patronal vixía moi de perto os intereses das súas empresas. Pola contra a parte sindical apoiou que, con outra redacción, a única exclusión do art. serían os docentes en pago delegado dos centros educativos, para os que se aplicaría o art.11(premio de xubilación anexo I) dos centros educativos. CAPÍTULO XII SAÚDE LABORAL A patronal propón non facer modificacións. A partir de aquí, CCOO adicouse a botarnos un discurso sobre a súa proposta. Obsérvase que entre esta organización e parte das patronais teñen negociacións paralelas e fan caso omiso ás propostas dos demais. Algunha patronal (AEDIS) chegou a manifestar incluso que "con todos menos coa CIG". Moito nos tememos unha asinatura próxima propiciada polas patronais e CCOO e suscrita pola UGT. INFORME DA 4ª REUNIÓN (6 DE OUTUBRO DE 2005) Pásanse as distintas propostas patronais e sindicais: EADIS e FEACEM proposta conxunta, CECE defende a súa proposta sen entregar, as org. sindicais entregamos as nosas propostas e ANCEE e Ed e Xestión opinan sobre as distintas propostas. ANCEE propón non tocar nada do articulado, agás aumentar o periodo de proba dos Titulados Superiores e de Grao Medio. Ed e Xestión na mesma liña. CECE manifesta que lle parece un caos a redacción do capítulo de contratación: repetición, desorden, necesitaría actualización,...Apoian ANCEE e Ed.e Xestión no aumento do periodo de proba, algunhas exclusións da contratación temporal (interinidades, contrato de relevo e profesionais para actividades extraescolares). A proposta conxunta de FEACEM-AEDIS máis que incluír modificacións mantén basicamente o actual convenio con modificacións de estilo. Desde a CIG-Ensino, no que se refire ao capítulo de contratación, fixemos un chamamento a que existen normas legais que regulan os tipos, xeitos e proporcionalidade da contratación. que a calidade do emprego non vén determinada só polo tipo e duración do contrato, senón polo conxunto de relacións laborais, económicas e sociais e tamén polo grao de participación na xestión e toma de decisións no propio centro e no desenvolvemento do seu labor profesional. Propomos unha reducción do volume de contratación temporal en beneficio dos traballadores e traballadoras, do seu traballo que en consecuencia mellorará a calidade do servicio que presta. Reclamamos un uso coidadoso dos tipos de contrato, xa que toda temporalidade implica unha ruptura da continuidade. Propomos mellorar as retribucións para os contratos en prácticas e en formación. Reducir ao 80% a consideración de xornada completa, sobre todo para salvar as diferencias e limitacións, sobre todo retributivas, dos/as profesionais non docentes en centros educativos. Defendemos a importancia da promoción interna, con criterios no baremo claros, obxectivos e o máis achegados á práctica profesional, coa participación dos/as traballadores/as, que son quen viven o día a día. E para os centros educativos, no caso de non poder proceder á promoción interna, as vacantes cubriranse cos profesionais afectados pola reducción ou extensión de concertos. No capítulo de formación, propomos aumentar as horas de formación anuais retribuídas. E para o capítulo de Dereitos Sindicais facemos unha pequena modificación de estilo ao texto.
INFORME DA 3º REUNIÓN (22 DE SETEMBRO DE 2005) Nesta reunión, e despois de varias intervencións sobre a necesidade de imprimirlle máis axilidade ás negociacións e das alusións dalgunha das patronais ás presións que está recibindo das súas empresas, comézase por discutir o primeiro Capítulo. Quedamos tamén en pasar as respectivas propostas por escrito. Os puntos nos que se centrou a discusión deste capítulo foron os seguintes: - Ámbito Territorial: Todos, agás nós, están dacordo en mantelo como está. Faise patente ese afán centralista, paternalista e tutelar que defende un convenio estatal que “recoñece” a validez doutros convenios de ámbito inferior xa existentes pero que trata de marcar cales son os aspectos que se poden negociar neses convenios e cales non (art. 1º e 7º do actual convenio). Desde CIG-Ensino criticamos esta postura. Non nos parece mal que exista un convenio de referencia a nível estatal que marque aqueles mínimos aos que acollerse para os casos nos que non existan outros, ou para evitar que se poidan empeorar as condicións no mesmo. Pero non aceptamos que se limiten as posibilidades de negociación e acordos noutros ámbitos en todos aqueles aspectos que as organizacións coa correspondente representatividade estimen oportuno chegar a acordos.
- Ámbito Funcional: Nesta discusión déronse dúas posturas, unha que defendía un ámbito o máis amplo posible, abrindo a porta incluso a que se recollera no texto actual a posibilidade de acollerse por parte doutro tipo de centros que agora non constan no mesmo. Defenderon esta postura AEDIS,FEACEM e CCOO. Manifestan ter dúbidas sobre os centros de enfermos mentais CECE e UGT.; A outra postura defende restrinxir un pouco o ámbito funcional e suprimir tanto os centros de enfermos mentais, como os centros especiais de emprego e os centros de rehabilitación psicosocial, por entender que as características dos mesmos se escapan das que teñen os centros que tradicionalmente se viñan acollendo a este convenio, e eso redunda nun empeoramento das condicións laborais do persoal afectado destes outros centros que, incluso nalgunhas comunidades, como Galiza por exemplo, teñen convenio propio (Centros Especiais de Emprego). Defendemos esta postura Ed. E Xestión, ANCEE e CIG-Ensino.
- Ámbito temporal: A maioría supeditamos este punto ao resultado das negociacións.
- Comisión Paritaria: Os asinantes do anterior acordo empéñanse en que solo estean nesa Comisión as partes asinantes. O resto (Ed. e Xestión, ANCEE, e CIG-Ensino) defendemos que deben estar todas as organizacións que forman parte da negociación, sobre todo tendo en conta as atribucións que no Convenio se lle dan a esta Comisión (art. 11º) que a convirte case nun ámbito de negociación paralelo á Mesa de negociación, indo moito máis alá do que sería unha mera comisión técnica.
INFORME DA 2ª REUNIÓN (7 DE XULLO DE 2005) Comeza cos problemas de sempre por parte de CCOO no que respecta á representatividade e ao correspondente nomeamento de vocais. É a única organización que manifesta estes problemas. O representante de AEDIS toma a palabra e fai un resume do traballo levado a cabo polas famosas Comisións de Traballo. Que o obxectivo común é plantexar unha proposta patronal conxunta (que acordarían o día 13) e manifestan os obxectivos que, para eles, serán prioritarios na negociación: .- Reordenación en "grupos profesionais" a "clasificación profesional" e condicionar a estos as retribucións salariais. Facilitar dentro da empresa a promoción profesional, atendendo a criterios de mérito, adicación,... .- Establecer un novo concepto de antigüidade (non adquisición por mera permanencia) e a súa retribución igual, independentemente do grupo profesional. .- Abordar as retribucións non de xeito global, senón establecer criterios de prioridade: salarios máis baixos, tarefas profesionais vinculadas a riscos ou esforzos significativos,... .- Establecer conceptos de xornada,... CECE, está dacordo e engade que habería que aclarar o concepto de paga de antigüidade para os/as docentes, coa fin de evitar presentes e futuros problemas, e lembrar que os centros educativos están suxeitos a presupostos e que a marxe de maniobra é escasa. FEACEM está dacordo e di de levar as propostas aos centros especiais de emprego. ANCEE e E. e Xestión non participaron nestas comisións e solicitan documentación. As org. sindicais defenden as súas propostas (a nosa adxuntámola nesta páxina). Nós, igual que ANCEE e E. e X., solicitamos esa documentación e emplazamos a negociar en base ao anterior texto, sobre a nosa proposta e centrándonos naqueles temas que nos parecen prioritarios (xornada, clasificación profesional, retribucións, melloras sociais, etc,) INFORME DA 1ª REUNIÓN: (21 DE XUÑO DE 2005) Constituíuse a Comisión Negociadora do XII Convenio o pasado día 21 de xuño de 2005. Previa consulta co persoal do sector, a CIG-Ensino elaborou a Plataforma que se adxunta nesta páxina web e que defenderá nestas negociacións. Nesta primeira reunión só se tratou sobre a lexitimidade e representatividade das organizacións presentes. Houbo acordo entre as organizacións sindicais. Non así entre as patronais, pois remataron enfrentadas AEDIS e CECE pola representatividade. |