Poderá autorizarse permuta provisional entre dous ou máis
funcionarios/as de carreira, en prácticas ou interinos. A permuta terá unha
duración de 1 curso escolar, sen prexuízo das prórrogas que se puideren
conceder.
A permuta provisional concedese con carácter xeral nos seguintes
casos:
-
entre dous funcionarios/as de carreira con destino
definitivo
-
entre dous funcionarios/as de carreira con destino
provisional
-
entre dous funcionarios/as de carreira con destino definitivo
e provisional
As demais peticións serán outorgadas se contaren co informe
favorábel da comisión de valoración
Non se poderán conceder permuta provisional continuada máis de 3
anos a un mesmo solicitante nin máis de 2 anos continuados aos mesmos
permutantes, non sendo que conten co informe favorábel da comisión de
valoración.
Solicitude: do 1 ao 10 de setembro de cada curso ou nos 5 días
posteriores á adxudicación de destino provisional.
Ligazón á Orde de Permutas provisionais.