1ª xornadas de socioloxía da educación26 de marzo a 17 de abril. Horario de 18:00 h. a 21:00 h. Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol Galiza no mundo EDUCACIÓN E SOCIEDADE | TEMA DO RELATORIO | AUTOR/A | | A nosa lingua, da orixe até hoxe | Xosé Ramón Freixeiro Mato | | Ensino e conflito lingüístico | Pilar García Negro | | Ideoloxía, poder e educación | Jurjo Torres Santomé | | Alternativas a un mundo unipolar. (Venezuela, Bolivia…) | Kellie Germond | | O modelo neoliberal | Xavier Vence Deza | | Galiza. De reino a nación | Bieito Alonso Fernández | | O pensamento nacionalista | Xoán Carlos Garrido Couceiro | | Memoria Histórica e aplicacións no ensino | Matías Rodríguez da Torre | | A papel de Galiza no contexto Estatal | Francisco Rodríguez Sánchez | | Claves para comprender a hexemonía dos Estados Unidos e o seu plan estratéxico para o século XXI | Celso López Pazos | | | A Coruña CEFORE | Lugo Auditorio Deputación | Ourense Auditorio Municipal | Pontevedra Pazo da Cultura | Santiago Auditorio de Galiza | Vigo IES San Tomé | Ferrol Local Sindical | | Mércores 26-Marzo | Matías Rodríguez da Torre | Francisco Rodríguez Sánchez | Pilar García Negro | Bieito Alonso Fernández | Xavier Vence Deza | Xosé Ramón Freixeiro Mato | Celso López Pazos | | Xoves 27-Marzo | Bieito Alonso Fernández | Matías Rodríguez da Torre | | Xosé Ramón Freixeiro Mato | Pilar García Negro | Kellie Germond | Xoán Carlos Garrido Couceiro | | Luns 31-Marzo | Xavier Vence Deza | Pilar García Negro | Xosé Ramón Freixeiro Mato | Kellie Germond | Celso López Pazos | Xoán Carlos Garrido Couceiro | Francisco Rodríguez Sánchez | | Mércores 2-Abril | Kellie Germond | Celso López Pazos | Matías Rodríguez da Torre | Xavier Vence Deza | Bieito Alonso Fernández | Jurjo Torres Santomé | Pilar García Negro | | Xoves 3-Abril | Xosé Ramón Freixeiro Mato | Bieito Alonso Fernández | Francisco Rodríguez Sánchez | Pilar García Negro | Kellie Germond | Matías Rodríguez da Torre | Jurjo Torres Santomé | | Luns 7-Abril | | Xavier Vence Deza | Xoán Carlos Garrido Couceiro | | Francisco Rodríguez Sánchez | Celso López Pazos | Xosé Ramón Freixeiro Mato | | Martes 8-Abril | | | Jurjo Torres Santomé | Matías Rodríguez da Torre | | | | | Mércores 9- Abril | Xoán Carlos Garrido Couceiro | Kellie Germond | Celso López Pazos | Jurjo Torres Santomé | Matías Rodríguez da Torre | Bieito Alonso Fernández | Xavier Vence Deza | | Xoves 10- Abril | Francisco Rodríguez Sánchez | Xosé Ramón Freixeiro Mato | Bieito Alonso Fernández | Xoán Carlos Garrido Couceiro | Jurjo Torres Santomé | Pilar García Negro | Matías Rodríguez da Torre | | Luns 14- Abril | Pilar García Negro | Xoán Carlos Garrido Couceiro | Xavier Vence Deza | | Xosé Ramón Freixeiro Mato | Francisco Rodríguez Sánchez | Kellie Germond | Martes 15-Abril | | | | Celso López Pazos | | | | | Mércores 16- Abril | Celso López Pazos | Jurjo Torres Santomé | Kellie Germond | Francisco Rodríguez Sánchez | Xoán Carlos Garrido Couceiro | Xavier Vence Deza | Bieito Alonso Fernández | | Xoves 17- Abril | Jurjo Torres Santomé | | | | | | |
A socioloxía da educación trata de contextualizar a educación no seu contorno social, político e económico. Pretende rachar os límites físicos e institucionais da escola para debater de xeito crítico o marco no que se insire a reprodución de coñecementos e construción de valores nunha determinada sociedade. Neste caso estamos a situar nun espazo xeográfico concreto como é Galiza o exame das estruturas sociais e as relacións políticas e económicas vixentes desde unha perspectiva diacrónica, revisando o seu carácter histórico, máis tamén un punto de vista sincrónico, situando as dinámicas propias en relación co plano Estatal e cos conflitos mundiais que repercuten directa ou indirectamente tanto na socialización do alumnado como na conformación dos valores e actitudes do profesorado, que terán a responsabilidade de intervir no proceso educativo desde unha posición determinada, isto é, non sexa aséptica nin neutral, mais que se abra a busca da verdade e obxectividade a través do respecto das distintas opinións e do debate das diferentes ideas. Hoxe os axentes do proceso educativo están bombardeos continuamente a través duns medios de comunicación caracterizados polo emprego de efectos emocionais de impacto instantáneo así como de borrado inmediato logo de sufrir o seguinte golpe informativo que cancela ao anterior, impedindo profundar e analizar con detemento as claves que explican os distintos acontecementos. Hai temas de actualidade de tipo cultural (conflito lingüístico, historia de Galiza como nación, memoria histórica, o pensamento nacionalista) económico (poder e educación, modelo neoliberal) e político (Galiza no Estado, a hexemonía mundial, os conflitos internacionais...) que merecen ser tratados co suficiente detemento para ter ocasión de escoitar análises proporcionadamente extensos que permitan abordalos máis alá dos tópicos e os esquematismos propios do balbordo mediático; mais tamén dar pé ao debate e ao contraste de pareceres cun modelo de actividades demorado e aberto no que haxa un tempo para o coloquio e a discusión cos relatores. A socioloxía da educación, en definitiva, toca aqueles temas que os que pretenden illar o ensino da vida exclúen consciente e interesadamente do proceso educativo mais que impregnan a actividade cognitiva de todos os que se atopan inmersos neste de xeito inconsciente e determinante. Nestas xornadas eliximos algúns deses asuntos que inflúen na vida cotiá do colectivo pedagóxico pola súa relevancia como temas de disputa nos confrontes sociais, por poñer en foco claves que axudan a comprender as relacións de dominio ou alianza que se producen na sociedade, por ser ilustrativas de experiencias que se están a producir e das que se poden extraer leccións útiles ou por dar a coñecer elementos da propia historia e da realidade do país que poña en valor o xenuíno en prol dunha autoestima indispensable como sustento da formación de cidadáns activos conscientes das súas propias forzas e confiados nas potencialidades que posúen.
INSCRICIÓN: ( Normal 50€, Parados/as 30€, Afiliados/as e socios/as AS-PG:12€)
|