CIG-ensino
 Volta á Entrada
 
Reclamación CIG-Ensino
Carta Consello Escolar



  



Carta Consello Escolar Acordo do 8 de xuño
A CIG-Ensino reclama á Administración o cumprimento do acordo de redución da xornada lectiva en infantil e primaria
Xoves, 5 de Setembro de 2007
  << Anterior Páxina 2 de 2  

 

Achegámosvos a carta que remitimos ao Presidente da Mesa Sectorial Docente reclamándolle que faga efectivo o acordo asinado o 8 de xuño polo que se regulaba a ampliación dos cadros de persoal de infantil e primaria, así como a redución da xornada lectiva do antedito profesorado:

 

"Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2007

 

Sr. Presidente da Mesa Sectorial docente non universitaria:

 

A CIG-ENSINO vén de constatar que a inspección educativa está dando instrucións aos centros escolares de infantil e primaria para que non se aplique o acordo asinado o día 8 de xuño de 2007 pola CIG-ENSINO e outras organizacións sindicais sobre o incremento dos cadros de persoal e horario do profesorado.

 

Como é sabido, o dito acordo estabelece taxativamente que para o inicio deste curso escolar (2007-2008) o horario fixo de permanencia semanal do profesorado será de 25 horas en lugar das 30. O mesmo acordo recolle: “A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria comprométese a garantir os recursos necesarios para facer efectivo este horario mantendo unha efectiva organización do centro”.

 

A CIG-Ensino xa demandou, no seu día, na Mesa Sectorial, a necesidade da negociación e elaboración dunhas instrucións para facilitar a aplicación do acordo acadado.

 

Diante desta situación, reclamamos da Consellaría que dea as instrucións necesarias e garanta o profesorado necesario para facer efectivo o acordo asinado o 8 de xuño. Neste sentido, é urxente, tamén, a negociación e as instrucións necesarias para aplicar os novos catálogos e horario lectivo de 21 horas.

 

Un cordial saúdo,         

 Anxo Louzao Rodríguez

Secretario Nacional da CIG-Ensino

SR. PRESIDENTE DA MESA SECTORIAL DOCENTE NO UNIVERSITARIA. CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN.


www.cig-ensino.com