CIG ensino
 
Entrada
Quen somos
Ensino público
Oposicións
Ensino privado
Universidade
Formación
Lexislación
Normalización lingüística
DOG
CIG-Informa (Boletin)




  



Recursos Didácticos

Ficha de afiliación

Campañas

Manual de Saúde Laboral e Prevención de Riscos no Ensino

CIG-ENSINO TV

escola oficial de idiomas

Ensino en galego

Bolonha

Sinatura a prol do Galego

Taboleiro de permutas

Folga Xeral 29 de setembro
Oposicións Concurso  de  Traslados Outras  convocatorias Permisos  e  Licenzas  
  Entrada / SINATURASVenres, 30 de Xullo de 2010
Recollida de sinaturas
Pola declaración de inconstitucionalidade dos recortes
Adhírete a solicitude da CIG da declaración de inconstitucionalidade dos recortes nas retribucións dos empregados públicos.
Dou o meu apoio a este escrito inserindo os seguintes datos...
Nome
Apelidos
Centro de traballo
Documento identidade Letra final
CIG-ensino comprométese a gardar rigurosa confidencialidade dos datos inseridos e a non facer uso dos mesmos máis que para a fin da campaña indicada, como sinaturas recollidas en liña e adxuntadas ao pé do escrito abaixo expresado.
As persoas abaixo asinantes, empregadas públicas no territorio da comunidade autónoma de Galiza, EXPOÑEN: Que se adhiren á petición, formulada polas federacións de Administración, Ensino e Saúde da Confederación Intersindical Galega (CIG), de que interpoña recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto-lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, e contra a Lei galega 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galiza. Nos mesmos termos expresados polas referidas federación, entenden que non concorre unha situación de extraordinaria e urxente necesidade que xustifique a promulgación do Real Decreto-lei 8/2010, do 20 de maio; e que, en todo caso, se están a vulnerar dereitos, deberes e libertades da cidadanía regulados no Título I da Constitución. Polo exposto, SOLICITAN: Que teña por presentado este escrito e por formulada adhesión expresa á solicitude de referencia, acordando no seu momento interpor recurso de inconstitucionalidade contra as normas citadas no corpo deste escrito.
Esta campaña estará activa en www.cig-ensino.com desde o 22/07/2010 ata o 22/10/2010
www.ciga-ensino.org