15/11/2011
Alerta de que unha maioría absoluta do PP “vai empeorar aínda máis” a situación, porque afondará nas políticas de recorte de dereitos e gasto social aplicadas polo PSOE
A Confederación Intersindical Galega considera que nunha situación económica e social como a actual, os resultados das eleccións do 20-N cobran especial importancia, como tamén “a quen lle deamos o noso voto”. Por iso, a central sindical fai un chamamento aos traballadores e traballadoras a participar activamente nestes comicios “apoiando e votando a aquelas forzas políticas que, na rúa ou nas institucións, estiveron connosco loitando contra as medidas políticas tan antisociais e antiobreiras e defendendo un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e democrático”.