Concentración Área Pública
 
7/2/2012 CIG Informa Lei de Medidas no Emprego Público

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20111123 Peche Consorcio
 
23/11/2011 CIG Informa sobre peche no consorcio e concentracións

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
28/10/2011 CIG Informa Valoración do Referendo

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Mobilízate en Defensa do Ensino Público Galego
 
3/10/2011 Mobilizacións para o mes de outubro
Podes ver o novo CIG Informa coa valoración das mobilizacións feitas até o de agora e o anuncio das previstas para o mes de outubro.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
CIG-INFORMA XUBILACIÓNS E RETRIBUCIÓNS 2011
23/5/2011 Boletín
Boletíns informativos da CIG-Ensino do ano 2009
logo mesa sectorial
 
8/4/2011 Mesa sectorial convocatoria de Oposicións
Datas: Þ Publicación da convocatoria: 11 de abril A CIG-Ensino reclamou que a convocatoria se realizase despois da Semana Santa o que garantiría que un maior número de profesoras e profesores se puidese acoller ao informe. Ante a negativa da Consellaría reclamou que fosen vinte días hábiles, mais a Consellaría respondeu que pola normativa básica teñen que ser naturais. Þ Prazo de matrícula: do 12 de abril ao 2 de maio (20 días naturais). Þ Requisito para acollerse ao informe: 180 días traballados.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
A CIG no MEC
 
10/2/2011 Mesa docente MEC 03-02-11
O venres día tres pechouse a negociación entre o Ministerio de Educación e as organizacións sindicais, sendo intención do Ministerio publicalo antes de que remate o verán. O novo RD recolle vaias cuestións importantes reclamadas pola CIG-ENSINO reiteradamente desde o inicio da negociación en setembro do pasado ano.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
concentración 16-11
 
11/10/2010 Premios á innovación
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación vén de publicar no DOG a convocatoria dos premios á innovación educativa excluíndo ao profesorado de Formación Profesional, dos conservatorios de música, de ensinanzas artísticas e de ensinanzas de idiomas, incrementando a contía do premio coa previsíbel intención de incrementar tamén os recursos destinados á privada.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
FME
 
7/10/2010 Do 3 ao 15 de decembro de 2010
No vindeiro mes de decembro celebrarase en Galiza o Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz, un encontro temático internacional dependente do Forum Mundial da Educación, que á súa vez está enmarcado no movemento do Foro Social Mundial.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consello escolar
 
1/10/2010 Consello Escolar de Galiza
Na orde do día do pleno do Consello Escolar de Galiza do 29 de setembro contemplábase a aprobación do Ditame sobre o proxecto de decreto polo que se regula a planificación, estrutura, organización e funcionamento da formación permanente do profesorado dos centros educativos de Galiza públicos e privados concertados. A discusión do ditame provisorio iniciouse coa presentación das emendas á totalidade, entre elas unha da CIG-Ensino, en que se pedía a retirada do Decreto. As razóns da dita petición eran a ausencia de debate e participación do profesorado na súa elaboración, a involución que representa nas funcións, obxectivos e estrutura da formación do profesorado e a xerarquización e centralización que supón o novo modelo proposto, que mesmo abre a porta á posible privatización. Ao final non houbo ditame por non alcanzar os votos necesarios.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
folga xeral
 
23/9/2010 É inminente a súa publicación no DOG
Logo das reunións mantidas nos últimos días coa administración co comité de folga, a CIG non aceptou a proposta de Servizos Mínimos, ao non asumirse as propostas que presentamos, e ten pensado recurrilos.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
concentración 16-11
 
14/9/2010 Concentración interinos/as e substitutos/as
A Consellaría de Educación vén de publicar a adxudicación definitiva do profesorado de secundaria e bacharelato. Con esta adxudicación non se lles asigna praza a 545 interinos de secundaria e 5 das Escolas Oficiais de Idiomas. Como exemplo: 54 profesores/as de xeografía e Historia, 18 Filosofía, 45 de Debuxo, 63 de Lingua Castelá, 41 de Matemáticas, 29 de Educación Física, 61 de Música, 50 de Lingua Galega, 45 en Francés, etc, en conxunto uns 550 profesores, moitos deles con varios anos de servizo, pasan ao paro. Esta situación pode verse incrementada o vindeiro 14 cando se realice a adxudicación de FP, pois tamén nestas ensinanzas se produciron recortes importantes coa desparición de máis de 20 ciclos formativos.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
saúde
 
9/9/2010 MUFACE
Nova normativa sobre o recoñecemento, control e seguimento das situacións de incapacidade temporal (IT) para o profesorado adscrito a MUFACE
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
diñeiro
 
5/9/2010 Universidade
Nestes últimos meses estase a negociar o Plano de financiamento do sistema universitario de Galiza para o período 2011-2015. A CIGEnsino está a participar –limitadamente– destas negociacións como parte da Mesa Galega de Universidades, onde a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza foi trasladada ás centrais sindicais e ás Universidades, aínda que estas tiñan xa coñecemento da mesma a través doutros foros de negociación. Malia a proposta ter mudado durante os períodos de negociación, o certo é que posúe unha serie de constantes que poden permitir facer unha valoración da mesma.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
1/7/2010 Sentenza contra os servizos mínimos do Consorcio
En resposta ao recurso presentado pola CIG a Sentenza do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Compostela do 22 de xuño de 2010 declara os Servizos mínimos ditados polo Consorcio contrarios ao dereito de folga e declara a nulidade dos mesmos por vulnerar o artigo 28 da Constitución
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
30/6/2010 Mesa sectorial 30-06-10
No momento de se iniciar a Mesa a CIG-Ensino pide a palabra para reclamar unha resposta ao escrito presentado unitariamente por todas as organizacións en que se criticaba o funcionamento da Mesa sectorial nos últimos meses e se solicitaba un adiamento da mesa para o mes de setembro. O Director Xeral de Educación, Mira Lema, di que non ten coñecemento do escrito. Respóndeselle que se lle presentou por rexistro o día 25 e que mesmo se lle levou ao despacho. Comprobamos con estupor que primeiro di que non o coñece e logo admite que sabe de que trata, para logo volver negar o seu coñecemento. A CIG-Ensino infórmao do contido do escrito e dos motivos de pedir o adiamento, fundamentalmente que neste momento non é posíbel garantir a participación do profesorado nun tema de tanta relevancia cono é a súa formación. Insistimos en que como organización sindical representativa queremos ter en conta a opinión do profesorado, darlle participación e para iso este non é o momento. Ademais este Decreto ten que pasar polo Consello Escolar de Galicia, que non se reúne en xullo, polo que estamos diante dun borrador que non será tramitado até o vindeiro curso e que, por tanto, non se vai aplicar no curso que vén.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
31/5/2010 FOLGA 8 DE XUÑO
Cómpre lembrar que a situación actual de crise económica é produto da desregulación dos mercados que facilitou os movementos especulativos, respondendo así a unha concepción neoliberal da economía que sostén a necesidade de privatizar os servizos e desmantelar o sector público. Diante disto, en lugar de corrixir esta política que nos levou ao desastre económico, o goberno español está a tomar medidas que afondan nos mesmos erros, incidindo no deterioro da administración coa conxelación das ofertas de emprego público, externalización de servizos e, finalmente, coa pretensión da redución dos salarios dos empregados e empregadas públicos/as.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
19/5/2010 FOLGA 8 DE XUÑO
Ante o anuncio feito polo presidente do goberno español, Sr. Zapatero, de levar a cabo medidas antisociais e rebaixar nun 5% os salarios das empregadas/os públicos, na CIG confirmamos, unha vez máis, que esta era unha das medidas que se ían aplicar no sector público para seguir coa campaña iniciada de precarización e desprestixio do servizos públicos, e a xustifi cación perfecta para tomar medidas cada día máis regresivas no eido laboral. Ante a gravidade destes feitos, desde a CIG, unha vez que tivemos coñecemento disto, convocamos a todas as organización sindicais para que en pé de igualdade elaborásemos un calendario de mobilizacións co obxectivo de parar as medidas impulsadas polo goberno español. As organización sindicais CCOO, UGT e CSIF non asistiron a reunión feita pola CIG, convocándonos, con posterioridade, a unha reunión que, a pesares de eles non ter asistido a nosa, acudimos a ela.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
9/5/2010 Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
O Consorcio comunica a desaparición do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar sen que a día de hoxe nin as traballadoras e traballadores nin a representación sindical saiban cal vai ser o futuro das traballadoras e traballadores e do propio Consorcio.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
29/4/2010 CIG-INFORMA CONSORCIO. PECHE
Vén de cumprirse un ano desde que o Partido Popular asumiu o goberno da Xunta de Galiza e desde o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Convenio, xa negociado, segue sen asinarse.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
27/4/2010 ADDENDA INTERINOS/AS
Na Mesa Sectorial do 13 de abril a Consellaría presentou o texto para unha nova addenda ao Acordo sobre o acceso á función pública docente en calidade de profesorado interino e substituto. A presentación deste texto obedece á necesidade de recoller, por un lado, a esixencia de contar co máster para o acceso a Profesorado de Ensino Secundario e profesorado de EEOOII e, por outro, para dar cumprimento ás sentenzas que recoñecen que se pode formar parte de máis dunha listaxe. Xa na mesa anterior, a CIG-Ensino reclamara que estas cuestións, que debían ser tratadas, se recollesen como un acordo da Mesa Sectorial e non como unha modifi cación do Acordo de 95 que a CIG non subscribira no seu día, nin conta hoxe co apoio da maioría sindical actual, pois soamente asinaron o acordo e as addendas de 2002 e 2006 ANPE e CCOO.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
26/3/2010 XIII Convenio de atención a persoas con discapacidade
Logo da constitución da Mesa de Negociación do XIII Convenio Colectivo Estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, o día 2 de outubro de 2007 (xa pasaron nada menos que 29 meses), este proceso de negociaciación foi un cúmulo de despropósitos, incumprimentos, faltas de respecto e suplantación das canles normais de negociación por CCOO, pola parte sindical e de AEDIS-FEACEM, pola parte patronal: convocatorias e desconvocatorias de ata oito reunións, de xeito unilateral e inxustificado, como xa temos denunciado, máis dun ano nunha situación de paralización total das negociacións, reunións e negociacións por parte desas dúas organizacións á marxe da Mesa e das outras organizacións nelas representadas, etc.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
24/3/2010 Anteproxecto da Lei de Ciencia
A CIG considera que o anteproxecto da Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, presentado polo goberno central non vai contribuír a mellorar o sistema de ciencia e innovación, é regresiva en cuestións laborais e non fai unha aposta por un sistema de ciencia aberta profundando as vías de condicionamento privado do coñecemento científi co. Este anteproxecto aproveita, ademais, para modifi car aspectos centrais da Lei Orgánica de Universidades (LOU), pola porta de atrás, ás costas da comunidade universitaria
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
18/3/2010 Mesa Sectorial Anteproxecto Decreto Plurilingüismo 25-03-10
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación aínda non comunicou aos centros as axudas que lles corresponden aos Equipos de Normalización neste curso escolar, co que está a inviabilizar a realización das actividades de normalización Lingüística, pois non será até o terceiro trimestre do curso cando saiban que cantidade da solicitada nos orzamentos lles corresponde para a realización destas actividades.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
17/3/2010 Contencioso-administrativo circular 5/2009 Escolas de Idioma
Os/as interesados/as quedan emprazados como parte interesada no Xulgado Contencioso Administrativo número dous de Santiago de Compostela, no prazo de 9 días contados desde o día seguinte da publicación do anuncio no DOG (17-03-10)
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
15/3/2010 Agora máis que nunca asina contra o decreto
Por primeira vez na historia da lingua un goberno galego atenta abertamente contra o proceso de normalización lingüística procurando un retroceso efectivo respecto da normativa en vigor. O Partido Popular afonda na súa política de fobia contra o galego e realiza unha involución manifesta para o noso idioma, despois de vinte e sete anos de Lei de normalización lingüística.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
8/3/2010 Logo do aprazamento da reunión
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar remitiu un correo no que anunciou para os vindeiros días a convocatoria da Mesa de Negociación, despois do aprazamento da mesma comunicada o pasado 5 de febreiro. Agardamos que se faga coa máxima premura, dado o retraso que leva a sinatura do Convenio.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
10/2/2010 Oposicións 2010
A CIG-Ensino denunciou na mesa sectorial do 10 de febreiro a desconsideración da Consellaría ao facer pública ao facer pública nos medios de comunicación a oferta de emprego o pasado sábado, hoxe mesmo cos datos colgados na súa páxina web con antelación ao inicio da propia mesa. Esta actuación é unha burla aos órganos de negociación, onde esta oferta se debería debater antes de se facer pública. Trátase dun exercicio de imposición máis por parte desta Consellaría.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
9/2/2010 INTERCAMBIOS ESCOLARES CO ESTRANXEIRO
A CIG-Ensino vai levar á Mesa Sectorial docente non Universitaria, que se realizará este mércores día 10, unha pregunta sobre a supresión das axudas para os intercambios escolares co estranxeiro. Segundo denuncia o profesorado dos centros afectados, a Consellaría de Educación non publicou, a día de hoxe, as axudas para intercambios escolares co estranxeiro que se veñen realizando desde hai moitos anos e a algúns deles xa os informou de que estas axudas Foron suprimidas. A supresión afectaría a máis de 100 centros que anualmente veñen solicitando estas achegas.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
18/1/2010 Paremos o decretazo contra o galego
A CIG-Ensino está convocada a unha reunión co Conselleiro de Educación este martes, día 19, a unha hora (18.30 do serán) totalmente improcedente e inxustificábel, co fin de que a nosa posición, como sindicato maioritario, pase o máis desapercibida posíbel ante a opinión pública. Convite que só podemos entender como un lavado de cara e unha escusa perversa para intentar darlle cobertura social a unha proposta que o único que persegue e reducir o ensino en galego. É, unha vez máis, un intento desesperado para intentar reducir a incidencia da folga e desmobilizar a sociedade galega o día 21 contra o decretazo. Mais será, de novo, un intento fallido, pois neste momento todos os datos apuntan a un apoio masivo entre docentes e alumnado, co importante apoio de moitas ANPAS.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador