Programación dos cursos a distancia da CIG-Ensino
CURSO | HORAS | PRAZAS | DATAS | MATRICULA |
| MAQUETACON DE RECURSOS DIDÁCTICOS.SCRIBUS | 19 | 100 | DO 14 AO 28 DE FEBREIRO | ABERTA. Ligazón |
| OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN NA AULA | 19 | 100 | DO 14 AO 28 DE FEBREIRO | ABERTA. Ligazón |
| A RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA NAS AULAS | 19 | 100 | DO 2 AO 15 DE MARZO | ABERTA. Ligazón |
| PORTUGUÉS INTERMÉDIO. APLICACIÓN NAS AULAS | 30 | 250 | DO 2 AO 15 DE MARZO | ABERTA. Ligazón |
| AS REDES SOCIAIS NOS CENTROS EDUCATIVOS | 19 | 250 | DO 20 AO 29 DE MARZO | ABERTA. Ligazón |
| ACHEGAMENTO AO PATRIMONIO NAS AULAS | 19 | 150 | DO 10 AO 18 DE ABRIL | ABERTA. Ligazón |
| PRESENTACIÓNS DIXITAIS PARA AULA. IMPRESS | 19 | 150 | DO 19 AO 30 DE ABRIL | ABERTA. Ligazón |
EDICIÓN DE PARTITURAS CON FINALE | 19 | 50 | DO 10 AO 18 DE ABRIL | ABERTA. Ligazón |
| INGLÉS BÁSICO PARA DOCENTES | 30 | 150 | DO 2 AO 16 DE MAIO | ABERTA. Ligazón |
| AS COMPETENCIAS BÁSICAS NO ENSINO OBRIGATORIO | 19 | 150 | DO 22 AO 31 DE MAIO | ABERTA. |
| MOODLE, RECURSOS COMPLEMENTARIOS NA AULA | 19 | 150 | DO 22 AO 31 DE MAIO | ABERTA. Ligazón |
-Para participar no programa de cursos de formación a distancia da CIG-Ensino precisas darte de alta como usuario/ a na nosa plataforma: Inscrición:
-Terás logo que inscribirte nos cursos que sexan do teu interese.(Aparecerá a ligazón baixo a data e hora na columna da dereita)
-Unha vez sexas seleccionado/a terás 5 días laborais para facer o ingreso na seguinte conta bancaria de Novacaixagalicia : 2091/0376/28/3040008433. Recordámosche os importes:
Afiliación: 10€
Non afiliados:50€
No concepto debes poñer: "cota extraordinaria” e engadir o título do curso no que te matriculas. De non facer o pagamento no prazo indicado, causarás baixa no curso.
-A efectos de matrícula lembra que se consideran activos/as os que traballaran nalgunha ocasión en centros públicos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Deberán facer constar o último centro no que traballaran. Tamén se incluirán neste apartado os/as que NA ACTUALIDADE traballen en centros concertados e teñan acceso a correo edu.xunta.es.
Parados/as, traballadores/as de centros privados e demais deberán cubrir o apartado OUTROS.
-É necesario que cumprimentes con precisión os datos que se che solicitan. O enderezo postal que aportes será ao que se che envíe o certificado de ter feito o curso.
- Lembra que só é posible homologar dous cursos a distancia que coincidan no tempo, se realizas máis, estes non serán recoñecidos pola Consellaría segunda a súa Orde que regula a homologación de cursos. Si é posible que ademais dos dous virtuais poidas facer un presencial.
-Como ben sabes, as normas de realización de cursos impóñennos unha porcentaxe para activos e outra para non activos. Polo tanto, que ti non remates este curso repercutirá noutras persoas. Pregámosche, polo tanto, que completes os cuestionarios e chegues a fin por ben de todos e todas.
A inscrición abrirase ás 18:00 h. nas datas indicadas. Podes rexistrarte con anterioridade na base para que o proceso sexa máis doado e rápido nesta ligazón
* Os Cursos están enfocados para seren transversais, e xa que logo, válidos para todo tipo de cuestións, no caso do Curso de Portugués debemos ter en conta que valen para sexenios e concurso de traslados, mais para opositores só serán puntuables para a especialidadede Galego.