4/4/2011
Facebook Menéame del.icio.us
compartir

Comisións de servizo por motivos de saúde 2011

Seguimento das comisións de servizo humanitarias 2011

Convocatoria

 

Orde que regula as comisións de servizo por motivos de saúde. DOG-09/05/07

- Corrección de erros. DOG 11/05/07

 

Resolucións provisionais e definitivas de admitidos e excluídos

 

Accede ás listaxes provisionais e definitivas publicadas pola ConsellaríaLigazón

Persoal docente do corpo de mestres con destino adxudicado por comisión de servizos por motivos de saúde (2011/12). Ligazón

Persoal docente dos corpos de secundaria con destino adxudicado por comisión de servizos por motivos de saúde (2011/12). Ligazón

 

A ter en conta:

Petición de comisión de saúde:

Esta convocatoria non se publica anualmente, senón que é unha orde fixa. Os requisitos figuran neses dous DOG arriba citados. Por iso é importante que se teña en conta o prazo de presentación de solicitudes, do 15 ao 30 abril de cada ano (incluídos), agás causas sobrevidas a ese prazo. Para as persoas que participen no concurso de traslados o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días contados a partir da publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados no DOG.

 

Solicitude de destinos en comisión de servizos

O feito de que se conceda o dereito a pedir destino dentro do colectivo de comisións por motivos de saúde, propia ou dun familiar, non supón a obtención dunha praza na adxudicación de destinos provisionais, xa que isto só depende das vacantes ofertadas e da propia solicitude da persoa interesada.

 

Sistema de solicitude de comisión de saúde.

A partir da convocatoria do pasado curso 2010/11 a solicitude de comisións de saúde faise a través da aplicación informática de destinos provisionais: CADP

Nota.- Se es afiliada ou afiliado da CIG e presentas solicitude de comisión de saúde, tés que cubrir un formulario de seguimento. Se non o recibiches ponte en contacto cos nosos locais.

 


 

INFORMACIÓN DE ANOS CURSOS ANTERIORES

Accede á información das convocatorias do ano 2010 (curso 2010/11)

Accede á información das convocatorias do ano 2009 (curso 2009/10)

Accede á información das convocatorias do ano 2008 (curso 2008/09)

Accede á información das convocatorias do ano 2007 (curso 2007/08)