Na mesa sectorial do ensino realizada hoxe, tratouse o proxecto de orde pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras dos centros de formación e recursos e de persoas asesoras do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.
A Consellaría reafirmouse na súa concepción centralista, piramidal e antidemocrática da formación do profesorado eliminando toda participación do mesmo. Chegando a pór como paradigma, á hora de seleccionar o persoal, o mundo da empresa privada para aplicar nun servizo público como o ensino.
A Consellaría fixo gala do seu habitual talante antinegociador, non aceptando ningunha achega importante. Así:
A Consellaría negouse tamén a que as futuras asesoras e asesores de formación do profesorado teñan competencia no noso idioma, a non estar disposta a esixirllo como requisito.
E totalmente inadmisíbel que se propoña un baremo no que se contemple unha entrevista que vai ser o elemento fulcral para seleccionar ao profesorado asesor. Outórgaselle un valor de 6 puntos, o que supón un 25% do total do baremo. Esta puntuación conxuntamente coa falta de obxectividade na delimitación dos perfís facilita que a subxectividade sexa un elemento importante para que a consellaría conceda estas prazas.
Esta nova estrutura da formación do profesorado constata a desconsideración da Consellaría co profesorado. A formación é un alicerce fundamental para a actualización, renovación e innovación da práctica docente, que sen lugar a dúbidas reverte positivamente na calidade do ensino.
Esta modificación a máis de significar un retroceso na formación como un dereito e un deber do profesorado vén a supor unha desvalorarización máis do labor docente que se pretende enmascarar con leis que demagoxicamente falan da autoridade do profesorado.
Asesores dos Centros de Formación e Recursos | |||||||
| A Coruña | Ferrol | Santiago | Lugo | Ourense | Pontevedra | Vigo |
2006 | 16 | 10 | 14 | 14 | 13 | 12 | 16 |
2011 | 11 | 5 | 0 | 10 | 10 | 10 | 11 |
Perda Asesores: 38 | 5 | 5 | 14 | 4 | 3 | 2 | 5 |