Normativa.
Orde que regula as comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar. DOG 30/06/06
- Corrección de erros e ampliación de novos supostos. DOG 07/06/07
- Modificación parcial da orde. DOG 27-03-12
Resolucións provisional e definitiva de admitidos e excluídos.
Accede ás listaxes publicadas pola Consellaría. Ligazón
Persoal docente do corpo de mestres con destino adxudicado por comisión de servizos por conciliación (2011/12). Ligazón
Persoal docente dos corpos de secundaria con destino adxudicado por comisión de servizos por conciliación (2011/12). Ligazón
Petición de comisión de conciliación:
Esta convocatoria non se publica anualmente, senón que é unha orde fixa. Os requisitos figuran neses dous DOG arriba citados. Por iso é importante que se teña en conta o prazo de presentación de solicitudes, do 16 ao 31 de maio de cada ano (incluídos), agás causas sobrevidas a ese prazo. Para as persoas que participen no concurso de traslados o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días contados a partir da publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados no DOG.
Solicitude de destinos en comisión de servizos
O feito de que se conceda o dereito a pedir destino dentro do colectivo de comisións por conciliación da vida laboral e familiar non supón a obtención dunha praza na adxudicación de destinos provisionais, xa que isto só depende das vacantes ofertadas e da propia solicitude da persoa interesada.
Sistema de solicitude de comisión de saúde.
A partir da convocatoria do curso 2010/11 a solicitude de comisións de conciliación faise a través da aplicación informática de destinos provisionais:CADP
Nota.- Se es afiliada ou afiliado da CIG e presentas solicitude de comisión de servizos de conciliación, ponte en contacto cos nosos locais para que che fagamos un seguimento do proceso.
Accede á información das convocatorias do ano 2010 (curso 10/11)
Accede á información das convocatorias do ano 2009 (curso 09/10)
Accede á información das convocatorias do ano 2008 (curso 08/09)
Accede á información das convocatorias do ano 2007 (curso 07/08)