Na Mesa Sectorial de 19 de xaneiro de 2012 tratáronse proxectos dos decretos de currículo de ciclos formativos de formación profesional seguintes:
CM_Cultivos_acuicolas.pdf
CM_Electromecanica_de_maquinaria.pdf
CM_Estetica_beleza.pdf
CM_Instalacion_amoblamento.pdf
CS_Centrais_electricas.pdf
CS_Educacion_control_ambiental.pdf
CS_Enerxias_renovables.pdf
CS_Estetica_integral_benestar.pdf
CS_Paisaxismo_medio_rural.pdf
CS_Proxectos_obra_civil.pdf
CS_Xestion_forestal_medio_natural.pdf
A Admón comeza dicindo que estes once currículos veñen desenvolver os títulos publicados o ano pasado. Que xa se publicaron máis, outros 38. Pertencen a 8 familias profesionais, substitúen a outros tantos logse, e 5 son curículos de ciclos novos. Están sometidos a contraste público do profesorado desde decembro mais recibíronse poucas achegas.
CIG-Ensino:
Gustaríanos coñecer as achegas que o profesorado está facendo no contraste público, puideron achegársenos.
Continuamos demandado que se reduzan as ráteos, especialmente en ciclos como estes que nalgúns casos supoñen un aspecto práctico importante e 30 alumnos/as son moitos, 20 sería o número axeitado. Tamén propoñemos que se realicen os desdobres cando sexa necesario, especialmente cando a carga de práctica sexa maior. Agardamos que algún día a Consellaría sexa sensíbel a estas propostas.
En todos os ciclos debe haber un obxectivo xeral: Coñecer e valorar as especificidades que se derivan do desenvolvemento da súa profesión na Galiza. Temos unha especificidade e por tanto non se nos escapa que debe valorarse o coñecemento da nosa realidade e a sensibilidade con ela. Débese ser receptivo a recoller un obxectivo xeral a comprometer que non saia un alumno sen saber por exemplo a importancia da paisaxe galega ou cales son as especies autóctonas, pensando nos cultivos acuícolas ou en paisaxismo e forestais.
En cada título debe recollerse un artigo indicando as materias de obrigada impartición en galego en cada un dos ciclos. É preocupante que esteamos aprobando estes currículos sen que se recolla nada concreto, o que propomos é que se especifique, pois só figura unha pequena referencia ao decreto 79, que, á súa vez, reférese a outro documento e así sucesivamente sen que queden fixadas as materias a impartir en galego en ningún momento. É importante que os profesionais futuros sexan competentes noso idioma. Non só nos cansamos de repetir o mesmo, senón de ter que facelo cando temos toda a razón. A Administración pode asegurar que o 50% se imparte en galego? Non.
Módulo proxecto que se desenvolva con carácter previo á FCT, durante todo o segundo curso, aínda que haxa que presentalo rematada a FCT, mais deste xeito que propoñemos o alumno está titorizado.
Na disposición transitoria única, onde di que os centros privados privados están automaticamente autorizados para impartir os ciclos, reclamamos que xa que están fixados novos criterios deben solicitar novamente a impartición deses ciclos.
No artigo 13 no ciclo superior engadir tamén para as persoas que teñan o bac Científico ou tecnolóxico.
O anexo VI debería recoller o nome do ciclo formativo, non custa nada.
Os espazos é necesario incrementalos.
O profesorado fainos chegar a proposta de que no ciclo de Enerxías renovábeis, os módulos poidan ser impartidos tanto polo profesorado de Electrónica como o de electricidade, para evitar a mobilidade do profesorado en centros en que eliminou algún ciclo de electricidade-electrónica.
Chama a atención que non haxa módulos específicos por exemplo en acuicultura, paisaxismo, forestais, módulos específicos sobre a realidade galega, o normal sería contar con módulos propios, específicos sobre especies autóctonas…
Resposta da Consellaría: