1. Orde sobre Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), para o ano 2012.
A Admón comeza explicando que se eliminou a modalidade 1.5. por falta de demanda.
CIG-Ensino:
A CIG-Ensino inicia a súa intervención manifestando o seu desacordo con que a convocatoria de cursos se faga de acordo cos principios ideolóxicos do PP en materia lingüística.
Propoñemos:
Deberían eliminarse os criterios de exclusión recollidos no artigo 4º e, en todo caso, establecer prefenreicas.
Non é aceptábel que se limite a formación ás persoas que teñen nivel B2. En relación con isto propoñemos que se suprima que para poder participar haxa que ter o B1 ou B2.
Respecto dos cursos de Portugués. Seguen parecéndonos poucas as prazas de portugués, pois aínda que tiveron un incremento do 100% respecto do curso pasado, seguen sendo menos do 50% ofertado na convocatoria de 2010. Tal e como está a orde déixase fóra da formación ao profesorado que imparte portugués e non ten a especialidade, que é o profesorado de galego.
A Consellaría non atende ningunha das propostas presentadas na Mesa. O Director Xeral, Mira Lema, mesmo responde que están facendo o que teñen que facer e que a realidade dálles a razón porque cada vez hai máis centros plurilingües e máis profesorado co nivel b2.
A CIG-Ensino insiste no tema de portugués e a Consellaría non nega que se houbese máis demanda (din que o ano pasado só se pediron seis prazas) poderían incrementar o número de prazas.
2. Orde para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2012.
CIG-Ensino:
En canto ao preámbulo reclamamos que se suprima a palabra “crítica”, pois xa se fala de reflexión engadir “crítica” é introducir un matiz negativo nesa reflexión. Ademais pedimos que ao final dese parágrafo se recolla: “favorecer o coñecemento da nosa realidade lingüística e sociocultural”, pois é absolutamente necesario coñecer o noso idioma e o noso contexto, co obxecto de mellorar a formación que lle damos aos nosos alumnos.
Solicitamos que no terceiro parágrafo se suprima “con independencia da ampla oferta formativa desenvolta pola Consellaría” porque é meramente propagandístico a parte de non ser certo, a propia orde existe para completar a formación que non ofrece a Consellaría.
Artigo 1.2. Ten unha dotación económica moi baixa, incrementala. Dise que é a mesma do ano pasado, si, mais o nivel de vida, o IPC o gasoil, etc. é todo máis caro, e por tanto é unha redución indirecta. Xa o ano pasado reclamamos que se incrementase, pois en 2010 foi de 90000€.
Artigo 2.1. Eliminar ao final do parágrafo “Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada e non poden ter recibido reintegro individual nas dúas últimas convocatorias (anos 2010 e 2011).” En todo caso habería que facer unha priorización.
Artigo 2. Destinatario todo o profesorado, tamén o interino. Como xa dixemos as sentenzas que está habendo van nese sentido e este profesorado ten que ter os mesmo dereitos pois no seu día terá que presentar as horas de formación necesarias.
Artigo 3. Só se prevé para outras actividades que non sexan TICs e plurilingüismo se hai orzamento suficiente, que se retire esta puntualización e que se recollan tamén actividades para a normalización, transversais, pedagóxicas… Que se elimine “ou teña interese para as necesidades do centro educativo”, porque isto é introducir de matute un obxectivo, case un requisito, pola porta de atrás.
Artigo 3.2. claro que se restrutura, se analizamos os datos desde 2009 veremos que as reducións nestas partidas son alarmantes,
|
Límite de gasto financiado |
2009 |
2010 |
2011 |
2012 |
|
Gastos en Galiza |
300 € |
300 € |
250 € |
100 € |
|
Gastos no Estado |
510 € |
510 € |
400 € |
150 € |
|
Gastos no estranxeiro |
1021 € |
1021 € |
800 € |
600 € |
|
Novo tipo introducido este ano |
Estadías en Europa |
1200 € |
||
|
Estadías extraeuropeas |
2000 € |
|||
Por outro lado, non entendemos que nos PIALE se reduza a convocatoria de cursos e nesta orde se cree o apartado de formación no estranxeiro cunhas cantidades ben máis elevadas. Cal é o motivo?.
Volvemos dicir, por moi mal que lle pareza ao Director Xeral que non estamos de acordo coa comisión, integrada por cargos institucionais, ten que ser máis técnica e debe contar con presenza do profesorado.
A Consellaría non atende ningunha das propostas presentadas na Mesa. Mira Lema engade que si que a oferta é ampla e que lles gustaría que non quedasen prazas vacantes. É unha orde para axudar ao profesorado, o que vai ao exterior debe ter o máximo de axuda… Acusa ás organizacións sindicais de estarmos instaladas no discurso do recorte, cando eles o que fan é actuar con responsabilidade.
CIG-Ensino:
A administración si está instalada no discurso do plurilingüismo, mal utilizado, porque en realidade quere dicir inglés. Queren facer propaganda no DOG? Porque iso é o que están facendo. Volvemos preguntar sobre a nosa proposta de que se engada o obxectivo de favorecer coñecemento da lingua e contexto sociocultural, e seguen sen responder.