13/12/2010
Facebook Menéame del.icio.us
compartir

A CIG-Ensino pide que se prorrogue o prazo de presentación de solicitudes

A administración contéstanos que non vai aumentar o prazo
Que diante das queixas dos participantes no concurso, se resolvan todas as deficiencias de funcionamento da aplicación e esiximos que se prorrogue a data final de presentación de instancias para que o profesorado afectado poida concursar con normalidade. A Administración contesta que non vai aumentar o prazo e que non ten detectados problemas coa aplicación, salvo as incidencias rexistradas na UAC, que serán resoltas individualmente.

Na CIG-Ensino temos constancia de que segue habendo problemas coa aplicación informática que impide a día de hoxe (13 de decembro) a normal participación no concurso xeral de traslados.

Problemas que chegan ao borrado de instancias, a imposibilidade de concursar... ante tal despropósito na Unidade de Atención a Centros segue comunicando á xente que esperen a súa chamada, a cal nunca chega.

A todo isto hai que sumar o escrito presentado o día 26 de novembro e no que denunciabamos problemas nos primeiros días do período de participación.

 

Solicitamos Que diante das queixas dos participantes no concurso, se resolvan todas as deficiencias de funcionamento da aplicación e esiximos que se prorrogue a data final de presentación de instancias para que o profesorado afectado poida concursar con normalidade.