11/3/2011
Facebook Twitter Google Plus Chuza Cabozo Belvis
compartir

A CIG-Ensino cualifica a oferta de emprego de raquítica, insuficientes e inasumíbel e denuncia un ERE encuberto no ensino público

Mesa sectorial do 10 de marzo 2011
A proposta presentada pola Administración é absolutamente insuficiente e non dará cobertura ás 1012 xubilacións anticipadas, 338 en Secundaria e 674 en Primaria

A oferta presentada, é a menor dos últimos anos e terá consecuencias negativas para o ensino, estas consecuencias serían as seguintes:

Ø  vai dar lugar ao incremento de profesorado interino

Ø  redución de profesorado nos centros e supresión de unidades

Ø  imposibilitará a redución de rateos, mesmo dará lugar a aulas masificadas

Ø  incrementará a impartición de afíns e as itinerancias,

Ø  dará lugar a cadros de persoal máis inestábeis nos centros de ensino que verán negadas unha vez máis as súas xustificadas demandas de profesorado

Ø  os cadros de persoal serán insuficientes para aplicar a redución horaria de maiores de 55 anos,

Ø  con esta oferta tampouco se poderá abordar a atención á diversidade

Ø  maior precariedade

                                                                                                                                       

E moi fundamentalmente esta oferta vai dar facilidades para reducir postos de traballo nos centros, como xa vén facendo esta Consellaría e como admitiu o propio Conselleiro en comparecencia parlamentaria. Así, o que subxace na explicación dunha oferta coma esta, é a intencionalidade de desprestixiar o ensino público en beneficio do privado, concertando novas unidades.

 

CORPO DE MESTRES

PRAZAS

ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

PRAZAS

Educación Infantil

100

Debuxo artístico

4

Educación Primaria

150

Deseño de interiores

6

 

Deseño gráfico

4

Medios informáticos

4

 

Esta oferta non só non crea emprego, algo que debería ser un imperativo para a Administración galega nestes tempos, senón que nin sequera mantén o existente, pois está a convocarse o 25% das prazas xeradas por xubilación, e iso malia ter aprobado unha Lei de Orzamentos que no seu artigo 29 prevía que no Ensino se poderían convocar todos os postos xerados por xubilación anticipada, algo fundamental porque estamos a falar do mantemento dun servizo público básico. É dicir, a Consellaría incumpre a súa propia lexislación e négase manter, mesmamento, o profesorado actual. Na realidade estamos ante un ERE encuberto na Ensino público.

 

A CIG-Ensino esixiu que se oferte o 100% das prazas xeradas por xubilación, de acordo co recollido na Lei de Orzamentos de Galiza, e, por tanto, que se realice oferta nas especialidades do corpo de mestres e en Secundaria, incluíndo FP, Conservatorios, EEOOII, máxime cando hai dous anos xa non houbo oferta ningunha. A CIG-Ensino criticou contundentemente que esta oferta de emprego vai supor non satisfacer as demandas dos centros para que todo o alumnado galego teña un ensino público de calidade.           

 

Cómpre lembrar, ademais, que este é a última convocatoria deste proceso transitorio e isto fai máis urxente a negociación dun acordo de estabilidade para o profesorado interino, que en moitos casos ten moitos anos servizo e nin sequera contaron con todas as convocatorias previstas no modelo transitorio.

 

            A CIG-Ensino criticou tamén o atraso na presentación da oferta de emprego público, un mes máis tarde có ano pasado, e o abuso da propaganda por parte do Conselleiro que se atreveu a anunciar a oferta de emprego público antes, mesmo, de ser convocada esta mesa en que se debe decidir sobre como será esa oferta.

         

Profesorado ao que non se lle convoca praza e ten a especialidade de Primaria:

A Administración informa de que as persoas que estea nas listas de Primaria e doutra especialidade (educación física, música...), é dicir, que teñen dúas especialidades, terán que presentarse a oposicións de ensino ou serán excluídos das listas. É dicir, todas as mestras e mestres que están en listas con anterioridade a haber lista de primaria teñen que presentarse as oposicións ou serán excluídos das listas.

 

Profesorado de Artes Plásticas e Deseño

 

Para a CIG-Ensino chama a atención que a única oferta que se fai é nunhas especialidades de Artes Plásticas e Deseño coas que hai conflitividade, mentres non fai oferta ningunha do resto de Secundaria. Sería esta a primeira e derradeira convocatoria realizada no período transitorio, precisamente no peor momento ao non haber convocatoria de prazas para outras especialidades de FP nin no conxunto do Estado, polo que a CIG-Ensino esixiu que esta convocatoria non afecte ao mantemento do posto de traballo do profesorado que veu impartindo estas materias.

 

Información da mesa 10-03-11