10/10/2010
Facebook Menéame del.icio.us
compartir

ORGANIZACIÓN EDUCATIVA: Infantil, Primaria e Educación Especial.

Normativa legal e información básica para a organización e funcionamento dos centros docentes que imparten Infantil, Primaria e Educación Especial.

NORMAS XERAIS

R.O.C. Decreto 374/1996, do 17 de outubro. Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. Ligazón

Orde que regula a organización dos Centros de Infantil e Primaria. Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG. 02-09-97). Ligazón- Modificación parcial desta orde (adscrición funcional e horarios). Ligazón

R.O.C. Centros Públicos Integrados. Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias. Ligazón

Orde que regula a organización dos CPI. Orde do 3 de outubro de 2000 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999 polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias. Ligazón

Modificación parcial desta orde (horarios)Ligazón

Lei de Convicencia e participación. LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. Ligazón

Decreto sobre a autonomía de xestión. Decreto 201/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvolve a autonomía na xestión económica dos centros docentes públicos non universitarios. Ligazón

Decreto para o plurilingüismo. Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario. Ligazón

- Anterior normativa sobre o uso e promoción do galego derrogada polo goberno Feijoo na súa campaña contra o noso idioma. Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativoLigazón

Orde que regula os centros plurilingües.Orde do 30 de xuño de 2010 pola que se regulan, con carácter experimental, os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galiza, para o curso 2010/2011. Ligazón

Rede abalar. Convocatoria para a selección de centros da rede abalar para o curso 2011/12, cos criterios que deben cumprir os centros. Ligazón

Observatorio de convivencia escolar. Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar. Ligazón

Avaliación de diagnóstico. Orde do 6 de outubro de 2010 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galiza. Ligazón

Dereitos e deberes do alumnado. Real Decreto 732/1995 polo que se estabelecen os dereitos e deberes do alumnado e as normas de convivencia. Ligazón

Clasificación dos centros docentes. Clasificación actual dos centros docentes públicos de todas as etapas educativas e modificación a efectos retributivos que entrará en vigor o 1 de setembro de 2008 Ligazón

Acordo sobre agrupamentos de unidades de infantil e primaria. Acordo entre a Consellaría e as organizacións sindicais, agás a CIG-Ensino, Sobre os agrupamentos do alumnado de educación infantil e primaria para os efectos de constitución de unidades. Ligazón

Xornada Única e Mixta. Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados. Ligazón

Seccións bilingües. - ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regulan as seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario. Ligazón

Calendario escolar 11/12. ORDE do 24 de maio de 2011 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos Ligazón

Calendarios escolares doutros cursos: Curso 10/11Curso 09/10, Curso 08/09Curso 07/08

 

ACTIVIDADE DOCENTE

Ensinanzas mínimas de Educación Infantil. Real decreto 1630/2006 polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil. Ligazón

Currículo de Educación Infantil. Decreto 330/2009 polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galiza. Ligazón

Avaliación de Educación Infantil (2º Ciclo) . Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil en Galiza. Ligazón

- Normativa derrogada de educación Infantil.* Orde de 6 de maio de 1992 de Implantación de Educación Infantil Ligazón* Implantación da lingua estranxeira en Educación Infantil. Ligazón

Ensinanzas mínimas de Educación Primaria. Real decreto 1513/2006 polo que se establecen as ensinanzas mínimas de educación primaria. Ligazón

Currículo de Educación Primaria. Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria. Ligazón

Avaliación en Primaria. Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria. Ligazón

PROFESORADO

Especialidades do Corpo de Mestres. Real Decreto 1594/2011polo que se estabelecen as especialidades docentes do Corpo de Mestres. Ligazón

Procedemento para o recoñecemento de especialidades do corpo de mestres. ORDE do 10 de xaneiro de 2012. Ligazón

Cadros de Persoal de Mestres. Orde do 12 de agosto do 2010 polo que se establece o número de unidades e postos de traballo docentes en educación infantil, primaria e educación especial. (DOG 23/08/2010) Ligazón

  • Corrección de erros dos Cadros de Persoal (DOG 06/10/2010) Ligazón 
  • Corrección de erros dos Cadros de Persoal (DOG 09/12/2010)  Ligazón
  • Modificación dos Cadros de Persoal (DOG 09/08/2011) Ligazón

Anteriores cadros de persoal:

Agosto 2009: Ligazón . Xullo 2008: Ligazón. Febreiro 2008: Ligazón.

Acordo sindical sobre Cadros de Persoal dos centros de infantil e primaria. Documento asinado o 8 de xuño de 2007 pola Consellaría, a CIG-Ensino e outras OO.SS. polo que se incrementan os cadros de persoal e se reduce a 21 o número de horas lectivas. Ligazón

- Instrucións da Inspección educativa para a aplicación da nova xornada laboral en aplicación do acordo de cadros de persoal. Ligazón

Centros de especial dificultade (DOG 28/10/2010) Ligazón

- Correción de erros (DOG 19/11/2010) Ligazón

Xornada Laboral.  ORDE de 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Ligazón

 Normativa anterior: Orde do 1 de setembro de 1987 pola que se adecúa a xornada de traballo dos funcionarios docentes. Ligazón

Acordo de condicións de traballo do profesorado itinerante. Ligazón- Instrucións da Consellaría 11-3-08 Ligazón- Circular 10/2008 Ligazón

Instrucións da Dirección Xeral de Ordenación Educativa. (21-7-08) Circular sobre docencia na Educación Infantil por non especialistas; funcións do profesor/a titor/a en relación ao programa gratuidade libros de texto e realización de gardas por profesorado de PT, AL e Orientación Ligazón

Elección de horarios. Artigos relacionados co horario do profesorado na orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización das EEI, dos CEP e dos CEIP (DOG do 2 de setembro de 1997). Ligazón

Adscrición funcional. Artigos relacionados coa adscrición funcional das mestras e mestres recollidos na Orde do 28 de xuño de 2010 que modificou a Orde do 22 de xullo de 1997que regula a organizacións das EEI, CEP e CEIP.(DOG 06/07/2010). Ligazón

Perda de destino docente. Decreto 140/2006 de 31 de agosto (DOG 01/09/06), que regula os criterios da perda de destino do profesorado de centros públicos. Ligazón

Complemento por función titorial e outras funcións. Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes. Ligazón

Acceso e condicións de traballo do profesorado interino e substituto. (Texto refundido. Resolución do 10 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,). Ligazón

Acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos. Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se se regula o procedemento. Ligazón

Profesorado de relixión. Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a relación laboral do profesorado de relixión e se ditan instrucións relativas á provisión de postos. Ligazón

Auxiliares de conversa. ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se regula a actividade das persoas auxiliares de conversa que realizan o seu labor en centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Ligazón

EQUIPOS DIRECTIVOS

Selección de directores/as. Decreto 29/2007 de selección de directores/as. Decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos. Ligazón

Decreto de consolidación parcial do complemento de dirección. Decreto 120/2002, do 22 de marzo, polo que se regula a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. Ligazón

Orde de consolidación parcial do complemento de dirección. Orde do 12 de abril de 2002 pola que se regula o procedemento de consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros públicos. Ligazón

Avalación das direccións dos centros docentes públicos. Orde do 21 de decembro de 2010 pola que se regula o procedemento de avaliación das direccións dos centros docentes públicos en que se imparte algunha das ensinanzas reguladas na LOE. Ligazón

COMEDORES ESCOLARES

Decreto de Comedores. Decreto 10/2007 do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Ligazón

Orde de Comedores. Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Ligazón

- Modificación da Orde de comedores. Orde de 13 de xuño de 2008 que modifica a orde de comedores de 21 de febreiro de 2007. Ligazón

Decreto de prezos públicos dos comedores escolares. Decreto 374/2009, do 6 de agosto, polo que se aproban os prezos públicos pola utilización dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Ligazón

Instrucións en relación co acceso aos servizos complementarios (comedores, transporte escolar) por parte de alumnos escolarizados en centros distintos aos que, inicialmente, lles correspondía (22 de xuño de 2009). Ligazón

Instrución 3/2010 sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa para o curso 2010/11. Instrución parcialmente anulada por sentenza gañada pola CIG-Ensino. Ligazón

  •  Modificación da Instrucion 3/2010, adaptándoa á seentenza que anula o parágrafo 4º do apartado 4. Ligazón

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Decreto de admisión de alumnado. Decreto 30/2007 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Ligazón

Orde de admisión de alumnado. Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Ligazón

- Corrección de erros. Ligazón

LIBROS DE TEXTO

Reposición de libros de texto. ORDE do 18 de maio de 2011 pola que se convoca e regula o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares nos centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2011/2012, nos niveis de 3.º e 4.º de educación primaria e 2.º e 4.º de educación secundaria obrigatoria para as materias que non cambian de idioma, de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza.Ligazón

Axudas para a adquisición de libros de texto e outros materiais didácticos. ORDE do 13 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial. Ligazón

Axudas para a adquisición de libros de texto e outros materiais didácticos que cambien de idioma. ORDE do 16 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 3.º e 4.º de educación primaria e en 2.º e 4.º de educación secundaria obrigatoria. Ligazón

- Corrección de erros. Ligazón