Cursos Interadministrativos 2011

MODALIDADECOMARCALOCALIDADECURSOHORASINICIOREMATEAULAALUMNOS/ASObservacións
TELEFORMACION

ESTRATEXIAS PARA O TRABALLO DA CONVIVENCIA NA AULA1901/12/1114/12/11
125
TELEFORMACION  MULLERES GALEGAS. UNHA HISTORIA POR COÑECER3001/12/11 14/12/11 56ENLACE MATRICULA 
TELEFORMACION

O MARCO SOCIOLÓXICO DA EDUCACIÓN GALEGA I I1901/12/1111/12/11
100
TELEFORMACION

O MARCO SOCIOLÓXICO DA EDUCACIÓN GALEGA I1903/10/1111/10/11
100
TELEFORMACION   O TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO ENSINO1903/10/1111/10/11   
PRESENCIALOURENSEVERINRISOTERAPIA NO ENSINO 19 
VERÍN15
PRESENCIALSANTIAGO
RISOTERAPIA NO ENSINO 3017/10/1103/11/11AULA 515
PRESENCIALPONTEVEDRA
CANTOS, CONTOS E ARROLOS NO ENSINO INFANTIL2002/11/1117/11/11A1715
PRESENCIALPONTEVEDRA
SISTEMAS ALTERNATIVOS DE COMUNICACIÓN NO ENSINO: O SISTEMA BRAILLE1221/11/1101/12/11A1720
PRESENCIALPONTEVEDRALALÍN
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL A TRAVÉS DO CONTO E O USO DAS TICS1502/11/1110/11/11
15
PRESENCIALPONTEVEDRAVILAGARCÍA
A LINGUAXE DE SIGNOS NO ENSINO3007/11/1128/11/11
15
PRESENCIALSANTIAGO
FERRAMENTAS PARA O TRABALLO NA AULA VIRTUAL1907/11/1115/11/11AULA 115
PRESENCIALSANTIAGORIBEIRAFERRAMENTAS PARA O TRABALLO NA AULA VIRTUAL1921/11/1130/11/11IES LELIADOURA15
PRESENCIALVIGOO MorrazoXOGAMOS, CANTAMOS E RECICLAMOS, ACTIVIDADES LÚDICAS PARA A ESCOLA II1814/11/1130/11/11IES AS BARXAS-MOAÑA20
PRESENCIALVIGO
EDUCACIÓN DA VOZ PARA PROFESIONAIS DOCENTES1914/11/1124/11/11
15
PRESENCIALOURENSE
MOODLE PARA O ENSINO1914/11/1124/11/11215
PRESENCIALFERROL
MOODLE PARA O ENSINO1914/11/1128/11/11320
PRESENCIALA CORUÑA
AS REDES SOCIAIS COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA1922/11/1101/12/11
15
PRESENCIALA CORUÑA
DINÁMICA DE GRUPOS: LIDERAZGO, AUTORIDADE E DIRECCIÓN DE GRUPOS1902/11/1110/11/11
20
PRESENCIALLUGO
O ENCERADO DIXITAL E O SEU USO NA AULA3017/10/1128/10/11715As datas de realización son 17, 18, 19, 20, 21, 24, 25, 26, 27 e 28 de outubro de 2011
PRESENCIALA MARIÑABURELAEDUCANDO EN IGUALDADE1908/11/1125/11/11230
PRESENCIALVIGO
ACCIÓN TITORIAL PARA PRIMARIA E SECUDARIA3017/10/1131/10/11
20
PRESENCIALFERROL
PRESENTACIÓNS EN POWER POINT APLICADAS AO ENSINO. 1930/11/1119/12/11320
PRESENCIALLUGO
O USO DOS RECURSOS TIC NO ENSINO1903/11/1011/11/11715
PRESENCIALVIGO
WEB DINÁMICO. ESPAZOS DE TRABALLO EN REDE1902/11/1111/11/11
15
PRESENCIALLUGO
PRESENTACIÓNS EN POWER POINT APLICADAS AO ENSINO1916/11/1124/11/11315
PRESENCIALVIGOO Morrazo
CONTORNOS VIRTUAIS COMO SOPORTE AO PROCESO DOCENTE II3003/10/1109/11/11IES AS BARXAS-MOAÑA15

Cursos CIG-Ensino para Traballadores do Ensino Público que estean en activo no momento de formalizar a matrícula. (Exclúense os traballadores do ensino concertado). Estes cursos financiados dentro do Plano Inter-administrativo de formación continua do FORCEM, polo que son gratuítos. 

Ligazón para os cursos presenciais

Ligazón para os cursos de teleformación

Ligazón para darse de alta

A matrícula farase sempre on line. Neste apartado de “formación” da nosa web desde as ligazóns anteriores que te levarán á páxina de FORGA (Fundación da CIG para xestionar a formación). Para darse de alta como usuario/a, condición indispensable para inscribirse nos cursos,  aparecerá unha pantalla que se che solicitarán unha serie de datos persoais, unha clave e unha contraseña (que non debes esquecer para entrar en futuras ocasións). Unha vez completados, recibirás unha mensaxe na conta de correo electrónico facilitado para proceder á activación da conta. Deberías darte de alta como usuario/a antes da data que se indique para abrir a preinscrición dos cursos.

Unha vez que te deches de alta, para preinscribirse en cursos, debes premer nas ligazóns en azul que encabezan este texto, escollendo a de presenciais ou de teleformación segundo o teu interese. Unha vez localizado o curso desexado, pulsa en “Preinscríbete”, de novo terás que cubrir unha serie de datos solicitados. Entre eles, solicitaráseche un correo electrónico, no caso de seres traballador da Consellaría de educación, debes indicar o correo “edu.xunta.es”, este é un dato decisivo para poder acollernos ás normas de homologación da Consellaría de Educación; para que un curso se homologue é preciso que un 70% dos asistentes traballen ou traballasen para esta administración (o feito de ter a conta de correo indicada é clarificadora a este respecto). Unha vez que se pulse “enviar”, pasarase ao estado de preinscrito/a nese curso.


Presta atención porque dentro de “Oferta cursos” aparece unha “Oferta xenérica formativa de FORGA”, trátase de toda a oferta formativa da CIG polo que a maior parte dos cursos que verás non son homologados pola Consellaría de Educación (polo tanto non válidos nin para procesos selectivos, nin para sexenios, nin para concursos de traslados, comisións de servizos, etc.). Porén, si son homologados, salvo indicación expresa, pola devandita Consellaría todos os cursos ofertados para o ENSINO público.

Dado que este novo sistema está pensado para unificar as matrículas das distintas federacións da CIG (Saúde, Metal, Construción, Administración, etc.), é posible que no momento de preinscribirte nun curso non contes con algún dato dos que se che van pedir ou se che presenten dúbidas á hora de cumprimentalos; indicámosche algúns:

-CIF da empresa.Debes cumprimentar o seguinte CIF: S1511001H.
-Grupos de funcionarios: A1 ,PES e catedráticos/as, A2; Mestres e PTFP. Enténdese que tanto interinos/as como substitutos/as son un tipo de funcionarios.
-Categoría profesional. Podemos indicar calquera das que se mostran no desplegable; é indiferente no caso da función docente.
-Nº da Seguridade Social. Debemos completar con ceros pola esquerda ata chegar a doce díxitos.


Cando teñas feito a preinscrición no curso ou cursos que che interesen, tes que agardar a que se che avise de que estás preadmitido a través dun correo electrónico e admitido definitivamente, de ser o caso, nun segundo correo.

O criterio que se seguirá para seleccionar aos participantes será a estricta orde de preinscrición, para este efecto comunicámosche que a data de apertura de preinscrición para os CURSOS INTERADMINISTRATIVOS da CIG-Ensino QUE SE REALICEN DURANTE O PRESENTE CURSO ACADÉMICO SERÁ O 15 DE SETEMBRO DE 2011 ÁS 18:00H. ( para os que se realicen no primeiro trimestre do vindeiro curso porase outra data de matrícula a comezos do mesmo; como afiliado/a, recibirás información ).

Se se che presenta alguna dúbida, ponte en contacto teléfónico coa comarca da CIG-Ensino á que pertenzas ou á delegación territorial de FORGA correspondente.

RECOLLIDA DE DIPLOMAS
Enviaremos un correo electrónico cando se poida pasar a recoller os diplomas e as credenciais. A recollida de diplomas dos cursos presenciais farase no local comarcal de CIG-Ensino no que se desenvolveu o curso. Os diplomas dos cursos a distancia poderán recollerse no local de Santiago (Avda. Ferro Caaveiro, nº 10) ou na comarca en que se solicite (habilitarase un prazo para que a/o participante o solicite á comarca que lle conveña).