24/11/2011
A CIG-Ensino quere hoxe denunciar esta situación porque o desemprego e a precariedade laboral contribúe á discriminación da muller e deste xeito mantéñense as desigualdades sociais que alimentan a violencia de xénero.
Como vén denunciando a CIG en todo este tempo, a crise económica está a agravar aínda máis a desigualdade que existe entre mulleres e hoxe. As solucións que os distintos gobernos están a pór en marcha, reducindo salarios, facilitando o despedimento nas empresa e recortando prestacións sociais e laborais, afectan de xeito singular ás mulleres, contribuíndo así ao aumento da violencia de xénero. Porque aínda que a violencia contra as mulleres non está relacionada cunha clase social concreta, non é exclusiva de situacións de pobreza e de falta de recursos económicos, non é menos certo que en momentos de crise medra a tensión social e se agudiza a xerarquización de poder duns poucos sobre a maioría.
Nesta entrada tamén tes enlaces onde poderás atopar máis información e recursos para traballar na aula.