xunta celga
16/5/2013 Esixirá na Mesa Sectorial que se estabilice este colectivo, que se modifiquen os criterios de selección para que sexan públicos e obxectivos, se lle garantan todos os dereitos laborais e se modifiquen as modalidades e perfiles dos CELGA
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, participou este xoves 16 de maio nun acto convocado polo colectivo de profesorado dos CELGA para denunciar a súa precaria situación e amosar o noso apoio ás reivindicacións deste colectivo. A situación que dispensa a Consellaría tanto ao persoal como ao propio modelo CELGA é a mostra máis evidente do desprezo absoluto do PP ao todo o que ten que ver co uso e normalización do galego.
Correlingua A Coruña 2
16/5/2013 Mondoñedo acolleu a última carreira desta edición
A edición 2013 do Correlingua -carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos- rematou este xoves 16 de maio en Mondoñedo despois de pasar polas localidades de Ourense, Lugo, Pontevedra, Monforte, Silleda, Bueu, O Rosal, Ferrol, A Coruña, Santiago e Vigo
17 de maio
16/5/2013 A saída está prevista ás 12:00 horas da Alameda compostelá
A plataforma Queremos Galego!, que aglutina a máis de 700 entidades e na que está integrada a CIG, fai un chamamento a participar na manifestación nacional convocada o vindeiro venres, día 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, baixo o lema, “Non queremos ser estranxeiras na nosa Patria. Queremos galego!”. A mobilización en defensa da nosa lingua nacional sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá.
Correlingua Santiago
14/5/2013 Chegou hoxe a Santiago de Compostela despois de pasar xa polas localidades de Ourense, Lugo, Pontevedra, Monforte, Silleda, Bueu, O Rosal, A Coruña e Ferrol
A edición 2013 do Correlingua -carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos- chegou este martes 14 de maio ás rúas de Santiago de Compostela despois de pasar xa polas localidades de Ourense, Lugo, Pontevedra, Monforte, Silleda, Bueu, O Rosal, A Coruña e Ferrol.
Cartaz correlingua
8/4/2013 O segundo premio foi para 4º da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda
O xuri do concurso de manifesto do Correlingua 2013 declarou gañador ao grupo Os Golgorotos de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte, nun fallo que resultou dificil vista a grande calidade xeral dos traballos presentados e elaborados por grupos de secundaria e bacharelato de diferentes centros do país.
Correlingua arquivo
5/2/2013 Centros de ensino de todo o país comezaron xa a desenvolver os traballos previos á celebración do evento, que terá lugar en maio baixo o lema Galego, chave do mundo
A edición 2013 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos, organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Mesa pola Normalización Lingüística e os Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, comezou xa con diferentes actividades nos centros educativos de Galiza que farán a súa achega participando nos concursos de Manifesto, Banda Deseñada, Vídeo e Cantalingua.
Rolda de prensa de Queremos Galego Febreiro de 2013
1/2/2013 A plataforma continúa a recoller sinaturas a favor do manifesto “Queremos galego na escola”, que xa foi asinado por persoeiros como Manuel Rivas, Luís Iglesia, Comba Campoy, Mónica Caamaño, Agustín Fernández Paz ou Xosé Lois “O Carrabouxo”
A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 700 entidades sociais de todos os ámbitos, valorou hoxe a manifestación celebrada o pasado domingo 27 de xaneiro como un “exitazo da sociedade galega” a favor da súa lingua. Para a plataforma cidadá, o enorme apoio mostrado nas rúas de Compostela é unha mostra máis da ampla adhesión social á lingua galega, que se une ás masivas manifestacións dos últimos catro anos, que foron as maiores mobilizacións da historia de Galiza en defensa do seu idioma.
Manifestación 27 de xaneiro Queremos Galego
28/1/2013 Toda a sociedade galega, agás o PP, apoiou a mobilización convocada pola Plataforma cidadá “Queremos Galego”, da que forma parte a CIG
Inverno, manifestación e Compostela. Tres elementos que adoitan unirse para garantir a chuvia que, como non podía ser menos, acompañou ás miles de persoas que tomaron este domingo a capital de Galiza para reclamar, alto e claro, que “Queremos Galego na escola”. Persoas chegadas en autobuses e coches particulares, de todo o país, para berrar ao unísono que “aínda que se molle, o galego non encolle”, exixir a derrogación do mal chamado “Decreto de Plurilingüismo” e denunciar as políticas “lingüicidas” do Partido Popular.
Cartaz Queremos Galego 27 de xaneiro
25/1/2013 O galego que nos une é o lema da convocatoria
A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na manifestación convocada por Queremos Galego co lema “O galego que nos une” e que sairá as doce da Alameda de Santiago de Compostela. A CIG-Ensino esixe a derrogación do Decreto do Plurilingüismo unha vez que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sentenciou que nos seus piares fundamentais é ilegal. Ao mesmo tempo, a CIG-Ensino esixe que cesen as actuacións en contra do galego que permanentemente está aplicando a Consellaría de Educación.
Apalpador, Silvia Méndez, Anxo Louzao e Carlos Callón
12/12/2012 Tamén pediu a retirada do proxecto da LOMCE
O Apalpador entregoulle ao conselleiro carbón pola actitude que mantén contra o galego e libros no noso idioma para que rectifique a súa políticia lingüística e defenda as competencias educativas fronte ao goberno central.
Rolda de prensa de Queremos Galego 2012
4/12/2012 Recollerá sinaturas a través da súa páxina web e convoca unha gran manifestación nacional para o 27 de xaneiro e unha concentración con “sorpresas” diante da Xunta o 12 do 12 de 2012 ás 12 horas
A plataforma Queremos Galego, que aglutina máis de 700 entidades, anunciou hoxe un novo calendario de mobilizacións para esixir a derrogación do Decreto 79/2010 de Plurilingüismo e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o consenso acadado para o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004.Queremos Galego xa puxo en marcha unha recollida de sinaturas a través da súa páxina web e fai un chamamento á sociedade para que participe nunha concentración diante da Xunta en Santiago convocada para as 12:00 horas do día 12 do 2012 e nunha manifestación nacional que sairá ás doce da Alameda de Santiago o 27 de xaneiro.
Rolda de prensa Sentenza Decreto Plurilingüismo
26/11/2012 A CIG-Ensino esixiu hoxe en rolda de prensa a súa derrogación e que se restableza o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística do 2004
A CIG-Ensino destacou hoxe que coa sentenza na que estima parcialmente o recurso presentado pola central sindical ao Decreto 79/2010 de Plurilingüismo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declara ilegal o decreto en aspectos claves e tumbas dous dos piares básicos nos que se asenta a política lingüística do PP. O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, destacou nunha rolda de prensa na que participou tamén a responsábel de Normalización, Marta Dacosta, a contundencia da sentenza e esixiulle á Xunta que rectifique e derrogue o decreto, retomando o consenso social ao que se chegou no 2004, co Plan Xeral de Normalización Lingüística.
17 de maio
22/11/2012 A CIG-Ensino reclama a derrogación do Decreto 79/2010 de plurilinguismo e que se restableza o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
A CIG-Ensino considera que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anula parcialmente o Decreto 79/2010 de Plurilingüismo é unha proba máis de que estamos ante un Decreto debe ser derrogado por ser rexeitado maioritariamente polo conxunto da sociedade.
Queremos galego aniversario 18 de outubro
17/10/2012 Chama a converter o hashtags #O Home Que Ordenou A Maior Destrucion De Libros En Galego Desde 1936 Non Merece Ser Reelexido Presidente Da Xunta en TT en Twiter mañá xoves entre as doce e a unha da tarde
Queremos Galego chama a conmemorar os tres anos da celebración da manifestación multitudinaria en defensa da lingua o 18 de Outubro de 2009, participando nunha iniciativa en Twiter que consiste en converter o hashtags #O Home Que Ordenou A Maior Destrucion De Libros En Galego Desde 1936 Non Merece Ser Reelexido Presidente Da Xunta en TT en Twiter mañá xoves entre as doce e a unha da tarde.
logo galego
19/6/2012 A CIG-Ensino xa alertou en xaneiro dunha redución do 69% respecto a 2009-2010 e 2010-2011 e do 75% respecto do 2008-2009
A adxudicación definitiva das axudas aos Equipos de Normalización Lingüística confirma a denuncia que fixo a CIG-Ensino no mes xaneiro de que as axudas para os Equipos de Normalización Lingüística para este ano 2012 sofren unha redución orzamentaria do 69% respecto da convocatoria dos cursos 2009-2010 e 2010-2011 e do 75% respecto do curso 2008-2009. Para este curso, o orzamento total da actividade será de 250.000€, 550.000€ menos ca nas convocatorias dos dous cursos anteriores e 750.000 € menos ca nas partidas asignadas antes da chegada do PP á Xunta.
17 de maio
21/5/2012 A manifestación foi convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego” baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”
Arredor de 25.000 persoas sumáronse á manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, na que está integrada a CIG, baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”. A mobilización rematou na praza da Quintana, que se quedou pequena para acoller a todas as persoas desprazadas a Compostela de todas as partes de Galiza. O acto de peche estivo protagonizado polo escritor Agustín Fernández Paz, un dos autores máis destacados e premiados da literatura galega actual, que deu lectura a un manifesto da súa autoría, e polo propio Carlos Callón, portavoz da plataforma e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
Cartaz Manifestación 17 de maio Contra os ataques ao galego
15/5/2012 Nunha resolución sorprendente, comunicada 48 horas antes da manifestación, o Concello nega os permisos para colocar palco e megafonía.
A plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, e que aglutina máis de 700 entidades, encontrouse esta mañá cunha comunicación “sorprendente” do Concello de Santiago de Compostela. Cando faltan 48 horas para a manifestación cidadá en defensa da lingua, o goberno municipal resolve negativamente unha petición “que sempre foi de trámite” para poder colocar un palco, para usar o punto de luz necesario para a megafonía do acto final e para poder colocar unha faixa informativa na Alameda de Santiago de Compostela.
Correlingua Santiago 3
7/5/2012 Malia o mal tempo, o alumnado reivindicou animosamente a normalización da nosa lingua
Coa participación de dous mil rapaces e rapazas, Compostela acolleu esta mañá a celebración do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reinvindicación da lingua galega, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega–Ensino e a Mesa pola Normalización lingüística, xunto cos Concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Na carreira pola lingua de Santiago participou alumnado procedente de 25 centros de ensino primario e secundario das comarcas próximas á cidade.
Correlingua 2012
2/5/2012 As carreiras pola lingua percorrerán 12 vilas e cidades galegas até o 16 de maio.
O Correlingua, actividade lúdico-educativa de reinvindicación da lingua galega, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Confederación Intersindical Galega–Ensino e a Mesa pola Normalización lingüística, xunto cos Concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, arrincara en Ourense o 2 de maio para rematar en Viveiro o 16 de maio.Ourense, Narón, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Tui, Moaña, Silleda, Monforte e Viveiro, serán os lugares de celebración destas carreiras que rematarán con espectáculos teatrais e musicais dirixidos ao alumnado.
Correlingua entrega de premios
16/4/2012 O IES Rosalía de Castro acolleu esta mañá a entrega de premios do Certame de Banda Deseñada, Vídeo e Manifesto ao alumnado gañador
Representantes das entidades organizadoras do Correlingua 2012 presentaron esta mañá en Santiago a decimo segunda edición desta carreira que arrincará o vindeiro 2 de maio na cidade de Ourense e que percorrerá once comarcas baixo o lema “Galego. Todo o que buscas”. No acto entregáronse tamén os premios do Certame de vídeo, Banda Deseñada e do Manifesto ao alumnado dos colexios e institutos participantes. Os centros premiados son CPI Pontecesures (4º da ESO) polo Manifesto, e finalista CPI Ponte Carreira de Frades, en Banda Deseñada o CEE O Pino de Ourense e o CEIP A Laxe de Marín (3-5 anos) e en Vídeo o IES Mosteirón de Sada
Rolda de prensa anuncio manifestación 17 de maio
10/4/2012 “Son, co de hoxe, 117 días sen que a TVG cubra nin un só acto ou información sobre Queremos Galego”, censurou Carlos Callón ante a ausencia da televisión pública na conferencia de imprensa desta mañá
A plataforma cidadá unitaria inicia unha campaña informativa previa que chegará a vilas e cidades de toda Galiza e da diáspora e a todas as redes sociais. A plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e da que fan parte case 700 entidades sociais de todo tipo, presentou formalmente esta mañá en conferencia de imprensa a convocatoria de manifestación nacional para o vindeiro 17 de maio, cuxo lema central será nesta ocasión “Paremos os ataques contra o galego”.
205 euros
27/2/2012 O escrito entregado hoxe no rexistro da Xunta é o que reproducimos a continuación
A CIG-Ensino presentou hoxe un escrito ao Secretario Xeral de Política Lingüística, esixindo que se liquiden os atrasos aos Equipos de Normalización que están a impedir a realización de actividades. escrito que reproducimos a continuación.
Rosalía AELG
24/2/2012 A CIG-Ensino súmase á proposta de celebrar esta importante data agasallando un libro en galego e unha flor. Ao tempo animámosvos a participar nos actos de lectura colectiva de Rosalía que se celebrarán en distintas cidades galegas
A CIG-Ensino valora que celebrarmos o Día de Rosalía agasallando un libro e lendo a obra da nosa autora é un dos mellores xeitos de promover e apoiar o noso idioma. Feliz día de Rosalía. Nesta nova podedes ver as horas e lugares onde se celebrarán lecturas colectivas.
Impago
31/1/2012 A CIG-Ensino vai esixir unha explicación ao feito de que moitos centros públicos aínda non percibisen o 75% das axudas concedidas e que se aboen de inmediato
A CIG Ensino denuncia que a Consellaría de Educación aínda non realizou o pagamento da totalidade das axudas concedidas a centros públicos para a realización de proxectos de fomento do uso do galego, correspondentes ao curso 2010-2011, e esixe o inmediato pagamento.
Cartel a prol da normalización lingüística
26/1/2012 Pola vía orzamentaria esta orde impide a realización de actividades de normalización durante todo o primeiro trimestre de curso
A CIG Ensino denuncia que a Consellaría de Educación se reafirma na supresión progresiva da normalización lingüística nos centros educativos. A convocatoria de axudas a centros público para a realización de proxectos de fomento do uso do galego, promovidos polos equipos de dinamización lingüística e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino de menos de tres unidades, durante o curso escolar 2011-2012, sofre unha redución orzamentaria do 69% respecto da convocatoria dos cursos 2009-2010 e 2010-2011 e do 75% respecto do curso 2008-2009.
logo galego
16/1/2012 Un novo ataque ao noso idioma
Consonte a redución orzamentaria a Consellaría reduce un 22% os cursos que ela programa de xeito directo, deixando 11 localidades sen garantía de oferta
Eu si quero galego
20/12/2011 A CIG-Ensino reclama do Secretario Xeral de Política Lingüística que teña un comportamento respectuoso cos Equipos de Normalización
É inaceptábel que, ao servizo da propaganda, dedique os seus esforzos a saír nos medios de comunicación difundindo unha imaxe falsa da verdadeira implicación do seu departamento e a Consellaría de Educación, á que pertence, con profesorado que día a día traballa pola normalización do noso idioma.
Lingua Propia VicensVives
19/12/2011 Instando ao Conselleiro a que se absteña de realizar ningún acto que implique o acatamento da recomendación do Valedor do Pobo, por ser contrario a dereito e atentatorio contra o noso idioma
Podedes ler o escrito no que instamos a Consellaría de Educación a que se absteña de realizar ningún acto que implique asunción ou acatamento da recomendación que, con carácter non vinculante, fai o Valedor do Pobo, por ser contrario a dereito e atentatorio conta o noso idioma, particularmente naqueles aspectos que inciden no dereito fundamental de liberdade de cátedra anexo a esta nova
Queremos Galego Valedor 1
15/12/2011 A CIG-Ensino desexa que o vindeiro ano 2012 sexa un mellor ano para a nosa lingua
A CIG-Ensino denuncia publicamente que, neste momento, xa hai inspectores que están actuando como verdadeiros comisarios políticos do Partido Popular, como é o caso do exdelegado de educación da provincia de A Coruña, Sr. Rivas, que anda á caza do centros que teñen este libro como libro de texto.
queremos galego
14/12/2011 A plataforma chama a toda a sociedade a esixir o cesamento do Valedor do Pobo e do Conselleiro de Educación pola censura ao libro de texto que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza
A plataforma cidadá Queremos Galego presentou esta mañá en conferencia de imprensa diferentes accións reivindicativas nas que convida a participar o conxunto da sociedade para exixir o cesamento inmediato do Valedor do Pobo, Benigno López, e do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pola censura do libro de texto escolar da materia de Coñecemento do Medio que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza, reproducindo literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía.