| |
|
| Entrada / ENSINO PúBLICO Ensino público | Venres, 3 de Setembro de 2010 |
|
|
|  | INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS |  |
|  | Supresión de Unidades |  |
|  | XORNADAS DE VERÁN |  |
 
 | Xornadas de verán | | | XORNADAS DE VERÁN 2010
XXXIV XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑA
Do 20 ao 24 de setembro | IES Ánxel Casal
XIX XORNADAS DO ENSINO DE SANTIAGO
Do 13 ao 17 de setembro | IES As Fontiñas
XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRA
Do 27 de setembro ao 1 de outubro | CEIP Isaac Peral/Local Cig en Esteiro
XIV XORNADAS DA MÚSICA DE LUGO
Do 13 ao 17 de setembro | Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGO
Do 20 ao 24 de setembro | IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESA
Do 27 de setembro ao 1 de outubro | Burela. IES Monte Castelo
XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSE
Do 13 ao 17 de setembro | Local da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira
XXII SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA
Do 20 ao 24 de setembro | Pazo da Cultura
XXXIV XORNADAS DO ENSINO DE VIGO
Do 20 ao 24 de setembro | Verbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa
PASEOS PEDAGÓXICOS DE VIGO
Do 18 ao 26 de setembro | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 01/09/2010 |
|  | Oposicións |  |
 
 | A CIG-Ensino exixe que non se modifique, sen previa negociación, a forma de realizar as listaxes de substitucións e interinaxe para o persoal que nunca prestou servizos | | | A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación tomou a decisión de modificar os criterios para a confección das listaxes de substitucións e interinidades de xeito inapropiado (daquel persoal que nunca prestou servizos). Até o de agora, unha vez finalizado o proceso de oposición, confeccionábase a listaxe de posíbeis substitutos e substitutas en base á prelación establecida polo resultado do concurso-oposición, así se fixo o pasado ano 2009, en que as probas de acceso se realizaron segundo o procedemento establecido no RD 276/2007, ao que aínda lle resta a convocatoria de 2011. Porén, a Consellaría ven de determinar que non vai seguir o procedemento que viña realizando até o de agora, senón que para este curso soamente vai ter en conta a nota da oposición, sen engadir a ponderación da fase de concurso, como sempre se fixo. | | Última actualización: 30/08/2010 |
|  | Oposicións Imaxe e Son |  |
|  | Adxudicación definitiva de destinos provisionais de primaria |  |
|  | Destinos provisionais 10-11 |  |
|  | A Consellaría inclumpre a lexislación vixente. |  |
|  | Consello Escolar de Galiza |  |
|  | Oposicións 2010 |  |
|  | Redución en Xullo |  |
 
 | A CIG-ENSINO DENUNCIA QUE A CONSELLARÍA APROVEITA O MES DE XULLO PARA RECORTAR DRASTICAMENTE OS CADROS DE PERSOAL DOS CENTROS | | | Desde a CIG-Ensino temos constancia de que estes recortes obedecen a directrices impostas desde a Consellaría de Educación que deu a consigna de reducir o número de profesores desinteresándose da boa marcha do ensino público, orientando a súa política a favorecer a concertada ou a atacar a nosa lingua, como se puido comprobar na posta en marcha de proxectos como o Abalar, ou no malgasto de orzamentos para cambiar os libros de texto de matemáticas, física e química e tecnoloxía para poñelos en español, ou a présa para pór en marcha os centros bilingües, co obxectivo de reducir a presenza do noso idioma no ensino. A CIG-Ensino esixirá que se dote os centros co profesorado que os propios centros reclaman, pois son eles os que coñecen as súas necesidades de atención ao alumnado e anuncia que non aceptará ningunha modificación contraria ás solicitudes realizadas polos centros. | | Última actualización: 21/07/2010 |
|  | Mesa ensino non universitario |  |
|  | Avaliación setembro nas EOIs |  |
 
 | A CIG-Ensino solicita a modificación das datas marcadas para a finalización da avaliación extraordinaria de setembro nas EOIs | | | A CIG-Ensino vén de presentar un escrito dirixido á administración para a modificación das datas marcadas na circular 3/2010, que esixe que as cualificacións da avaliación extraordinaria de setembro estean cargadas a 10 de setembro. Por outra banda, os exames escritos de certificación realizaranse até o 8 de setembro. A CIG-ENSINO xa expuxo na Mesa Sectorial os problemas que ia orixinar o adianto do comezo de curso nas Escolas Oficiais de Idiomas e consideramos que non se poden ditar unhas instrucións que fixen unha tarefa irrealizábel para o profesorado con tal de manter o calendario previsto. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 13/07/2010 |
|  | Acordo Agrupamentos |  |
|  | Segue a persecución do galego |  |
 
 | A CIG-Ensino presentará mañá recurso contencioso administrativo contra a orde dos centros plurilingües por ser un mecanismo de marxinación do noso idioma. | | | A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación segue a súa folla de ruta contra o galego sen reparar nin en gastos nin en consecuencias. Por este motivo, publícase no DOG de hoxe a Orde do 30 de xuño de 2010 pola que se regulan, con carácter experimental, os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2010/2011, que ten por único obxecto reducir a presenza da nosa lingua no ensino mediante a implantación dunha medida que o Consello Consultivo valorou como contraproducente e que é un dos motivos do seu informe desfavorábel. Tal e como recolle o Consello Consultivo “ese máximo dun terzo do horario podería resultar desproporcionado con relación ao horario que se dispensa ás dúas linguas oficiais… pode supor un sacrificio para a aprendizaxe tanto oral coma escrita das linguas oficiais, tendo en conta os mandatos e fins tanto do Estatuto de Autonomía de Galicia coma da Lei de normalización lingüística… e da Carta europea das linguas rexionais e minoritarias.” | | Última actualización: 06/07/2010 |
|  | Mesa sectorial 30-06-10 |  |
 
 | A CIG-Ensino négase a tratar o decreto de formación do profesorado en sinal de protesta pola actitude autoritaria e ditatorial do Director Xeral de Educación | | | No momento de se iniciar a Mesa a CIG-Ensino pide a palabra para reclamar unha resposta ao escrito presentado unitariamente por todas as organizacións en que se criticaba o funcionamento da Mesa sectorial nos últimos meses e se solicitaba un adiamento da mesa para o mes de setembro. O Director Xeral de Educación, Mira Lema, di que non ten coñecemento do escrito. Respóndeselle que se lle presentou por rexistro o día 25 e que mesmo se lle levou ao despacho. Comprobamos con estupor que primeiro di que non o coñece e logo admite que sabe de que trata, para logo volver negar o seu coñecemento. A CIG-Ensino infórmao do contido do escrito e dos motivos de pedir o adiamento, fundamentalmente que neste momento non é posíbel garantir a participación do profesorado nun tema de tanta relevancia cono é a súa formación. Insistimos en que como organización sindical representativa queremos ter en conta a opinión do profesorado, darlle participación e para iso este non é o momento. Ademais este Decreto ten que pasar polo Consello Escolar de Galicia, que non se reúne en xullo, polo que estamos diante dun borrador que non será tramitado até o vindeiro curso e que, por tanto, non se vai aplicar no curso que vén. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 30/06/2010 |
|  | Na defensa do ensino público |  |
|  | Rolda de prensa de balance do curso |  |
 
 | A CIG-Ensino cualifica este curso escolar como “o peor dos cursos nunca lembrados” | | | A CIG-Ensino fixo hoxe, en rolda de prensa, unha moi negativa valoración do curso escolar que vén de rematar. Para Anxo Louzao, secretario nacional, a actuación do conselleiro e do seu equipo estivo caracterizada por unha agresión permanente á nosa lingua, ao servizo da privatización do ensino, desviando millóns de euros á privada e á concertada; por un deterioro do ensino público, por mor da redución do profesorado, dos medios e dos recursos; por un desprezo polo profesorado e os órganos de negociación e participación e por unha actitude autoritaria e involucionista “ateigada de actuacións ilegais, abuso de poder, baseado na propaganda partidaria, na mentira e na demagoxia”. | | Última actualización: 29/06/2010 |
|  | Máis recortes da Consellaría |  |
 
 | A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría suprime a Educación Permanente de Adultos en case 50 centros e 14 ciclos formativos, sen tratar o tema na mesa sectorial | | | A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría vai suprimir para o vindeiro curso a Educación Permanente de Adultos en case 50 centros e 14 ciclos formativos, sen que os representantes do profesorado teñamos coñecemento de cales son os motivos destas supresións nin as súas consecuencias. A CIG denuncia ademais que a Consellaría vulnera os canles de negociación pois as supresións de postos de traballo deben ser tratadas nas Xuntas de Persoal docentes, que deben contar con toda a información antes de que a proposta sexa enviada á Dirección Xeral correspondente que ten que levar o tema á Mesa Sectorial, antes da súa publicación no DOG. | | Última actualización: 23/06/2010 |
|  | Mesa Sectorial 18 de xuño |  |
|  | Implantación do terzo en Ingés |  |
|  | Oferta Formación Profesional |  |
 
 | A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría pretende liquidar a FP no rural | | | A Consellaría de Educación, vulnerando os canles de negociación e consulta, levou ao Consello galego de FP unha proposta de modificación das ratios mínimas para manter os actuais ciclos e abrir outro novos, que pon en perigo a continuidade da oferta no ámbito rural. A CIG rexeitou rotundamente a proposta da Consellaría que non foi aceptada por ningunha das partes que integran o Consello Galego de FP, incluída a Patronal. A CIG denunciou, en primeiro lugar , que se vulnera a convocatoria dos órganos preceptivos. A CIG esixe a convocatoria dunha mesa sectorial en que se trate o tema e denuncia que na mesa sectorial de 3 de xuño en que a CIG preguntou que novos ciclos se ían impartir o vindeiro curso, a Consellaría nin sequera garantiu que fose haber novos ciclos, mais o día 11 comezaron chamar aos centros indicándolles que ciclos teñen que impartir, mais sen lles requirir cales son as necesidades materiais e de profesorado para implantar os novos grupos e sen ter realizado a necesaria formación do profesorado para abordar esa implantación.
| | Última actualización: 15/06/2010 |
|  | Mesa Sectorial do 18 de xuño de 2010 |  |
|  | Proxectos innovación en normalización lingüística |  |
 
 | Despois da denuncia da CIG-Ensino, Educación convoca os premios a proxectos de innovación en normalización linguística | | | Despois da denuncia pública da CIG e da presentación dun escrito dirixido á Dirección Xeral de Educación e á Secretaría Xeral de Política Lingüística, hoxe mesmo publicouse no portal da Consellaría de Educación a convocatoria dos premios á innovación en dinamización lingüística. A CIG-Ensino viña reclamando desde o ano pasado que as convocatorias para o curso 2010-2011 realizasen, como as dos anos 2008 e 2007, con antelación ao inicio do curso escolar, de xeito que estivese resolto nese momento e se puidese dar inicio ao proxecto. Finalmente a Consellaría, despois do escrito presentado pola CIG fai a convocatoria, para a que remata o prazo de presentación de documentos o día 15 de xullo, e que se resolverá no prazo máximo de tres meses desde a convocatoria, é dicir, o 14 de setembro.
| | Última actualización: 14/06/2010 |
|  | Contra a eliminación do galego na educación infantil |  |
|  | Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía |  |
 
 | Sumemos en galego: Continuemos a dar aulas na nosa lingua | | | Diante da prohibición de dar aulas en galego nun momento crítico para a nosa lingua, desde a CIG-Ensino en colaboración con "Queremos Galego!" imos levar a cabo un acto para reafirmar a nosa vontade de continuar a dar aulas na nosa lingua, avanzado na normalización do galego. | | Última actualización: 12/06/2010 |
|  | Ula Crise? |  |
|  | Mesa sectorial do 3 de xuño |  |
 
 | Decretos de Currículo de certos ciclos formativos | | | Propostas da CIG-ensino sobre os currículos dos ciclos: CM instalacións de telecomunicacións, CM en producións agropecuaria, CM en produción agroecolóxica, CM en xestión administrativa, CS adm. sistemas informáticos en rede, CS axencias viaxes e xestión eventos, CS deseño en fabricación mecánica, CS en guía, información e asistencia turísticos | | Última actualización: 10/06/2010 |
|  | Primeira resposta ao xiro antisocial do goberno |  |
 
 | Desigual seguimento na folga convocada no sector público, cunha incidencia que a CIG cifra no 50% | | | As federación da área pública da CIG cifran o seguimento da folga convocada para hoxe en preto dun 50%. A folga foi secundada de forma desigual dependendo dos centros de traballo. Na administración, a maior incidencia tívoa nos grandes concellos, cunha participación que superou o 80%, mentres que na Sanidade foi menor por mor duns servizos mínimos que a CIG-Saúde xa denunciou por seren abusivos. No ensino, a folga foi secundada nalgúns centros por practicamente o 100% do profesorado mentres que noutros a incidencia foi moito menor. Salienta a participación activa do persoal das universidades galegas, que se achegou ao 100%. | | Última actualización: 08/06/2010 |
|  | Cartaz da folga |  |
 
 | Folga 8 de xuño, manifestacións nas 7 cidades | | | SANTIAGO DE COMPOSTELA Praza do Toural ás 11:30 h. A CORUÑA, Praza da Palloza ás 11:30 h.FERROL, Rúa Eduardo Pondal 41-43 ás 12:00 h., PONTEVEDRA, Praza da Ferrería ás 11:30 h.,En defensa dos salarios,do emprego e dos servizos públicos martes 8 xuño, LUGO Ronda de Muralla, 58, ás 12:00 h. OURENSE, Praza Maior ás 11:30 h. VIGO A Doblada ás 11:30 h. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 07/06/2010 |
|  | FOLGA 8 DE XUÑO |  |
|  | Na defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos |  |
 
 | Empregados e empregadas públicas concéntranse diante de diversos centros de traballo por toda Galiza, convocados pola CIG | | | A CIG fixo a convocatoria “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos”
Empregados e empregadas públicas concentráronse diante dos seus respectivos centros de traballo en todas as comarcas do país para denunciar os recortes salariais e o conxunto de medidas impostas polo goberno para reducir o déficit público. As concentracións producíronse de forma simultánea en practicamente todos os lugares onde estaban convocadas, entre as 11:00 e as 12:00 horas. Ao remate das mesmas, fixeron un chamamento a participar na folga convocada na área pública para o día 8 de xuño e alertaron de que sen mobilización, introduciranse medidas aínda máis duras. | | Última actualización: 02/06/2010 |
|  | Mesa Sectorial do 2 de xuño sobre o ROC dos CIFP |  |
|  | A CIG lembra que o Decreto 79/2010 non pode ser aplicar |  |
 
 | A CIG-Ensino denuncia a actitude antidemocrática do Inspector de Educación en Tui, ante o caso do CEIP de Randufe. | | | O Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe tomou no seu día o acordo de que todos os boletíns do Equipo sexan publicados, entregados a pais e nais e expostos no taboleiro que o Equipo ten a tal fin. Recentemente, e de acordo co funcionamento habitual do Equipo, foi colocado o boletín no taboleiro despois de ser entregado a todos os pais e nais. O boletín reproducía na súa contraportada unha viñeta alusiva ás inclinacións anglófilas do presidente da Xunta publicada nunha revista de humor galega, no contexto do rexeitamento ao novo Decreto de Plurilingüismo. O Equipo de normalización, do que forma parte o Director do centro aprobara o boletín. Despois de distribuído e exposto no taboleiro, o Director, ante a queixa dun só pai e sen sometelo á consideración do Equipo de Normalización ou do Claustro, toma a decisión unilateral de retirar o boletín e posteriormente informa de que o fixo. | | Última actualización: 01/06/2010 |
|  | FOLGA 8 DE XUÑO |  |
 
 | Defendamos o sector público fronte aos recortes e precarización: FOLGA 8 DE XUÑO | | | Cómpre lembrar que a situación actual de crise económica é produto da desregulación dos mercados que facilitou os movementos especulativos,
respondendo así a unha concepción neoliberal da economía que sostén a necesidade de privatizar os servizos e desmantelar o sector público. Diante disto, en lugar de corrixir esta política que nos levou ao desastre económico, o goberno
español está a tomar medidas que afondan nos mesmos erros, incidindo no deterioro da administración coa conxelación das ofertas de emprego público, externalización de servizos e, finalmente, coa pretensión da redución dos salarios dos empregados e empregadas públicos/as. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 31/05/2010 |
|  | Reiterase a necesidade de ir a unha folga xeral |  |
|  | Mesa Sectorial do 28 de maio de 2010 |  |
 
 | A CIG-Ensino denuncia enchufismo na convocatoria de asesores da consellaría de educación | | | O Secretario Nacional da CIG-Ensino denunciou hoxe na Mesa Sectorial que a Consellaría de Educación presentou no último momento, con menos de 12 horas de antelación á Mesa sectorial, unha proposta de prazas para asesores, que na súa maioría é absolutamente inasumíbel e enchufista, pois é evidente que xa teñen pensadas as persoas que van ser seleccionadas.
Na mesa sectorial de hoxe tratouse tamén o calendario escolar para o vindeiro curso
A CIG-Ensino tamén esixiu que a Xunta recorra o Decreto que rebaixa os salarios das traballadoras e os traballadores do sector público. | | Última actualización: 28/05/2010 |
|  | Mesa sectorial 28-5-10 |  |
 
 | Mesa sectorial 28-5-10: Orde Asesores Consellaría. Calendario Escolar 2010-11.. Rogos e preguntas | | | Esta mesa é a continuación da que se celebrou o mércores 26-5-10. Quedaban perndentes desa mesa: Orde Asesores Consellaría. Calendario Escolar. Rogos e preguntas. A orde de asesores íase tratar o día 26 pero quedou sobre a mesa despois da negativa da CIG-Ensino a que fose tratada sen darnos coñecemento de cales eran as prazas que se estaban a convocar e que perfís tiñan. | | Última actualización: 28/05/2010 |
|  | Mesa Sectorial 26-5-10 |  |
|  | Mesa sectorial 26-5-10 |  |
|  | O PP segue adiante cos ataques ao galego |  |
|  | Mesa sectorial 2 e 3 de xuño |  |
 
 | Convocada mesa sectorial para os días 2 e 3 de xuño para tratar os ROCs das escolas de Arte e Deseño e dos CIFP, así como os borradores de decreto de novos ciclos FP | | | Orde do día: ROC de escolas de arte e superiores de deseño, ROC de CIFP e borradores de novos ciclos de FP (CM en instalacións de telecomunicacións, CM en produción agropecuaria, CM en produción agroecolóxica, CM en xestión administrativa, CS en administración de sistemas informáticos en rede, CS en axencias de viaxes e xestión de eventos, CS en deseño en fabricación mecánica, CS en guía, información e asistencia turísticos) | | Última actualización: 24/05/2010 |
|  | Privatización do ensino |  |
 
 | O novo obxectivo a atacar pola Consellaría de Educación: as Escolas de Artes e Estudos Superiores de Deseño | | | Dentro dos ataques sen fin ao ensino público, por parte dos responsábeis da Consellaría de Educación (circular de agrupamentos, eliminación comedores, non cobertura de baixas de profesorado, masificación de alumnado nas aulas, reducións de profesorado, circular imposta pola Consellaría nas Escolas Oficiais de Idiomas), agora a Consellaría de Educación pon o seu punto de mira nas Escolas de Artes. A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación vai imposibilitar o acceso de bastante alumnado ás escolas de Artes e Superiores de Deseño, xa que adiantará o período de inscrición nas probas de acceso a estes centros ao 9 de xuño, fronte ao anos anteriores que se facía o 8 de setembro. | | Última actualización: 24/05/2010 |
|  | Paremos as medidas antisociais do goberno |  |
|  | Aprobación Decretazo contra o galego |  |
|  | Paremos as medidas antisociais do goberno |  |
 
 | Participa nas mobilizacións coa CIG! Concentracións día 2 de xuño, manifestación e FOLGA o 8 de xuño: "Pola defensa dos salarios, o emprego e os servizos públicos" | | | O Consello de Ministros aprobou o R. D. Lei polo que se “adoptan medidas para a redución do déficit público”, entre as que están a redución dos salarios desde o 1 de xuño ao 31 de decembro de 2010, a conxelación de salarios das empregadas e empregados públicos para o ano 2011 e tamén conxelación das pensións.
O desconto que aprobaron onte para o profesorado sería o que corresponde ás retribucións básicas (soldo base e trienios), que son sobre as que ten compencia a administración central. Ao grupo A1 aplícanlle un desconto do 7% e ao grupo A2 o 5´75 %, quedando segundo o seguinte cadro: | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 22/05/2010 |
|  | Medidas antisociais do goberno |  |
|  | Mesa sectorial 26-5-10 |  |
|  | Denuncia o centralismo e sectarismo das centrais CCOO e UGT |  |
 
 | A CIG reitera o seu máis contundente rexeitamento ás medidas presentadas por Zapatero e reafirma a necesidade dunha folga xeral | | | A CIG vén de reiterar, en rolda de prensa, o seu máis contundente rexeitamento ás medidas regresivas e antisociais presentadas a pasada semana por Zapatero e de facer un novo chamamento a que as mobilizacións se estendan ao conxunto da clase traballadora e non se cingan exclusivamente aos empregados/as públicos/as. A central sindical entende que os recortes salariais anunciados na área pública son só o primeiro chanzo para xustificar logo unha reforma laboral coa que se recortarán dereitos e se precarizarán aínda máis as condicións laborais. Por iso lamenta que non fora posíbel conseguir a unidade sindical, nas mobilizacións e folga convocadas na área pública, nin de cara a convocatoria de folga xeral, polas diferenzas existentes respecto das mesas de diálogo social, onde CCOO e UGT están a negociar, precisamente, esa reforma laboral. | | Última actualización: 20/05/2010 |
|  | Proxecto ABALAR |  |
|  | Paremos as medidas antisociais do goberno |  |
|  | FOLGA 8 DE XUÑO |  |
 
 | FOLGA 8 DE XUÑO: Mobilízate contra as medidas antisociais e inxustas anunciadas polo goberno! En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos! | | | Ante o anuncio feito polo presidente do goberno español, Sr. Zapatero, de levar a cabo medidas antisociais e rebaixar nun 5% os salarios das empregadas/os públicos, na CIG confirmamos, unha vez máis, que esta era unha das medidas que se ían aplicar no sector público para seguir coa campaña iniciada de precarización e desprestixio do servizos públicos, e a xustifi cación perfecta para tomar medidas cada día máis regresivas no eido laboral. Ante a gravidade destes feitos, desde a CIG, unha vez que tivemos coñecemento disto, convocamos a todas as organización sindicais para que en pé de igualdade elaborásemos un calendario de mobilizacións co obxectivo de parar as medidas impulsadas polo goberno español. As organización sindicais CCOO, UGT e CSIF non asistiron
a reunión feita pola CIG, convocándonos, con posterioridade, a unha reunión que, a pesares de eles non ter asistido a nosa, acudimos a ela. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 19/05/2010 |
|  | FOLGA o día 8 en toda a área pública, incluída o ensino |  |
|  | Mobilizacións CIG-Área Pública |  |
|  | Outro revés ao decreto contra o galego |  |
|  | A CIG-ENSINO denuncia un novo ataque ao noso idioma. |  |
 
 | A Consellaría de Educación elimina o requisito que garante unha adquisición mínima de material en galego para as bibliotecas escolares | | | A CIG-Ensino denuncia un novo ataque á nosa lingua por parte da Consellaría de Educación. No DOG do venres día 7 de maio publicouse Orde do 23 de abril de 2010 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2010-2011. Pois ben, nesta Orde tan simbolicamente asinada con data do día 23 de abril, día do libro e da lectura, a Consellaría aproveita para acometer unha nova agresión á nosa lingua e é que no seu artigo 2, punto 3, onde en todas as convocatorias anteriores figura que: “Un mínimo do 50% dos fondos adquiridos deberán estar en lingua galega.” a Consellaría que preside Jesús Vázquez elimina este requisito, baixo a redacción de: “A multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente recollidas” eliminando así un novo espazo para o noso idioma, precisamente cando se constata que nas bibliotecas escolares os libros en galego non están en situación de equidade respecto dos libros en español. | | Última actualización: 12/05/2010 |
|  | Avaliación de diagnóstico |  |
 
 | Os resultados da avaliación de diagnóstico de 4º de Primaria e 2º da ESO son ineficaces para mellorar a calidade do ensino | | | Nestes días, están a chegar aos centros os datos da avaliación de diagnóstico. Para a CIG-Ensino, tanto os datos recollidos pola Consellaría como a forma en que os remite aos centros só serve para clasificalos socialmente. A información que se lles envía revela a súa inutilidade, pois nin achega información sobre os problemas detectados para ser corrixidos, nin supón ningún tipo de solución ou proposta para mellorar a rendibilidade do alumnado. Trátase simplemente dunha clasificación respecto de dous parámetros (a media galega e a media para o grupo ISEC –Índice Socioeconómico e Cultural-), que xa parten dunha clasificación previa que en ningún caso se especifica de que maneira foi estabelecida. Á vista dos datos enviados por Educación, a conclusión é que foi demasiado traballo para un resultado moi pobre e innecesario, pois nin sequera cumpre a finalidade que ten por obxecto: formativa e orientativa para os centros e informativa para as familias. | | Última actualización: 11/05/2010 |
|  | Centros de Formación e Recursos |  |
 
 | A Consellaria de Educación desatende a formación do profesorado e reincide no desprestixio do mesmo | | | A Consellaría de Educación está a reducir drasticamente o número de prazas de asesores para a formación do profesorado nos CFR (Centros de Formación e Recursos e Servizos Centrais). A CIG-Ensino vén de elaborar un estudo no que se pon de manifesto que, desde que o PP entrou a gobernar, se reduciu nun 26,04% o número de profesorado que desempeña o seu traballo apoiando, asesorando, formando e achegando recursos aos centros educativos. Hoxe, só 78 profesores/as teñen que atender a formación de máis de 33.000 docentes, cando, como mínimo, terían que ser 96 que son as prazas que hai creadas. | | Última actualización: 10/05/2010 |
|  | MESA SECTORIAL 06-05-10 |  |
|  | Compromiso coas aulas na nosa lingua |  |
 
 | Queremos Galego consegue a adhesión de 4.530 profesoras e profesores á campaña “Dou e darei as clases en galego” | | | Para Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, "estamos ante as materias de ámbito científico-técnico e coa prohibición de impartilas en galego preténdese trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal para impartir nas aulas materias relacionadas co mundo da ciencia, aumentando así os prexuízos, os complexos e o autoodio cara o noso idioma, que é o que pretende a Consellaría de Educación e a Xunta de Galiza".Para Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, "estamos ante as materias de ámbito científico-técnico e coa prohibición de impartilas en galego preténdese trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal para impartir nas aulas materias relacionadas co mundo da ciencia, aumentando así os prexuízos, os complexos e o autoodio cara o noso idioma, que é o que pretende a Consellaría de Educación e a Xunta de Galiza".
Carlos Callón: “Son 4.530 alegatos contra a prohibición de impartir algunhas materias en galego e contra a posibilidade de que este goberno expediente ao profesorado por dar as aulas no idioma do país” | | Última actualización: 05/05/2010 |
|  | Manifestación do 17 de maio |  |
|  | Na defensa da nosa lingua |  |
|  | CIG-INFORMA CONSORCIO. PECHE |  |
|  | BALANCE ENSINO PRIMEIRO ANO DE GOBERNO |  |
 
 | Para a CIG-ENSINO o balance do primeiro ano de Xesús Vázquez á fronte da Consellaría de Educación é totalmente nefasto, nunca tan mal se fixo en tan pouco tempo | | | Para a CIG-Ensino o balance do primeiro ano de goberno de Xesús Vázquez á fronte da Consellaría de Educación non pode ser peor: nunca tan mal se fixo en tan pouco tempo. Durante estes doce meses asistimos ao autoritarismo posto ao servizo da involución, ao ataque permanente ao idioma e ao ensino público como servizo de calidade. Xesús Vázquez demostrou cal é a forma de gobernar do Partido Popular: a imposición, a intransixencia, o desprezo ao profesorado e o apoio aos sectores máis reaccionarios da sociedade. Neste ano o Conselleiro de Educación e o seu equipo preocupáronse exclusivamente de atentar contra o idioma, e así a súa primeira medida xa foi eliminar a realización dunha proba en galego no acceso á función pública e iniciar con grande despregue de medios a derrogación do Decreto en vigor.
| | Última actualización: 29/04/2010 |
|  | BAIXAS SEN CUBRIR |  |
 
 | A CIG denuncia que, a día de hoxe, a Consellaría de Educación non cobre as baixas de varias especialidades do corpo de mestres | | | A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación segue coa súa política de ataque ao ensino público, empeorando a calidade do servizo, ao non cubrir as baixas do corpo de mestres coa inmediatez necesaria.A Día de hoxe, están sen cubrir 44 prazas. Destas 35 son baixas por enfermidade, e 5 permisos por matrimonio. No caso dos permisos todos eles son comunicados cun mes de antelación, polo que a Consellaría pode facer a previsión das prazas que terá que cubrir. Destes cinco casos, un iniciouse o día 22, outro o 23, outro o 26 e outro onte día 27, ou sexa unha media de tres días de non cobertura do permiso. Sabemos que a un dos centros que preguntou porque non se estaba a cubrir este permiso, cando en anos anteriores se cubría o mesmo día en que se iniciaba, respondéronlle que extraviaran o escrito. Desde a CIG preguntámonos se a táctica é nos catro casos extraviar o escrito para que cando o atopen falten menos de dez días e non se cubra o permiso. Ademais estes catro casos son un de inglés (o do 22), outro de Pedagoxía terapétutica (o do día 27) e dous de Educación Primaria (os dos días 23 e 26).
| | Última actualización: 28/04/2010 |
|  | Esiximos que se poña data xa para as negociacións |  |
|  | 25 de abril contra as privatizacións |  |
 
 | Miles de persoas maniféstanse en Compostela contra a privatización dos servizos públicos | | | Baixo o lema “En defensa dos servizos públicos”, miles de persoas percorreron o domingo 25 de abril as rúas de Compostela en contra das políticas de “privatización e mercantilización de todo o que é público”. Convocada por CIG, BNG, IU, SLG, FRUGA, Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, AS-PG e Nova Escola Galega, a marcha saíu da alameda arredor das doce e media e rematou na Praza da Quintana, onde a actriz Isabel Risco deu lectura ao manifesto conxunto no que denunciou a diminución da calidade das prestacións públicas, a precarización e o recorte do emprego implícitos a toda privatización. | | Última actualización: 26/04/2010 |
|  | Manifestación 25 de abril na defensa dos servizos públicos |  |
 
 | A Xunta devece por desmantelar e privatizar os servizos que até o de agora prestaba o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade | | | A CIG denuncia que o Partido Popular, co pretexto de aplicar unha política de austeridade no gasto e de reducir unha administración paralela, vai aproveitar para seguir desmantelando e privatizando a rede de servizos que até o de agora viña prestando un ente público como o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Servizos que son esenciais para os sectores sociais máis desfavorecidos, que son precisamente os seus principais usuarios. A CIG exixe, ademais, que Núñez Feijoo explique en que se vai materializar a “refundición e reformulación” deste ente público, como se van prestar eses servizos e que vai ocorrer cos seus traballadores e traballadoras. | | Última actualización: 25/04/2010 |
|  | ROCs de Conservatorios e EOIs |  |
|  | Pacto pola Educación |  |
 
 | A CIG-Ensino manifesta as súas discrepancias con algúns aspectos do texto do Pacto pola Educación presentado polo Ministro | | | Hoxe, 22 de abril, en Madrid, Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino, asistiu a unha reunión co Ministro de Educación que presentaba o documento definitivo do Pacto Social e Político pola Educación. O Ministro deu conta da última proposta deste Pacto, facendo unha intervención sobre algún dos aspectos que recolle o dito documento. A CIG-Ensino manifestoulle ao Ministro que lle preocupa a asunción de propostas que reforzan o ensino privado concertado, máis este non é receptivo á nosa iniciativa dun ensino público de calidade como xeito de garantir a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía. | | Última actualización: 24/04/2010 |
|  | Manifestación o 25 de abril en Santiago |  |
|  | Mobilizacións da CIG contra o peche de comedores escolares |  |
|  | Polo dereito indefinido á xubilación anticipada |  |
 
 | A CIG-Ensino participa en Madrid na concentración diante do Ministerio a prol de consolidar o dereito a xubilarse anticipadamente | | | Delegados da CIG-Ensino concentráronse hoxe, xunto con delegados das outras organizacións sindicais, en Madrid, diante do Ministerio de Educación, logo de entregar máis de 300.000 sinaturas, esixindo a continuidade do dereito a poderse xubilar voluntariamente de xeito anticipado aos 60 anos. Posteriormente o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, conxuntamente cos representantes doutras organizacións sindicais foron recibidos polo Director Xeral de FP, Miguel Soler Gracia. Desde a CIG-Ensino trasladámoslle o sentir do profesorado galego que se concreta na esixencia de consolidar definitivamente o dereito de podérmonos xubilar anticipadamente, do que vimos gozando desde o ano 1992. A CIG-Ensino valora insatisfactoriamente o resultado da reunión, dado que o representante do ministerio só se comprometeu a facer “algunha referencia” a esta demanda no Pacto pola Educación, que se presentará mañá 22 de abril, pero sen concretar como se ía recoller. Con todo, as negociacións a este respecto seguen abertas. | | Última actualización: 22/04/2010 |
|  | Novo RD Concurso Traslados |  |
|  | XUBILACIÓN ANTICIPADA |  |
 
 | Polo dereito a unha xubilación anticipada indefinida do profesorado | | | Estamos agora a intensificar a campaña porque, como saberás, remata o período transitorio da vixencia deste dereito que xa no seu momento conseguiu prorrogar a CIG-Ensino a través dunha emenda presentada polo grupo do BNG no Congreso. En maio de 2011 expira esta prórroga e, nunha das cláusulas, na disposición transitoria segunda, apartado 8, establece que o "o goberno, previa consulta ás Comunidades Autónomas, procederá a revisión do tempo referido ao réxime de xubilación voluntaria así como dos requisitos esixidos", polo cal o MEC debe iniciar xa negociacións coas Comunidades Autónomas e organizacións sindicais, cousa que aínda non encetaron a pesar de que na xuntanza mantida pola CIG-Ensino co Ministro, este manifestoulle a súa vontade de levalas a cabo. | | Última actualización: 21/04/2010 |
|  | EOIs e Impago dos lectores |  |
|  | LECTORES DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS |  |
 
 | A CIG esixe da Consellaría de Educación o pago inmediato das mensualidades adebedadas aos lectores das Escolas Oficias de Idiomas e denuncia a súa ineficacia | | | A CIG-Ensino esixe da Consellaría de Educación o pago inmediato das mensualidades adebedadas ás lectoras e aos lectores das Escolas Oficias de Idiomas. Queremos denunciar que todos os lectores/as levan meses sufrindo irregularidades nos pagos e así, até finais de xaneiro non comezaron percibir as retribucións que lles correspondían desde o inicio do curso; a finais de marzo, pagáronlles os meses de xaneiro e febreiro. Neste momento seguen sen ter os pagos ao día. A CIG-Ensino recibiu a queixa deste profesorado. Moitos deles non continuarán o curso que vén, por mor desta situación de atraso nos pagamentos e ineficacia por parte da Consellaría. Algúns optaron xa por renunciar aos seus postos e non rematar o curso, é o caso da Escola de Vigo, na que xa renunciaron 3 dos seis lectores.
| | Última actualización: 21/04/2010 |
|  | CONCURSO DE TRASLADOS PRIMARIA |  |
|  | Axudas Equipos de Normalización Lingüística |  |
 
 | A CIG Ensino denuncia que a perda do 20% do orzamento para as axudas aos ENL se vai traducir en que moitos centros non poidan levar a cabo os proxectos deseñados | | | A CIG-Ensino denunciara no seu día a redución do orzamento destinado aos Equipos de Normalización Lingüística que viña a ser dun 20 %, así fronte ao millón de euros asignados para o curso 2008-2009, no presente curso a partida orzamentaria soamente acadaba os 800.000€. A CIG-Ensino vén denunciando neste curso escolar a deixadez e o menosprezo da Consellaría de Educación e da Secretaría Xeral de Política Lingüística cos Equipos de Normalización, incumprindo a súa función de velar pola normalización lingüística nos centros. Así o atraso na convocatoria de axudas, o que impediu que os centros puidesen iniciar as actividades normalizadoras co inicio do curso, perdéndose un trimestre de actividade. Logo viu o atraso na comunicación da cantidade concedida, que non chegou até que se iniciou o terceiro trimestre, co que unha vez máis os centros tiveron importantes dificultades para levar a cabo proxectos no segundo trimestre do ano. En conclusión, dous trimestre sen que os centros non contaron con recursos para realizar a necesaria actividade normalizadora. | | Última actualización: 20/04/2010 |
|  | Dereito indefinido á xubilación do profesorado |  |
|  | Concurso de traslados de Secundaria |  |
|  | Manifesto na defensa dos servizos públicos |  |
 
 | Manifestación o 25 de abril na defensa dos servizos públicos | | | DIANTE da política privatizadora do PP no governo da Xunta e da política de recortes no gasto público do governo central, é preciso sair à rua e esixir con voz firme:
* Un sistema sanitario público de calidade, garantindo à povoación os princípios básicos de universalidade, gratuidade e equidade no acceso ao sistema.
* Un ensino público e de calidade , dotándoo de maiores orzamentos e suprimindo os concertos educativos. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 19/04/2010 |
|  | Boletín informativo sobre o convenio |  |
|  | Promoción e defensa da nosa lingua |  |
 
 | 45.000 rapaces participarán na edición 2010 do correlingua | | | Presentouse en Santiago a edición 2010 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 14 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de centros educativos de todo o País. | | Última actualización: 15/04/2010 |
|  | CIG-Ensino viaxa a Bruxelas con Queremos Galego! |  |
 
 | Queremos Galego constata en Bruxelas como o principio de plurilingüismo defendido polas institucións europeas “nada ten a ver” co defendido por Núñez Feijóo | | | O mércores 14 de abril de 2010 conclúe a visita de dous días que unha delegación de Queremos Galego efectúa a Bruxelas para denunciar e informar diante de diferentes instancias da UE, o Consello e o Parlamento europeo, sobre as políticas activas de “desmantelamento” da lingua galega por parte do actual executivo de Alberto Núñez Feijóo. A viaxe pretende tamén evidenciar como as medidas iniciadas pola Xunta “agreden frontalmente” a lexislación vixente en materia de normalización da lingua propia, incluindo tratados internacionais de obrigado cumprimento para o Estado español como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM) ou comprisos como a Declaración universal dos dereitos lingüísticos, asumida como propia pola UNESCO. | | Última actualización: 15/04/2010 |
|  | Mesa sectorial 13-04-10 |  |
 
 | A CIG-ENSINO denuncia que a Consellaría se nega a negociar a estabilidade do profesorado interino | | | Na Mesa Sectorial de hoxe, 13 de abril, tratábase, en primeiro lugar, a modificación do Acordo de 95 sobre cobertura de interinidades e substitucións para recoller as modificacións lexislativas que teñen que ver coa obrigatoriedade de contar co máster e dar cumprimento a varias sentenzas que determinan que se pode estar nas listaxes de dúas especialidades. A CIG-Ensino reclamou que se se procedía á modificación do Acordo do 95, entón debería negociarse o tema fundamental e de maior preocupación neste momento: a estabilidade do profesorado. A CIG entende que se trata dun tema prioritario, dado que neste momento hai moito profesorado con moitos anos de servizo como interino que está a realizar substitucións, profesorado con máis de 20 anos de servizo que ve perigar o seu posto de traballo ou profesorado que non ten a titulación requirida neste momento por mor dos cambios lexislativos destes anos. Fronte á demanda da CIG e da maioría das organizacións sindicais na Mesa a Consellaría negouse a iniciar as negociacións sobre a estabilidade. | | Última actualización: 14/04/2010 |
|  | Informacións varias Mesa 13-04-10 |  |
|  | Denuncia diante da UNESCO e da UE |  |
 
 | A CIG-Ensino participa na delegación de Queremos Galego! que irá a Bruselas para denunciar a persecución do galego | | | A Plataforma cidadá Queremos Galego compareceu esta mañá para dar conta da visita de dous días a Bruxelas que unha súa delegación iniciará mañá 13 de abril para se entrevistar con diferentes instancias do ámbito da UE e do Parlamento europeo, o Consello de Europa e mais a UNESCO e dar a coñecer no ámbito internacional as “políticas activas de desmantelamento e agresión frontal contra a normalización da lingua galega” impulsadas polo goberno da Xunta de Galiza desde a volta ao poder do Partido Popular. | | Última actualización: 13/04/2010 |
|  | COMEDORES ESCOLARES |  |
|  | CONSELLO ESCOLAR DE GALIZA |  |
|  | Unha mostra máis de que o PP, a Xunta e a Consellaría contin |  |
 
 | O Consello Escolar de Galiza solicita a retirada do proxecto de Decreto de “Plurilingüismo” | | | O pleno do Consello Escolar de Galiza, máximo órgano de participación da comunidade escolar, rexeitou o decreto contra o galego que se someteu hoxe a ditame e acordou pedir a súa retirada e, polo tanto devolvelo á consellaría. O Proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza recibiu 24 votos en contra e só 16 a favor de mantelo. Cómpre salientar que deste 16, 6 eran de representantes da propia consellaría, 2 eran alcaldes do PP, 2 da Confederación de Empresarios, 2 titulares de centros privados e concertados, 2 de representantes de recoñecido prestixio nomeados directamente pola consellaría e 2 da CONGAPA (Pais e Nais de Ensino Privado e Concertado). | | Última actualización: 09/04/2010 |
|  | CONSELLO ESCOLAR DE GALIZA |  |
 
 | Concentración urxente pola lingua o 7 de abril diante do Consello Escolar de Galiza ás 16.15 h | | | Este mércores 7 de abril está convocada a reunión do Consello Escolar de Galiza
que terá de aprobar ou reprobar o proxecto do mal chamado decreto de plurilingüismo no ensino non universitario. O inicio da reunión está fixado para as 16.30 en 1ª convocatoria, 17 en 2ª. O lugar será a propia sede do organismo, no antigo hospital de San Roque (Rúa San Roque, 2, a carón da galescola), en Santiago de Compostela. A CIG-Ensino presentou unha enmenda a totalidade
para a retirada do proxecto do decreto de plurilingüismo e 57 emendas sobre o articulado. A CIG desde “Queremos Galego!” convoca unha concentración o mércores ás 16.15 diante do edificio do Consello. | | Última actualización: 08/04/2010 |
|  | MESA SECTORIAL 06-04-10 |  |
|  | MESA SECTORIAL 13-04-10 |  |
|  | Comedores escolares |  |
 
 | A Consellaría de Educación pretende suprimir comedores escolares e postos de traballo | | | A contención no gasto da Xunta de Galicia xa sabemos quen a vai pagar. Non os altos cargos, que van seguir mantendo o plus de por vida que supón 15.015,96€ anuais , nin os Xefes Territoriais, aos que se lles aumentou o salario en máis de 200 euros ao mes, nin as múltiples empresas que están a recibir asistencias técnicas para xestionar os servizos públicos. Van ser as traballadoras e traballadores da Xunta de Galicia e os cidadáns. O caso dos comedores escolares é sangrante: na proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellaría de Educación, que se vai tratar o próximo 9 de abril, a Xunta elimina 66 postos de oficial e axudante de cociña e pechanse tamén ao redor de 20 comedores escolares.
| | Última actualización: 07/04/2010 |
|  | Información Mesa Sectorial do 6 de abril de 2010 |  |
|  | Queremos Galego convoca concentración |  |
 
 | Concentración diante do Consello Escolar de Galiza diante do debate do Decretazo contra o galego | | | Este mércores 7 de abril está convocada a reunión do Consello Escolar de Galiza que terá de aprobar ou reprobar o proxecto do mal chamado decreto de plurilingüismo no ensino non universitario. O inicio da reunión está fixado para as 16.30 en 1ª convocatoria, 17 en 2ª. O lugar será a propia sede do organismo, no antigo hospital de San Roque (Rúa San Roque, 2, a carón da galescola), en Santiago de Compostela. | | Última actualización: 05/04/2010 |
|  | Privatización do ensino universitario |  |
|  | Conselleiro mintireiro |  |
|  | Mesa Sectorial para tratar o decretaco contra o galego |  |
|  | Mesa Sectorial do 6 de abril |  |
|  | Convocatoria oposición mestres 2010 |  |
 
 | Publicada no DOG a convocatoria de oposicións ao corpo de mestres | | | Orde do 11 de marzo de 2010 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galiza | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 25/03/2010 |
|  | Deixan alumnado sen profesorado |  |
|  | Proxecto do concurso de traslados B. 3 |  |
 
 | 3º Borrador do Concurso de Traslados | | | Proxecto do Real Decreto de Concurso de Traslados que se debaterá o vindeiro mércores 24 de marzo na Mesa Sectorial do MEC | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 22/03/2010 |
|  | Proxecto de decreto do galego |  |
|  | Rolda de prensa valorando o decretazo contra o galego |  |
 
 | CIG-Ensino denuncia que con este borrador de Decreto o proceso normalizador retrocede a hai 30 anos | | | A CIG-Ensino presentaba esta mañá, en rolda de prensa, a súa valoración do novo borrador de decreto contra o galego que incumpre non só o mandato estatutario, senón tamén a lexislación vixente na materia. Para a CIG-Ensino, supón un retroceso de 30 anos no proceso normalizador e, alén de manter as eivas do anterior, porque non recolle ningunha das propostas realizadas no período de consultas, proscribe o galego das materias científico-técnicas e introduce, por vez primeira, nun decreto de normalización, a obriga de impartir certas materias en español. | | Última actualización: 16/03/2010 |
|  | Mesa Sectorial do 16 de marzo |  |
|  | Mesa sectorial 16-3-2010 |  |
|  | Concentración urxente pola lingua |  |
|  | ANTEPROXECTO DECRETO CONTRA O GALEGO |  |
 
 | A CIG denuncia a nula vontade de negociar da Consellaría de Educación | | | A CIG-Ensino denuncia a falta de vontade negociadora por parte da Consellaría de Educación que vén de remitirlle aos integrantes do Consello Escolar de Galiza o mesmo borrador de anteproxecto de Decreto que se nos presentou ás Organizacións Sindicais para tratar na Mesa Sectorial. | | Última actualización: 15/03/2010 |
|  | A CIG rexeita e esixirá a retirada do proxecto de Decreto |  |
 
 | A CIG-Ensino denuncia que se trata dunha nova agresión a normalización da nosa lingua | | | A CIG-Ensino denuncia que as liñas xerais do Decreto presentadas hoxe pola Consellaría de Educación, estaán ideadas para afastar o noso idioma dos centros de ensino e procurar o seu descoñecemento entre a mocidade, é un retroceso sen precedentes. Por primeira vez na historia da nosa lingua, un goberno galego atenta abertamente contra o proceso de normalización na educación procurando un retroceso efectivo respecto da normativa en vigor. Fixa por primeira vez a obrigatoriedade de impartir as Matemáticas e a Física e Química e español. | | Última actualización: 13/03/2010 |
|  | Mesa sectorial 11-03-2010 |  |
 
 | Negociación ROC das Escolas Oficiais de Idiomas (1ª parte) | | | A CIG-Ensino fixo unha primeira intervención emprazando á Consellaría a que realice unha verdadeira negociación do ROC e a que a mesa non sexa simplemente unha mesa de trámite. A CIG agarda que haxa unha negociación real, que se vaia artigo por artigo e a Administración vaia dando resposta a todas a nosas propostas. Demandamos tempo suficiente para contrastar co profesorado as propostas, especialmente nun tema coma este. A vía de urxencia neste caso non está xustificada. Non queremos negociar a contrarreloxo. | | Última actualización: 11/03/2010 |
|  | A mesa do parlamento impide tramitar a ILP |  |
 
 | Queremos Galego comezará a recoller sinaturas para evidenciar o apoio social á iniciativa lexislativa popular rexeitada pola mesa do parlamento | | | Santiago de Compostela. 9 de marzo de 2010. A comisión xestora de Queremos Galego compareceu hoxe en conferencia de imprensa para, a través dun dos seus portavoces, Carlos Callón, anunciar as medidas legais e sociais a adoptar logo de a Mesa do Parlamento ter rexeitado por maioría a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada nos últimos meses desde a plataforma. Esta iniciativa puxérase en andamento a través dunha comisión promotora da que fan parte nomes senlleiros en diferentes ámbitos da vida social e cultural do país, como Manuel Rivas, Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Margarita Ledo, Xurxo Souto, Marica Campo, Kiko da Silva, Xosé Lois “O Carrabouxo” ou Sonia Lebedynski, entre outros. | | Última actualización: 10/03/2010 |
|  | Retraso da Consellaría no pagamento aos centros públicos |  |
 
 | A Consellaría de Educación está a provocar a paralización dos centros educativos. | | | O pasado 8 de marzo a CIG-Ensino denunciou que os centros educativos aínda non recibiran o orzamento para este ano, nin sabían canto lles correspondía. A piques de rematar o segundo trimestre e cando xa está mediado o mes de marzo, os centros escolares non só non recibiron o orzamento correspondente para este ano, senón que mesmo descoñecen que cantidade lles corresponde. Despois da nosa denuncia da que se fixeron eco os medios de comunicación e algunhas organizacións sindicais, a CIG-Ensino esíxelle á Consellaría unha rápida actuación para solventar os problemas que a súa propia ineptitude provoca. | | Última actualización: 09/03/2010 |
|  | MESA SECTORIAL aprazada para 11-03-10 |  |
|  | Presentación dun libro da CIG-Ensino polo 8 de marzo |  |
 
 | A CIG-Ensino presenta un libro que pretende fornecer de material o ensino para favorecer unha educación non sexista | | | Compostela, 4 de marzo de 2010.- A CIG-Ensino presentou en rolda de prensa “...e libre o meu pensamento. ferramentas para a docencia”. Unha publicación que pretende servir como apoio para traballar nas aulas sobre a discriminación da muller e favorecer unha educación en igualdade. As autoras, Carme Fouces, Celia Mª Armas García, María Pilar García Negro, Marta Dacosta e Xulia Rodríguez Bravo son todas profesoras de distintos niveis de ensino agás Laura Estévez, quen, como presidenta do Comité de Empresa do Consorcio, aporta unha visión sobre a necesidade dos servizos sociais para favorecer a conciliación. | | Última actualización: 04/03/2010 |
|  | Dereito indefinido a xubilación anticipada do profesorado |  |
|  | POLO DEREITO INDEFINIDO Á XUBILACIÓN ANTICIPADA |  |
|  | Mesa Sectorial do 25 de Febreiro |  |
 
 | Convocatoria OPOS 2010: A CIG-Ensino esixiu na mesa sectorial que as probas de acceso á función docente se realicen en lingua galega | | | A CIG-Ensino valorou como moi negativo e como inaceptábel o permanente ataque deste goberno á nosa lingua, e de cruzada permanente en todo o relacionado con calquera cuestión relacionada coa normalización lingüística. Un docente debe ter coñecemento pleno do noso idioma e difícil vai ser comprobar a competencia cunha validación ou a presentación dun certificado. A capacitación do seu uso oral e escrito queda demostrada realizando polo menos unha das probas en galego, como se viña facendo. Isto liquídase da convocatoria, para a CIG é inaceptábel. Reclamamos que se manteña a proba en galego. É máis a CIG vén defendendo que sexa en galego a totalidade da oposición. No borrador de Primaria aínda poñía que se presentaría a programación en galego, mais agora dísenos que é un erro. É inoportuno, inaceptábel, é unha desconsideración co idioma e coa formación dos docentes. | | Última actualización: 26/02/2010 |
|  | Regulamento Orgánico dos Centros das EOIs |  |
|  | Regulamento Orgánico dos CMUS e Danza |  |
|  | MESA SECTORIAL 23-02-10 |  |
 
 | A CIG-Ensino reclama que o Decreto que regulará a FP en Galiza recolla a regulación do noso idioma nos ciclos formativos | | | Na mesa sectorial de hoxe, día 23, debateuse o borrador do Decreto de Ordenación xeral da FP do sistema educativo de Galiza. A CIG-Ensino criticou un dos aspectos máis preocupantes e regresivos desta proposta que é a nula referencia ao Decreto que regula o uso do noso idioma. Así, dentro da política de ataque sistemático ao noso idioma por parte desta Administración, o borrador de Decreto non recolle ningunha alusión ao uso do galego, mais si se recollen as linguas estranxeiras, até o extremo de que o borrador pretende xeneralizar a impartición de módulos en lingua estranxeira, esixindo un determinado nivel ao profesorado. Para a CIG, é inadmisíbel que se queira promover a impartición de módulos en lingua estranxeira con carácter xeneralizado e, por outro lado, non haxa a máis mínima referencia ao recollido no Decreto 124, que regula o uso do noso idioma nos ciclos formativos. | | Última actualización: 23/02/2010 |
|  | INADMISIBEIS INSTRUCIÓNS DA CONSELLARÍA |  |
 
 | A CIG-Ensino denuncia o abandono de funcións da Consellaría, á hora de tomar medidas ante as circunstancias meteorolóxicas adversas previstas para o 24 e 25 | | | Hoxe, 23 de febreiro, a Consellaría de Educación vén de ditar instrucións dirixidas aos centros educativos do país, en relación coa previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos nos vindeiros días 24 e 25 de febreiro. Segundo ditas instrucións, “os equipos directivos dos centros deberán prestar especial seguimento á evolución da presente alerta meteorolóxica […]. De selo caso, facúltase aos directores/as dos centros para que, en atención ás singulares circunstancias meteorolóxicas adversas […], adopten as medidas necesarias para minimizar os efectos das mesmas”. Para a CIG-Ensino, é en todo punto inadmisíbel que a Administración descargue a súa responsabilidade de toma de decisións nos equipos directivos dos centros. As instrucións prescriben que sexan os directores/as quen, á luz da información que anuncie o 112 no seu portal web, avalíen a situación e tomen a conseguinte decisión. De ningún modo é competencia dos centros nin dos seus docentes avaliar os factores meteorolóxicos que as circunstancias poden comportar. | | Última actualización: 23/02/2010 |
|  | A CIG-Ensino entrevistouse hoxe, 22 de febreiro, co Ministro |  |
 
 | O Ministro de Educación manifestou, en entrevista mantida coa CIG-Ensino, a súa coincidencia coa CIG-Ensino na necesidade de manter a xubilación anticipada para o profesorado | | | Hoxe luns, 22 de febreiro, no Ministerio de Educación, tivo lugar unha reunión entre o Ministro de Educación, Angel Gabilondo, e unha representación de CIG-Ensino, formada polo Secretario Nacional, Anxo Louzao e o Secretario de Relacións Institucionais, Duarte Correa | | Última actualización: 22/02/2010 |
|  | Mesa do 25 de febreiro de 2010 |  |
|  | A CIG-Ensino presentaralle ao Ministerio as súas propostas |  |
 
 | Entrevista da CIG-Ensino co Ministro de Educación | | | O vindeiro luns 22 de febreiro levarase a cabo unha entrevista entre a CIG-Ensino e o Ministro de Educación na que participará o Secretario Nacional Anxo Louzao e o Responsable de Relacións Institucionais Duarte Correa | | Última actualización: 20/02/2010 |
|  | MESA SECTORIAL 23-02-10 |  |
|  | Aulas en galego |  |
 
 | A CIG-Ensino percorrerá os centros coa nova campaña da Plataforma Queremos Galego en que o profesorado declarará a súa vontade de impartir as aulas en galego | | | A CIG-Ensino, como integrante da Plataforma Queremos Galego, inicia estes días unha campaña de recollida de pronunciamentos do profesorado en prol de continuar impartindo aulas en galego. A CIG-Ensino considera que neste momento cómpre realizar as accións necesarias para procurarmos a paralización do decreto do plurilingüismo que a Consellaría de Educación pretende levar adiante. Por este motivo, deseñouse unha campaña dirixida ao profesorado para que se visibilice o rexeitamento ás “Bases para o decreto do plurilingüismo” presentadas con nocturnidade o pasado 30 de decembro e, ao mesmo tempo, a decisión inequívoca de continuar a dar aulas en galego, tal e como se viña facendo até o de agora.
| | Última actualización: 18/02/2010 |
|  | Mesa Sectorial 10 febreiro 2010 |  |
|  | A CIG-Ensino participa no comezo do proceso da ILP |  |
|  | INTERCAMBIOS ESCOLARES CO ESTRANXEIRO |  |
 
 | A CIG denuncia a supresión das axudas aos intercambios escolares co estranxeiro | | | A CIG-Ensino vai levar á Mesa Sectorial docente non Universitaria, que se realizará este mércores día 10, unha pregunta sobre a supresión das axudas para os intercambios escolares co estranxeiro. Segundo denuncia o profesorado dos centros afectados, a Consellaría de Educación non publicou, a día de hoxe, as axudas para intercambios escolares co estranxeiro que se veñen realizando desde hai moitos anos e a algúns deles xa os informou de que estas axudas Foron suprimidas. A supresión afectaría a máis de 100 centros que anualmente veñen solicitando estas achegas.
| | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 09/02/2010 |
|  | Alternativas á crise |  |
 
 | A crise provocada polos expeculadores non a imos pagar os traballadores | | | A crise financeira internacional, iniciada nos EEUU como consecuencia do “crack” das hipotecas “subprime”, axiña se trasladou a toda a economía provocando o peche de numerosas empresas e o espectacular incremento do desemprego.
Hoxe pretendese avalar nesa crise os recortes nas prestacións sociais, dereitos laborais e mesmo comezan a ir a polas pensións de xubilación.
Fronte a isto hai outras alternativas coas que enfrontar a crise de xeito eficiente e desde unha perspectiva social e de futuro. Non podemos aceptar que as receitas que propoñen para resolver a crise sexan as mesmas que a provocaron, co gravame que se fai pagar as consecuencias a quen non se beneficiou dos "pelotazos" e quen está en situación máis precaria: os traballadores | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 08/02/2010 |
|  | MESA SECTORIAL DOCENTE 10-02-2010 |  |
|  | XUBILACIÓN ANTICIPADA 2010 |  |
 
 | A CIG-Ensino segue a loitar para que o profesorado teña o
dereito indefinido de acceder á xubilación anticipada | | | A CIG-Ensino vén batallando para conseguir o dereito indefinido a poder acceder
voluntariamente á xubilación anticipada. Neste sentido levamos a cabo diferentes
campañas apoiadas por miles de sinaturas nas que o profesorado exixe este dereito, ao mesmo tempo que reclama mellorar as gratificacións. Unha vez que o remate do período de implantación da LOE remata en 2011, para a CIG-Ensino será unha prioridade conseguir durante este curso o dereito indefinido a poderse acoller á xubilación anticipada, así como mellorar a gratifi cación no camiño
de que a suma da cantidade percibida pola gratifi cación e maila de pensión teña que ser semellante ao salario que se percibiría de estar en activo. Isto é fundamental para que se incremente o número de profesorado que se xubile anticipadamente, repercutindo positivamente na creación de emprego coa
incorporación de novo profesorado ao sistema educativo. | | Última actualización: 05/02/2010 |
|  | Mobilizacións no Consorcio |  |
|  | Pleno do Consello Escolar do Estado |  |
|  | 30 de xaneiro de 2010 |  |
 
 | Día Escolar pola Paz | | | A CIG-ENSINO fai un chamamento ao profesorado galego para que aproveite a conmemoración a nivel internacional do Día Escolar pola Paz o 30 de xaneiro, realizando actividades co seu alumnado que axuden a concienciar da necesidade de acabar coas guerras e inxustizas. | | Última actualización: 28/01/2010 |
|  | Revista SPN Informaçao |  |
 
 | O sindicato de professores do norte de Portugal solidarízase coa loita contra o decretazo | | | O Sindicato de Profesores do Norte (SPN), membro da Federaçao Nacional dos Profesores de Portugal (FENPROF) amosa a súa solidariedade co profesorado gaelgo na súa loita con tra do decretazo publicando na súa revista SPN-Informação deste mes de xaneiro, páxinas 24 e 25, un artigo do Secretario nacional da CIG-ENSINO | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 28/01/2010 |
|  | Rolda de prensa da CIG-Ensino |  |
|  | Escolas Oficiais de Idiomas en loita |  |
 
 | Peregrinaxe reivindicativa pola retirada da circular 5/2009 nas EOIs | | | Segue a loita das Escolas Oficiais de Idiomas contra os recortes e autoritarismo da Consellaría Educación. O pasado día 23 de xaneiro celebrouse unha "peregrinaxe" reivindicativa desde o Monte do Gozo até o Obradoiro para denunciar os recortes nas Escolas Oficiais de Idiomas cos graves prexuizos para os traballadores e usuarios deste servizo público. Anxo Louzao fixo fincapé en que contrasta esta actitude de redución dos servizos de ensino das linguas nun momento en que se utiliza como excusa para a reducción do galego a ensinanza do inglés. A directora da EOI de Santiago tamén denunciou o despotismo e escurantismo da administración ao non escoitar nin contar cos docentes das EOIs a hora de lexislar, concretamente na elaboración do ROC. Insisten en pedir a retirada da circular 5/2009 e volver ao consenso anterior. | | Última actualización: 25/01/2010 |
|  | Actualización orde confección de nóminas 2010 |  |
|  | Retribucións 2010 (xuño-decembro) |  |
|  | Manipulación da TVG polo PP |  |
 
 | Queremos Galego rexeita o uso partidista e interesado dos informativos da TVG por parte do Partido Popular | | | A plataforma cidadá Queremos Galego denuncia o uso partidista e manipulador que o PP está a facer dos informativos da TVG, un medio público de todas e todos os galegos. Seguindo ao pé da letra o argumentario imposto desde o Partido Popular, como se do NODO se tratara, este medio público pretende convencernos das bondades dun decreto exterminador do galego como o que nos pretenden impor, a través de informacións sesgadas e sen contraste de opinións. | | Última actualización: 23/01/2010 |
|  | Grazas a todas e todos por facer posible o éxito da folga |  |
 
 | 80.000 persoas enchen o Obradoiro para manifestarse en contra do decreto e en defensa do ensino en galego | | | A CIG valora como un absoluto e rotundo éxito a participación na folga –un 90%- e na manifestación convocadas pola plataforma cidadá Queremos Galego, da que a central sindical forma parte. Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino denunciou que a proposta do PP é “disparatada” do punto de vista pedagóxico e “preautonómica e incumpridora da lexislación vixente” do punto de vista xurídico. | | Última actualización: 21/01/2010 |
|  | Valoración da entrevista co Conselleiro de Educación |  |
 
 | A CIG-Ensino esixe que se retiren as bases e confirma que o Conselleiro persiste na súa cruzada contra o galego | | | O día 19 Hoxe, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e Marta Dacosta, responsábel de Normalización na CIG-Ensino, acudiron á entrevista convocada polo Conselleiro de Educación; unha convocatoria feita a mantenta para restar proxección nos medios ás declaracións da organización sindical. A CIG considera absolutamente inaceptábel que, a horas da realización da folga do 21 de xaneiro, a organización sindical maioritaria no ensino e convocante da folga sexa recibida en último lugar, o que vén ser unha nova burla ao profesorado. Por outro lado, a CIG comprobou que esta entrevista só pretendía ser unha xustificación diante da sociedade, pois a Consellaría pretende continuar coa súa cruzada contra o galego. | | Última actualización: 20/01/2010 |
|  | Folga no Consorcio |  |
 
 | Traballadoras e traballadores do Consorcio maniféstanse en demanda da aplicación do convenio colectivo e contra os despedimentos | | | Traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar secundaron masivamente a folga convocada pola CIG e sumáronse á manifestación que percorreu as rúas de Compostela para rematar concentrándose diante das dependencias da Xunta de Galiza en San Caetano. Durante o percorrido da marcha corearon consignas contra a privatización e desmantelamento destes servizos públicos, contra os despedimentos das 61 compañeiras e compañeiros e en demanda da aplicación do convenio colectivo. | | Última actualización: 20/01/2010 |
|  | Orde de confección de nóminas 2010 |  |
|  | Paremos o decretazo contra o galego |  |
 
 | A CIG esixirá na entrevista co Conselleiro a retirada das bases presentadas pola Xunta, a folga vai ser un novo éxito dos que queren a nosa lingua | | | A CIG-Ensino está convocada a unha reunión co Conselleiro de Educación este martes, día 19, a unha hora (18.30 do serán)
totalmente improcedente e inxustificábel, co fin de que a nosa posición, como sindicato maioritario, pase o máis desapercibida
posíbel ante a opinión pública. Convite que só podemos entender como un lavado de cara e unha escusa perversa para intentar
darlle cobertura social a unha proposta que o único que persegue e reducir o ensino en galego. É, unha vez máis, un intento desesperado para intentar reducir a incidencia da folga e desmobilizar a sociedade galega o día 21 contra o decretazo. Mais será, de novo, un intento fallido, pois neste momento todos os datos apuntan a un apoio masivo entre docentes e alumnado, co importante apoio de moitas ANPAS. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 18/01/2010 |
|  | A Consellaría segue sen atender as demandas dos/as traballad |  |
 
 | Todos e todas á folga no Consorcio o 19 de xaneiro | | | O Día 13 de xaneiro de 2009, celebrouse a primeira reunión entre a Xerencia do Consorcio e a representación dos/as traballadores/
as, despois de reiteradas solicitudes feitas pola CIG, como organización maioritaria (xa desde antes do pasado verán), para abordar canto antes a situación do seu persoal e dos servizos
que atende. Tivo que pasar un período tan longo coma unha xestación da que no canto de asistir a un parto estase a escenificar unha morte lenta dun proxecto que, por primeira vez en moitos anos, achegou a un número importante de cidadáns e cidadás unha serie de servizos encamiñados precisamente aos sectores máis desfavorecidos, desde os máis pequenos, ata as persoas maiores, e identificándose cos nosos signos de identidade: Conversión das Galescolas en Escolas Infantís e eliminación da presenza da nosa lingua e bandeira, supresión dos servizos de
I+B e despedimento de 61 traballador@s, a campaña de desprestixio do seu propio persoal, con mentiras e
cuestionando a lexitimidade do seu acceso aos postos de
traballo, a privatización dos servizos, etc. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 15/01/2010 |
|  | PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO |  |
 
 | As bases da erradicación. Un retroceso
de máis de vintecinco anos. Todas e todos á folga do 21 de xaneiro. | | | As bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo, aprobadas con nocturnidade e ocultamento polo Consello da Xunta do pasado día 30 de decembro, en pleno período de descanso do Nadal, supoñen un retroceso
absoluto con respecto a todos os decretos aprobados desde a promulgación, en 1983, da Lei de Normalización Lingüística, retrotraendo así o uso do noso
idioma á época franquista. Estas bases conculcan a lexislación existente e o propio Estatuto de Autonomía e perseguen a eliminación do noso idioma como lingua útil, desterrándoa do sistema educativo e despoxándoa de todos os
dereitos, de tal maneira que non se afi ance e gañe novos falantes entre as xeracións máis novas. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 11/01/2010 |
|  | Chamamento a participar na folga do 21 de xaneiro |  |
 
 | A CIG-Ensino ofrece todo o seu apoio ao profesorado que decida manter o ensino en galego | | | A CIG-Ensino vén de presentar, en rolda de prensa, a súa valoración respecto da proposta de borrador de decreto para o uso do galego no ensino, aprobado polo Consello da Xunta do pasado día 30 de decembro, en pleno período vacacional da comunidade escolar. Un borrador que supón un retroceso respecto de todos os decretos aprobados desde a promulgación, en 1983, da Lei de Normalización Lingüística, que retrotrae o uso do galego á época franquista, que conculca a lexislación existente e o propio Estatuto de Autonomía e que persegue “a eliminación do noso idioma como lingua útil, destarrala do sistema educativo, despoxala de todos os dereitos e evitar afianzala e que gañe novos falantes”. | | Última actualización: 07/01/2010 |
|  | Ataque á nosa lingua |  |
 
 | A CIG-Ensino chama ao profesorado galego a mobilizarse en contra da derrogación do Decreto 124 | | | Ante o reiterado anuncio da Consellaría de Educación de que, antes de que remate o ano, fará público o documento co que pretende derrogar o vixente Decreto 124/2007 de uso do galego no ensino, perpetrando un novo ataque contra o noso idioma, pois pretenderá reducir a súa presenza por baixo do 50% que recolle o Decreto aínda vixente, a CIG-Ensino vén de facer un chamamento ao profesorado galego para que se manifeste en contra desta nova agresión. | | Última actualización: 22/12/2009 |
|  | Continúan as mobilizacións no Consorcio |  |
 
 | Entréganse no rexistro da Xunta máis de 24.000 sinaturas en demanda da mellora das condicións laborais e do carácter público do Consorcio | | | A CIG agarda que a consellaría de Traballo amose “sensibilidade democrática” e atenda ás máis de 24.000 persoas que apoiaron coa súa sinatura as demandas das traballadoras/es do Consorcio. Así o manifestaba tras da súa entrega no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, quen facía ademais un chamamento á conselleira de Traballo, para que mude a súa actitude advertindo que se na mesa de negociación prevista para o día 13 de xaneiro non se dá resposta ás demandas deste colectivo continuarán as mobilizacións, nomeadamente a folga convocada para o día 19 de xaneiro e a manifestación prevista para o día 30 dese mesmo mes, en defensa dos servizos públicos e contra a súa privatización. | | Última actualización: 21/12/2009 |
|  | Logo da masiva participación na folga do Consorcio |  |
 
 | A CIG advirte que as mobilizacións continuarán mentres non se atenda ás reivindicacións do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar | | | A CIG valora moi positivamente a participación das traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na folga e na manifestación convocadas no día de hoxe. Mobilizacións coas que se reclama a aplicación do convenio, partidas orzamentarias para manter os servizos e os postos de traballo e o cumprimento das condicións laborais pactadas, nomeadamente no referido a xornada e a suba salarial, a celebración das oposicións aprobadas, a resolución das irregularidades que se están a producir e que se garanta o seu carácter público. | | Última actualización: 18/12/2009 |
|  | Mesa sectorial 18-12-09 |  |
|  | Borrador para debater na mesa secotrial do MEC |  |
|  | A CIG presentará alegacións pola decisión da administración |  |
 
 | As traballadoras/es do Consorcio acordan en Asemblea convocar folga para o próximo día 17 de decembro
| | | Os traballadores/as do Consorcio acordaron, na asemblea celebrada o pasado sábado día 12 de decembro, un novo calendario de mobilizacións que foi presentado esta mañá en rolda de prensa. A primeira é a folga convocada para o próximo xoves 17 de decembro, xunto cunha manifestación que partirá da praza do Toural ás 11.30 horas, para denunciar a precariedade laboral que padecen e exixir a inmediata aplicación do convenio, a convocatoria de oposicións, a paralización do proceso de desmantelamento e privatización dos servizos sociais dependentes deste organismo e a paralización dos 61 despedimentos anunciados. Despedimentos que onte mesmo comezaron a ser comunicados. | | Última actualización: 16/12/2009 |
|  | Polo regreso ao Sahara de Aminetu Haidar |  |
 
 | Polo dereito de Aminetu Haidar a voltar á súa patria. Por un Sahara Libre | | | Diante da grave situación pola que está a pasar a activista saharaui Aminetu Haidar en defensa dos seus dereitos e dos do seu pobo, en folga de fame desde hai perto de 30 días en esixencia do seu dereito a voltar á súa casa no Aaiun, capital do Sahara occidental ocupada por Marrocos, a CIG-ENSINO considera que o profesorado galego debe tomar a palabra e por iso propoñemos unha serie de medidas para amosar desde os centros de ensino a nosa solidariedade con
Aminetu e co dereito de Autodeterminación do Pobo Saharaui. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 14/12/2009 |
|  | Mesa Sectorial Docente 18-12-09 |  |
|  | Decreto 124/2007 |  |
|  | O xerente vén de anular as oposicións convocadas |  |
 
 | O PP continúa coa súa política de acoso e derrube contra os traballadores e traballadoras do Consorcio | | | O PP vén de publicar no DOG, asinado polo seu vasalo, o xerente do Consorcio dos Servizos Galegos de Igualdade e Benestar, a nulidade das resolucións polas que se convocaron as oposicións que o actual goberno paralizou cando tomou posesión. Estamos diante dunha actuación sen precedentes, fraudulenta, inxustificada, partidista e perniciosa para os traballadores e traballadoras do Consorcio que no seu día superaron unha oposición, fixéronlles un contrato fraudulento e agora, matriculados/as de novo nunha nova oposición para acceder a unha praza de laboral fixo, o PP suprime esta convocatoria sen ningún aval legal nin explicación. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 12/12/2009 |
|  | As EOIs seguen na loita. Non á Circular 5/2009 |  |
 
 | As EOIs seguen na loita. Non á Circular 5/2009 | | | Hoxe día 11 de decembro e seguindo os acordos da asemblea do 10 de novembro o profesorado das EOIs concentrouse no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela na Inauguración das Xornadas de Atención á Diversidade: “Mellora do Clima da Aula”, ás que asistiu o Conselleiro de Educación e Ordenación Unviersitaria, Jesús Vázquez Abad. | | Última actualización: 11/12/2009 |
|  | Mestrado de profesorado de secundaria |  |
 
 | A CIG-Ensino exixe a negociación e publicación inmediata da orde que regula o practicum do mestrado de profesorado de secundaria | | | A CIG-Ensino xa se ten dirixido á Consellaría para exixirlle a publicación, previa negociación na Mesa Sectorial, da orde que debe estabelecer o practicum do mestrado en profesorado de Educación Secundaria. É inadmisíbel que a estas alturas cando está a punto de rematar o primeiro trimestre, non se coñezan os criterios para que os centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional e ensinanzas de idiomas poidan participar, de estar interesados, no programa como centros de desenvolvemento do practicum. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 10/12/2009 |
|  | Retirada da circular 5/2009 |  |
 
 | As EOIs continúan coas mobilizacións, coa impartición de aulas na rúa o xoves 10 de decembro | | | O xoves 10 de decembro, na Praza de Abastos de Santiago, o profesorado da Escola Oficial de Idiomas desta cidade tomou o relevo das aulas na rúa. Impartíronse aulas de Galego, Francés, Alemán e Inglés ás 11 da mañá e ás 16:00h. Esta iniciativa enmárcanse dentro do calendario de mobilizacións que está a levar a cabo este colectivo en demanda da retirada da circular 5/2009, imposta pola consellaría de Educación a estes centros sen ningún tipo de negociación. | | Última actualización: 10/12/2009 |
|  | Iniciativa Lexislativa Popular contra Plus altos cargos |  |
 
 | A CIG demandou no pleno do Parlamento a derrogación do chamado plus dos altos cargos | | | Suso Seixo, secretario xeral da CIG, foi o encargado de defender no pleno do Parlamento, como portavoz da comisión promotora, a Iniciativa Lexislativa Popular a través da que máis de 19.000 galegos e galegas demandaban a derrogación do chamado plus de altos cargos. Xunto a el tamén asistiron ao pleno membros da executiva Confederal, os secretarios nacionais das federacións de Administración Pública, Saúde e Ensino e membros das súas executivas.
PSOE e PP votaron a favor do mantemento dos privilexios dos funcionarios que desempeñen altos cargos | | Última actualización: 09/12/2009 |
|  | Queremos Galego oponse a redución do galego no ensino |  |
 
 | Queremos Galego anuncia unha mobilización xeral de todo o ensino se a Xunta non recúa na súa intención de derrogar o decreto 124/07 | | | Organizacións representativas dos diferentes sectores da comunidade educativa galega, inseridas na plataforma cidadá Queremos Galego, expuxeron esta mañá en conferencia de imprensa a súa posición conxunta a respecto do “clima de incerteza” que se respira nas aulas perante a previsíbel derrogación do decreto 124/07 de uso e promoción do galego no ensino, que mantén a súa vixencia durante o presente curso escolar, e a súa tamén previsíbel substitución por un novo texto. Este, segundo denunciaron, suporía “o primeiro retroceso legal en 30 anos de período autonómico e presenza legal do galego no ensino”.
| | Última actualización: 01/12/2009 |
|  | 25 de novembro, día contra a violencia machista |  |
 
 | Concentración contra a segregación do alumnado por razóns de sexo | | | O día 25, con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, celebramos diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, unha concentración conxunta con outras organizacións sindicais do ensino co obxectivo de denunciar a actitude da administración educativa que acordou subvencionar aos centros do OPUS DEI que segregan ao alumnado por razóns de sexo, a pesares de que o anterior goberno tivera informado negativamente ditos concertos debido a que incumprían a lexislación educativa vixente. | | Última actualización: 26/11/2009 |
|  | A folga no Consorcio foi todo un éxito |  |
|  | Documentos EOI |  |
|  | Todos e todas á folga |  |
 
 | Paremos o desmantelamento do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar | | | Razóns para unha folga: uso partidista da administración para incumprir os acordos coas traballadoras e traballadores, bloque do convenio, uso ideolóxico dos servizos públicos contra o galego, contratos fraudulentos e despedimentos, represión antidemocrática das mobilizacións dos traballadores, pola unidade das traballadoras e traballadores. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 23/11/2009 |
|  | Folga no Consorcio o día 24 |  |
 
 | Aclaracións aos Servizos Mínimos | | | Lembrade que a folga é un dereito fundamental que estes servizos mínimos vulneran, polo que tan pronto sexan publicados no DOG serán recorridos pola CIG.
| | Última actualización: 23/11/2009 |
|  | Folga no Consorcio |  |
 
 | O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar impide ás súas traballadoras e traballadores o exercicio do dereito á folga | | | A CIG ten convocada unha folga para o día 24 de novembro a todas as traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de I+B, convocatoria que foi aprobada polos catro comités de empresa de maneira unánime, co fin de que se aplique, inmediatamente, o Convenio Colectivo asinado entre o propio Consorcio e as organizacións sindicais que, maioritariamente, nos representan; que se contemplen, nos orzamentos da Xunta, as partidas necesarias para poder manter os postos de traballo das Oficinas I+B e o servizo que prestan; que se celebren os procesos selectivos de persoal xa convocados e coas bases aprobadas e publicadas e que ser resolvan as irregularidades que se están a dar na actualidade: despedimentos, xestión de listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, etc. | | Última actualización: 20/11/2009 |
|  | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar |  |
|  | Enquisas sobre o galego |  |
|  | Policía ás portas do Consocio de Igualdade e Benestar |  |
|  | Consorcio Galego de Igualdade e Benestar |  |
|  | O próximo día 18 concentraranse diante do comité directivo |  |
 
 | Convocada folga no Consorcio contra o despedimento de 61 traballadores/as e en demanda do cumprimento dos acordos | | | Representantes das traballadoras/es e CIG-Ensino explicaron, en rolda de prensa, que coa folga convocada para o vindeiro 24 de novembro demándase o mantemento dos postos de traballo e dos servizos que se están a prestar desde o Consorcio; que se contemplen as partidas orzamentarias necesarias para a súa prestación; a aplicación inmediata do convenio colectivo e que se resolvan todas as irregularidades que se están dar na actualidade no que respecta a listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, falla de recursos materiais e humanos e despedimentos, entre outras. | | Última actualización: 13/11/2009 |
|  | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar |  |
 
 | Servizo público e dignidade laboral | | | Na defensa do carácter público do Consorcio e o mantemento e dignificación dos postos de traballo. Fronte os ataques do actual goberno do PP tratando de desmantelar este servizo social fundamental, deteriorando as condicións laborais e mesmo despedindo traballadores/as | | Última actualización: 12/11/2009 |
|  | Na asemblea celebrada en Compostela acordáronse novas medida |  |
|  | CIG-Informa do Consorcio |  |
|  | Materialízase a política contra o galego tamén no orzamento |  |
 
 | Redúcense nun 0,9% os orzamentos destinados ao ensino público en Galiza mentres que medran os destinados á privada-concertada | | | A CIG-Ensino vén de manifestar, en rolda de prensa, a súa desconformidade co proxecto de orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2010. Uns orzamentos de 2.376 millóns de euros que supoñen un redución de 23 millóns, o 0,9% menos que o ano pasado. “Por primeira vez na súa historia, redúcense considerabelmente os orzamentos da Consellaría, o que comportará que se resinta o sistema público do ensino; que se reduza a súa calidade e a equidade educativa; que non se tomen as medidas necesarias para previr o fracaso escolar; que non se atendan as demandas educativas e que non se dote de profesorado suficiente os centros” asegurou Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino. | | Última actualización: 10/11/2009 |
|  | Na defensa do deste servizo público |  |
|  | Conclusións da asemblea de traballadores/as |  |
|  | Acordos da asemblea de traballadoras e traballadores de I+B |  |
|  | Recorte ao galego |  |
|  | Mesa 4-11-09: CONVOCATORIA DE CONCURSO DE TRASLADOS |  |
 
 | O 4 de novembro de 2009 tivo lugar a Mesa Sectorial para tratar como único punto na orde do día: Concursos de traslados do corpo de Mestres e de Secundaria, e relixión | | | As convocatorias de concurso de traslados do corpo de mestres, PES, inspectores, catedráticos, EEOOII, Escolas de AAPP e Deseño e música e artes escénicas coinciden coas convocatorias dos anos anteriores, coa única diferencia de que este ano son de ámbito galego. Neste sentido a Consellaría a penas aceptou propostas, baseándose na idoneidade de manter as mesmas bases ca en anos anteriores e na inminencia dun novo Real Decreto de Concurso de traslados que se está a negociar en Madrid neste momento. Varias organizacións sindicais propuxeron que o Concurso fose aberto e que se conveniase con outras Comunidades a posibilidade de concursar. A CIG manifestou que este concurso debía manter o seu carácter galego pois é necesario para recolocar os efectivos da Consellaría. A Administración respondeu que manterían o carácter galego do concurso porque precisan de convocatorias galegas para colocar ao profesorado aprobado nas últimas oposicións. Permitir a participación de profesorado doutras comunidades daría lugar a dificultades de colocación para o profesorado galego nalgunhas materias, ademais de ter como consecuencia a perda de postos de traballo para o profesorado interino, por outro lado manifestaron que os concursos pactados entre comunidades sería de dubidoso carácter legal. | | Última actualización: 04/11/2009 |
|  | Oficinas I+B |  |
 
 | Os traballadores e traballadoras denuncian as declaracións realizadas en prensa pola secretaria xeral Susana López Abella | | | Consideramos inadmisibles as declaracións realizadas pola Secretaria Xeral, Susana López Abella, en base ao futuro das Oficinas I+B xestionadas polo, xa mil veces cuestionado, Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Novamente, ponse en tea de xuízo a lexitimidade e transparencia dos procesos selectivos que dan acceso aos postos de traballo convocados a través dos procedementos lexítimos da Administración Pública. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 02/11/2009 |
|  | Comedores escolares |  |
|  | Roda de prensa das presidentas dos comités do Consorcio |  |
 
 | Esiximos a rectificación e cese da Secretaria Xeral Susana López Abella | | | As delegadas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acompañados polo Secretario Nacional da CIG Ensino, Anxo Louzao, desmentiron punto por punto as declaracións realizadas o pasado sábado 24 de outubro nos medios de comunicación mentindo sobre a forma de acceso ao posto de traballo do persoal das oficinas I+B. | | Última actualización: 28/10/2009 |
|  | Pola retirada da circular 5/2009 |  |
|  | Inspección de traballo |  |
 
 | Situación actual da intervención da inspección de traballo en relación coa contratación de profesorado substituto nos meses de verán | | | A principios do mes de outubro desde a CIG-Ensino, unha vez que tivemos coñecemento da investigación iniciada pola Inspección de Traballo da provincia da Coruña sobre a contratación durante os meses de verán do profesorado substituto que traballara máis de 5 meses e medio ao longo do curso escolar 2007/08, mantivemos unha entrevista cos responsábeis da propia Inspección para coñecer de primeira man cales eran os motivos do expediente aberto. Como informamos no seu momento, o problema limitábase á provincia da Coruña e podía traer como consecuencia á reclamación do diñeiro percibido pola prestación de desemprego e a anulación da cotización á seguridade social dos meses de verán. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 25/10/2009 |
|  | O teu sindicato a CIG-Ensino. A túa lingua o galego |  |
 
 | A CIG-Ensino convoca o seu V Congreso, que terá lugar o sábado 24 de outubro | | | A CIG-Ensino vén de presentar o seu V Congreso, que terá lugar en Compostela o próximo 24 de outubro baixo o lema “O teu sindicato a CIG-Ensino. A túa lingua o galego” e que contará coa participación de 206 delegadas e delegados. No decurso da mañá presentarase o informe de xestión da Executiva saínte, as modificacións estatutarias e debaterase o relatorio de Acción Sindical. Á tarde elixirase a nova Executiva e o Secretario Nacional. | | Última actualización: 24/10/2009 |
|  | Mesa Sectorial 04-11-09 |  |
|  | Premios a proxectos en innovación lingüística |  |
|  | Os profesores fan un chamamento ao alumnado para que apoien |  |
 
 | Comeza o peche na Escola de Idiomas de Compostela contra o desmantelamento destes centros públicos | | | Ás 9 da mañá deste mércores día 9 de outubro, comezaba o peche do profesorado da Escola de Idiomas de Santiago de Compostela, Un peche contra os plans de desmantelamento das OIE galegas que pretenden a Consellaría de Educación e que ten como punto de partido o mes de xullo, desde a imposición, por parte do Director Xeral, Mira Lema, da circular 5/2009. Un documento que non foi levado á mesa sectorial, como é preceptivo, e que, polo tanto, vulnera a legalidade vixente. Deste xeito, a EOI de Santiago súmase aos peches que xa se celebraron con anterioridade nas EOI de Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía, A Coruña, Vigo, Lugo, Monforte e Ourense. | | Última actualización: 21/10/2009 |
|  | Concurso de traslados |  |
|  | Parabéns a todos e todas polo éxito da manifestación |  |
 
 | Queremos Galego! | | | A CIG-Ensino quere darlles os parabéns a todos e todas polo éxito da manifestación na defensa da nosa lingua. Animámosvos a adherirvos, se aínda non o fixestes, e seguir a apoiar a Plataforma “Queremos galego” na campaña de recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) e nas accións que ten previsto levar a cabo, para facerlles fronte ás agresións contra o noso idioma que está a levar a cabo o actual goberno da Xunta de Galiza.
| | Última actualización: 18/10/2009 |
|  | 18 de outubro |  |
|  | Retirada da circular 5/2009 |  |
 
 | Peche na Escola de Idiomas de Vigo | | | A Escola Oficial de Idiomas de Vigo comezou o xoves 15 de outubro un peche pola circular 5/2009, e este encerro continuará tamén na xornada do 16 de outubro. Para explicar os motivos deste novo peche, enmarcado nunha serie de encerros nas Escolas Oficiais de Idiomas que están a percorrer todo o país, realizouse unha rolda de prensa para amosar tamén o rexeitamento do profesorado e as consecuencias que está circular terá para o alumnado e para o profesorado. | | Última actualización: 15/10/2009 |
|  | Loita pola retira da circular 5/2009 |  |
 
 | Peche na Escola Oficial de Idiomas da Coruña | | | Hoxe, martes 13 de marzo, iniciouse o peche na E.O.I da Coruña logo de se teren celebrado os das E.O.I. de Ferrol e Pontevedra. Ao redor de 80 participantes, entre profesorado do propio centro e representantes sindicais da CIG-Ensino e outras OO.SS. convocantes das mobilizacións en contra da Circular 5/2009, déronse cita na entrada principal do edificio educativo, no que estaban dispostas media ducia de tendas de campaña que servirán de acomodo ao participantes no peche até o remate do mesmo, na mañá do xoves 15 de outubro. A medida, que forma parte do conxunto de accións que as organizacións sindicais e o profesorado están levando a cabo en contra da circular, dá continuidade á folga convocada o pasado 9 e 10 de setembro nas EEOOII, secundada pola inmensa maioría dos docentes. | | Última actualización: 14/10/2009 |
|  | A Consellaría de Educación perde dúas votacións |  |
|  | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar |  |
|  | Eliminación da gratuidade |  |
 
 | A política da Consellaría de Educación discrimina ás familias máis desfavorecidas | | | A eliminación da gratuidade dos textos no ensino obrigatorio está a afectar especialmente ás familias máis desfavorecidas. A CIG-Ensino está a detectar en diferentes centros que, a estas alturas do curso, hai alumnado que aínda non ten libros de texto para utilizar nas aulas, feito que, ademais de dificultar a marcha normal das clases, discrimina a aqueles alumnos e alumnas procedentes de familias cun nivel de renda baixo. | | Última actualización: 05/10/2009 |
|  | 5 DE OUTUBRO. DÍA MUNDIAL DO PROFESORADO |  |
 
 | “Garantir o futuro investindo no profesorado. Agora!” | | | Neste ano 2009, a Internacional da Educación, organización sindical internacional que agrupa a 401 organizacións sindicais e a preto de 30 millóns de docentes de todo o mundo, da que a CIG-ENSINO é membro fundador, celebra baixo o lema “Garantir o futuro, investindo no profesorado. Agora!” o Día Mundial do Profesorado. | | Última actualización: 05/10/2009 |
|  | Comezan os peches nas EEOOII |  |
 
 | Comezan en Ferrol os peches nas Escolas Oficiais de Idiomas para exixir a retira da circular 5/2009 | | | Profesores/as e delegados/as sindicais iniciaban por volta das 7:00 horas do luns 5 de outubro un peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para exixir a retirada da circular 5/2009 emitida pola Consellaría de Educación o pasado mes de xullo. A medida de protesta estenderase a outros centros do País até o vindeiro 22 de outubro e vai acompañada dunha serie de accións a prol da retirada da circular, que pasan pola recollida de sinaturas entre profesores/as e alumnos/as, resolucións dos claustros e Consellos Escolares ou a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación e ao Director Xeral de Educación. | | Última actualización: 05/10/2009 |
|  | Acordo de cadros de persoal |  |
|  | Retribucións empregados públicos |  |
|  | Comedores escolares |  |
|  | Unha agresión máis ao galego |  |
 
 | A Consellaría adía a convocatoria de axudas á normalización lingüística entorpecendo a planificación destas actividades | | | A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de remitir aos centros docentes un escrito conforme retrasa até o ano vindeiro a convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego (até agora se viña facendo no mes de setembro), o que vai supor na práctica inviabilizar a posibilidade de executar diferentes proxectos de normalización durante este curso. Para a CIG-Ensino este atraso inadmisíbel por parte da Consellaría, confirmado agora por escrito aos centros, non ten ningún tipo de xustificación e vén ser unha agresión máis na acción de goberno da Consellaría de Educación contra o noso idioma, concretado agora na imposibilidade de realizar actividades de normalización neste trimestre, debido á ausencia da convocatoria. | | Última actualización: 25/09/2009 |
|  | Concurso de cátedras |  |
|  | Peche nas EOIs |  |
|  | Circular 5/2009 |  |
 
 | As EOIs seguen exixindo a retirada da circular 5/2009 | | | A CIG-Ensino, desde que tivo coñecemento de que se tiña a intención de
modificar os horarios nas EEOOII iniciou as accións oportunas para impedir calquera modifi cación lesiva das condicións de traballo do profesorado que podería
ter como consecuencia a redución de postos de traballo, a mobilidade e por tanto incidiría no deterioro da calidade do ensino público. Por este motivo, ante o primeiro indicio debido aos comentarios realizados por algúns inspectores nas Escolas, a CIG-Ensino presentou o tema na Mesa Sectorial de 6 de xullo, solicitando información sobre unha posíbel modificación de horarios, ao que a Consellaría respostou que non había nada relacionado co horario dos profesores. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 21/09/2009 |
|  | A CIG-Ensino apoia e participa na plataforma |  |
|  | Inauguración do curso |  |
 
 | Concentración diante do Conselleiro pola retirada da circular 5/2009 das EOI | | | Hoxe ás 13:30 tiña lugar o acto de inauguración do curso escolar no Ensino Secundario no IES Luís Seoane de Pontevedra. O acto foi presidido polo Conselleiro de Educación e el asistiron o Secretario Xeral da Consellaría e o Director Xeral de Recursos humanos, antigo director do centro. | | Última actualización: 18/09/2009 |
|  | Proxectos de innovación en normalización lingüística |  |
 
 | A CIG-ENSINO RECLAMA A MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DE PREMIOS A PROXECTOS DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN | | | O 9 de setembro, publicouse no portal web da Consellaría de Educación a Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2009-2010. En primeiro lugar, a CIG-Ensino denuncia o atraso na publicación desta convocatoria, que este ano se realiza xa iniciado o curso, co que até dentro duns catro meses, mediado o curso, non se coñecerá a resolución das bases, o que incidirá negativamente na posta en marcha do proxecto.
| | Última actualización: 17/09/2009 |
|  | Profesorado interino |  |
 
 | A CIG-ENSINO CONCÉNTRASE ANTE A CONSELLARÍA, RECLAMANDO A CONTRATACIÓN DO PROFESORADO INTERINO QUE VEU TRABALLANDO ATÉ O DE AGORA | | | A CIG-ENSINO concentrouse hoxe, ante a Consellaría de Educación, para denunciar a redución de postos docentes nos centros escolares que ten como consecuencia a non contratación duns 458 profesores e profesoras interinos/as que traballaron o ano pasado (especialmente das materias de Lingua Castelá Xeografía e Historia, Matemáticas, Debuxo, Francés, Música e Lingua Galega), ademais de varios funcionarios de carreira de lingua castelá, lingua galega e música que a día de hoxe aínda non contan cun posto asignado. | | Última actualización: 16/09/2009 |
|  | Pola retirada da circular 5/2009 |  |
 
 | SEGUEN AS MOBILIZACIÓNS NAS EEOOII POLA RETIRADA DA CIRCULAR 5/2009 E A APERTURA DE NEGOCIACIÓNS NA MESA SECTORIAL | | | Ante a negativa da Consellaría a atender as demandas do profesorado das EEOOII e os seus representantes sindicais, continúan as mobilizacións nas Escolas de Idiomas. Inadmisibelmente, despois do apoio demostrado polo profesorado á folga e ás concentracións convocadas, demandando a retirada dunha circular que non foi negociada na Mesa Sectorial, que implica un retroceso significativo na calidade do ensino dos idiomas e empeora as condicións de traballo do profesorado, a Consellaría segue sen atender as lexítimas demandas dos traballadores das EEOOII e por toda resposta difunde mentiras sobre o desenvolvemento do seu traballo.
| | Última actualización: 16/09/2009 |
|  | Adxudicación destinos provisionais |  |
|  | Oposicións 2010 |  |
|  | Novamente, o 90% do profesorado e máis de 500 persoas partic |  |
 
 | A CIG-ENSINO REXEITA A ACTITUDE DA CONSELLARÍA QUE NO CANTO DE NEGOCIAR, MENTE SOBRE A REALIDADE DAS EEOOII | | | A CIG-ENSINO valora moi positivamente o seguimento da folga e a participación nas concentracións no día de hoxe, 10 de setembro. Un día máis, o 90% do profesorado das EEOOII secundou a folga e máis de 500 persoas participaron nas distintas concentracións realizadas nas cidades galegas, para rexeitar a actitude da Consellaría e reclamar a retirada da circular 5/2009. En consecuencia, non se realizaron os exames previstos | | Última actualización: 11/09/2009 |
|  | O 90% do profesorado participou na folga |  |
 
 | A CIG-ENSINO valora moi positivamente o seguimento da folga nas EEOOII | | | O 90% do profesorado participou na folga. Máis de 500 persoas participaron na concentración en San Caetano, para un colectivo de 450 docentes. A CIG-ENSINO valora moi positivamente o seguimento da folga nas EEOOII. Un 90% do profesorado secundou a folga convocada para hoxe e mañá. Ao tempo, máis de 500 persoas, nun colectivo duns 450 profesores e profesoras, asistiron á concentración convocada hoxe, en San Caetano, o que supón un apoio masivo á demanda da retirada da circular 5/2009, e o rexeitamento absoluto do profesorado á actitude autoritaria e ilegal da Consellaría ao impoñer, sen negociar cos representantes do profesorado, unha circular que ten graves consecuencias para as EEOOII. A CIG-Ensino, que se manterá firme na demanda da retirada da circular, agarda que a Consellaría tome nota da resposta do profesorado e asuma a súa responsabilidade sen vulnerar os órganos de negociación. Gañar as eleccións non é un cheque en branco para facer e desfacer ao seu antollo e sempre en detrimento do ensino público.Mañá, xoves 10, continúa a folga e terá lugar unha concentración ante cada unha das 11 Escolas Oficiais de Idiomas, ás 12 da mañá (Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago, A Coruña, Ferrol, Cedeira, Lugo, Monforte, Ribadeo, Ourense). | | Última actualización: 10/09/2009 |
|  | Valoración do comezo do curso 2009/2010 |  |
|  | Galegofobia da Consellaría |  |
|  | FOLGA EOIs |  |
|  | Gripe A N1H1 |  |
|  | Segregación por sexo |  |
|  | Adxudicación de destinos definitivos |  |
|  | A Consellaría promove o sexismo |  |
|  | NOVA ADXUDICACIÓN DE DESTINOS MESTRES |  |
|  | Máis recortes de profesorado |  |
 
 | Coa Adxudicación Provisional de Destinos en Secundaria a Consellaría de Educación reincide na súa política de redución do profesorado | | | Esta fin de semana a Consellaría de Educación fixo pública a adxudicación provisional dos destinos do profesorado funcionario e interino das materias comúns de Secundaria: Filosofía, Grego, Latín, Lingua castelá e literatura, Xeografía e historia, Matemáticas, Física e química, Bioloxía e xeoloxía, Debuxo, Francés, Inglés, Alemán, Música, Educación física, Psicoloxía e pedagoxía, Tecnoloxía, Lingua e literatura galega. Mais nesta adxudicación non se asigna praza a ningún profesor interino nas especialidades de: Lingua castelá, Matemáticas, Física e Química, Debuxo, Inglés, Educación Física e Lingua Galega, o que fai un total de 368 profesores sen colocar , ou só se colocan entre un e dous en Filosofía, Francés, Música e Historia, o que fai 184 profesores interinos sen adxudicación. Ou sexa, con esta adxudicación provisional, máis de 550 profesores e profesoras con varios anos de servizo quedan sen praza para todo ano. | | Última actualización: 03/08/2009 |
|  | Enquisa ilexítima |  |
 
 | A CIG-ENSINO CONSIDERA ILEXITIMOS E FRAUDULENTOS OS RESULTADOS PRESENTADOS POLA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN | | | A CIG-Ensino volve manifestar que estamos ante un resultado ilexítimo e que continuaremos esixindo o mantemento do Decreto 124/2007 e por tanto unha presenza mínima do 50% da nosa lingua no ensino, que o galego siga sendo a lingua da Administración Educativa Galega, como única vía posíbel para garantir o avance na normalización do noso idioma e salvagardar os dereitos lingüísticos do alumnado galego e dar cumprimento á Carta Europea das Linguas e o Plano Xeral de Normalización. Por este motivo a CIG forma parte da plataforma Queremos galego e participará nas iniciativas que desde ela se emprendan, nomeadamente a Iniciativa Lexislativa Popular e as mobilizacións previstas para o outono, encamiñadas a paralizar as agresións contra o noso idioma e garantir o uso do noso idioma por parte da Administración e a impartición mínima dun 50% da carga horaria no ensino. | | Última actualización: 31/07/2009 |
|  | Ataque á calidade do ensino |  |
 
 | Embestida da Consellaría á formación do profesorado con prácticas caciquís e desprezativas co profesorado | | | A CIG-Ensino quere denunciar un atropelo máis da Consellaría de Educación ao ensino público ao reducir nun número importante o profesorado que apoiaba, asesoraba, formaba e fornecía de recursos aos docentes e centros educativos. Este profesorado accedeu a este tipo de prazas por concurso de méritos a postos de asesores dos servizos centrais da Consellaría, asesores de formación dos 7 Centros de Formación e Recursos e das súas 13 extensións e aos postos de dirección destes centros. Ao mesmo tempo queremos sinalar o nepotismo co que está a actuar a Administración, tanto á hora de substituír o profesorado cesado –naqueles casos en que se cambian- como nalgún caso á hora de discernir o profesorado a continuar ou non como asesor/a. Non deixa de ser casual que se cesan sen xustificación ningunha algún profesorado mentres outro que ten vencellos familiares con cargos do PP continúan. Nos casos nos que se está procedendo a substituír postos faise por criterios caciquís e non a través do estipulado na normativa recollida no Decreto 99/2006 que regula o acceso a este tipo de prazas. Así os directores cesados dos Centros de Formación e Recursos (CFR) de Lugo, Pontevedra, Ferrol e A Coruña serán substituídos por outros nomeados a dedo. | | Última actualización: 30/07/2009 |
|  | Galegofobia da Consellaría de Educación |  |
 
 | A negativa a facer públicos os resultados do inquérito do galego confirma a manipulación e fraude que se está a perpetrar | | | A CIG-Ensino considera que estamos ante a culminación do proceso fraudulento iniciado pola Consellaría de Educación co único propósito de reducir a presenza do noso idioma no ensino.
A CIG-Ensino veu denunciando ao longo das últimas semanas a tendenciosidade da Consellaría de Educación ao iniciar un proceso de consulta aos pais, preparado e precociñado para que o seu resultado lle permitise á Consellaría proceder á modificación do Decreto 124 nunha única dirección, a de reducir a presenza do noso idioma nas aulas, por tanto reducir o número de materias a impartir en galego. | | Última actualización: 29/07/2009 |
|  | Prácticas autoritarias da Consellaría |  |
 
 | A CIG-Ensino denuncia a eliminación do bacharelato nocturno no CIFP Politécnico | | | A CIG-Ensino quer denunciar o abuso e desconsideración da Consellaría da Educación co profesorado e alumnado do CIFP Politécnico (antes IES Monte de Conxo) de Santiago ao eliminar o bacharelato nocturno sen negociar, nin publicar no DOG a supresión destas unidades, malia o compromiso da anterior Consellaría de manter este bacharelato. | | Última actualización: 29/07/2009 |
|  | Petición retirada circular para as EOI |  |
|  | Recurso de reposición da CIG_Circular EOI |  |
|  | Recortes nas Escolas Oficiais de Idiomas |  |
|  | Acordo agrupamentos infantil e primaria |  |
 
 | A CIG-Ensino rexeita o acordo de agrupamentos de alumnado de diferentes cursos, ciclos, etapas e impugnará o dito acordo por negociarse á marxe da mesa coas outras OOSS, co obxecto de excluír á CIG | | | Na Mesa Sectorial do 22 de xuño, a CIG-Ensino manifestou o seu rexeitamento á proposta da Consellaría de Educación de levar a cabo agrupamentos de alumnado de diferentes cursos, ciclos e mesmo etapas, nunha mesma aula.
A partir dese día e á marxe da Mesa, estiveron levándose a cabo negociacións da Consellaría cos outros sindicatos, marxinando á CIG, organización maioritaria do profesorado. Estamos diante dunha actitude sectaria e antidemocrática da Consellaría de Educación, co beneplácito das outras organizacións sindicais que marxinan a forza sindical que representa o 40% do profesorado, para así asinar un acordo, en pleno período de vacacións, e sen contar, nin sequera, coa opinión dos centros e profesorado afectado.
| | Última actualización: 10/07/2009 |
|  | Agrupamentos de alumnado de infantil e primaria |  |
|  | Mesa sectorial de 6 de xullo de 2009 |  |
|  | Reunión no MEC |  |
|  | Eliminación da Gratuidade dos libros de texto |  |
|  | Entrega dos inquéritos nas delegacións provinciais |  |
 
 | A CIG-Ensino denuncia a culminación dun proceso ilexítimo pensado para rebaixar a presenza do noso idioma no ensino | | | Vén de rematar o prazo de entrega do Inquérito-trampa realizado pola Consellaría de Educación. Desde o momento en que a Consellaría anunciou a súa intención de realizar unha enquisa e moito máis unha vez que a tivemos na nosa man, a CIG-Ensino denunciou a ilexitimidade do proceso, a súa inadecuación e ausencia de garantías e que estabamos por tanto ante unha manobra deseñada expresamente para xustificar a postura intransixente da Consellaría empeñada na derrogación do Decreto 124/2007 de uso da nosa lingua no ensino, para reducir a presenza do galego no ensino. | | Última actualización: 24/06/2009 |
|  | Decreto de infantil |  |
|  | Ofensiva contra o galego do PP |  |
|  | Resposta á agresión do PP contra o galego |  |
 
 | Arredor de 400 persoas concéntranse diante do Parlamento en contra da modificación da Lei da Función Pública | | | Coincidindo co debate na Cámara galega da modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública, máis de 400 persoas participaron na concentración desenvolta diante do Parlamento para rexeitar “o golpe de morte ao noso idioma” que vai supor a aprobación desta medida. O PP da así un paso adiante na súa obsesión por “exterminar e desprestixiar” o noso idioma, vulnerando os dereitos de todos os galegos e as galegas, que coa modificación da Lei da Función Pública nin sequera poderán exixir ser atendidos na nosa lingua diante da administración. | | Última actualización: 23/06/2009 |
|  | Dereito a informar sobre o inquerito |  |
 
 | O Tribunal Superior de Xustiza vén de dar a razón á CIG de que non se poden prohibir actos divulgativos ou reparto de información nos centros | | | O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de resolver sobre a medida cautelar do recurso contencioso-administrativo, presentando pola CIG, solicitando a suspensión da instrución emitida pola Consellaría na que se ordena aos directores que prohiban actos a favor ou en contra do inquérito contra o galego. O Tribunal Superior non considera necesario suspender a instrución por canto nunca se pode ler no sentido de que restrinxa o exercicio dos dereitos fundamentais á liberdade de expresión e información, reunión, asociación e liberdade sindical. | | Última actualización: 19/06/2009 |
|  | Recortes no ensino público |  |
 
 | A CIG-Ensino considera inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto | | | A CIG-Ensino considera inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto, anunciada polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na sesión do Consello Escolar de Galiza do 18 de xuño, admitidas tamén polo presidente da Xunta de Galiza. Esta proposta de recorte, xunto con outras que a Consellaría de Educación está levando adiante, nestes primeiros meses do seu mandato, supón unha medida regresiva que atenta ao carácter público e gratuíto do ensino, e evidencia unha vez máis a política neglixente que este goberno está a levar a cabo. | | Última actualización: 19/06/2009 |
|  | En rexeitamento do inquérito do galego |  |
|  | Optativa de xeoloxía |  |
|  | A Consellería prioriza a campaña contra o galego |  |
|  | Oposicións 2009 |  |
|  | Agrupamento alumnado Infantil e Primaria |  |
|  | Denuncia da CIG-Ensino |  |
|  | Enquisa sobre o galego |  |
|  | Mesa sectorial 12-06-09 |  |
|  | Inquérito da Consellaría sobre o idioma |  |
 
 | Proposta para deslexitimar a fraude da enquisa da Xunta sobre o ensino en galego | | | As seguintes organizacións vimos de consensuar unha proposta de boicot activo á fraude e o engano que supón o inquérito imposto pola Consellaría de Educación: A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Directores e Directivos de IES, AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega), Comités, Coordinadora de Equipas de normalizacióon Lingüística de Ferrolterra, Coordindora de Equipas Normalización Lingüística de Compostela, Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra, NEG (Nova EscolaGalega), STEG (Sindicato das traballadoras e traballadores do ensino de Galiza). | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 10/06/2009 |
|  | Mesa Sectorial 9 de xuño |  |
|  | Ofensiva contra o galego |  |
 
 | A CIG-Ensino recorre contra a consulta ás familias sobre a utilización do galego no ensino | | | A CIG-Ensino, presentou esta mañá recurso contra a consulta que a Consellaría vai realizar ás familias sobre o emprego do noso idioma no ensino. O obxecto deste recurso é reclamar a suspensión desta consulta con carácter inmediato e declarar a súa nulidade porque desde o punto de vista da CIG incumpre os requisitos mínimos que esixe o artigo 78.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que a execución desta consulta podería ser declarada nula. | | Última actualización: 08/06/2009 |
|  | Enquérito Pais-Lingua |  |
|  | Mesa Sectorial 09-06-09 |  |
|  | Concurso de traslados de Mestres |  |
 
 | A Consellaría de Educación elimina 53 vacantes definitivas do concurso de traslados de Mestres | | | A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG de hoxe, 4 de xuño, como corrección de erros, unha modificación substancial das vacantes definitivas do concurso de traslados de mestres. Nesta publicación, elimínanse 53 vacantes definitivas que hai tan só vinte días, o 13 de maio, foron publicadas formando parte da relación definitiva de vacantes, resultado das reclamacións dos centros e da negociación nas Xuntas de Persoal da relación provisional publicada o 15 de decembro de 2008. | | Última actualización: 04/06/2009 |
|  | Logo de case un ano no caixón |  |
|  | Eliminación vacantes do Concurso de Mestres |  |
 
 | A Consellaría de Educación mente ao negar a supresión de 53 vacantes do Concurso de Traslados de Mestres | | | A Consellaría de Educación contestou, a través da súa web, á denuncia da CIG-ENSINO sobre a supresión de 53 vacantes definitivas do Concurso de Traslados de Mestres. No DOG do 13 de maio do 2009 fíxose pública a relación de vacantes definitivas do Concurso Xeral de Traslados de Mestres, e onte, 4 de xuño, faise unha corrección desas vacantes na que desaparecen 53 vacantes que viñan recollidas no anterior DOG. Non se entende tal negativa da Consellaría dunha cuestión tan evidente, e que pode ser comprobada sen máis que facer unha comparativa entre ambas resolucións. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 04/06/2009 |
|  | Outro ataque contra o galego |  |
|  | Calendario escolar |  |
|  | A CIG esixe a inmediata reanudación do proceso selectivo |  |
 
 | O xulgado deixa sen argumentos aos que atacaron as oposicións no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar | | | Os xulgados do contencioso administrativo número 1 e 2 de Compostela veñen de ditar cadanseu auto no que se desestima a solicitude de adopción da medida cautelar de paralización das probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Isto pon en evidencia a estratexia de quen usou a difamación para intentar paralizar as probas selectivas, baseándose nunha suposta ilegalidade. Nada impedía, e agora se confirma, a convocatoria para cubrir 334 postos de traballo con carácter fixo (10 en servizos centrais, 184 en Galescolas, 150 en Centros de atención a persoas maiores). | | Última actualización: 02/06/2009 |
|  | Circular 15 de maio |  |
|  | Calidade do ensino |  |
 
 | A CIG-Ensino responde ás declaracións de Feijoo sobre os agrupamentos de alumnado e asina xunto cos demais sindicatos unha declaración esixindo tratar a retirada da circular na Mesa Sectorial | | | Perante as declaracións do presidente da Xunta de Galiza, recollidas hoxe, en diferentes medios de comunicación, nas que, referíndose ao agrupamento de alumnado de diferentes cursos e ciclos de primaria e infantil, afirma que este tipo de circular xa se adoptara con outros gobernos anteriores, a CIG-ENSINO quere manifestar que o presidente da Xunta de Galiza falta á verdade. Até o de agora a única orientación, e non obriga, da Consellaría procede do ano 2003 (goberno do partido Popular ). Estas orientacións, que nin sequera foron aceptadas polas organizacións sindicais, recollen que "se poderán agrupar unidades de diferentes cursos ou ciclos, sempre que non superen os 16 alumnos/as". Mentres a que se pretende aplicar agora si estabelece criterios obrigatorios e incrementa substancialmente as rateos: “agruparanse nun mesmo grupo o alumnado de diferentes cursos ou ciclos sempre que o número de alumnos fose igual ou inferior a 20”. | | Última actualización: 28/05/2009 |
|  | CIG-Informa Calidade do Ensino |  |
|  | Mesa Sectorial 26-5-09 |  |
|  | Outro ataque do PP contra o galego |  |
|  | A CIG-Ensino oponse aos recortes da calidade do ensino |  |
|  | Valoracións feitas sobre o resultado da xuntanza |  |
|  | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar |  |
|  | Manifestación 17 de Maio 2009 |  |
|  | XP Coruña decreto de galego |  |
|  | Mesa Sectorial 4-5-09 |  |
|  | Oferta de Emprego Público |  |
|  | Mesa Sectorial do 4-5-09 |  |
|  | Neglixencia da Consellaría de Educación |  |
|  | Correlingua 2009 |  |
|  | Igualdade e coeducación |  |
|  | Entrevista co novo conselleiro de educación |  |
 
 | A CIG-Ensino solicita unha entrevista co Conselleiro de Educación | | | A CIG-Ensino solicita unha entrevista co Conselleiro de Educación para coñecer de primeira man as primeiras medidas que ten pensaod levar a cabo a consellaría e exporlle as nosas propostas. Tamén aproveitamos a ocasión para trasladarlle a necesidade de que se convoque urxentemente a mesa sectorial para tratar a OPE 2009, e que tamén para a CIG-Ensino sería inaceptábel que se produciran medidas involucionistas en materia de normalización lingüística, nomeadamente coa intención de derrogar o decreto 124/2007 de uso e promoción do idioma galego no ensino. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 22/04/2009 |
|  | O PP segue a mentir contra o galego |  |
|  | Estadías no estranxeiro |  |
|  | Oposicións 2009. Proposta sindical unitaria |  |
|  | Mobilizacións na defensa dos traballadores/as do Consorcio |  |
 
 | Comezan as mobilizacións contra a paralización das oposicións no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade | | | A asemblea de traballadoras e traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar, convocada pola CIG, o sábado 28 de marzo, no IES Rosalía Castro, á que asistiron preto de 400 persoas; despois de rexeitar a situación actual de que se retrase a realización das probas e denunciar a actitude obstrucionista e boicoteadora por parte do PP, que vén de amosar unha total desconsideración co persoal do Consorcio, usándoo como carne de canón para intereses políticos espurios, acordaron levar a cabo unha serie de mobilizacións, co obxecto
de que se convoquen inmediatamente as probas, tal e como estaba previsto, e para apostar polo mantemento do carácter público do Consorcio. | | Última actualización: 03/04/2009 |
|  | Sentencia Xudicial Trienios |  |
|  | Concentración diante da sede do PP |  |
|  | Rolda de prensa da CIG, UGT e comités de empresa |  |
 
 | A CIG, UGT e os Comités do Consorcio de Benestar e Igualdade exixen a continuidade do proceso selectivo | | | As presidentas dos Comités provinciais do Consorcio de Servizos de Benestar e Igualdade, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, o reponsábel da CIG-Administración Manuel Gallardo Canitrot, e o representante sindical da UGT, Óscar Fernández, compareceron en rolda de prensa para exixir que se poña xa a data para os exames do concurso-oposición e anunciaron que non van permitir “nin que se privaticen servizos básicos nin que se paralice a convocatoria” | | Última actualización: 11/03/2009 |
|  | Vacantes Concurso de Traslados |  |
|  | Oposicións e concurso de traslados |  |
|  | Reunión co Consorcio |  |
 
 | A CIG mantén unha reunión coa Xerencia do Consorcio para afrontar distintas problemáticas que afectan ao seu persoal | | | Á petición da CIG e trasladando as demandas que o propio persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar nos vén comunicando, o pasado día 10 de febreiro de 2009 celebrouse unha reunión de representantes do sindicato co Xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, para exporlle algúns temas relacionados con aspectos que afectan ás condicións de traballo do seu persoal, dos que informamos a continuación. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 08/02/2009 |
|  | Imputa á CIG a postura que a eles lles interesa |  |
 
 | Máis mentiras e manipulacións de La Voz de Galicia | | | Reproducimos o comunicado do Secretario Nacional da CIG-Administración e do Secretario da sección da CIG-Autonómica para responder as calumnias publicadas o día 6 de febreiro | | Última actualización: 07/02/2009 |
|  | MANIPULACIÓN ESCANDALOSA |  |
 
 | Continúa a difamación de La Voz de Galicia contra a CIG | | | Repetidamente “La Voz de Galicia” está a utilizar o nome da CIG para difundir calumnias sen se ter posto en contacto aínda, a día de hoxe, co sindicato nin ter a CIG nada que ver coas acusacións que se imputan. | | Última actualización: 06/02/2009 |
|  | Manipulación informativa e censura de La Voz de Galicia |  |
|  | SOLIDARIEDADE CON PALESTINA. PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS |  |
 
 | Solidariedade con Palestina. MOBILIZACIÓNS: 10 e 18 de xaneiro
| | | Ante o xenocidio que o estado israelí está cometendo contra o pobo palestino, entendemos que non debemos ficar calados. Amosamos a nosa solidariedade co pobo palestino e esiximos o cese dos ataques de modo inmediato.
Por isto, facemos un chamamento a todo o profesorado para que participe nas concentracións que terán lugar o sábado 10 de xaneiro nas 7 cidades galegas e noutras localidades (comprobade hora e lugar), así como na manifestación nacional que se levará a cabo o domingo 18 de xaneiro ás 12 h na Alameda de Santiago. Estes actos están convocados por distintas entidades e colectivos entre as cales está a CIG.
| | Última actualización: 15/01/2009 |
|  | Formación do profesorado |  |
 
 | Xornadas Educando as sexualidades | | | - Actitudes, Normas e Valores - Obxectivos da Educación Sexual - Mínimos para a intervención en educación sexual na aula - Claves para o traballo con familias - Conceptos xerais en torno ao feito sexual humano - Sexoloxía evolutiva e procesos de sexuación. Adolescencia - Ed. Sexual en secundaria. Exemplos - Os recursos en Educación Sexual - Rede de centros Quérote. A rede de información, asesoramento e acompañamento en Galiza (Quen somos e que facemos, Servizos dende a rede Quérote, Traballando dende a diversidade)
| | Última actualización: 13/01/2009 |
|  | Axuda de vivenda MUFACE e FAS |  |
|  | Procesos selectivos Consorcio |  |
|  | Información da Mesa Sectorial do 9 de decembro do 2008 |  |
 
 | Mesa sectorial 9/12/08: Decreto de “atención á diversidade” | | | Este Decreto comezouse a discutir na Mesa Sectorial Docente de 21 de novembro. Naquel momento, a CIG-Ensino xa manifestou que o proxecto de Decreto presentado é moi xenérico e indefinido: non se fixan recursos, nin medios, nin cadros de persoal, nin rateos... Aínda que un Decreto non ten que baixar ás particularidades, si debe recoller referencias básicas sobre determinados aspectos, que impidan que se dean situacións de abuso ou de interpretación que sexan contraproducentes. Polo tanto, desde a CIG-Ensino, valoramos que estamos ante unha proposta ambigua e inconcreta que, se non se corrixe, non vai significar o avance que a atención á diversidade precisa. | | Última actualización: 11/12/2008 |
|  | Resolución definitiva CÁTEDRAS |  |
|  | Información Mesa 4-12-08 |  |
 
 | Mesa Sectorial 4-12-2008.Varios: Simboloxía franquista nos centros, simboloxía relixiosa nos centros, Normalización Lingüística e libros de texto, Orientación, vacantes concurso traslados, Sexenios... | | | Na Mesa Sectorial 4-12-2008 ademais de tratarse o concurso de traslados do profesorado de relixión tratouse o punto de varios no que a CIG preguntou cuestións relativas a: Calendario de temas a negociar, Simboloxía franquista e relixiosa nos centros, Normalización Lingüística e libros de texto, Orientación, vacantes concurso de traslados, supresión optativas, Sexenios,... | | Última actualización: 04/12/2008 |
|  | Concurso de traslados |  |
|  | Circular itinerantes |  |
 
 | Circular da Secretaría Xeral da Consellaría sobre as itinerancias | | | Consulta dende aquí as instrucións ditadas polo secretario xeral da Consellaría sobre o acordo de itinerantes, despois da petición realizada pola CIG-Ensino. Dita circular deixa claro que os especialistas dos CRAs son itinerantes a todos os efectos. Ademais, accede aquí ao modelo de solicitude para percibir custos de locomoción. | | Última actualización: 02/12/2008 |
|  | Mesa Sectorial 27-11-08 |  |
|  | Real Decreto 1834/2008 |  |
|  | Supresión de Optativas |  |
|  | Mesa Sectorial 21-11-08 |  |
|  | Entrega de Sinaturas |  |
 
 | O mércores 19 de novembro, ás 11:30 horas, o Secretariado da CIG-Ensino encabezado polo Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, fixo entrega, no rexistro da Xunta de Galiza, de 8125 sinaturas | | | O mércores 19 de novembro, ás 11:30 horas, o Secretariado da CIG-Ensino encabezado polo Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, fixo entrega, no rexistro da Xunta de Galiza, de 8125 sinaturas do profesorado demandando unha serie de melloras na calidade do ensino e laborais do profesorado.
Podes ver o escrito entregado no rexistro que recolle as reivindicacións referendadas por máis de 8.000 profesores e profesoras e no que se solicitaba unha entrevista co Conselleira. | | Última actualización: 20/11/2008 |
|  | Mesa Sectorial Docente |  |
 
 | Convocada a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria | | | A sesión terá lugar o venres 21 de novembro de 2008. Na orde do día, proxecto de Decreto polo que se regula a atención á diversidade, orde pola que se regulan os Consellos Sociais dos CIFP, e o concurso de traslados. | | Última actualización: 18/11/2008 |
|  | R. D. Concurso de Traslados |  |
 
 | O MEC dá marcha atrás e pretende que os/as funcionarios/as de carreira, nomeados este curso, só poidan concursar á especialidade pola que accederon á función pública docente | | | O MEC pretendía modificar o Real Decreto de Concursos de traslados de ámbito estatal, para obrigar o profesorado que superou os procesos selectivos convocados polo Decreto 276/2007 a obter o primeiro destino definitivo pola especialidade pola que aprobara a oposición. Logo da nosa proposta pola que se reclamaba que os funcionarios de carreira puideran concursar por todas as especialidades polas que estaban habilitados, o MEC retirou a modificación prevista. Agora, despois da reunión do MEC coas CCAA que se mostraron contrarias a esta nosa demanda, o MEC volveuse atrás e recolle de novo no proxecto de Real Decreto a obriga de concursar para o primeiro destino definitivo pola especialidade que se opositou. | | Última actualización: 17/11/2008 |
|  | Centros Integrados de FP |  |
|  | Transporte escolar |  |
|  | Rolda de prensa da CIG-Ensino |  |
|  | Concurso de Traslados |  |
|  | A CIG-Ensino expón as súas demandas |  |
 
 | Entrevista da CIG-Ensino coa Conselleira de Educación | | | Na entrevista mantida hoxe polo Secretario Nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, e os membros da Executiva, Marta Dacosta e Xosé Luís Rivera, coa Conselleira de Educación e o Secretario Xeral da Consellaría, presentáronse algunhas das demandas máis urxentes do profesorado. | | Última actualización: 28/10/2008 |
|  | Temas a Negociar Durante o Curso 2008/2009 |  |
|  | MODIFICACIÓN REAL DECRETO DE CONCURSO DE TRASLADOS |  |
|  | Por un ensino público de calidade |  |
 
 | 5 de outubro. Día mundial do profesorado | | | Neste ano 2008, a Internacional da Educación, organización sindical internacional, que agrupa a sindicatos de docentes de todo o mundo e da que a CIG-ENSINO é fundadora, celebra baixo o lema “O Profesorado conta” o Día Mundial do Profesorado. | | Última actualización: 03/10/2008 |
|  | Atende a demanda de CIG-Ensino |  |
|  | Coeducación |  |
|  | Comezo de curso |  |
|  | Oposicións 2004 |  |
 
 | Desestimados os recursos contra as oposicións do 2004 | | | Os recursos contencioso-administrativos presentados no seu día contra das oposicións do ano 2004 chegaron á súa fin, garantindo a tranquilidade de todos os funcionarios de carreira que accederon aos distintos corpos docentes. | | Última actualización: 26/09/2008 |
|  | Adxudicación de Destinos en Secundaria |  |
|  | Mobilización o mércores 17 diante da Consellaría |  |
|  | Valoración dos problemas actuais do ensino galego |  |
 
 | Rolda de prensa da CIG-Ensino co motivo do inicio do curso escolar | | | Asistiron á rolda de prensa o Secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e a membro da Executiva Marta Dacosta. En primeiro lugar, Anxo Louzao relacionou as cuestións pendentes de realizar nesta lexislatura que remata neste curso e que están recollidas no pacto de goberno, cuestións tan importantes para a calidade do ensino público como acadar un gasto en Educación do 6% do PIB (actualmente é do 4.7º/º); efectivizar a redución das rateos en Educación Infantil a 15 alumnos por aula; estabelecer un plano de redución de taxa de fracaso escolar; a posta en marcha do programa de apoio específico para o coñecemento da lingua galega polo alumnado inmigrante; realización dun plano de actuación para a mellora das escolas rurais ou a elaboración e negociación dun Estatuto da Función Pública Docente e a Lei de Universidades. | | Última actualización: 09/09/2008 |
|  | Sexeneios para profesorado que tivera traballado anteriormen |  |
 
 | A CIG-Ensino acada a reivindicación realizada sobre a percepción dos sexenios para o profesorado con servizos prestados antes do nomeamento de funcionario de carreira | | | Despois da reivindicación realizada pola CIG-ENSINO, o Consello da Xunta de Galicia do pasado 31 de xullo acordou que “Os funcionarios dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 272006, do 3 de maio, de educación, que accedan á condición de funcionarios de carreira durante os anos previstos na disposición transitoria décimo sétima da citada lei, consolidarán, con efectividade do día do seu nomeamento como funcionarios de carreira, o número de sexenios que lles corresponda en función do número de anos de servizo prestado como docentes e o número de horas de formación que acrediten en dita data, a razón de 100 horas por cada sexenio.” | | Última actualización: 03/09/2008 |
|  | Manifesto a prol a diversidade lingüística no Estado Español |  |
|  | Normalización lingüística |  |
|  | Bacharelato |  |
|  | Bacharelato |  |
 
 | Solicitude aos grupos parlamentares de intervención a prol da moficación da Orde de Optativas | | | A CIG-Ensino enviou respectivas solicitudes aos grupos parlamentares para pedirlle a súa intermediación a favor de mudar unha orde de optativas que empeora nalgunhas áreas a oferta anterior e de xeito máis escandaloso elimina unha conquista histórica para a nosa cultura e lingua como foi a optativa de Literatura Galega do S. XX | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 04/07/2008 |
|  | Defensa do ensino público |  |
|  | Eleccións sindicais |  |
|  | A Relixión NON debe formar parte do currículo escolar |  |
|  | Recolle parcialmente as demandas da CIG-Ensino |  |
 
 | A Consellaría suprime do bacharelato a materia de Literatura Galega do Século XX e non negocia a orde das optativas | | | A CIG-Ensino vén de solicitarlle á Consellaría de Educación e O.U. que rectifique canto antes a Orde de optativas que publicou no día de hoxe para que se manteñan as optativas de Literatura Galega do Século XX e tamén as de Literaturas Hispánicas e Literatura Universal Contemporánea polo grave prexuízo que causan ao sistema educativo galego. Achegamos o contido do escrito presentado polo Secretario Nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao. | | Última actualización: 28/06/2008 |
|  | Eleccións ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade |  |
|  | Vídeo |  |
 
 | Rolda de prensa de balance do curso | | | A CIG-Ensino realizou un balance final negativo deste curso escolar que remata. Na roda de prensa realizada esta mañá, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, declarou que neste curso a Consellaría tivo unha actitude de falta de diálogo e de negociación, o que comportou un incremento da conflitividade, especialmente ao longo do terceiro trimestre. A Consellaría adoptou unha postura impositiva en determinados temas e os incumprimentos foron o denominador común. | | Última actualización: 25/06/2008 |
|  | Bacharelato |  |
 
 | A CIG-Ensino pide unha reunión urxente da Mesa Sectorial para tratar a orde das optativas | | | Unha vez coñecido o contido do Decreto do Bacharelato no que non se tivo en conta moitas das achegas e suxestións de CIG-Ensino para a súa mellora, a Orda das optativas debe abordarse canto antes para evitar empeorar a situación desta etapa educativa. Por iso desde a CIG-Ensino se fai a proposta de que se convoque unha Mesa Sectorial para traballar sobre esta orde, atendendo a necesidade de complementar a formación para alcanzar uns obxectivos educativos de calidade. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 23/06/2008 |
|  | Mesa Sectorial do 20 de xuño 08 (II) |  |
 
 | A CIG-Ensino esixe que se creen máis departamentos de orientación e que se doten os centros con máis profesorado. | | | A CIG-Ensino denunciou ao inicio da reunión a falta de seriedade institucional coa que se está a desenvolver a Mesa Sectorial. Para a CIG-Ensino non é admisíbel que en numerosas ocasións xa, a Mesa non estea presidida polo Secretario Xeral e que non se dea resposta ás numerosas cuestión presentadas, ademais de que se realicen cambios na orde do día no último momento ou que as actas estean sen aprobar desde hai meses. A CIG reclamou que se convoque debidamente e de acordo cos resultados electorais que se proclamaron hai xa ano e medio, de tal maneira que participen na negociación as organizacións ás que lle corresponde e de acordo cos resultados electorais, e denunciou que en todo o curso non se teña aprobado un calendario de temas a negociar e que non pasasen pola Mesa os seguintes temas: xestión de Fondo Social, Orde de Comedores, Orde que regula subvencións aos Concellos para a apertura de centros escolares. | | Última actualización: 23/06/2008 |
|  | Mesa Sectorial do 20 de xuño 08 (I) |  |
 
 | Mesa Sectorial de Educación debatéronse os cadros de persoal dos centros educativos e o currículos de Técnicos en Balonmán, Baloncesto e Atletismo. | | | A CIG-Ensino denunciou ao inicio da reunión a falta de seriedade institucional coa que se está a desenvolver a Mesa Sectorial. Para a CIG-Ensino non é admisíbel que en numerosas ocasións xa, a Mesa non estea presidida polo seu presidente (o Secretario Xeral da Consellaría) e que non se dea resposta ás numerosas cuestión presentadas, ademais de que se realicen cambios na orde do día no último momento ou que as actas estean sen aprobar desde hai meses. A CIG reclamou que se convoque debidamente e de acordo cos resultados electorais que se proclamaron hai xa ano e medio, de tal maneira que participen na negociación as organizacións ás que lle corresponde e de acordo cos resultados electorais. A CIG denunciou ademais que en todo o curso non se teña aprobado un calendario de temas a negociar e que non pasasen pola Mesa os seguintes temas, entre outros: oferta de Bacharelato (supresión do Bacharelato no IES Monte de Conxo), Orde de Comedores, Orde que regula subvencións aos Concellos para a apertura de centros escolares... | | Última actualización: 20/06/2008 |
|  | Bacharelato |  |
|  | Comeza a preinscrición sen terse publicado as normas |  |
 
 | Decreto de bacharelato: tarde, mal e sen negociar | | | O Decreto de Bacharelato aínda non foi ao Consello da Xunta, as optativas seguen sen publicarse...E é imprescindible por razóns de organización escolar e didácticas ter xa ao dispor o contido das normas que se están a facer de costas ao pro | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 18/06/2008 |
|  | Presentaronse 19.000 sinaturas no rexistro do Parlamento |  |
 
 | A CIG presenta a Iniciativa Lexislativa Popular contra o plus dos altos cargos | | | Representantes da CIG fixeron entrega, este martes día 17 de xuño, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio. | | Última actualización: 18/06/2008 |
|  | Nota de prensa. Denuncia. |  |
 
 | A Sra Conselleira de Educación e o Sr Delegado de Lugo mentiron e apostan por ir desmantelando o Ensino Público | | | Ao remate do curso 2006-2007 a comunidade educativa do ensino público en Monforte de Lemos quedou indignada diante da decisión da Consellería de educación de permitir concertar dúas unidades de tres anos no Centro dos Escolapios desa localidade,de tal xeito que dos 112 alumnos/as de tres anos, 50 deles/as terían praza nun só centro, e os outros serían repartidos entre os demais centros (públicos, concertados e con convenio) que hai na localidade. | | Última actualización: 16/06/2008 |
|  | A CIG-Ensino esixe que a Consellaría cese a Mario Juíz |  |
|  | CEIPS e Administrativos. |  |
|  | Educación infantil |  |
|  | Decreto de Bacharelato (CIFP Monte de Conxo) |  |
 
 | A CIG-Ensino rexeita a supresión das ensinanzas de bacharelato no CIFP Monte de Conxo de Santiago de Compostela | | | A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG do 4 do xuño do 2008 a Orde de 29 de maio ”pola que se autoriza a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de Galiza”. Da devandita orde despréndese que as ensinanzas de Bacharelato que se viñan impartindo no CIFP Monte de Conxo (modalidades de bacharelato cientitífico e tecnolóxico) comezarán a extinguirse xa no vindeiro curso académico (no que só se impartírá 2º de Bacharelato). | | Última actualización: 10/06/2008 |
|  | Vídeo |  |
|  | Concentración en San Caetano |  |
|  | Paremos este decreto de Bacharelato |  |
|  | Orde XORNADA ÚNICA e MIXTA |  |
 
 | Orde pola que se regula a implantación da xornada única e mixta. | | | Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados. En breve publicarase no DOG. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 31/05/2008 |
|  | Fondo de Acción Social |  |
|  | CIG-Informa: XPD Decreto de bacharelato |  |
|  | CIG-Informa: XPD Xornada Reducida |  |
|  | Mesa Sectorial do 27-5-08 Oferta CCFF 08-09 |  |
|  | Mesa sectorial 27-5-08: Información de varios |  |
 
 | Mesa sectorial 27-5-08. Varios: FONDO ACCIÓN SOCIAL, ITINERANCIAS, EPA, Nóminas Persoal comedores, Decreto Bacharelato, ... | | | Na mesa sectorial do 27-5-08 ademáis da oferta de ciclos formativos e informar sobre a implantación dos PCPIs, en rogos e preguntas a CIG plantexou cuestións sobre os FONDO ACCIÓN SOCIAL, ITINERANCIAS, EPA, Nóminas Persoal comedores, Decreto Bacharelato, calendario escolar, constitución mesa sectorial docente, ... | | Última actualización: 28/05/2008 |
|  | MESA SECTORIAL 27-5-08. Implantación dos PCPIs |  |
|
|
|