|  | XIII CONVENIO ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE |  |
 
 | A CIG-Ensino non asina o XIII Convenio de Centros de Atención a persoas con discapacidade (ed. especial): unha nova perda de dereitos | | | Onte, día 23 de xuño asinouse o XIII Convenio Estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, suscrito por todas as patronais, agás ANCEE, e o sindicato CCOO. A CIG-Ensino non asinou este acordo porque considera que é un novo retroceso nas condicións laborais e salariais do persoal, que xa veñen sendo bastante precarias. E aínda nos parece moito máis grave cando estamos a falar duns centros que son subvencionados e que están a prestar un servizo de carácter social importantísimo, polo tipo de usuarios ao que vai dirixido, precisamente os/as máis necesitados (autistas, enfermos mentais, persoas con outro tipo de discapacidades físicas ou psíquicas, con síndrome de Down, etc.). Deste xeito, o acordo tamén vai supor un empeoramento na calidade dese servizo. | | Última actualización: 24/06/2010 |
|  | ENSINO CONCERTADO - Acordos en Galiza |  |
|  | A CIG non asinou este convenio |  |
 
 | XI Convenio Colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil | | | A desculpa da “crise” recae unha vez máis sobre as traballadoras e traballadores e aprovéitase para consolidar a precariedade no sector durante catro anos, coa complicidade das outras organizacións sindicais. O presente Convenio foi asinado o pasado día 10 de febreiro de 2010 polas patronais do sector e as organizacións sindicais FETE-UGT, CCOO, USO e FSIE. Desde a CIG-Ensino queremos manifestar a nosa posición contraria a este Convenio (por iso non o asinamos), así como a nosa sorpresa polo apoio que tivo das outras organizacións sindicais,
pois consideramos que supón un claro empeoramento das condicións laborais e, sobre todo, salariais, do persoal nun sector, xa de por si bastante precario. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 26/03/2010 |
|  | XIII Convenio de atención a persoas con discapacidade |  |
 
 | A actitude sectaria e prepotente de CCOO impide o avance nas negociacións do XIII Convenio Colectivo de centros de atención a persoas con discapacidade | | | Logo da constitución da Mesa de Negociación do XIII Convenio Colectivo Estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, o día 2 de outubro de 2007 (xa pasaron nada menos que 29 meses), este proceso de negociaciación foi un cúmulo de despropósitos, incumprimentos, faltas de respecto e suplantación das canles normais de negociación por CCOO, pola parte sindical e de AEDIS-FEACEM,
pola parte patronal: convocatorias e desconvocatorias de ata oito reunións, de xeito unilateral e inxustificado, como xa temos denunciado, máis dun ano nunha situación de paralización total das negociacións, reunións e negociacións por parte desas dúas organizacións á marxe da Mesa e das outras organizacións nelas representadas, etc. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 26/03/2010 |
|  | Ensino concertado |  |
|  | Negociación Colectiva |  |
 
 | Ensino Privado. Convenios | | | Situación da negociación colectiva nos convenios de ensino privado e concertado | | Última actualización: 16/12/2009 |
|  | I Convenio Estatal de Centros de Protección e Reforma |  |
 
 | Logo de ano e medio de paralización, retómanse as negociacións do I Convenio Colectivo Estatal de Centros de Protección e Reforma | | | Desde CIG-Ensino manifestamos a nosa sorpresa e malestar polo proceso negociador, non só por unha paralización durante un tempo tan prolongado, senón tamén, e tal como figuraba nesa última acta aprobada, pola pouca formalidade das anteriores convocatorias. Estamos dispostos a retomar as negociacións. É certo que na Plataforma da que se fala xa hai moitos puntos aceptados (aprobados, como figuran na mesma), pero tamén é certo que os puntos que quedan son xustamente os máis importantes e nos que está máis difícil chegar a acordo coas posturas que se transmiten: falta todo o tema salarial, o da xornada laboral, a subrogación, cláusula de descolgue, etc. Sen descartar que haxa un convenio de referencia estatal, nós apostamos pola negociación no ámbito autonómico, dado que estamos a falar de centros subvencionados polas Administracións Autonómicas. Así pois, calquera acordo ao que se queira ou poida chegar, vai estar condicionado polos recursos que aporten estas Administracións. Deixamos constancia disto para que se teña en consideración e todos/as, patronais e sindicatos, fagan un chamamento ás súas organizacións nos distintos territorios, no noso caso en Galiza, para poñernos dacordo na demanda dos recursos necesarios para que non se vexa deteriorado un servizo social tan importante e, obviamente, para mellorar as condicións de traballo do persoal que o presta. | | Última actualización: 13/12/2009 |
|  | Negociación Convenio EE |  |
|  | Segregación por sexo |  |
|  | Centros de atención a persoas con discapacidade |  |
|  | Ensino Concertado |  |
 
 | Publicadas no DOG do día 23 de abril as listaxes de solicitudes admitidas e excluídas para o cobro da paga de Antigüidade. | | | Publícanse no D.O.G as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos nas solicitudes da paga de antigüidade contemplada no art. 61 do V Convenio Colectivo de Centros Mantidos Total ou Parcialmente con Fondos Públicos, logo das instruccións dadas para facelas públicas o pasado día 15 de abril.
Queremos suliñar que o prazo de reclamación é de dez (10) días hábiles a partir da súa publicación no D.O.G.
Tal e como informamos no encabezamento, observamos que está excluído desas listaxes todo persoal que cumpríu os 25 anos despois do 31 de decembro do 2008.
Queremos suliñar que o prazo de reclamación é de dez (10) días hábiles a partir da súa publicación no D.O.G. | | Última actualización: 24/04/2009 |
|  | Educación Especial - Mobilizacións polo Convenio Galego |  |
 
 | Centros Educación Especial. A CIG-Ensino toma a iniciativa por un convenio galego para os centros de atención a persoas con discapacidade. | | | É unha vella reivindicación da CIG-Ensino a necesidade de trasladar o ámbito de negociación ao noso noso país en tódolos sectores laborais, non só polos principios que rixen toda a nosa acción sindical diferenciadora das outras organizacións sindicais ao definirnos como un sindicato nacionalista e de clase, senón porque a práctica leva demostrado que en todos os casos en que se acada ese obxectivo, os procesos de negociacón colectiva son máis participativos, máis achegados aos colectivos implicados, con máis capacidade de presión e, como consecuencia de todo isto, os resultados dan sempre como resultado convenios e acordos que melloran sustancialmente os de ámbito estatal sendo máis beneficiosas para o conxunto dos traballadores e traballadoras. | | Última actualización: 06/03/2009 |
|  | Polas melloras laborais: Convenio Galego de Discapacidade |  |
|  | Concertos educativos |  |
|  | Concentración en San Caetano |  |
|  | CIG-Informa. Ensino non Regulado |  |
 
 | A CIG-Ensino non asinou a revisión salarial do ensino non regulado para o 2008 | | | O pasado día 10 de xuño, asinouse o acordo de Revisión Salarial do Ensino Non Regulado para o 2008 por todas as patronais do sector e as organizacións sindicais FETE-UGT e CCOO. A CIG-Ensino non asinou este acordo, non só por
estar moi lonxe das nosas demandas, senón porque consideramos que é negativo e supón xa, de feito, unha perda de poder adquisitivo para o persoal afectado polo mesmo. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 01/06/2008 |
|  | CIG-Informa. Centros de atención a persoas con discapacidade |  |
|  | CIG-Informa: Centros Atención Persoas Discapacitadas (2008) |  |
|  | CiG-Informa: Centros de Asistencia e EI (2008) |  |
|  | CIG-Informa: Ensino Privado Concertado (2008) |  |
|  | Ensino Concertado |  |
|  | Setembro 2007 |  |
 
 | Ensino Privado Concertado | | | Os grandes temas que afectan aos traballadores do sector siguen pendentes de negociación mentres se asina un acordo que mesmo pode empeorar as condicións laborais | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 20/06/2007 |
|  | Calendario escolar |  |
 
 | Ante a circular das Delegacións propoñamos a xornada continua reducida de xuño e setembro | | | Os delegados provinciais de educación veñen de remitir aos centros escolares que até o de agora viñan gozando de xornada matinal durante os meses de xuño e setembro unha circular na que dan de prazo até o 1 de xuño para que os centros poidan solicitar, previo acordo do Consello Escolar, a modificación da xornada nestes meses. | | Última actualización: 23/05/2007 |
|  | Ensino privado concertado |  |
|  | Celendario Escolar |  |
|  | Calendario Escolar |  |
|  | Convenios no ensino privado |  |
 
 | III Convenio de Aldeas Infantís SOS Galiza | | | Convenio que establece e regula as condiciones de traballo de todos/as os/as traballadores/as de Aldeas, Residencias, Fogares funcionais, Centros e demais servizos que a Asociación Aldeas Infantís SOS de Galicia teña implantados en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 19/12/2006 |
|  | XII CONVENIO EDUCACIÓN ESPECIAL |  |
 
 | A CIG-Ensino non asinou o XII convenio de educación especial | | | O pasado 16 de maio foi asinado por CCOO e as patronais AEDIS e FEACEM o XII Convenio Colectivo de Centros de Asistencia, Atención, Diagnóstico, Rehabilitación e Promoción de Persoas con Discapacidade, comprometéndose outras organizacións a tomar a decisión sobre a sinatura ou non nun prazo de quince días. A CIG-Ensino xa manifestou claramente a súa intención de non asinar este Convenio por varias razóns, que detallamos dentro. | | Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador. Última actualización: 14/06/2006 |
|  | VIII Convenio Ensino Privado |  |
|  | Aldeas Infantís SOS |  |
 
 | A CIG-Ensino está a negociar o convenio colectivo de Aldeas Infantís SOS | | | A CIG-Ensino da comarca de Vigo vén de denunciar o convenio colectivo publicado en DOG do 13 de febreiro de 2002. Unha vez producida a denuncia, e logo de múltiples aprazamentos por parte da Administración, non se comeza a negociación até decembro de 2005.
| | Última actualización: 24/01/2006 |
|  | Ensino concertado |  |
 
 | Valoración da CIG-Ensino a respeito da extensión dos concertos á Educación Infantil | | | A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia do pasado venres, día 14 de xaneiro, a Orde do 10 de xaneiro pola que se regula o réxime de concertos educativos para as ensinanzas de Educación Infantil en centros docentes privados para o curso 2005-2006. Diante da publicación desta Orde, desde a CIG-Ensino queremos facer pública a nosa valoración. | | Última actualización: 19/01/2005 |
|  | Recollida de sinaturas |  | |
 | Do 22/07/2010 ao 22/10/2010 |  |
| |  |
Fomento do uso do galego en centros públicos
| Convocatoria para presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios curso 2010-2011 Data: 02/09/2010 | Destinos provisionais
| Adxudicación definitiva de destinos provisionais de primaria Data: 30/08/2010 | Cadros de persoal Mestres 2010-11
| Cadros de persoal de Mestres para o curso 10-11 Data: 24/08/2010 | Aprobadas/os OPOSICIÓNS 2010
| DOG 23-8-10: Publicadas as relacións de persoal que superou os procedementos selectivos do 2010 Data: 23/08/2010 | Nomeados funcionarios de carreira opositores a mestres 09
| Orde de 20 de xullo, en que a proposta do Ministerio de Educación e da Universidade da Comunidade Autónoma de Galicia, os funcionarios son nomeados Corpo Docente para os seleccionados no proceso selec Data: 03/08/2010 | Licenzas Estudo 10-11. Relación definitiva
| Resolución definitiva das Licenzas por estudo 10-11. Publicación no DOG 19-7-10. Data: 19/07/2010 | Oposicións Mestres 2010
| Puntuacións definitivas fase concurso OPOS 2010. Anúnciase no DOG 19-7-10 que o día 20 se farán públicas estas puntuacións definitivas Data: 19/07/2010 | Prezos títulos oficiais no ensino universitario
| Decreto 115/2010, do 8 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2010/2011. Data: 15/07/2010 | Ordenación académica profesional música e danza
| Orde 07-07-10 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado das ensinanzas profesionais de música e de danza. Data: 15/07/2010 | Ampliación prazo para petición de centros comisións
| A Consellaría amplía o prazo para petición de centros aos solicitantes de comisións de saúde e conciliación da vida laboral e familiar Data: 13/07/2010 | Puntuacións provisionais concurso atención ABALAR
| Puntuacións provisionais dos participantes no concurso de méritos específico para a atención e desenvolvemento do Proxecto Abalar Data: 12/07/2010 | Prórroga acreditación centros titores do prácticum
| Acreditación dos centros e titores/as para o desenvolvemento do Prácticum correspondente ao Máster en Profesorado de ESO e BAC, FP e Ensinanzas de Idiomas Data: 12/07/2010 | Modificación oferta FP réxime ordinario curso 2010-11
| Modificación da oferta de ciclos formativos polo réxime ordinaio Data: 12/07/2010 | Ordenación FP do sistema educativo de Galiza
| Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galiza. Data: 12/07/2010 | Oferta educativa EOI 10-11
| DOG 7-7-10: Orde do 21 de xuño de 2010 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas de Galiza a partir do curso escolar 2010-2011 Data: 07/07/2010 | Modificación orde elección horarios
| Publicada no DOG 6-7-10 a orde que modifica parcialmente a orde de elección de horarios de Primaria e Secundaria Data: 07/07/2010 | Orde centros Plurilingües
| DOG 6-7-10: Orde do 30 de xuño de 2010 pola que se
regulan, con carácter experimental, os centros
plurilingües en Galiza, curso 2010/2011 Data: 07/07/2010 | Oferta modular de ciclos formativos FP adultos
| Orde do 21 de xuño de 2010 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, en modalidade presencial, de ciclos formativos de FP Data: 01/07/2010 | Anuncio publicacións provisionais fase concurso mestres
| Anúnciase a publicación das puntuacións provisionais das oposición de educación infantil o 1 de xullo na páxina da Consellaría Data: 30/06/2010 | Puntuacións provisionais da fase de concurso de mestres
| O día 29 de xuño sairán publicadas as puntuacións da fase de concurso das oposicións ao corpo de mestres Data: 28/06/2010 | Actualización orde confección de nóminas 2010
| Actualización das instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010 e contías das retribucións, con efectos 1 de xuño Data: 25/06/2010 | Lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
| Convocatoria ordinaria para cubrir prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades españolas e estranxeiras (DOG 25-06-10) Data: 25/06/2010 | Corrección erros admitidos excluídos oposicións SECUNDARIA
| Publicado no DOG 24-06-10 unha corrección de erros da relación de admitidos e excluídos para as oposicións de secundaria Data: 24/06/2010 | Destinos provisionais 2010-11 corpo SECUNDARIA
| Publicado no DOG 22-06-10 a convocatoria de destinos provisionais 2010-11 para o corpo de secundaria. Data: 22/06/2010 | Corrección de erros destinos provisionais MESTRES
| Publicada no DOG 21-06-10 unha corrección de erros da convocatoria de destinos provisionais para o curso 2010-11 no corpo de mestres. Data: 21/06/2010 | Ampliación implantación das modalides de bacharelato
| Ampliación da autorización para a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de Galiza (DOG 21-06-10) Data: 21/06/2010 | Ensinanzas adultos modalidades presencial e a distancia
| Publicado no DOG 21-06-10 a orde de autorización das ensinanzas de educación para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia. Data: 21/06/2010 | Concurso de méritos para prazas de asesores da Consellaría
| Concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería (DOG 21-06-10) Data: 21/06/2010 | Resultado da proba de coñecemento galego oposición 2010
| Publicados na web da Consellaría os resultados da proba de coñecemento de galego das oposicións 2010 Data: 17/06/2010 | Prazos e instrucións admisión alumnado ciclos FP
| Publicado no DOG 17-06-10 os prazos e se ditan instrucións
no procedemento de admisión do alumnado ciclos FP de graos medio e superior en réxime ordinario Data: 17/06/2010 |
 | Actualizado:02/09/2010 |  |
|