A CIG anuncia mobilizacións para exixir a súa retirada. Podes ler o Anteproxecto de Lei anexo a esta nova
03/02/2012
A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe. Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende eliminar o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21 días, pode reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia, de salario, aos traballadores e traballadoras interinos e contratados. A CIG exixirá a reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.
Estes días cumprirase un mes de atraso no cobro do primeiro trimestre xa denunciado pola CIG Ensino en Mesa Sectorial
03/02/2012
A CIG Ensino denuncia publicamente que a Consellaría de Educación aínda non pagou as cantidades asignadas aos colaboradores dos comedores escolares xestionados pola Consellaría de Educación nin ao profesorado que coordina o servizo. Nestes días cumprirase un mes de atraso no pagamento correspondente ao primeiro trimestre, é dicir, este persoal non cobrou nada desde o inicio do curso, e moitas veces esta actividade xéralle gastos.
Posición da CIG Ensino na reforma do sistema educativo
01/02/2012
A conxelación da oferta de emprego terá graves consecuencias para o ensino público. Entre outras, o secretario nacional de CIG-Ensino sinala a redución do profesorado nos centros e a supresión de unidades; a imposibilidade de reducir rateos e a consecuente masificación das aulas; o incremento da impartición de afíns e as itinerancias; o incremento de profesorado interino en condicións máis precarias e centros con cadros de persoal inestábeis e insuficientes para aplicar a redución horaria aos maiores de 55 anos.
Despois de máis dun ano da celebración das eleccións constituíuse a nova mesa sectorial, con quince membros na parte sindical
31/01/2012
Despois de máis dun ano da celebración das eleccións constituíuse a nova mesa sectorial, con quince membros na parte sindical. Deses 15 membros, á CIG-Ensino, organización sindical maioritaria co 43% da representación, correspóndenlle 7. Os 8 restantes distribúense entre UGT, 3, CCOO, 3 e ANPE 2.
A CIG Ensino rexeita a negativa da Consellaría de Educación a realizar unha oferta de emprego público que garanta o profesorado necesario nos centros educativos
31/01/2012
Na Mesa Sectorial reclamada pola CIG Ensino e que se leva a cabo nestes intres, a CIG Ensino esixiu a convocatoria da oferta de emprego público, unha convocatoria absolutamente necesaria para manter a atención educativa nos centros e para crear emprego. A conxelación da oferta significa que non se cubrirán as xubilacións que se están a producir neste curso, por non falar das que xa se produciron o ano pasado e que non foron cubertas, o que se traduce nun déficit de máis de mil docentes no mesmo inicio do curso. CONCENTRACIÓN MAÑÁ MÉRCORES 1 DE FEBREIRO ÁS 11:15 HORAS DIANTE DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN.
A CIG-Ensino vai esixir unha explicación ao feito de que moitos centros públicos aínda non percibisen o 75% das axudas concedidas e que se aboen de inmediato
31/01/2012
A CIG Ensino denuncia que a Consellaría de Educación aínda non realizou o pagamento da totalidade das axudas concedidas a centros públicos para a realización de proxectos de fomento do uso do galego, correspondentes ao curso 2010-2011, e esixe o inmediato pagamento.
Van xa tres anos consecutivos nos que non hai oferta de secundaria e na maioría da formación profesional
26/01/2012
Esta medida supón que para o curso que vén os centros terán menos profesorado, xa que nin sequera se van cubrir, mediante oferta de emprego, as vacantes que se produzan como consecuencia das xubilacións. Trátase, polo tanto, dun recorte máis dos que constantemente vén sometendo o Goberno do Partido Popular ao ensino público.
Vacantes, saúde laboral, axudas equipos de normalización...
01/02/2012
Podedes ler nesta nova os varios da da mesa sectorial, os agrupamos, para unha mellor lectura en contestados e non contestados.
Se se confirma que Galiza, seguindo as ordes de Madrid, non fai oferta de emprego público, repercutirá na atención ao alumnado
27/01/2012
A CIG-Ensino reclamou onte a celebración dunha Mesa Sectorial para tratar a convocatoria de emprego público en Galiza. Hoxe recibimos a convocatoria da mesa para o día 31 de xaneiro.
A CIG-Ensino convocará para o día 1 de febreiro unha concentración reclamando unha oferta de emprego pública que dea cobertura ás necesidades do ensino público en Galiza. Esta concentración celebrarase ás 11:00 diante da Consellaría de Educación.
Constitución da Mesa Docente non Universitaria, información sobre a oferta de emprego
27/01/2012













Éxito rotundo da xornada de folga nos centros públicos de ...
O Ensino irá á folga para frear as agresións contra o ens...
Multitudinaria manifestación en defensa do ensino público ...







