Opos
7/2/2012 A medida supón recuperar os vellos temarios que foran modificados en novembro.
O Ministerio de Educación publica hoxe unha orde no BOE pola que se eliminan os novos temarios para o acceso e ingreso nos corpos docentes. Estes temarios non chegaron a aplicarse, xa que foron publicados en novembro de 2011. A medida implica que se recuperen os temarios anteriores a esta última reforma.
20120201 Por unha oferta de emprego ampla
1/2/2012 Posición da CIG Ensino na reforma do sistema educativo
A conxelación da oferta de emprego terá graves consecuencias para o ensino público. Entre outras, o secretario nacional de CIG-Ensino sinala a redución do profesorado nos centros e a supresión de unidades; a imposibilidade de reducir rateos e a consecuente masificación das aulas; o incremento da impartición de afíns e as itinerancias; o incremento de profesorado interino en condicións máis precarias e centros con cadros de persoal inestábeis e insuficientes para aplicar a redución horaria aos maiores de 55 anos.
Cartaz concentración mércores 1 de febreiro pola necesaria oferta de emprego público
31/1/2012 A CIG Ensino rexeita a negativa da Consellaría de Educación a realizar unha oferta de emprego público que garanta o profesorado necesario nos centros educativos
Na Mesa Sectorial reclamada pola CIG Ensino e que se leva a cabo nestes intres, a CIG Ensino esixiu a convocatoria da oferta de emprego público, unha convocatoria absolutamente necesaria para manter a atención educativa nos centros e para crear emprego. A conxelación da oferta significa que non se cubrirán as xubilacións que se están a producir neste curso, por non falar das que xa se produciron o ano pasado e que non foron cubertas, o que se traduce nun déficit de máis de mil docentes no mesmo inicio do curso. CONCENTRACIÓN MAÑÁ MÉRCORES 1 DE FEBREIRO ÁS 11:15 HORAS DIANTE DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN.
Cartaz concentración mércores 1 de febreiro pola necesaria oferta de emprego público
27/1/2012 Se se confirma que Galiza, seguindo as ordes de Madrid, non fai oferta de emprego público, repercutirá na atención ao alumnado
A CIG-Ensino reclamou onte a celebración dunha Mesa Sectorial para tratar a convocatoria de emprego público en Galiza. Hoxe recibimos a convocatoria da mesa para o día 31 de xaneiro. A CIG-Ensino convocará para o día 1 de febreiro unha concentración reclamando unha oferta de emprego pública que dea cobertura ás necesidades do ensino público en Galiza. Esta concentración celebrarase ás 11:00 diante da Consellaría de Educación.
opositores oposicions
26/1/2012 Van xa tres anos consecutivos nos que non hai oferta de secundaria e na maioría da formación profesional
Esta medida supón que para o curso que vén os centros terán menos profesorado, xa que nin sequera se van cubrir, mediante oferta de emprego, as vacantes que se produzan como consecuencia das xubilacións. Trátase, polo tanto, dun recorte máis dos que constantemente vén sometendo o Goberno do Partido Popular ao ensino público.
boe
18/11/2011 Os temarios do corpo de música e artes escénicas seguen vixentes os anteriores así como nos de Lingua Galega e Literatura
libro
2/11/2011 Non serán definitivos até a súa publicación no BOE
O ministerio de educación acaba de facernos chegar os novos temarios correspondentes ao corpo de profesores de secundaria e aos de profesores técnicos de FP. Evidentemente non son definitivos até a súa publicación.
opositores oposicions
21/10/2011 En breve serán publicados os novos temarios.
Últimas informacións sobre o sistema de acceso e habilitacións en primaria.
opositores oposicions
21/7/2011 Nalgúns tribunais estanse dando notas moi baixas por usar a lingua galega na defensa da programación, cando na especialidade de Primaria se pode defender en calquera das dúas linguas
A CIG-Ensino comproba, un ano máis, que a Consellaría non está a realizar o labor que lle corresponde de supervisión do funcionamento dos tribunais. Como é sabido a presidencia dos tribunais de oposición é nomeada pola Consellaría directamente, cuestión á que a CIG-Ensino se opón reiteradamente, reclamando que sexan por sorteo, ao igual que as comisións de selección. Por este motivo a CIG entende que a Consellaría é a responsábel do funcionamento deficiente que se dá nalgúns tribunais, xa que é ela quen decide que persoas os presiden e formas as comisións, polo que lle esiximos que asuma a súa responsabilidade e vele polo cumprimento da normativa que regula os procedementos selectivos.
 
20/7/2011 Borrador RD de Acceso (Xullo 2011)

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Opos
14/7/2011 Xa podedes consultar o novo borrador de Real Decreto
Amais da postura da CIG Ensino sobre as negociacións podedes ver o último borrador do Real Decreto. A CIG-ENSINO criticou desde o principio as presas do Ministerio de educación por querer negociar xa metidos no verán e nun espazo de tempo tan curto un real decreto tan importante e que vai afectar a milleiros de opositores e opositoras, e en repetidas ocasións solicitamos que se paralizara a negociación até o inicio do vindeiro curso tendo en conta a necesidade de negociar devagar unha norma deste tipo.
Asembleas informativas sobre o novos sistema de oposicions
 
13/6/2011 Fronte a incerteza e inseguridade nas oposicións
A CIG-Ensino reafirmase na posición de que se prorrogue para o ano 2012 o actual sistema transitorio de acceso, para facilitar abrir un proceso de negociación e debate, co obxectivo de conseguir que o modelo a aplicar para o ano 2013 teña o maior consenso posíbel. Esta será a posición que defenderá a CIG-Ensino na reunión convocada polo MEC para o día 21 de xuño.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Asembleas informativas sobre o novos sistema de oposicions
7/6/2011 Asembleas informativas
Con motivo da presentación dun novo borrador para mudar o sistema de acceso á función pública docente (oposicións), diante da incerteza que se xerou ao respecto e para coñecer a túa opinión, temos previsto convocar asembleas en todas as comarcas. Achegámosche a relación de convocatorias para que poidas asistir a aquela na que che sexa máis doada a participación:
opositores oposicions
6/6/2011 Debate sobre un novo sistema de acceso á docencia
O Ministerio de Educación presentounos, o día 2 de xuño, na Mesa do Ensino Público non Universitario do Estado, un borrador de decreto de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades aos corpos docentes totalmente diferente ao actual e ao que estaba previsto aplicar a partir do ano 2012.
Opos
27/5/2011 Oposicións 2011
Publicadas na páxina web da Consellaría de Educación as listaxes provisorias de admitidos e excluídos nos procesos selectivos do ano 2011 para o corpo de mestres e para os corpos de escolas de arte. O prazo de reclamación será de 10 días naturais desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza.
Opos
18/5/2011 Corpos de mestres e secundaria
Consulta desde aquí a composición dos tribunais
Opos
13/4/2011 Baremación dos cursos de máis de 20 h e menos de 30 h
Na convocatoria de oposicións publicada no DOG o pasado 11 de abril, detectamos que os cursos de 20 a 30 h non viñan recollidos no apartado 2.5 de "Formación e Perfeccionamento", como si ocorría na convocatoria anterior. Unha vez que lle trasladamos o erro, a Administración comprometeuse a sacar unha corrección de erros á convocatoria para incluír estes cursos
dog
 
11/4/2011 DOG 11-04-11

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
logo mesa sectorial
7/4/2011 A convocatoria da oferta de emprego publicarase o vindeiro día 11 de abril
O día 7 tivo lugar a Mesa Sectorial en que se trataba a Orde pola que se convocarán as oposicións ao corpo de mestres e de Artes Plásticas e Deseño. A convocatoria publicarase o vindeiro 11 de abril, rematando o prazo para presentar a documentación o día 2 de maio. A CIG-Ensino denunciou, en primeiro lugar, a raquítica oferta de emprego prevista para este ano, criticando que a Consellaría incumpra a súa Lei de Orzamentos, na que se recollía a oferta de todas as vacantes xeradas por xubilación, unhas 1200, limitándose a convocar o 30% das vacantes xeradas por xubilación no curso 2009-2010, seguindo as indicacións do Ministerio, o que non ocorre en todas as Comunidades.
logo galego
18/2/2011 Esiximos a convocatoria da Mesa Sectorial para tratar a Oferta de Emprego Público
En Galiza, e como resultado das demandas da CIG-ENSINO no seu día, os orzamentos recollen que se poderán ofertar todas as vacantes que se produzan por xubilación anticipada, o que a CIG-ENSINO esixirá, reclamando que se convoque o maior número de especialidades e de prazas. E para isto insta á Consellaría a que realice a convocatoria urxente desa Mesa Sectorial.
patio cuberto cpi
 
11/9/2010 Funcionarias e Funcionarios en Prácticas PRIMARIA
Datas das Asembleas de Funcionarios en prácticas de Primaria e CIG Informa aclarándovos as dúbidas dundamentais.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
patio cuberto cpi
 
11/9/2010 Funcioanarios e Funcionarias en Prácticas SECUNDARIA
Datas das Asembleas de funcionarios e funcionarias en prácticas de SECUNDARIA e CIG Informa aclarándovos as dúbidas dundamentais
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
XUNTA
30/8/2010 Oposicións
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación tomou a decisión de modificar os criterios para a confección das listaxes de substitucións e interinidades de xeito inapropiado (daquel persoal que nunca prestou servizos). Até o de agora, unha vez finalizado o proceso de oposición, confeccionábase a listaxe de posíbeis substitutos e substitutas en base á prelación establecida polo resultado do concurso-oposición, así se fixo o pasado ano 2009, en que as probas de acceso se realizaron segundo o procedemento establecido no RD 276/2007, ao que aínda lle resta a convocatoria de 2011. Porén, a Consellaría ven de determinar que non vai seguir o procedemento que viña realizando até o de agora, senón que para este curso soamente vai ter en conta a nota da oposición, sen engadir a ponderación da fase de concurso, como sempre se fixo.
xunta
 
29/4/2010 Tribunais Secundaria
Resultado do sorteo efectuado esta mañá para a elección dos vogais dos tribunais das Oposicions de Secundaria do ano 2010
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
xunta
 
29/4/2010 Tribunais Primaria
Tado do sorteo efectuado esta mañá para a elección dos vogais dos tribunais das Oposicions de Primaria do ano 2010
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
dog
 
5/4/2010 Opos Secundaria
Orde do 16 de marzo de 2010 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
dog
 
25/3/2010 Convocatoria oposición mestres 2010
Orde do 11 de marzo de 2010 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galiza
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
mesa sectorial
26/2/2010 Mesa Sectorial do 25 de Febreiro
A CIG-Ensino valorou como moi negativo e como inaceptábel o permanente ataque deste goberno á nosa lingua, e de cruzada permanente en todo o relacionado con calquera cuestión relacionada coa normalización lingüística. Un docente debe ter coñecemento pleno do noso idioma e difícil vai ser comprobar a competencia cunha validación ou a presentación dun certificado. A capacitación do seu uso oral e escrito queda demostrada realizando polo menos unha das probas en galego, como se viña facendo. Isto liquídase da convocatoria, para a CIG é inaceptábel. Reclamamos que se manteña a proba en galego. É máis a CIG vén defendendo que sexa en galego a totalidade da oposición. No borrador de Primaria aínda poñía que se presentaría a programación en galego, mais agora dísenos que é un erro. É inoportuno, inaceptábel, é unha desconsideración co idioma e coa formación dos docentes.
Publicacións
10/2/2010 Oposicións 2010
A CIG-Ensino denunciou na mesa sectorial do 10 de febreiro a desconsideración da Consellaría ao facer pública ao facer pública nos medios de comunicación a oferta de emprego o pasado sábado, hoxe mesmo cos datos colgados na súa páxina web con antelación ao inicio da propia mesa. Esta actuación é unha burla aos órganos de negociación, onde esta oferta se debería debater antes de se facer pública. Trátase dun exercicio de imposición máis por parte desta Consellaría.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
mec
15/9/2009 Oposicións 2010
Na reunión da Mesa do Ministerio de Educación informouse que non van ser modificados os temarios para a vindeira convocatoria de oposicións se ben tratarán de abrir un proceso de cara a modificalo para as seguintes.