20120131 Mesa Sectorial
1/2/2012 Vacantes, saúde laboral, axudas equipos de normalización...
Podedes ler nesta nova os varios da da mesa sectorial, os agrupamos, para unha mellor lectura en contestados e non contestados.
20120131 Mesa Sectorial
31/1/2012 Despois de máis dun ano da celebración das eleccións constituíuse a nova mesa sectorial, con quince membros na parte sindical
Despois de máis dun ano da celebración das eleccións constituíuse a nova mesa sectorial, con quince membros na parte sindical. Deses 15 membros, á CIG-Ensino, organización sindical maioritaria co 43% da representación, correspóndenlle 7. Os 8 restantes distribúense entre UGT, 3, CCOO, 3 e ANPE 2.
Mesa sectorial 1
20/1/2012 O director xeral mostra, outra vez, o seu odio ao galego e a súa atitude ditatorial
Mira Lema fai gala dunha actitude prepotente. Atrévese a negar o uso da palabra, como así aconteceu na mesa sectorial de 19 de xaneiro, na que impediu que a CIG-Ensino presentase como cuestión previa a forma en que se están a convocar as mesas sectoriais. A Mira Lema moléstalle especialmente a presenza da CIG-Ensino, mostrando a súa animadversión constante que se demostra mesmo na súa reticencia a nomeala.
Mesa sectorial 1
16/1/2012 Programa PIALE, reintegros de gastos por asistencia a actividades formativas, proxectos de currículo ciclos FP
logo mesa sectorial
11/12/2011 Para o seu tratamento en futuras mesas sectoriais
Currículos de Formación Profesional para a súa negociación en futuras mesas sectoriais.
logo mesa sectorial
24/10/2011 Mesa celebrada o luns 24 de outubro de 2011
Nesta nova podes atopar as informacións e os documentos da mesa sectorial sobre o Concurso Xeral de Traslados, Concurso de Orientación e Orde de dirección dos centros residenciais docentes.
logo mesa sectorial
19/10/2011 O luns, 24 de outubro, ás 18.00 horas
Nesta nova podes atopar os documentos dunha futura mesa sectorial sobre o Concurso Xeral de Traslados, Concurso de Orientación e Orde de dirección dos centros residenciais docentes.
rolda de prensa mesa sectorial 27/07/2011
27/7/2011 Todas as organizacións sindicais decidimos non presentármonos na Mesa Sectorial, ante a gravidade dos continuos ataques da Consellaría ao ensino público
A CIG-Ensino e as demais OO.SS. con representación na Mesa sectorial néganse a formar parte dunha pantomima organizada pola Consellaría, cunha convocatoria de Mesa Sectorial na que se profundiza na política de recortes no ensino público do goberno do PP, coas supresións de postos xa comunicadas ao profesorado afectado, desprezando deste xeito a negociación colectiva e os órganos de negociación.
A CIG no MEC
8/7/2011 Desgraciadamente o Ministerio de Educación rexeitou a nosa proposta e manifestou a súa intención de pechar a negociación na Mesa a vindeira semana
O pasado mércores e onte xoves celebrouse en Madrid reunión da Mesa Sectorial de Educación do Estado co obxecto de debatir a proposta de novo sistema de oposicións para o ensino realizada polo Ministerio de Educación. Neste reunión a CIG-Ensino reiterou a súa solicitude de paralización da negociación ao considerar que unha cuestión tan importante para o futuro do sistema educativo e que afecta a milleiros de futuros opositores debe ser negociada con tempo suficiente si de verdade o que se busca é acadar un acordo que permita mellorar o sistema de acceso á función pública docente.
logo mesa sectorial
5/7/2011 Documentos a tratar
Nesta entrada podes ver os documentos que serán tratados na mesa sectorial do estado do 6 de xullo en Madrid.
Mesa sectorial 3
24/6/2011 Mesa Sectorial do 30 de xuño de 2011
Está convocada Mesa Sectorial para o día 30 de xuño de 2011 cos Regulamentos Orgánicos de Centro dos CIFP e Escolas de Arte e superiores de deseño
Declaracións de Anxo Louzao aos medios antes de que os botasen
21/6/2011 Ante a falta de vontade da Consellaría a CIG-Ensino e todas as organizacións sindicais abandonan a Mesa e esixen unha entrevista co Conselleiro de Educación
Hoxe estaba convocada a Mesa Sectorial para tratar, como primeiro punto na orde do día, a anulación do Acordo de 8 de xuño de 2007, para proceder ao incremento do horario lectivo do profesorado, proposta que ten por obxecto reducir o número de profesorado por centro e asignar aos profesorado unha función que non lle corresponde.
logo mesa sectorial
17/6/2011 A mesa está convocada para o xoves 23 de xuño ás 10.30 h
Podes ver nesta nova os documentos para unha futura mesa sectorial. Os ROCs dos Conservatorios e das EOIs.
 
17/6/2011 Borrador Orde ROC EOIs

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
logo mesa sectorial
16/6/2011 A CIG Ensino rexeita absolutamente a proposta da Consellaría de Ampliar o horario lectivo do profesorado
Nesta mesa vanse tratar as seguintes ordes: a Orde pola que se regula a xornada de traballo dos funcionarios docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, a Orde pola que se desenvolve o Decreto polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas, a Orde pola que se establecen as normas de adxudicación provisional de destinos para o curso académico 2011-2012 do corpo de mestres e a Orde pola que se establecen as normas de adxudicación provisional de destinos para o curso académico 2011-2012 dos corpos que imparten ensinanza secundaria.
logo mesa sectorial
8/6/2011 Esta mesa é continuación da celebrada o martes día 7.
Nesta nova podes atopar as ligazóns aos decretos e ordes que serán tratados na mesa sectorial.
logo mesa sectorial
8/6/2011 Información da mesa do 7 de xuño de 2011
Información da Mesa Sectorial do día 7 na que se tratou Ordes pola que se regula a acreditación e orde de cualificación das ensinanzas de formación profesional inicial. Ademais doutros temas tratados (CIFP, relixión para as matrículas de honra, prescolar na casa, avaliación do diagnóstico, licenzas por estudo, matrícula gratuíta na universidade,...)
Mesa sectorial 1
31/5/2011 Mesa sectorial o 7 de xuño
Mesa sectorial o 7 de xuño ás 10:00 h.Tratarase as seguintes ordes. Proxecto de Decreto polo que se regula a cobertura de diversas prazas en réxime de comisión de servizos por persoal funcionario docente que imparte as ensinanzas reguladas na LOE. Orde pola que se convoca concurso de méritos para cubrir prazas de persoal asesor na consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Orde pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado, das ensinanzas de formación profesional inicial. Orde pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na CAG
sala profes xelmirez
27/5/2011 Información da mesa sectorial do 26 de maio
A falta de criterios obxectivos para seleccionar ás asesoras e asesores fai prever que poidan estar seleccionados de antemán. Na mesa sectorial do ensino realizada hoxe, tratouse o proxecto de orde pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras dos centros de formación e recursos e de persoas asesoras do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.
profesor pizarra branca
26/5/2011 A falta de criterios obxectivos para seleccionar ás asesoras e asesores fai prever que poidan estar seleccionados de antemán
Esta nova estrutura da formación do profesorado constata a desconsideración da Consellaría co profesorado. A formación é un alicerce fundamental para a actualización, renovación e innovación da práctica docente, que sen lugar a dúbidas reverte positivamente na calidade do ensino. Nesta entrada teredes a máis da nosa valoración toda a información sobre a mesa de hoxe 26 de maio na que se tratou o proxecto de orde pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras dos centros de formación e recursos e de persoas asesoras do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.
Mesa sectorial 2
24/5/2011 Non aceptaron tampouco ningunha proposta a respecto dos Contratos Programa
A CIG-Ensino reclamou que o Calendario Escolar non supere os 175 días lectivos establecidos na LOE. Tampouco no tratamento desta Resolución a Consellaría aceptou proposta ningunha. A CIG-Ensino reclamou a retirada desta resolución por tratarse dunha proposta mercantilista que vai introducir diferenzas entre os centros educativos e que non serve para acadar o obxectivo fundamental que para a CIG-Ensino é a erradicación do fracaso escolar e, o que é peor, que non asume o principio de que a Educación é un dereito de todas e todos que a Administración educativa ten que garantir de tal maneira que se facilite a igualdade de oportunidades.
calendario
20/5/2011 O próximo martes está convocada a Mesa Sectorial Docente para tratar entre outros temas o calendario escolar para o curso 2011-2012.
A CIG-Ensino vai esixir que o calendario escolar non supere os 175 días lectivos, establecidos na LOE. De acordo con isto proporá que o descanso de Nadal comece o día 22 de decembro, inclusive, e que o período de descanso da Semana Santa sexa do día 5 ao 13 de abril, ambos os dous inclusive, é dicir comezando o xoves santo e prolongándose na semana seguinte, proposta que unificaría o calendario de vacacións en Galiza. Do contrario a CIG-Ensino proporá que o curso comece o día 12 para Infantil e Primaria e o 19 para Secundaria, rematando o 21 e o 22 de xuño respectivamente.
Mesa sectorial 1
13/5/2011 Mesa Sectorial, o martes 24 de maio de 2011. Tratarase o Calendario Escolar e a resolución pola que se estabelecen as bases coas que se regulan os contrato programa e para a selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar
Mesa Sectorial o xoves 19 de maio de 2011. Tratarase o calendario escolar e contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria.
calendario
 
6/5/2011 Será tratado na mesa do vindeiro xoves 12 de maio
Borrador de calendario escolar para o curso 2011/2012, como sempre estaremos atentas e atentos ás vosas suxestións sobre o mesmo. O borrador será tratado na mesa do xoves 12 de maio.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
logo mesa sectorial
5/5/2011 A CIG-ENSINO denuncia que a Consellaría de Educación non asume o seu compromiso efectivo coa atención á diversidade nos centros educativos dotándoos de máis profesorado
Este proxecto de Decreto é moi xenérico e indefinido. Non se fixan recursos, nin medios, nin cadros de persoal, nin ratios... Un Decreto non ten que baixar ás particularidades, mais debe de recoller referencias básicas sobre determinados aspectos, que impidan que se dean situacións de abuso ou de interpretación que sexan contraproducentes.
lapices
5/5/2011 Proxecto de decreto atención á diversidade tratado na mesa sectorial do 05-05-11
Hoxe debateuse na mesa sectorial o proxecto de decreto de atención á diversidade. A CIG-Ensino criticou que se trata dun proxecto moi xenérico e indefinido, no que non se fixan recursos, nin medios, nin cadros de persoal, nin rateos... o que abre serias dúbidas sobre a aplicación efectiva do Decreto. Desde a CIG-Ensino valoramos que estamos ante unha proposta ambigua e inconcreta que, se non se corrixe, non vai significar o avance que a atención á diversidade precisa. Ademais criticamos que a Consellaría non dese o tempo suficiente para que este borrador tan importante puidese ser debidamente valorado cos centros educativos.
Nenos primaria
 
3/5/2011 Borrador do Proxecto de Decreto polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador