20120222 Concentración Consorcio
22/2/2012 Concentráronse en contra da privatización das escolas infantís (Galiñas Azuís) e centros de día, en demanda da aplicación do Convenio e en defensa da consolidación dos postos de traballo
A concentración forma parte dunha serie de mobilizacións que terán a súa continuidade o próximo sábado 25 de abril cunha manifestación nacional en Compostela. A CIG agarda que antes desta mobilización o Xerente do Consorcio reciba ás representantes das traballadoras e traballadores para dar resposta á situación de inseguridade na que se atopan.
20120125 Concentración Non Privatización Consorcio
17/2/2012 CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
Nesta nova podes ver as imaxes das concentracións do venres 17 de febreiro. CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
20111123 Concentración Galescola Rianxo
17/2/2012 As medidas foron anunciadas en rolda de prensa por Laura Estévez (presidenta comité de empresa do Consorcio), Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG Ensino) e María Carme López Santamariña (Secretaria Nacional da CIG Administración).
A CIG presentou hoxe, en rolda de prensa, as mobilizacións acordadas na asemblea de traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (centros de día, escolas infantís “Galiñas Azuis”, oficinas I+B e centros Quérote), en contra da privatización destas escolas infantís e centros de día, en demanda da aplicación do Convenio Único e en defensa da consolidación dos postos de traballo.
Galescola con reixa
 
16/2/2012 CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20120125 Concentración Non Privatización Consorcio
 
13/2/2012 Todas as medidas desembocarán nunha manifestación nacional e posterior asemblea o sábado 25 de febreiro
CONVENIO XA!!!. Non á privatización do Consorcio. Estabilidade no Posto de traballo.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Galescola con reixa
 
10/2/2012 Sábado 11 ás 11:30 no IES de Fontiñas (FP). Rúa Estocolmo.
Dada a gravidade das cuestións a informar e tratar é moi importante a vosa asistencia. A Asemblea celebrarase no IES de Fontiñas (FP), sito na rúa Estocolmo de Compostela (Zona de Fontiñas - Área Central).
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Galescola con reixa
9/2/2012 dado a gravidade dos anuncios do Xerente, a CIG convocará unha Asemblea este sábado, 11 de febreiro, ás 11:30 da mañá na cidade de Compostela
O Secretario Nacional da CIG Ensino mostrou o descontento das traballadoras e traballadores coas medidas anunciadas, posto que coa normativa actual, a integración non garantirá os postos de traballo, e volveu esixir a aplicación do V convenio para as traballadoras e traballadores do consorcio, mostrando que non entendíamos como tendo un Convenio Negociado aínda non se aplicara.
20120125 Concentración Non Privatización Consorcio
25/1/2012 Exixiron, ademais, o inicio das negociacións para a integración do persoal laboral do Consorcio no V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza
O pasado 17 de xaneiro, o Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais iniciaba a carreira privatizadora das escolas infantís “Galiña Azul”, coa publicación no DOG da privatización da xestión da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra. A partir desa data, sucedíanse os anuncios de licitación da xestión privada doutras escolas infantís: Betanzos, Carballo, O Pino, Coristanco. Para manifestar a súa rotunda oposición a este proceso de privatización, delegadas e delegados de CIG concentrábanse esta mañá, diante do edificio do Consorcio.
Galiña Azul (presentación)
18/1/2012 Comeza a campaña de desmantelamento das escolas infantís “A Galiña Azul” como servizo público acudindo fraudulentamente á vía de urxencia.
O Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais comezou no día de onte, 17 de xaneiro, a carreira para privatizar as novas escolas infantís que abrirán as portas proximamente. Fíxoo anunciando no DOG a privatización da escola infantil de Monteporreiro (Pontevedra). Hoxe, 18 de xaneiro, anúnciase a licitación da xestión privada das escolas de Betanzos e Carballo. Estes novos centros educativos formarán parte da rede de Galescolas creada polo anterior goberno da Xunta mais serán as primeiras en ter unha xestión privada.
Escola infantil Galiña Azul
17/1/2012 No DOG de hoxe, 17 de xaneiro, anúnciase a licitación da xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra
A CIG Ensino denuncia que a Xunta de Galiza inicia a privatización das novas escolas de educación infantil “Galiña Azul”. En outubro de 2011 a CIG Ensino denunciou publicamente que a Xunta de Galiza tiña a pretensión de privatizar 17 escolas infantís, todas elas de nova apertura.
Cartaz Asemblea Consorcio
 
13/12/2011 Sábado 17 ás 11 horas nos locais de NovaGaliciaBanco (Rúa do Vilar 19) en Compostela

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20111123 Peche Consorcio
23/11/2011 Peche e concentracións nos centros de traballo esixían a apertura de negociacións do convenio
Delegadoas e delegados da CIG do Consorcio Galego de Igualdade péchanse na sede central do organismo en demanda da aplicación do convenio laboral da Xunta de Galiza. Simultaneamente houbo concentracións diante dos centros de traballo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. AO FINAL DESTA NOVA TES UNHA LIGAZÓN Á GALERÍA DE FOTOS DO PECHE E CONCENTRACIÓNS.
consorcio
22/11/2011 Denuncia a situación de total abandono das traballadoras e traballadores do Consorcio
A CIG esixe ao Consorcio Galego de igualdade e Benestar unha entrevista co xerente do Consorcio para dar unha resposta inmediata ás demandas das traballadoras e traballadores.
20111102 Pancarta entrega Sinaturas
2/11/2011 Esixindo unha resposta inmediata ás súas demandas, a máis dunha entrevista co Xerente do Servizo Galego de Igualdade e Benestar
A CIG esixe ao Consorcio Galego de igualdade e Benestar unha entrevista co xerente do Consorcio para dar unha resposta inmediata ás demandas das traballadoras e traballadores.
Galescola con reixa
5/10/2011 A Xunta de Galiza en lugar de optar por servizos públicos de calidade opta por engrosar os dividendos das grandes empresas
A CIG-Ensino baixo ningún concepto vai aceptar que a Administración galega opte por entregar a empresas que moitas veces nada teñen que ver co ámbito educativo a xestión e o modelo educativo de 0 a 3 anos.
galescolas
4/7/2011 É esta a aposta pola calidade do sistema educativo galego da administración galega?
A CIG-Ensino, amais de denunciar esta situación, vai esixir ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que se mellore e se faga pública a xestión das listas de contratación e substitución, aplicando os criterios que se aplican para o resto do persoal da Xunta.
galescolas
 
17/6/2011 Comezamos unha recollida de sinaturas
Esiximos: 1. Que se inicie un proceso negociador para aplicar todo o persoal do Consorcio no Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia. 2. Que se resolvan todas as irregularidades que se están a dar na actualidade no que ten que ver coa xestión das listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, falla de recursos materiais e humanos, despedimentos, oferta formativa insuficiente, etc 3. Que se mellore e se faga pública a xestión das listas de contratación e substitución, aplicando os criterios que se aplican para o resto do persoal da Xunta. 4. Que se atendan en tempo e forma as demandas das diferentes necesidades dos centros. 5. Que co obxecto de estabilizar os cadros de persoal é necesario negociar o acceso a condición de laboral fixo.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
 
12/5/2011 Vacacións no Consorcio
Xa o pasado 3 de maio a CIG-Ensino presentou un escrito dirixido ao Xerente do Consorcio para demandar que de inmediato dera ordes de substituír a todas as traballadoras e traballadores nos seus períodos vacacionais, sen excepcións nin desculpas de ningún tipo. Este escrito era presentado despois de constatar desde o sindicato que o Consorcio non estaba a realizar estas substitucións e que utilizaba esta circunstancia como medida de presión contra as Escolas, para obrigalas a cambiar o calendario de vacacións das traballadoras e os traballadores.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
 
5/5/2011 Escrito dirixido ao Sr. Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:
Consulta o escrito con data 3 de maio de 2011
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
22/12/2010 O xoves 16 de decembro na reunión de delegagas do Consorcio decidiuse solicitar unha entrevista co xerente, que de non ter unha resposta satisfactoria retomaríamos as mobilizacións.
Son moitas as cuestións e é abundante a problemática laboral que segue sen resolverse pola xerencia do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, malia as repetidas reclamacións tanto dos comités de empresa como da propia CIG, ao mesmo tempo que o conxunto das traballadoras e traballadores seguen sen gozar de Convenio Colectivo.
Galescola con reixa
1/12/2010 Nenos/as e traballadoras/es teñen que soportar baixas temperaturas por un problema no sistema de climatización que se coñece dende o verán
A CIG-Ensino de A Coruña quere trasladar o seu apoio ás traballadoras/es e ao equipo directivo da Galescola de Cambre, que se atopan en pésimas condicións por mor dos problemas de calefacción, que obrigan ao persoal e aos cativos/as a soportar temperaturas que non superan os 15 graos. O persoal do centro informara por escrito ao Concello das eivas no sistema de climatización a primeiros de xullo, mais o goberno municipal non adoptou medidas correctoras.
consorcio
9/9/2010 Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
A CIG vén de facer públicas as sentenzas que declaran improcedentes 52 dos 61 despedimentos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e nulos outros 5. A xustiza tan só deu a razón á administración en dous dos despedimentos e noutros dous casos non houbo sentenza porque non se presentou demanda. Tamén obriga á Xunta de Galiza a pagar indemnizacións de entre 15.000 e 16.000 euros a cada un dos traballadores/as despedidos e os salarios de tramitación. Para a CIG, que fixo públicos estes datos hoxe en rolda de prensa, o resultado das demandas é demoledor. Por iso reclama da Xunta de Galiza a readmisión de todas/os traballadoras/es e a restitución do servizo público que se viña prestando desde o Consorcio.
Publicacións
1/7/2010 Sentenza contra os servizos mínimos do Consorcio
En resposta ao recurso presentado pola CIG a Sentenza do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Compostela do 22 de xuño de 2010 declara os Servizos mínimos ditados polo Consorcio contrarios ao dereito de folga e declara a nulidade dos mesmos por vulnerar o artigo 28 da Constitución
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
 
3/6/2010 Servizos Mínimos
Servizos Mínimos no Consorcio para a folga do 8 de xuño
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
26/5/2010 Actitude intolerante e prepotente do xerente
Néganse a recibir ás delegadas e delegados da CIG para falar da aplicación do Convenio, xa negociado, e da situación actual e futura do Consorcio. As delegadas e delegados do Consorcio de servizos de Igualdade e Benestar, pechados hoxe, 26 de maio, desde as 11:30 até que as 13:00 horas, foron desaloxados pola policía por orde do Xerente do Consorcio.
Publicacións
9/5/2010 Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
O Consorcio comunica a desaparición do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar sen que a día de hoxe nin as traballadoras e traballadores nin a representación sindical saiban cal vai ser o futuro das traballadoras e traballadores e do propio Consorcio.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
29/4/2010 CIG-INFORMA CONSORCIO. PECHE
Vén de cumprirse un ano desde que o Partido Popular asumiu o goberno da Xunta de Galiza e desde o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Convenio, xa negociado, segue sen asinarse.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
28/4/2010 Esiximos que se poña data xa para as negociacións
As delegadas e delegados do Consorcio de servizos de Igualdade e Benestar, pechados hoxe, 28 de abril, desde as 11:30 até que as 13:00 horas, foron desaloxados pola policía por orde do Xerente do Consorcio.
consorcio
 
16/4/2010 Boletín informativo sobre o convenio
A pesar de as organizacións sindicais comunicar a súa vontade de sentarse a negociar e logo de aprazar a última reunión convocada, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar segue a facer oídos xordos á demanda dos traballadores e traballadoras.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
8/3/2010 Logo do aprazamento da reunión
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar remitiu un correo no que anunciou para os vindeiros días a convocatoria da Mesa de Negociación, despois do aprazamento da mesma comunicada o pasado 5 de febreiro. Agardamos que se faga coa máxima premura, dado o retraso que leva a sinatura do Convenio.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador