20120222 Concentración Consorcio
22/2/2012 Concentráronse en contra da privatización das escolas infantís (Galiñas Azuís) e centros de día, en demanda da aplicación do Convenio e en defensa da consolidación dos postos de traballo
A concentración forma parte dunha serie de mobilizacións que terán a súa continuidade o próximo sábado 25 de abril cunha manifestación nacional en Compostela. A CIG agarda que antes desta mobilización o Xerente do Consorcio reciba ás representantes das traballadoras e traballadores para dar resposta á situación de inseguridade na que se atopan.
20120125 Concentración Non Privatización Consorcio
17/2/2012 CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
Nesta nova podes ver as imaxes das concentracións do venres 17 de febreiro. CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
folga xeral
17/2/2012 O secretariado confederal acordou esta mañá fixar xa a data da convocatoria
O Secretariado Confederal da CIG, reunido este venres, día 17 de febreiro, acordou fixar a data da convocatoria de folga xeral para o día 29 de marzo. Así o comunicou o secretario xeral, Suso Seixo, quen explicou que para tomar esta decisión tívose en conta que durante o mes de marzo entrarán a debate, no Congreso, a reforma laboral e os Orzamentos Xerais do Estado e que para esa mesma data, tamén convocou folga xeral a maioría sindical vasca.
20111123 Concentración Galescola Rianxo
17/2/2012 As medidas foron anunciadas en rolda de prensa por Laura Estévez (presidenta comité de empresa do Consorcio), Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG Ensino) e María Carme López Santamariña (Secretaria Nacional da CIG Administración).
A CIG presentou hoxe, en rolda de prensa, as mobilizacións acordadas na asemblea de traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (centros de día, escolas infantís “Galiñas Azuis”, oficinas I+B e centros Quérote), en contra da privatización destas escolas infantís e centros de día, en demanda da aplicación do Convenio Único e en defensa da consolidación dos postos de traballo.
20120216 Concentracións Funcionariado I
16/2/2012 As organizacións sindicais pídenlle ao Goberno galego que escoite as demandas o persoal e retire o anteproxecto de lei
Miles de traballadores e traballadoras do sector público galego volveron manifestar este xoves o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público con concentracións simultáneas nos distintos centros de traballo de todo o País. Mentres o Consello da Xunta abordaba a aprobación do proxecto de lei, dende as organizacións sindicais convocantes (CIG, CCOO, UGT e CSI-F) demandaron do Goberno galego a retirada do mesmo e a apertura de ámbitos de negociacións real non baseados na imposición, no recorte de dereitos sociais e económicos do persoal nin no desmantelamento dos servizos públicos.
Galescola con reixa
 
16/2/2012 CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Concentración ante a Xunta
16/2/2012 O Goberno presentou á Comisión de Persoal un novo texto con pequenas modificacións, que foi rexeitado por todas as organizacións sindicais
A Xunta de Galiza confirmou a súa aposta pola vía da imposición fronte á negociación durante a reunión da Comisión de Persoal que tivo lugar este mércores por mor do anteproxecto de Lei de Medidas Extraordinarias no Emprego Público. As organizacións sindicais votaron en contra deste texto e volveron demandar a retirada deste proxecto de lei que suporá un grave recorte dos dereitos laborais e económicos do persoal aos servizo das administracións galegas e un deterioro na calidade dos servizos públicos. Ao mesmo tempo, centros de traballadores e traballadoras concentrábanse ás portas da EGAP, onde tivo lugar a xuntanza, para amosar a súa oposición a estas regresivas medidas.
Cartaz Mobilizacións 23 de febreiro
14/2/2012 Non aos recortes dos nosos dereitos. Na defensa dos servizos públicos
As mobilizacións previstas en contra das Medidas da Xunta contra as empregadas e empregados públicos son as seguintes:
20120125 Concentración Non Privatización Consorcio
 
13/2/2012 Todas as medidas desembocarán nunha manifestación nacional e posterior asemblea o sábado 25 de febreiro
CONVENIO XA!!!. Non á privatización do Consorcio. Estabilidade no Posto de traballo.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Galescola con reixa
 
10/2/2012 Sábado 11 ás 11:30 no IES de Fontiñas (FP). Rúa Estocolmo.
Dada a gravidade das cuestións a informar e tratar é moi importante a vosa asistencia. A Asemblea celebrarase no IES de Fontiñas (FP), sito na rúa Estocolmo de Compostela (Zona de Fontiñas - Área Central).
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Concentracion area publica
10/2/2012 Convocan outra concentración, este venres 10 de febreiro, diante da EGAP, a partir das 13:00 horas, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral do emprego público de Galiza
Máis de 3.000 traballadores e traballadoras do sector público déronse cita esta mañá diante de San Caetano, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta. O que inicialmente estaba previsto como unha concentración de delegados e delegadas converteuse finalmente nunha masiva mobilización á que se sumou todo o persoal que por proximidade ou por quendas puido ir a manifestar o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes propostos polo goberno do PP. O persoal, que participou masivamente nas asembleas convocadas polas organizacións sindicais, chegou a fletar autobuses desde diversos puntos de Galiza para sumarse a esta mobilización convocada con carácter de urxencia.
Galescola con reixa
9/2/2012 dado a gravidade dos anuncios do Xerente, a CIG convocará unha Asemblea este sábado, 11 de febreiro, ás 11:30 da mañá na cidade de Compostela
O Secretario Nacional da CIG Ensino mostrou o descontento das traballadoras e traballadores coas medidas anunciadas, posto que coa normativa actual, a integración non garantirá os postos de traballo, e volveu esixir a aplicación do V convenio para as traballadoras e traballadores do consorcio, mostrando que non entendíamos como tendo un Convenio Negociado aínda non se aplicara.
Opos
7/2/2012 A medida supón recuperar os vellos temarios que foran modificados en novembro.
O Ministerio de Educación publica hoxe unha orde no BOE pola que se eliminan os novos temarios para o acceso e ingreso nos corpos docentes. Estes temarios non chegaron a aplicarse, xa que foron publicados en novembro de 2011. A medida implica que se recuperen os temarios anteriores a esta última reforma.
Concentración Área Pública
7/2/2012 A CIG non desbota a posibilidade de folga se ao final a Xunta continuaba adiante coa Lei
Para a CIG-Ensino son gravísimas as novas medidas, presentadas pola Conselleira de Facenda, o venres día 4 de febreiro, que a Xunta do PP pretende aplicar. Amosamos o noso máis rotundo rexeitamento. Estas novas medidas, ás que lle hai que sumar a redución salarial que estamos sufrindo, implican novos e graves recortes nas condicións laborais e salariais do persoal da administración e sector público galego e un deterioro dos servizos públicos.
recortes masivos
3/2/2012 A CIG anuncia mobilizacións para exixir a súa retirada. Podes ler o Anteproxecto de Lei anexo a esta nova
A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe. Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende eliminar o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21 días, pode reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia, de salario, aos traballadores e traballadoras interinos e contratados. A CIG exixirá a reconsideración e  retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.
comedor cesuras
3/2/2012 Estes días cumprirase un mes de atraso no cobro do primeiro trimestre xa denunciado pola CIG Ensino en Mesa Sectorial
A CIG Ensino denuncia publicamente que a Consellaría de Educación aínda non pagou as cantidades asignadas aos colaboradores dos comedores escolares xestionados pola Consellaría de Educación nin ao profesorado que coordina o servizo. Nestes días cumprirase un mes de atraso no pagamento correspondente ao primeiro trimestre, é dicir, este persoal non cobrou nada desde o inicio do curso, e moitas veces esta actividade xéralle gastos.
20120131 Mesa Sectorial
1/2/2012 Vacantes, saúde laboral, axudas equipos de normalización...
Podedes ler nesta nova os varios da da mesa sectorial, os agrupamos, para unha mellor lectura en contestados e non contestados.
20120201 Por unha oferta de emprego ampla
1/2/2012 Posición da CIG Ensino na reforma do sistema educativo
A conxelación da oferta de emprego terá graves consecuencias para o ensino público. Entre outras, o secretario nacional de CIG-Ensino sinala a redución do profesorado nos centros e a supresión de unidades; a imposibilidade de reducir rateos e a consecuente masificación das aulas; o incremento da impartición de afíns e as itinerancias; o incremento de profesorado interino en condicións máis precarias e centros con cadros de persoal inestábeis e insuficientes para aplicar a redución horaria aos maiores de 55 anos.
20120131 Mesa Sectorial
31/1/2012 Despois de máis dun ano da celebración das eleccións constituíuse a nova mesa sectorial, con quince membros na parte sindical
Despois de máis dun ano da celebración das eleccións constituíuse a nova mesa sectorial, con quince membros na parte sindical. Deses 15 membros, á CIG-Ensino, organización sindical maioritaria co 43% da representación, correspóndenlle 7. Os 8 restantes distribúense entre UGT, 3, CCOO, 3 e ANPE 2.
Cartaz concentración mércores 1 de febreiro pola necesaria oferta de emprego público
31/1/2012 A CIG Ensino rexeita a negativa da Consellaría de Educación a realizar unha oferta de emprego público que garanta o profesorado necesario nos centros educativos
Na Mesa Sectorial reclamada pola CIG Ensino e que se leva a cabo nestes intres, a CIG Ensino esixiu a convocatoria da oferta de emprego público, unha convocatoria absolutamente necesaria para manter a atención educativa nos centros e para crear emprego. A conxelación da oferta significa que non se cubrirán as xubilacións que se están a producir neste curso, por non falar das que xa se produciron o ano pasado e que non foron cubertas, o que se traduce nun déficit de máis de mil docentes no mesmo inicio do curso. CONCENTRACIÓN MAÑÁ MÉRCORES 1 DE FEBREIRO ÁS 11:15 HORAS DIANTE DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN.
Cartaz concentración mércores 1 de febreiro pola necesaria oferta de emprego público
30/1/2012 Concentración mércores 1 de febreiro ás 11 h diante da Consellaría de Educación
Cartaz concentración mércores 1 de febreiro pola necesaria oferta de emprego público
27/1/2012 Se se confirma que Galiza, seguindo as ordes de Madrid, non fai oferta de emprego público, repercutirá na atención ao alumnado
A CIG-Ensino reclamou onte a celebración dunha Mesa Sectorial para tratar a convocatoria de emprego público en Galiza. Hoxe recibimos a convocatoria da mesa para o día 31 de xaneiro. A CIG-Ensino convocará para o día 1 de febreiro unha concentración reclamando unha oferta de emprego pública que dea cobertura ás necesidades do ensino público en Galiza. Esta concentración celebrarase ás 11:00 diante da Consellaría de Educación.
Mesa sectorial 3
27/1/2012 Constitución da Mesa Docente non Universitaria, información sobre a oferta de emprego
opositores oposicions
26/1/2012 Van xa tres anos consecutivos nos que non hai oferta de secundaria e na maioría da formación profesional
Esta medida supón que para o curso que vén os centros terán menos profesorado, xa que nin sequera se van cubrir, mediante oferta de emprego, as vacantes que se produzan como consecuencia das xubilacións. Trátase, polo tanto, dun recorte máis dos que constantemente vén sometendo o Goberno do Partido Popular ao ensino público.
20120125 Concentración Non Privatización Consorcio
25/1/2012 Exixiron, ademais, o inicio das negociacións para a integración do persoal laboral do Consorcio no V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza
O pasado 17 de xaneiro, o Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais iniciaba a carreira privatizadora das escolas infantís “Galiña Azul”, coa publicación no DOG da privatización da xestión da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra. A partir desa data, sucedíanse os anuncios de licitación da xestión privada doutras escolas infantís: Betanzos, Carballo, O Pino, Coristanco. Para manifestar a súa rotunda oposición a este proceso de privatización, delegadas e delegados de CIG concentrábanse esta mañá, diante do edificio do Consorcio.
20120125 Amparo Valedor Páxina Web Consellaría
23/1/2012 Uso propagandístico da web da Consellaría
A CIG-Ensino rexistraba esta mañá, no Valedor do Pobo unha queixa contra a consellaría de Educación polo uso “fraudulento e partidario” da web institucional da consellaría. Web que, segundo denunciou Anxo Louzao, “ataca, terxiversa e falsea as posicións da CIG-Ensino, sen que nin sequera teña dereito de réplica”.
Xunta. Edificio San Caetano lateral
20/1/2012 Supón a privatización dun servizo que debería prestar a propia Consellaría
A CIG Ensino quere denunciar que o servizo de asistencia xurídica do que a Consellaría fixo alarde estes días pasados non só é unha privatización dun servizo que debería prestar a Consellaría e unha burla ao profesorado ao ultralimitar a súa eficacia, impedindo consultas que non lle interesen á Xunta de Galiza.
Mesa sectorial 1
20/1/2012 O director xeral mostra, outra vez, o seu odio ao galego e a súa atitude ditatorial
Mira Lema fai gala dunha actitude prepotente. Atrévese a negar o uso da palabra, como así aconteceu na mesa sectorial de 19 de xaneiro, na que impediu que a CIG-Ensino presentase como cuestión previa a forma en que se están a convocar as mesas sectoriais. A Mira Lema moléstalle especialmente a presenza da CIG-Ensino, mostrando a súa animadversión constante que se demostra mesmo na súa reticencia a nomeala.
Xunta. Edificio San Caetano lateral
19/1/2012 A Consellaría de Educación búrlase do profesorado
A CIG Ensino denuncia que continúa o ciclón privatizador. Despois de denunciar o inicio da privatización das escolas infantís, a primeira vez que se pon en mans privadas a xestión dun servizo educativo público o que supón un feito dunha enorme gravidade, hoxe, 19 de xaneiro temos que denunciar que se pon en mans privadas, nada menos que a atención ao profesorado que lle corresponde á Consellaría.
Galiña Azul (presentación)
18/1/2012 Comeza a campaña de desmantelamento das escolas infantís “A Galiña Azul” como servizo público acudindo fraudulentamente á vía de urxencia.
O Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais comezou no día de onte, 17 de xaneiro, a carreira para privatizar as novas escolas infantís que abrirán as portas proximamente. Fíxoo anunciando no DOG a privatización da escola infantil de Monteporreiro (Pontevedra). Hoxe, 18 de xaneiro, anúnciase a licitación da xestión privada das escolas de Betanzos e Carballo. Estes novos centros educativos formarán parte da rede de Galescolas creada polo anterior goberno da Xunta mais serán as primeiras en ter unha xestión privada.