26/1/2012 CIG INFORMA informativo sobre a orde de habilitacións

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20111126 Presidente Comité Preescolar na Casa
11/1/2012 O Parlamento Galego admite a trámite a ILP presentada para a supervivencia do Programa Preescolar na Casa
O Comité de Empresa de Preescolar na Casa e os sindicatos representados nel, así como todas as traballadoras e traballadores de Preescolar na Casa queremos comunicar á opinión pública a resolución por parte da Consellería de Traballo do ERE presentado pola Fundación e que ten como consecuencia inmediata o despedimento de 11 compañeiras
dog
 
20/12/2011 Por un convenio de ámbito galego que garanta a continuidade e calidade do servizo e mellore as condicións de traballo do persoal
Como xa temos informado con anterioridade, xa se constituíu a Mesa Negociadora do XIV Convenio Colectivo de ámbito estatal, que desenvolverá as reunións a partir do día 14 de decembro. En base á experiencia das negociacións anteriores, e co precedente recente da sinatura o pasado día 29 de outubro do “Acordo de Sostenibilidade do Sector” por parte das patronais máis importantes, e as organizacións sindicais CCOO e UGT (que fala de contención salarial, flexibilidade funcional e da mobilidade, eliminación do complemento de antigüidade e creación doutro ligado aos “méritos”, acordos concretos dentro da empresa, etc.), xa se pode sospeitar que, unha vez máis, ese marco de negociación, rematará coma os outros, é dicir, coa perda de dereitos e empeoramento das xa de por si precarias condicións que se recollen no texto actual. Desta vez, ademais, está o argumento da crise como disculpa para que paguen as súas consecuencias os/as de sempre, os/as traballadores/as e, en consecuencia o propio servizo e os seus usuarios.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Concentración 20111219 CCE 1
19/12/2011 Tamén entregaron no rexistro un escrito esixindo unha entrevista urxente na que tratar o futuro destes centros
Cómpre considerar que os Centros e Programas existentes en Galiza no sector da Atención á Discapacidade cumpren unha función social fundamental e atenden un servizo público que a propia Administración non é quen de ofertar neste momento. A práctica totalidade dos centros están xestionados por entidades sen ánimo de lucro, xurdidas única e exclusivamente da iniciativa de persoas con discapacidades, ben de xeito directo, ben por vinculación familiar, polas distintas necesidades/realidades ás que atenden, tendo pois como obxectivo prioritario a mellora da calidade de vida e polo tanto do servizo e non a súa rendibilidade, matiz diferenciador claro se as comparamos con outro tipo de empresas privadas de servizos que están tratando de introducirse no sector
ILP Preescolar na Casa Rexistro
13/12/2011 A CIG-Ensino denuncia que o PP quere a desaparición de Preescolar na Casa porque o programa se desenvolve integramente en galego
Traballadores/as de Preescolar na Casa, acompañados por representantes da CIG, nomeadamente o secretario comarcal da CIG de Lugo, Xosé Ferreiro, e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, presentaban esta mañá, no rexistro do Parlamento de Galiza, unha Iniciativa Lexislativa Popular en demanda de que goberno autonómico incorpore o servizo de Preescolar na Casa dentro dos propios da administración pública galega no ensino público.
20111126 Cabeceira 2 e CIG manifestación Preescolar na Casa
26/11/2011 Neste momento o persoal de preescolar na casa están sufrindo un ERE que afecta a 38 traballadoras e traballadores.
Máis de mil persoas percorreron hoxe as rúas de Lugo para esixir da xunta de Galiza o mantemento do programa Preescolar na Casa que atende a máis de 4000 familias en toda Galiza fundamentalmente no ámbito rural e no que traballan 43 profesionais
Rolda de prensa Preescolar na Casa 20111114
14/11/2011 A consellaría de Traballo retira todas as subvencións abocando este servizo público ao peche e os seus traballadores ao paro
Tras do anuncio do PP de eliminar o programa de Preescolar na Casa, deixando a máis de 4.000 familias sen este servizo e abocando aos seus 42 traballadores/as ao paro, membros do Comité de Empresa, acompañados polo secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao e polo secretario comarcal da CIG de Lugo, Xosé Ferreiro, anunciaban, esta mañá, en rolda de prensa, a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular para demandar do Parlamento galego a aprobación dunha lei pola que se acorde que a Xunta de Galiza absorba tanto o servizo como aos seus traballadores/as. Así mesmo, informaron tamén da convocatoria dunha manifestación para o día 26 de novembro, en Lugo, que vai contar co apoio da CIG.
Preescolar na casa 21-10-2011
23/10/2011 Traballadores/as e pais e nais reclaman á Xunta o mantemento das axudas a un servizo público e gratuíto con máis de 20 anos de historia
Persoal do programa Preescolar na Casa, pais e nais afectados/as e sindicalistas da CIG participaron este venres nas concentracións simultáneas desenvolvidas diante das Delegacións provinciais de Traballo e Benestar. Até os edificios administrativos desprazouse a comunidade afectada polo recorte de axudas públicas á Fundación que xestiona o programa. Estes recortes traducíronse nun ERE de suspensión para 20 traballadoras/es, a redución da xornada para outros/as 18 empregados/as e a supresión deste servizo público e gratuíto que se viña prestando dende hai 20 anos.
Cero Euros
15/10/2011 Denuncia o incumprimento do goberno galego no pago das subvencións
A CIG-Ensino, non vai quedar impasible e defenderá, con todos os recursos de que dispón, os dereitos dos/as traballadores/as e o mantemento dun servizo social que consideramos imprescindíbel
preescolar na casa 30-09-2011
1/10/2011 O persoal está afectado por un ERE, 20 traballadoras/es teñen o seu contrato suspendido e outros 18 quedaron a media xornada
Na mañá do venres 30 de setembro concentrábanse diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, as traballadoras e traballadores do programa “Preescolar na Casa” para reclamar da consellaría de Traballo e Benestar a recuperación da subvencións que permitan a súa continuidade e o mantemento do persoal que o leva posibilitando desde hai máis de 20 anos. Xunto a isto, exixen da administración os mecanismos necesarios para garantir no tempo o servizo que se está a dar, facilitando a estabilidade do persoal que o desenvolve. A desaparición deste programa, afirma o Presidente do Comité de Empresa, “é outro machetazo máis para o rural”.
publicacions
 
22/6/2011 Orde de habilitacións no DOG 03-06-11
Está aberto un prazo ata o 30 de xuño de 2011 para solicitar habilitacións en diversos colectivos
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Votación
10/5/2011 Eleccións sindicais
Este luns día 9 celebráronse as eleccións sindicais no centro San Xerome Emiliani. Elixíanse tres delegadas e delegados de persoal. A CIG-Ensino obtivo os tres delegados que se elixían cun apoio do 64,3% dos votos emitidos, gañando de novo as eleccións neste centro, onde xa contaba con dous dos tres delegados, e incrementando a representación. A CIG-Ensino agradece a todas as traballadoras e traballadores o apoio recibido.
profesor pizarra branca
23/3/2011 Eleccións Sindicais 2011
Con estes resultados electorais queda demostrado que o persoal do Ensino Concertado sabe diferenciar entre a defensa dos servizos públicos que fai por principio a nosa central sindical e o noso papel de principais valedores dos dereitos da clase traballadora galega.
mani tecnoloxia
24/6/2010 XIII CONVENIO ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Onte, día 23 de xuño asinouse o XIII Convenio Estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, suscrito por todas as patronais, agás ANCEE, e o sindicato CCOO. A CIG-Ensino non asinou este acordo porque considera que é un novo retroceso nas condicións laborais e salariais do persoal, que xa veñen sendo bastante precarias. E aínda nos parece moito máis grave cando estamos a falar duns centros que son subvencionados e que están a prestar un servizo de carácter social importantísimo, polo tipo de usuarios ao que vai dirixido, precisamente os/as máis necesitados (autistas, enfermos mentais, persoas con outro tipo de discapacidades físicas ou psíquicas, con síndrome de Down, etc.). Deste xeito, o acordo tamén vai supor un empeoramento na calidade dese servizo.
bandeiras
 
27/3/2010 ENSINO CONCERTADO - Acordos en Galiza
Con data 31 de agosto de 2005 asinouse,e ntre a Consellería de Educación e Ordenación Universitariaa, s OrganizaciónsP atronaise Sindicaisd o ensino privado de Galiza, o Acordo sobre dereitos sindicais en centros de ensinanza concertada.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
26/3/2010 XIII Convenio de atención a persoas con discapacidade
Logo da constitución da Mesa de Negociación do XIII Convenio Colectivo Estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, o día 2 de outubro de 2007 (xa pasaron nada menos que 29 meses), este proceso de negociaciación foi un cúmulo de despropósitos, incumprimentos, faltas de respecto e suplantación das canles normais de negociación por CCOO, pola parte sindical e de AEDIS-FEACEM, pola parte patronal: convocatorias e desconvocatorias de ata oito reunións, de xeito unilateral e inxustificado, como xa temos denunciado, máis dun ano nunha situación de paralización total das negociacións, reunións e negociacións por parte desas dúas organizacións á marxe da Mesa e das outras organizacións nelas representadas, etc.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
boe
 
26/3/2010 A CIG non asinou este convenio
A desculpa da “crise” recae unha vez máis sobre as traballadoras e traballadores e aprovéitase para consolidar a precariedade no sector durante catro anos, coa complicidade das outras organizacións sindicais. O presente Convenio foi asinado o pasado día 10 de febreiro de 2010 polas patronais do sector e as organizacións sindicais FETE-UGT, CCOO, USO e FSIE. Desde a CIG-Ensino queremos manifestar a nosa posición contraria a este Convenio (por iso non o asinamos), así como a nosa sorpresa polo apoio que tivo das outras organizacións sindicais, pois consideramos que supón un claro empeoramento das condicións laborais e, sobre todo, salariais, do persoal nun sector, xa de por si bastante precario.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
folga privada
4/3/2010 Ensino concertado
As organizacións sindicais do ensino concertado levaron hoxe a cabo dúas accións reivindicativas. Ás 10:30 Entregaron un escrito ao valedor do pobo e as 11:30 concentráronse na Consellaría de Educación para solicitar ser recibidos polo Conselleiro.
alumnos
13/12/2009 I Convenio Estatal de Centros de Protección e Reforma
Desde CIG-Ensino manifestamos a nosa sorpresa e malestar polo proceso negociador, non só por unha paralización durante un tempo tan prolongado, senón tamén, e tal como figuraba nesa última acta aprobada, pola pouca formalidade das anteriores convocatorias. Estamos dispostos a retomar as negociacións. É certo que na Plataforma da que se fala xa hai moitos puntos aceptados (aprobados, como figuran na mesma), pero tamén é certo que os puntos que quedan son xustamente os máis importantes e nos que está máis difícil chegar a acordo coas posturas que se transmiten: falta todo o tema salarial, o da xornada laboral, a subrogación, cláusula de descolgue, etc. Sen descartar que haxa un convenio de referencia estatal, nós apostamos pola negociación no ámbito autonómico, dado que estamos a falar de centros subvencionados polas Administracións Autonómicas. Así pois, calquera acordo ao que se queira ou poida chegar, vai estar condicionado polos recursos que aporten estas Administracións. Deixamos constancia disto para que se teña en consideración e todos/as, patronais e sindicatos, fagan un chamamento ás súas organizacións nos distintos territorios, no noso caso en Galiza, para poñernos dacordo na demanda dos recursos necesarios para que non se vexa deteriorado un servizo social tan importante e, obviamente, para mellorar as condicións de traballo do persoal que o presta.
educacion
3/11/2009 Negociación Convenio EE
Despois de moito tempo e moitos intentos frustrados, parece que ao final desta é certo e as negociacións para o Convenio de Educación Especial comezarán o 17 de decembro.
mesa sectorial
 
5/7/2009 Centros de atención a persoas con discapacidade
Parécenos de suma gravidade e un mal precedente que non se respecten as regras de xogo das que legalmente nos dotamos para a negociación colectiva, arrogándose esa facultade en exclusiva dúas organizacións, CCOO pola parte sindical e AEDIS-FEACEM pola patronal, por riba dos dereitos que temos o resto das organizacións presentes na Mesa de Negociación
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
diñeiro
24/4/2009 Ensino Concertado
Publícanse no D.O.G as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos nas solicitudes da paga de antigüidade contemplada no art. 61 do V Convenio Colectivo de Centros Mantidos Total ou Parcialmente con Fondos Públicos, logo das instruccións dadas para facelas públicas o pasado día 15 de abril. Queremos suliñar que o prazo de reclamación é de dez (10) días hábiles a partir da súa publicación no D.O.G. Tal e como informamos no encabezamento, observamos que está excluído desas listaxes todo persoal que cumpríu os 25 anos despois do 31 de decembro do 2008. Queremos suliñar que o prazo de reclamación é de dez (10) días hábiles a partir da súa publicación no D.O.G.
manifestación4
6/3/2009 Educación Especial - Mobilizacións polo Convenio Galego
É unha vella reivindicación da CIG-Ensino a necesidade de trasladar o ámbito de negociación ao noso noso país en tódolos sectores laborais, non só polos principios que rixen toda a nosa acción sindical diferenciadora das outras organizacións sindicais ao definirnos como un sindicato nacionalista e de clase, senón porque a práctica leva demostrado que en todos os casos en que se acada ese obxectivo, os procesos de negociacón colectiva son máis participativos, máis achegados aos colectivos implicados, con máis capacidade de presión e, como consecuencia de todo isto, os resultados dan sempre como resultado convenios e acordos que melloran sustancialmente os de ámbito estatal sendo máis beneficiosas para o conxunto dos traballadores e traballadoras.
folga privada
26/2/2009 Polas melloras laborais: Convenio Galego de Discapacidade
Denunciamos as condicións precarias que sofren os traballadores/as dos centros galegos afectados polo XII Convenio Colectivo estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade. Ista precariedade conduce a un deterioro da calidade dun servizo que debería procurar a mellora dos seus recursos materiais e humanos, en vez de centrarse en criterios de rendibilidade.
xunta
30/1/2009 Concertos educativos
A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG as normas que regularán a concesión de concertos nos próximos catro cursos académicos, en termos semellantes á que aplicou o PP durante os catro anos anteriores e que facilitou o incremento dos concertos, desviando 256 millóns de euros dos orzamentos do 2009 da Consellaría de Educación ao financiamento do ensino privado.
relixion
 
5/6/2008 Concentración en San Caetano
O mércores 4 de xuño, celebrouse unha concentración de delegados/as da CIG-Ensino, diante da Consellaría de Educación, para protestar contra o anteproxecto de decreto do bacharelato á que se sumaron os/as alumnos/as da facultade de Filosofía de Santiago.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
1/6/2008 CIG-Informa. Ensino non Regulado
O pasado día 10 de xuño, asinouse o acordo de Revisión Salarial do Ensino Non Regulado para o 2008 por todas as patronais do sector e as organizacións sindicais FETE-UGT e CCOO. A CIG-Ensino non asinou este acordo, non só por estar moi lonxe das nosas demandas, senón porque consideramos que é negativo e supón xa, de feito, unha perda de poder adquisitivo para o persoal afectado polo mesmo.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
1/6/2008 CIG-Informa. Centros de atención a persoas con discapacidade
Diante da convocatoria dun paro de tres horas para o día 23 de xuño e unha xornada de folga para o 27 do mesmo mes, desde a CIG-Ensino queremos manifestar o seguinte...
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
9/4/2008 CIG-Informa: Centros Atención Persoas Discapacitadas (2008)
CIG-Informa: Centros de atención a persoas con discapacidade (2008)
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
9/4/2008 CiG-Informa: Centros de Asistencia e EI (2008)
CIG-Informa: Centros de asistencia e educación infantil (2008)
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador