Non comeza a contar ningún prazo até a súa publicación no DOG
18/05/2012
Publicada a Resolución definitiva do CXT de Primaria na páxina da Consellaría. Recordamos que até a súa publicación no DOG non comeza a contar ningún prazo.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Nunha resolución sorprendente, comunicada 48 horas antes da manifestación, o Concello nega os permisos para colocar palco e megafonía.
15/05/2012
A plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, e que aglutina máis de 700 entidades, encontrouse esta mañá cunha comunicación “sorprendente” do Concello de Santiago de Compostela. Cando faltan 48 horas para a manifestación cidadá en defensa da lingua, o goberno municipal resolve negativamente unha petición “que sempre foi de trámite” para poder colocar un palco, para usar o punto de luz necesario para a megafonía do acto final e para poder colocar unha faixa informativa na Alameda de Santiago de Compostela.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a participar nestas accións e na manifestación en Santiago o 3 de xuño
14/05/2012
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa coa convocatoria de peches rotativos en centros educativos. O venres 18 de maio, ás 16:00 horas, comeza o de Verín, no IES Taboada Chivite, e o luns 21 colle o relevo o de Vigo, que se fará no IES San Tome de Freixeiro. Os peches, para esixir da Consellaría de Educación que non aplique en Galiza ningún dos recortes que recolle o RD Lei 14/2012 e que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galiza, están a contar coa participación de pais e nais, estudantes e docentes e xa se fixeron en Santiago, Melide e Ferrol. GALERÍA DE FOTOS NO INTERIOR.
A CIG-Ensino fai un chamamento a participar nos peches rotativos en centros educativos que comezan o 14 de maio e na manifestación convocada en Santiago o 3 de xuño
14/05/2012
A CIG xa trasladou no mes de abril a necesidade de valorarmos unha nova convocatoria de folga xeral para a primeira quincena de xuño. Esta proposta nacía da necesidade de seguir respondendo á Reforma Laboral e afianzábase despois co ataque brutal aos servizos públicos, nomeadamente a sanidade e a educación.
Faranse en centros educativos de diferentes vilas e cidades galegas entre o 14 e o 1 de xuño
11/05/2012
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público comeza en Santiago, o luns 14 de maio, ás 16:00 horas, una serie de peches rotativos en centros educativos para manifestar o rexeitamento da comunidade educativa ao RD Lei 14/2012, publicado polo Goberno do Estado, esixir da Consellaría de Educación que non aplique en Galiza ningún dos recortes que contén e que o recorra por invadir as competencias educativas da Xunta de Galiza. Os peches terán continuidade en toda Galiza nas seguintes datas e lugares: Ferrol (15 de Maio),Verín (18 de Maio),Vigo (21 de Maio), A Coruña (22 de Maio), Pontevedra (23 de Maio), Lugo (24 de Maio), Burela (25 de Maio), O Morrazo (29 de Maio), A Guarda (30 de Maio), Carballo (31 de Maio), Ourense (1 de Xuño)
Máis de 2.000 persoas, entre as que se atopaban pais e nais, estudantes e docentes súmanse á convocatoria
08/05/2012
A CIG-Ensino valora positivamente a participación nas concentracións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocadas en trece cidades e vilas de toda Galiza. Os actos en contra dos recortes no ensino público terán continuidade coa folga de estudantes e as manifestacións previstas para o próximo xoves día 10, os peches rotativos nos centros que empezan o día 14 e a mobilización que se fará en Santiago o día 3 en defensa dos servizos públicos.
Presentou un escrito no que denuncia que a redución de prazas despois do prazo de reclamacións e renuncias crea unha situación de indefensión entre os docentes
08/05/2012
A CIG-Ensino ven de remitirlle un escrito ao Director de Centros e Recursos Humanos no que solicita que a Consellaría adopte as medidas necesarias para evitar que se vulneren os dereitos do profesorado que participou no Concurso de Traslados. A CIG-Ensino advirte que a decisión de reducir as vacantes definitivas, despois do prazo de renuncias e reclamacións, crea unha situación de indefensión e vulnera os dereitos do profesorado que optou por renunciar ou seguir participando no concurso, sen coñecer a modificación de vacantes, e agora non pode renunciar á adxudicación definitiva.
O luns 14 comezan en Santiago os peches rotativos en centros educativos, promovidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
10/05/2012
A CIG-Ensino participou o 10 de maio nas manifestacións convocadas polas organizacións estudantís e xuvenís que forman parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e que percorreron as rúas de Santiago, A Coruña, Ferrol, Vigo, Ourense, Pontevedra, Lugo, Vilagarcía, Verín e Burela. Para a CIG-Ensino, estas mobilizacións, ás que se sumaron máis de 10.000 persoas, evidenciaron unha vez máis -nesta ocasión co estudantado como protagonista- o rexeitamento da sociedade a política educativa do PP e os recortes que castigan novamente a educación pública. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que a CIG-Ensino forma parte, apoiou a convocatoria na que se solicitou a non aplicación do RD Lei 14/2012 e que o Goberno galego presente recurso por invasión de competencias.
En Santiago, Ferrol, Ourense, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo, A Guarda, Verín, Vilagarcía, Foz, son ás 19:30, e ás 20:00 horas en Ribeira e no Barco de Valdeorras
07/05/2012
Hoxe, martes 8 de maio, as diferentes comarcas do país acollerán concentracións simultáneas para demandar do Goberno galego o cese dos recortes no ensino público galego. Con estas mobilizacións, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galego, inicia o calendario de accións que teñen como obxectivo evitar a aplicación no noso país do Real Decreto-Lei 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.
Malia o mal tempo, o alumnado reivindicou animosamente a normalización da nosa lingua
07/05/2012
Coa participación de dous mil rapaces e rapazas, Compostela acolleu esta mañá a celebración do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reinvindicación da lingua galega, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega–Ensino e a Mesa pola Normalización lingüística, xunto cos Concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Na carreira pola lingua de Santiago participou alumnado procedente de 25 centros de ensino primario e secundario das comarcas próximas á cidade.















1º de maio - Día do Internacionalismo Proletario en Galiza...
Presentación ILP Preescolar na Casa
Por un Convenio propio para o persoal do Consorcio






